Directora Xeral de Xuventude
Responsable de Xuventude Galicia Net, encuentro
informático que se celebrará en Santiago de Compostela
desde el viernes 19 al domingo 21 de marzo. Este evento,
que comenzó su andadura en el año 2000, está considerado
como uno de los más importantes de la escena española.
quisiera saber sobre su vida professional
en que consiste su trabajo
¿porque non pagan a seguridade social ós monitores que traballan nos seus programas, sobre todo na campaña de verán?
Galicia Net me parece una gran idea, pero ¿para cuando se podrá trasladar está propuesta para los concellos?. Daniel de Sada
que guapa esta!! un poco madurita pero...
por que las velocidades de las conexiones en españa son muy inferiores a las de nuestros vecinos europeos?, es que no somos europeos??
¿Por qué la Consellería a la que usted representa no ayuda a que los jóvenes accedan a la vivienda?
As novas tecnoloxías só chegan a uns poucos.
Propongo que se oferten más actividades relacionadas con la tecnología desde el Rix
Inicio del encuentro
Hola boas tardes, aquí me tedes para dar reposta, na medida das miñas posibilidades a todas as preguntas que queirades. De todas formas, quero avisaros para que non se pense que engano a ninguén, que teño ao meu lado a un dos responsables técnicos de XGN por si facedes algunha pregunta na que teña que utilizar termos que a min me soan a chinés.
no le parece exagerado las horas que pasan los jóvenes delante del ordenador?
Evidentemente o tempo da party pódese considerar excesivo si os rapaces vanse adicar a estar diante da pantalla todo o tempo. Pero o evento oferta moitísimas máis actividades que fan que os participantes de Galicia Net podan realizar actividades moi variadas e así conseguir que o obxectivo desta fin de semana non sexa exlcusivamente estar diante dun ordenador. Por exemplo, no programa de XGN inclúense diferentes ofertas formativas ou actividades que permiten un acceso a novidades no ámbito da sociedade da información que fan que este rapaces sexan uns privilexiados ao coñecer de primeira man desenvolvementos tecnolóxicos de última xeración. Así vaise falar da tv dixital, das ventaxas das novas tecnoloxías no fogar, das novas fórmulas de acceso a internet por medio de voz...Ao final XGN vai ser un foro referente de achegamento das novas tecnoloxías ao conxunto de Galicia e os participantes van estar en primeira liña.
Trata o seu departamento de desenvolver algunha medida concreta para que XGN sexa un encontro informatico propiamente galego? Que presenza terá a nosa lingua no certame, alén do nome e certos indicadores?
a mocidade rural tamén existe para o goberno galego do pp, ou so se orientan as políticas de xuventude para a xente das cidades?
Que nos puede contar de su experiencia en Austria? Nos han dicho que la han visto pasándoselo muy bien
Parece que hai espías noutros países da UE... É verdade paseino moi ben pero sobre todo foi moi positivo polo motivo que me levou ata Insbruck concretamente. Fumos invitados, representantes da Xunta e do Conxuga a participar nun seminario internacional no que había representantes doutros once países e no que se analizaban novas fórmulas para promover a participación xuvenil. Nós, a Xunta, presentamos unha experiencia desenvolvida neste ano 2004 e financiada pola UE que, a través de comisións de traballo, os rapaces tiveron a oportunidade de expresar as asúas inquedanzas e demandas centrados en ámbitos tan importantes para a xuventude como son: a información, o emprego, a inmigración...Ao remate do programa ( decembro) os rapaces foron ao Parlamento de Galicia e expuxeron, coma se fosen deputados, as súas conclusións. E os responsables políticos de tódolos partidos así como os responsables do Goberno escoitaronnos dende a tribuna. Penso que con esta viaxe a Insbruck demostramos que en Galicia estamos a traballar no fomento da participación xuvenil e a aportar novas visións ás políticas doutros países da UE.
¿no ha pensado en un cursillo de mecanografia clasica para poder contestar las preguntas?
¿Non crees que no deporte no colexio e fora en actividades extraescolares, non debería existir tanta competición, eu pido mais monitores que ensinen a xogar, ousexa mais educación física? a vida en sí xa e unha competición e tratase de que xoguen. Un bico
É verdade que ás veces, as actividades deportivas, tanto no colexio como nas actividades extraescolares van vencelladas a aspectos competitivos dado que o propio deporte esixe unha permanente competición pero penso que os profesionais que están ao fronte das actividades, falo de mestres, técnicos deportivos, monitores de tempo libre, saben distinguir perfectamente cales son os obxectivos que queren acadar co desenvolvemento de ditas actividades. Case sempre estas actividades, e falo concretamente das que se desenvolven no marco da Dirección Xeral de Xuventude inciden nun acceso a coñecementos, actitudes e valores e non a unha permanente competitividade entre os partcipantes. É máis, diría que moitas actividades non se poden realizar senón son en equipo e con moita visión de solidariedade e colaboración. De todas formas, non hai que esquecer que os mozos teñen que prepararse para liderar o mundo que nos rodea aínda que entre todos teñamos que cambiar moitas cousas.
En que medida contempla a participacion das organizacions xuvenis nas politica de xuventude do goberno.? Ata que punto poden estar involucrados os xoves e a sus organizacions no deseño e posta en practica desa politica?
Actualmente a Xunta conta cun plan estratéxico de xuventude 2004-2007 no que se integran tódalas accións ( emprego, vivenda, sopciedade da información, cultura...) que se están a desenvolver. Na elaboración deste plan deuse a oprtunidade de que a xuventude galega fixese ou aportase as propostas que consideranse oportunas ou que realmente botaban en falta. Por outra parte as asociacións xuvenís, que considero unha vía de conexión coa xuventude determinante xogaron un papel importante no deseño das políticas de xuventude. Convocóuselles a encontros ( info-partix) nos que poden expoñer as aúas demandas, ó memos tempo temos como administración unha relación permanenete para coñecer as inquedanzas das asociacións a través do Consello Galego de Xuventude. por exemplo, a iniciativa de por en marcha de XGN xurdiu da demanda dun grupo de mozos con inquietudes por ampliar os seus coñecementos no eido das novas tecnoloxías.
Consiedera satisfactorio o grado de participacion das asociacions e grupos de xoves nos programa xuventude da unión europea? Un saúdo dende Bruxelas.
Sí, podo decir gratamente é unha das comunidades autónomas que máis rendabiliza os recursos económicos do programa xuventude. Este programa permite que moitos galegos vivan unha experiencia de intercambio e de formación noutro país e favorecendo ó mesmo tempo o coñecemento do idioma e aceptación da multiculturaridade.
no hay cosas más interesantes que facer pola xuventude?, sobre tdo aquela que non ten acceso a internet nin ao mundo da informática?. Menos política de escaparate
Para gustos non hai nada escrito e ademáis a variedade de programas que ofertan a Dirección Xeral é tan amplia que seguro que ti sentiríaste atraído por algún deles ( conducción segura, actividades de multiaventura, concursos de artes plásticas, teatro...). de todas formas, penso que si algo aporta XGN é a oportunidade é que eses mozoz que non teñen a oportunidade de conectarse na súa casa a internet o poidan facer ésta fin de semana no Palacio de Congresos de Santiago.
Cree Vd. que los contenidos actuales de internet puden resultar perniciosos para los jovenes; se debería de tratar de otro modo el acceso a determinadas paginas
Evidentemente un mundo tan amplo de contidos como é internet cómpre que teñá cada vez un maior control no se deseño e no se acceso a fin de que se faga polo ben da sociedade intentando evitar que podan resultar perniciosos para o desenvolvemento dos rapaces. Hai que desenvolver lexislacións, entre outras medidas. No marco de Galicia Net imos desenvolver aspectos formativos, talleres e conferencias, entre outors aspectos, sobre os peligros na rede. Nela imos falar de novas formas de control da información dentro de Internet.
como se sinte máis cómodo o poder, cunha xuventude narcotizada e sumisa ou rebelde, progresista e innovadora?
Cunha xuventude participativa, dialogante, dinámica e por qué non, crítica.
¿Por qué non celebrar un encontro coma iste máis a miudo? Duas ou tres veces o ano. ¿Que lles pode aportar ós xoves?
Galicia Net me parece una gran idea, pero ¿para cuando se podrá trasladar está propuesta para los concellos?. Daniel de Sada
Hai concellos que xa están a desenvoler parties por exemplo en Arteixo e en Cambre. De todas formas a complexidade de Galicia Net esixe ter á nosa disposición ter todas as tecnoloxías da Xunta por iso Santiago cumpre todas os requisitos para celebrar para que todo saia ben.
Boa tarde. Sempre se expresa en galego? - Adiante, ten un léxico moi aceptable para o ambiente no que se move. Gracias.
Para que os xoves poidan asistir a este encontro terán que ter ordenador. Qué pensa facer vostede para que a implantación dos equipos nos fogares sexa mellor
De todas formas na parte aberta ó público poderán facer uso os visitantes de todos os ordenadores que están a súa disposición. Con respecto a favorecer á compra de ordenadores estanse a desenvolver programas dende a Consellería de industria para facer máis doado ter un ordenador. Por exemplo, o programa Uniporta que consisite en descontos para a compra de un portátil para os universitarios.
¿Es justo que en 33 segundos ya no haya plazas?
A culpa a teñen as melloras informáticas. Este ano a saída de internet foi de 134 megas mellorando ao 2004 da que foi de 34 megas.Ademáis melloramos o procedemento e por eso vfoi tan rápido, aínda que se cubriron as 1500 prazas. ( Esto chivoumo Marcos, o técnico que vos dixen antes que me acompañaba).
sabes que en internét prima a rapidez? como non das respostas máis curtas?
Esto de chatear non é o meu. Ademáis xa sabedes que os políticos enrrollámonos moito. Prometo utilizar frases máis curtas e ser máis rápida, se me volven a invitar.
Fin del encuentro
Non é necesario que incida en que Galicia Net está aberto para todos vós os días 18, 19 e 20 de marzo podedes pasarvos polo Palacio de Congresos de Santiago alí teredes a oportunidade de coñecer as novidades que actuelmente hai no mercado en consolas, xogos, ordenadores así como navegar en internet nos equipos que poñemos a disposición dos visitantes. Ah! se me esquencía , se algún de vos quere bailar ou cantar, este ano temos alfombriñas de baile e karaoke. Os esperamos, seguro que o pasaredes ben.