Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais
El complicado sector de la enseñanza siempre genera
muchas preguntas y debates difíciles de resolver. Para
intentar dar algunas respuestas, Antonio Vázquez,
Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas
Especiais, charlará durante cerca de una hora con los internautas.
Bós días, agredezco á La Voz de Galicia a posibilidade que me brinda para dialogar, aínda que sexa por vía telemática con todas aquelas persoas que teñan algún tipo de preocupación ou que queiran saber algo sobre a F.P.
¿Que é o que a cambiado na educación de hoxe en día para que se fale de tantos problemas nas aulas?
Realmente máis que cambiar a educación, o que cambia é a sociedade. Lóxicamente a educación é un reflexo do que acontece na sociedade. Dado que vivimos en tempos con maior conflicto social estes conflictos reflíctense nas aulas. Nesta situación o papel da educación e do ensino ten e debe ser darlle solución a esta conflictividade.
¿Para cando un mapa actualizado e racional dos ciclos de fp?
Estamos traballando no mapa, como ademais dixemos xa no Parlamento e esperamos telo, senón na súa totalidade, si en gran parte, ao principio do próximo curso.
¿Se está estudiando el poder estudiar ciclos superiores de FP por internet pensando en gente que trabaja?
Si, estamos pendientes de que o MEC publique unha nova normativa de ordenación da Formación Profesional e nesa normativa aparecerá xa a creación da Educación da F.P. a distancia por vía telemática. Simultáneamente na Consellería temos xa equipos de traballo que están deseñando os materiais necesarios para a súa impartición.
Como pensa arranxar a administración o problema do elevado descenso de matrícula nos ciclos formativos?
En primeiro lugar cómpre destacar que tanto a baixada demográfica como o pouco número de inmigrantes fan que o número de persoas en idade escolar teña decrecido sustancialmente. Por outra banda, cómpre suliñar que a nosa xuventude móstrase máis proclive aos estudos universitarios que ós de F.P. Diante de todo iso, estamos elaborando campañas publicitarias e así mesmo estamos tratando de potenciar a F.P. facéndoa máis atractiva e facendo fincapé en que os seus estudos supoñen unha maneira máis fácil de inxertarse no mundo laboral.
¿por que non se crean máis ciclos da rama de edificación e obra civil? hay demanda por parte dos alumnos/as e tamén hay profesores en expectativa de destino.
Neste curso 2006-07 ofertáronse en Galicia 220 prazas desta familia profesional e cubríronse 208 o cal quere dicir que hai unha demanda importante aínda que non supera á oferta. De maneira que no momento en que comprobásemos que a demanda aumenta procederemos ó aumento da oferta.
¿Hubiere elegido otra profesión teniendo la esperiencia que tiene ahora mismo en el sector de la enseñanza?
Non cambiaría de profesión.
Los Profesores estamos muy mal Pagados,para el trabajo que realizamos
Creo que non é certa esa afirmación. É certo que o papel do profesorado é moi importante e debe ser retribuido debidamente. Neste senso a Consellería chegou a un acordo salarial con tódolos sindicatos por primeira vez en 20 anos.
Por que non suprimen as subvencións na FP aos centros concertados, cando hai tantas prazas sen cubrir, e cada ano máis, en centros públicos, o que stá a poñer en perigo grande cantidade de prazas de profesores e a disminución da calidade do ensino público
Cómpre saber que os concertos foron adoptados coa aprobación da LOGSE de xeito que as ramas da antiga F.P. da Lei do 70' que estaban concertadas pasaron a concertarse coa aprobación da LOGSE. De xeito que nós non vamos a concertar novos ciclos e suprimiremos aqueles que non teñan un mínimo de demanda.
gustariame saber como vai quedar a comarcalización da fp. cantos centros van ofertar estas ensinanzas. grazas
A nosa idea é facer un mapa supracomarcal de maneira que as 53 comarcas que existen hoxe en Galicia aparezan agrupadas en 15 ou 20 supracomarcas, en cada unha delas habería unha oferta diversificada que debería estar en relación coa situación socioeconómica dese territorio.
Vanse modificar e mellorar as probas de acceso a ciclos formativos de FP que agora son simplemente tipo test?
Como consecuencia dese decreto novo de ordenación da F.P. ó que antes me referín, teremos que modificar as probas de acceso tanto ós ciclos de grao medio como de superior. Estase neste momento traballando entre o MEC e as comunidades autónomas neste tema.
Por que hai que pedir permiso por escrito para facer fotos aos alumnos nos institutos durante as actividades que se realizan?
Porque todo cidadán/-a ten dereito a que se lle respete a súa imaxe e para sacarlle algún tipo de foto habería que pedirlle permiso previamente ós pais ou titores legais.
como se vai a resolver a futura rede de centros en canto a ciclos formativos? ¿Vai manterse como hasta ahora ciclos formativos con 4,5 ou 6 alumnos porque os centros sexan do partido do goberno?
Destas dúas cuestións a primeira xa a contestei nunha pregunta anterior. En canto á segunda, non hai centros que sexan do partido do goberno. Existen unidades con moi poucos alumnos por debaixo dos 5 alumnos en moitos concellos de Galicia.
¿Non é un erro considerar a CALIDADE na Educación en Términos Economicistas de Productividade fronte á Formatibilidade ou Educabilidade?
As normas de calidade o que tratan é de mellorar o funcionamento dos centros educativos. Vou poñer un exemplo: non pode ser que nun centro un mesmo exame sexa cualificado de distinta maneira segundo o cualifique un profesor ou outro. Por tanto é necesario chegar á adopción de criterios consensuados polos membros dunha comunidade educativa e a eso se pode chegar máis fácilmente a través da adopción de procedementos de calidade.
¿Quen vai a controlar a CALIDADE EDUCATIVA dun centro?
A inspección educativa igual que debe controlar outras actividades dos centros.
Igual que na sanidade os centros privados collen as espoecialidades mais rentables. Porqué na área Metropolitana de Vigo con mais de 400 mil habitantes só existe 1 centro público de Informática?
Como antigo director durante bastantes anos do IES de Vigo no que se imparte informática podo dicir que nestes momentos non se chegan a cubrir o 70% das prazas que existen nese centro. Polo tanto nestes momentos non son necesarias máis prazas de informática na cidade de Vigo.
Cal e a causa de que haxa centros públicos con moi poucos alumnos e de que haxa centros privados con moitos
Nestes momentos centros privados con moitos alumnos apenas existen. A baixada da matrícula é xeneralizada. Para explicar esto vou dar uns datos: Ofertáronse en Galicia 22.000 prazas para este curso 2006-07 tanto en ciclos de grao medio como superior e cubríronse somentes 15.000 prazas. Polo tanto o problema non é de prazas senón de falta de alumnado.
¿As empresas aportan moi pouco á formación profesional?
Non o creo, máis ben supoñen un elemento fundamental para F.P. xunto co profesorado, o alumnado, os equipamentos e as instalacións (serían as catro patas básicas da F.P. ). O cal non quere dicir que sempre se pode aumentar a relación coas empresas o cal redundará nunha mellora da F.P.
¿que vai a pasar cos tecnicos en radiodiagnostico?
É este un tema no que se está traballando neste momento con negociacións entre o MEC e o Ministerio de Sanidade. Esperemos que se cheguen a acordos satisfactorios.
¿En qué áreas habrá convocatorias de pruebas libres para ciclos medios y superiores en 2007?
Cómpre distinguir entre sistemas de recoñecemento das competencias da poboación activa e as probas libres. As primeiras están xa realizándose na nosa comunidade autónoma e próximamente, entre xaneiro e febreiro publicaráse no DOG os ciclos formativos dos que un se pode examinar por esta vía. Respecto das probas libres estas vanse crear cando se publique o decreto de ordenación da F.P. do que falei con anterioridade e que deberá ser publicado no BOE polo MEC.
¿Qué ocurre con los estudiantes de Ciclos Formativos de Grado Medio? ¿Por qué no podemos acceder directamente a los Ciclos Superiores? ¿Está prevista alguna solución para este tema? Las pruebas de acceso son una patraña...
Hai que ter moi presente que para conseguir unha titulación de grao superior hai que ter aprobado o bacharelato ou ben aprobar unha proba de acceso cuxo nivel é similar ó de bacharelato.
O profsorado interino todo o curso, e non traballa dende xuño ata outubro que obtén destino: ¿Sería posible darlle antes destino, comenzar todas as ensinanzas a vez ou deixalos no centro anterior ata o novo destino?
Evidentemente pode haber solucións á cuestión que se prantexa, de todas as maneiras calquera solución deberá pasar por os acordos conseguintes.
que implica a loe na fp?
Entre outras cousas, dúas moi importantes. Primeira, sitúa os ciclos de grao superior como ensinanza superior non universitaria o cal supón un recoñecemento moi importante para a F.P. E segunda, a partir do curso 2007-08 o acceso ós ciclos de grao medio faise mediante nota media.
han cambiado las características del acceso a la educación secundaria de adultos en este curso me refiero a edad y posibilidad de recuperar materias pendientes?
Non, simplemente se determina que hai que ter 18 anos para acceder a estes estudos.
A xornada lectiva dos Ciclos Formativos está en 36 unidades lectivas semanais, ¿Sería posible reducila polo menos nos Ciclos Medios e Adultos? Melloraría a convivencia entre o profesorado e o rendemento do alumnado
Cómpre ter en conta que a realización e a aprobación dun ciclo supón ter cursado un número determinado de horas (1.500, 2.000...). Polo tanto si rebaixamos a carga lectiva semanal teríamos que ampliar o curso. Por outra banda, afirmar que a reducción de carga lectiva semanal mitigaría a conflictividade é algo cando menos cuestionable.
Poderíase evitar o peche de ciclos formativos de FP fomentando a iniciación profesional en alumnos que teñen problemas na ESO?
Para ese alumnado existen agora os programas de garantía social que coa LOE pasan a denominarse programas de cualificación profesional inicial e que aumentan de 1 a 2 cursos académicos, polo tanto por esta vía vai ser difícil aumentar o número de alumnado.
Ante el previsible cierre de ciclos en muchas poblaciones se plantea la necesidad de qué hacer con el profesorado; desde los sindicatos se valora la posibilidad de adscripciones masivas a otras especialidades según su titulación.¿Cómo van a actuar uds.?
O problema estriba na falta de alumnado e non no profesorado, o profesorado que temos é necesario para potenciar a F.P. mediante desdobles cando estos sexan necesarios, aumentando as plantillas dos centros integrados de F.P., e mediante outra serie de medidas que deberán ser tomadas no futuro.
¿Debería existir unha Exposición da Formación Profesional e promocionar a FP?
A celebración de exposicións é unha maneira de publcitar a F.P. que no seu momento nos prantexaremos, neste momento estamos realizando campañas publicatarias como a que fixemos en xuño, celebrando congresos internacionais, ou xornadas de calidade educativa como as realizadas a semana pasada. Continuaremos potenciando a F.P. con medidas similares.
¿Por falta de alumnos van pechar Ciclos Formativos nas Neves, a Guardia ou Cangas?
Como xa dixen antes estudiaremos comarcalmente as necesidades de ciclos, e si ben é posible que teñamos que pechar algún tamén é seguro que abriremos outros novos.
¿por que hay tantos ciclos de administracion y finanzas concertados y tan pocos públicos en las grandes ciudades?
Existen poucos públicos porque procurábase que os ciclos non se repetisen nas mesmas localidades no ensino público. En canto ó privado concertado estes ciclos cada día teñen menos alumnos.
¿Podría comentar que diferencias, con respecto a la actualidad, va llevar ligada la inclusión del salvamento acuático dentro de la F.P.?Gracias por adelantado.
Nestes momentos estanse estudando en Madrid no Instituto das Cualificacións cuestións como a que se prantexa, polo tanto aínda non podemos respostar a esta pregunta como quixeramos.
existen ensinanzas de fp concertadas en Galicia? Cantas? Donde? Que familias profesionais se concertan?
Si, como dixen antes esto deriva do paso da lei do 70' á LOGSE. As unidades concertadas sitúanse prácticamente na súa totalidade nas grandes cidades e na súa inmensa maioría pertencen ó que chamaríamos sector servizos.
Planes FIP ¿porque duraciónes de 300 horas, si se pueden realizar cursos mas especificos en menos tiempo?
Precisamente no que se prantexa é no que estamos a traballar xunto coa Consellería de Traballo coa idea de poder chegar a certificar unidades de competencia.
Resultoume agradable acudir a este encontro a través de medios informáticos. Pareceume, ademais, unha experiencia sumamente interesante e quixera agradecer o interese que existe pola F.P. o cal é bo tendo en conta que os estudos de F.P. teñen una inserción laboral do 75% como media entre as familias profesionais e porque según estudos recentes o 70% dos parados/-as galegas non teñen ningunha titulación e pénsase que de obtela acadarían máis fácilmente un posto de traballo e aí o papel da F.P. debe ser determinante. Moitas grazas e boas tardes.