Data?1436008562

Este coruñés é doutor en Química e catedrático de
Química Física na Universidade de Santiago. Pasou a
formar parte dos órganos de xestión universitaria en
1994 como director dos Servizos Xerais de Apoio
á Investigación da USC. Ocupou o Vicerreitorado de
Investigación e a Dirección do Centro de Posgrao e
Formación Continua. Foi decano da Facultade de Química
da USC, así como presidente da Comisión de Selección de
Investigación da Xunta de Galicia e Coordinador da
Plataforma Universitaria Progresista da USC. Agora como
Director xeral de ordenación e calidade do sistema
universitario de Galicia fará, coa axuda dos
internautas, unha radiografía do
sistema galego.

1 José Ramon Leis Fidalgo 13/07/2015 09:56

Hola son Ramón Leis Director Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia e estareí encantado de respostar as vosas preguntas

2 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿Es cierto que sobran universitarios?

José Ramon Leis Fidalgo:

Para min e moi claro que a resposta e NON. Estamos a falar dun mundo cada vez mais tecnoloxico e competitivo e o coñecemento e a ferramenta básica para acadar exitos nel. Pareceme que cada vez faran falla maís universitarios e mellor formados.

3 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿Cuál es el cambio más inmediato que tendrán que asumir las universidades?

José Ramon Leis Fidalgo:

Sen dubida en España os cambios derivados da converxencia Europea. Estamos a falar de cambios na estructura dos títulos que faran os nosos estudantes mais competitivos a nivel internacional. Tamén falamos de cambios de metodoloxía (se cadra os mais importantes) que deberán modernizar o noso sistema de ensino superior.

4 Anónimo 13/07/2015 09:56

Qué posto ocupan en canto a súa calidade as tres universidades galegas para co resto do estado

José Ramon Leis Fidalgo:

E difícil de respostar xa que hai ducias de indicadores diferentes que nos darían clasificacións distintas. Sen embargo, podemos dicir dos distintos rankings que se publican que non están nada mal situadas e nalgúns aspectos están entre as millores. Me gustaría precisar que ningunha universidade é excelente en todo e que máis ben haberia que comparar titulacións ou departamentos.

5 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿Coñece algunha universidade do mundo que tomaría como exemplar?

José Ramon Leis Fidalgo:

Por formación persoal son bastante anglófilo xa que pasei alí bastante tempo. A min paréceme un sistema que da unha formación básica moi operativa e que os seus titulados rematan cunha boa formación de cara ao mercado laboral. Por eso decídome por Oxford ou Cambridge.

6 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿Están los centros privados de capa caída?

José Ramon Leis Fidalgo:

Salvo algunhas excepcións de todos coñecidas eu optaría sempre pola pública que penso que ten, en conxunto unha oferta mais robusta e de máis calidade.

7 Anónimo 13/07/2015 09:56

Cómo se mide a calidade do sistema universitario

José Ramon Leis Fidalgo:

Nestes momentos as Universidades son as institucións nas que máis se está a medir a calidade. Titulacións, profesores e servicios son periodicamente auditados a nivel nacional e a nivel Galego. No que atinxe a Galicia temos a Axencia Galega para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) que esta a implementar moitos procesos de avaliación e que está a piques de integrarse na rede de axencias de Calidade Universitaria Europeas.

8 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿incentivarase dunha vez a carreira docente do profesor universitario?

José Ramon Leis Fidalgo:

Eu espero sinceiramente que si. Penso que a irrupción dunha función investigadora que antes non existía desequilibrou un tanto o sistema e penso que debemos incidir máis na correcta valoración do esforzo docente do profesorado. Penso que o Espazo Europeo de Ensino Superior nos axudará a conseguilo.

9 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿Por qué no se especializan los campus concentrando recursos (profesores e infraestructuras) de la misma área de conocimiento?

José Ramon Leis Fidalgo:

A Historia é difícil de cambiar e nestes momentos sería inviable unha modificación como a que propón que significaría unha mobilización excesiva de medios e de profesorado e persoal. O que me parece máis viable é que partindo do que temos vaiamos especializando a nosa oferta e engadindo perfiles diferenciadores que distingan a formación ofertada nos distintos centros e campus universitarios.

10 Anónimo 13/07/2015 09:56

Cuándo habrá acuerdos reales con empresas para realizar prácticas una vez finalizados los estudios?

José Ramon Leis Fidalgo:

Hainos xa, incluso con empresas europeas a traves do programa Leonardo. Pero concordo con vostede en que sería desexable bastante máis e na miña opinión os novos plans de estudos deberían incluir créditos computables por estadias de estudos en empresas, alomenos en alguns tipos de titulacións.

11 Anónimo 13/07/2015 09:56

O número de investigadores Parga Pondal crecerá nos vindeiros anos, se facemos caso á prensa. ¿Qué posibilidade teñen estes investigadores de incorporarse nun futuro ó sistema universitario galego?

José Ramon Leis Fidalgo:

Eso dependerá das necesidades das universidades de profesorado e de persoal investigador. As Universidades deben ter unha plantilla dimensionada para as súas funcións. Na súa pregunta hai implicito un erro moi extendido i é que parece inferirse que so nas universidades teñen acubillo os Parga Pondal e, na miña opinión, unha sociedade con futuro ten que xerar moitos postos de traballo para investigadores no sector empresarial.

12 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿Funcionan los programas como Erasmus?

José Ramon Leis Fidalgo:

Rotundamente si. Eu penso que é un dos programas que máis teñen feito pola integración europea e o máis importante penso que ademáis do que os alumnos aprenden hai un coñecemento intanxible polo feito de integrarse noutro sistema e outro país que e invalorable de cara a formación persoal. Este ano pasado máis de 1000 estudantes galegos disfrutaron de estadias Erasmus con axudas da Conselleria de Educación.

13 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿no sería lógico que los grupos de investigación con ciertos años de producción científica tuviesen ya una financiación anual asegurada?

José Ramon Leis Fidalgo:

Hai xa programas para seleccionar algúns grupos que terían garantida unha financiación basal durante uns anos, de todos os xeitos eu penso que a tensión que a competitividade introduciu no sistema de financiación da I+D ten sido fundamental no éxito do sistema español ata o momento

14 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿Cree que los docentes universitarios están contentos con la forma de evaluar su excelencia curricular?

José Ramon Leis Fidalgo:

Penso que cada un deles tería a sua proposta particular e eso sería absolutamente inviable. Algúns dos sistemas, no caso da investigación, están sobradamente probados e filtrados durante anos e hoxe son recoñecidos e utilizados por todos ainda que todos teñamos algunha queixa sobre algún aspecto. Penso que os sistemas de avaliación da docencia foron case que inexistentes ata agora e teñen ainda moito camiño por diante ata acadar un estandar aceptable para todos, ainda que todos seguiremos criticándoos por aches ou bes.

15 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿Que nos falta para tener un Nobel trabajando en una Universidad Gallega?

José Ramon Leis Fidalgo:

Sorte. Ainda que eu prefiro claramente ter 20 quasi nobeles que un nobel.

16 Anónimo 13/07/2015 09:56

Me pregunto si se va hacia una Universidad por provincia, sosteniendo el campus de Santiago como Universidad Central de Galicia; o si la tendencia es a concentrar los campus en una sola Universidad?

José Ramon Leis Fidalgo:

Nin o un nin o outro. Temos nestes momentos un Sistema Universitario coa sua historia, cos seus éxitos e coas súas eivas, e o que temos que conseguir é facelo o máis equilibrado posible e respostar á demanda dunha formación de calidade e todo isto non depende para nada dunha visión "xeográfica" do sistema.

17 Anónimo 13/07/2015 09:56

Si se incentiva a carreira docente, que pasa coa carreira investigadora?

José Ramon Leis Fidalgo:

Na universidade non entendo moi ben esa dicotomía. Somos docentes e investigadores e haberá que equilibrar esas duas funcións que , por suposto, non teñen que ser idénticas para cada profesor, poderemos ter profesores con máis dedicación docente ou non dedicación preferentemente investigadora según as necesidades da institución para cumprir coas súas funcions.

18 Anónimo 13/07/2015 09:56

Qué se está a facer desde o Goberno galego para lograr unha maior inserción dos titulados universitarios?

José Ramon Leis Fidalgo:

Na nosa Consellería estamos a piques de lanzar un plan para intentar mellorar o grao de inserción laboral dos nosos titulados. Entre as accións hai algunhas que nos competen a nós como é a de facilitar as prácticas en empresa de estudantes e titulados e a mellora dos plans de estudos pensando prioritariamente nas necesidades dos futuros empregados e dos empregadores. Temos tamén un observatorio de inserción laboral dos titulados universitarios do SUG que é unha moi boa ferramenta para a toma de decisións neste eido.

19 Anónimo 13/07/2015 09:56

¿no se está olvidado todo el mundo de que además de la investigación aplicada, la universidad es el único sitio donde se puede desarrollar la investigación básica, que es fundamental para cualquier desarrollo aplicado?

José Ramon Leis Fidalgo:

A verdade e que estou un pouco farto desta división ficticia de investigación básica ou aplicada; para min só hai boa e mala investigación (se cadra tamen regular). De todos os xeitos, dende un punto de vista macro, é moi claro que en Galicia (En España e en Europa tamén) temos un deficit moi claro de investigación aplicada que debemos correxir si queremos ser competitivos e traer boas oportunidades para a nosa xente, é por esto que se di moitas veces que hai que facer un esforzo coa investigación aplicada o que non implica restarlle nada a outras investigacións.

20 Anónimo 13/07/2015 09:56

A USC non admitiu ningún novo Ramón y Cajal nas facultades de Física e Química. ¿Está Galicia tan sobrada de cerebros como para rexeitar aos mellores investigadores? ou ¿É que seguimos escravos da endogamia?

José Ramon Leis Fidalgo:

A parte da endogamia non a entendo. O resto éun caso moi particular que vou a contestarlle dun xeito xeneral, unha universidade ten que ter unha plantilla dimensionada para cumprir coas súas funcións e non pode crecer sin medida en ningunha area xa que ten que respostar ás súas obrigas en todas elas. Non porque teñamos unha persoa ben formada as univerasidades teñen que sacar automaticamente plazas. Non poden ser as universidades o único destino dos bos investigadores, non ocurre así en ningunha parte do mundo.

21 Anónimo 13/07/2015 09:56

Creo que parte del problema de las universidades radica en la calidad del profesorado ¿Se analiza de algún modo?

José Ramon Leis Fidalgo:

Eu penso que sí. O acceso aos corpos de profesorado universitario é unha carreira de fondo que leva moito tempo e eu penso que é unha criba importante. Ademáis como xa comentei nalgunha pregunta anterior hai moitos sistemas de avaliación e control, máis que na maioria das profesións. Dito isto non creo que o sistema sexa perfecto e que non teñamos moito que mellorar.

22 Anónimo 13/07/2015 09:56

Nos últimos tempos estase a falar do EEES e da declaración de Bolonia, pero cáles son os cambios reais que experimentará o alumno universitario unha vez que as universidades se adapten ao novo marco europeo?

José Ramon Leis Fidalgo:

Estase a falar moito dos títulos (grao e posgrao) pero iso non é máis que o marco, un marco importante que vai a facer os nosos títulos claramente recoñecibles en Europa e no mundo. Pero o máis importante de cara o alumno non é o marco, é a pintura; e isto é o cambio de filosofía docente que leva implícito. Temos que pasar dunha docencia baseada no profesor con ensinanzas de carácter moi enciclopédico a un sistema no que o centro sexa o alumno e no que integremos non só coñecementos senón tamén competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento laboral. Para min a clave vai a estar na elaboración de plans de estudos razonables e baseados nas premisas que acabo de formular.

23 Anónimo 13/07/2015 09:56

Aquí concluye el encuentro

José Ramon Leis Fidalgo:

Foi un placer compartir este espazo con todos vos. É unha pena que non teñamos máis tempo para respostar ás preguntas que quedan. Espero que teñamos unha nova oportunidade. Un saúdo para todos.