Open uri20150703 3 1iuybo6?1435922247

El director de cine gallego Ignacio Vilar charla con los
internautas junto a uno de los protagonistas de la película,
Rubén Rios, para hablar de su trayectoria profesional y de
su último éxito, «Pradolongo». La película acaba de ser
galardonada con el el IV Premio Ciudad de San Sebastián que
reconoce el reflejo de los valores urbanísticos, culturales
y sociales de Galicia.

1 Ignacio Vilar 05/07/2015 00:02

Ola a todos, boas tardes, empezamos...

2 Anónimo 05/07/2015 00:02

Cambiarías hoxe algo do guión?

Ignacio Vilar:

Ignacio: Non, non cambiaría nada porque estaba moi pensado antes de empezar a rodaxe.

3 Anónimo 05/07/2015 00:02

¿ Cómo fue el rodaje de la película en el interior de Ourense y en pleno verano?

Ignacio Vilar:

Rubén Riós; A rodaxe levouse ben polo equipo humano. Houbo problemas no aspecto da climatoloxía. Rodamos a 1.500 metros de altura en Pena Trevinca o que fixo que membros do equipo caeran enfermos. Pasamos dos 35 grados aos dous, tres, en pleno agosto con moita facilidade. Iso dificultou un pouco o traballo pero a partires de ahí todo foi moito más fácil.

4 Anónimo 05/07/2015 00:02

Como cuantifica vostede esa cifra saída nos medios de 45 mil espectadores? Son 45 mil entradas vendidas en salas comerciais?

Ignacio Vilar:

Ignacio: Cuantifica o ICAA. Iso ainda non está adecuado a ralidade das entradas vendidas. Pensamos que en 15 días estarán os datos máis fiables porque a película ainda está en taquilla. Os meses de outro e novembro ainda estará nos cines polo que a cifra estará neses parámetros ou por enriba porque en moitos cines ainda non se cuantificou.

5 Anónimo 05/07/2015 00:02

¿Para cando o DVD?

Ignacio Vilar:

I: Se todo vai ben sairá o 15 de decembro en Galicia

6 Anónimo 05/07/2015 00:02

de donde sois?

Ignacio Vilar:

Rubén: Son de Riós, un pequno pobo da provincia de Ourense. De ahí levo o meu nome artístico. Ignacio: Eu son de Petín de Valdeorras, na provincia de Ourense.

7 Anónimo 05/07/2015 00:02

yo solo mi mas sincera enhora buena a este osado cineasta un bico moi forte

Ignacio Vilar:

I: Moitas grazas. Eses ánimos axudan a seguir facendo películas.

8 Anónimo 05/07/2015 00:02

la pelicula traspasará las fronteras de España. Llegará a Venezuela?

Ignacio Vilar:

I: O estar seleccionado para San Sebastián e con premio e unha plataforma impresionante para que a película poida estar en moitos lugares e, por suposto, en Venezuela. De feito este venres marchamos para Frankfurt coa película.

9 Anónimo 05/07/2015 00:02

¿De verdad piensa que su película está a la altura de la película rumana que ganó en 2007 en Cannes?

Ignacio Vilar:

I: Vina onte, casualmente. Quería vela antes e versión orixinal pero con todo este proxecto non tiven tempo ata onte. É un cine de baixo presuposto moi na liña de Pradolongo. Hai un tema que está por medio que é o aborto pero do que realmente fala é da amizade. Ten moito parecido con Pradolongo. Sae dun país pequeno como pode ser Galicia. Os actores están moi ben nesa película, como nos dixeron Natalia Berbeke e o crítico Manuel Hidalgo en San Sebastián cando nos diron o premio como membros do xurado de San Sebastián, que os actores de Pradolongo fixeran unha «interpretación moi fresca» que facía que a historia chegara ao corazón.

10 Anónimo 05/07/2015 00:02

Hola Ignacio Vilar, ¿que se sinte ó facer unha película totalmente en galego e que nalgúns cines se negasen a proxectala? despois do tremento exito seguro que os dos cines estes estan tirandose dos pelos ¿non cres? un saudo e os meus parabens polo exito.

Ignacio Vilar:

I: As grandes distribuidoras norteamericanas donas de moitos cines en Galicia e no Estado español non queren saber do cine rodado en linguas minoritarias coma o galego. De algunha maneira só lles interesa distribuir os seus productos. É moi triste que na capital de Galicia non puideramos exhibir esa película porque de feito estivo no teatro Principal que é do Concello tres días -a tres sesións por día- ateigado. Ao mellor os donos desas salas son calvos (risas).

11 Anónimo 05/07/2015 00:02

Qué vos parecen películas coma; lápis do carpinteiro; A lingua das bolboretas;, baseadas en novelas galegas e rodadas aquí, con moitos actores da terra, etc... E incluso quot;Los lunes al sol que case leva Vigo aos Óscar.

Ignacio Vilar:

R: Levar unha novela ao cine ou a televisión ou a calquera arte visual, xa de partida é moi complicado porque a cámara nunca chegará a onde pode chegar a imaxinación. I: Está moi ben que veñan de fóra a rodar como fixo Polanski en La Muerte y la Doncella, que rodou en Valdoviño pero non son películas galegas. Para min o cine galego é aquel que se roda en galego cos xefes de equipo galegos e cos protagonistas, tanto actores como actrices, de Galicia.

12 Anónimo 05/07/2015 00:02

Enhoraboa, Pepe. Non tes ningunha foto do sete corvatas? Eu tampouco. Chano

Ignacio Vilar:

I: (Risas) Si, teño unha foto, ademais fermosa, sobre ese gran personaxe de Petín que é «O sete corvatas».

13 Anónimo 05/07/2015 00:02

Enhorabuena Ignacio, me encanto tu pelicula. Has conseguido situar al cine gallego en una cota de nivel mas que aceptable, pero me gustaría preguntarte como se compatibiliza: Progreso y Romanticismo en fe de rico

Ignacio Vilar:

I: Grazas por decir que Pradolongo sitúa ao cine galego nunha cota aceptable. De momento non temos problema porque hai máis romanticismo que progreso pero, non estaría mal facerse millonario, sobre todo con unha película coma Pradolongo.

14 Anónimo 05/07/2015 00:02

¿cal é o teu próximo proxecto?

Ignacio Vilar:

R: En principo de cara ao verán (sin firmar) pero en vista teño tres pelis. En dúas son o prota e nunha secundario. Non me gusta decir o nome porque me ensinaron cando falas dun proxecto antes de facelo, non sale. Nestes momentos estou preparando a miña segunda curta como director xa que a primeira, «¿Adeus Edrada?», en Galicia foi a mellar curta deste ano e levou varios premios nacionais e máis de vinte nominacións. Iso deume forzas para involucrarme agora na segunda que vai a tocar a represión que recibiu unha rapaza no ano 50 por querer ser actriz. I: Estou preparando a miña cuarta longametraxe. O título é «Vilamor» para rodar na provincia de Lugo, se todo vai ben en xullo e agosto do ano que ben. Nestes intres estou co guión.

15 Anónimo 05/07/2015 00:02

Cre que o uso da lingua galega na película xustifica o baixo nivel do guión, dos actores e da dirección?

Ignacio Vilar:

R: Entón ¿que está ben para ti da película? Só o idioma. E non quero pecar de galego respondendo con outra pregunta. I: Neste caso, rodar en galego potencia aos actores e ás actrices e fai máis creible a historia.

16 Anónimo 05/07/2015 00:03

Cal credes que é o futuro do cine feito en galego?

Ignacio Vilar:

R: Eu creo que seguir facendo na liña de Pradolongo, mellores películas que Pradolongo. Pero para facelas mellores ten que haber referentes. I: Chano piñeiro, fai vinte anos, con «Sempre Xonxa» empezou un camiño do que Pradolongo colleu a testemuña. Unha industria cultural consolídase con moitas películas, sexan boas ou malas pero, coas nosas historias, o noso idioma, os nosos actores, os nosos técnicos,... Así lograremos estar presentes na gran pantalla en todo o mundo.

17 Anónimo 05/07/2015 00:03

Parabéns por conseguir que o cinema galego teña presencia nas salas de todo o país, e aguante e compita, sen perder puntos, co resto de cine. Ignacio, grazas por contribuír, desde sempre, e desde todos os ámbitos do mundo cinematográfico. Grazas e sorte para todos.

Ignacio Vilar:

I: Unha das satisfacións máis grandes para min coma director é o que sentín na promoción polos 190 institutos deste país. Sentir que os rapaces e as rapazas se emocionaban con nós porque se sentían protagonistas e romper prexuicios lingüísticos e culturais.

18 Anónimo 05/07/2015 00:03

Hola. Non puiden ver aínda a vosa película, pero Rubén Ríos paréceme un dos mellores actores galegos da súa xeración. ¿Ten algún novo proxecto de cine? (creo que está moi desaproveitao na TV). Unha aperta

Ignacio Vilar:

R: Dos proxectos falamos tres preguntas máis arriba. Con respecto a televisión teño que dicir que mo teñén apuntado máis veces. Eu estoulle moi agradecido a este formato porque me deu segurida e cartos para poder seguir adicándome ao que máis me gusta. O problema reside en que en teatro e en cine danche o tempo que non tés en televisión.

19 Anónimo 05/07/2015 00:03

me gustaria saber si cubrio el presupuesto o perdio dinero???

Ignacio Vilar:

I: Rodar en galego significou que o 30 por cento da financiación non a puidemos conseguir fóra. Falo de TVE e da FORTA. Iso quere dicir que empezamos a rodaxe sen ter pechada a financiación pero, por sorte, unha vez que estás na auga tés que nadar e ahí estamos.

20 Anónimo 05/07/2015 00:03

moi boas, que se sinte ter rodado entre a xente da lousa? e verdade o que deles se escoita ?

Ignacio Vilar:

R: A min tratáronme moi ben. A xente da Lousa, a xente do rural, a xente das vilas e seguiría nomeando xentes coas que tratamos en rodaxe. I: Para min esta película significou conocer a fondo o mundo das lonxeiras e teño que dicir que nos abriron as portas en todo o que pedimos e que nos facilitaron a rodaxe.

21 Anónimo 05/07/2015 00:03

Boas tardes. Antes de nada quixera darvos as miñas felicitacións polo último premio. A miña pregunta é: qué se sinte cando se gaña un premio tan importante mediáticamente e estar de lado ó mesmo tempo de actores, actrices e directores tan importantes como os que pisaban a alfombra roxa?

Ignacio Vilar:

R: Compartir hotel con John Malkovich non pasa todos os días e que Natalia Berbeke che saque as bágoas -non polo guapa que é, se non polo emocionada que estaba falando da nosa película...Pero deixando iso a un lado, despois de ir a moitos festivais, ningún do nivel de San Sebastián, por suposto, Neste último o que máis me impresionou é que hai mercado de cine por tódalas partes. I: Había 800 medios acreditados e máis distribuidoras e produtoras de todo o mundo.

22 Anónimo 05/07/2015 00:03

Rubén, ¿que destacarías do teu personaxe?

Ignacio Vilar:

R: Que sendo un rapaz tímido loita ao longo de toda a película polos seus ideais.

23 Anónimo 05/07/2015 00:03

Coñezo a Tamara, pero... ¿que tal é como actriz e como compañeira de rodaxe?

24 Anónimo 05/07/2015 00:03

Como vedes en xeral, o mercado e estado actual do sector audivisual no país? (sou estudante de audivisuais en Portugal, pero eu sou de Vigo), moitas grazas

Ignacio Vilar:

R: Estase andando no bo camiño. En Galicia nestes intres temos actores, técnicos e historias para facer un bo cine. I: Tamén contamos coa axuda decidida da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e gustaríanos contar tamén coa axuda decidida de outros responsables que ainda non apostan polo noso cine.

25 Anónimo 05/07/2015 00:03

Ola Ignacio, vémonos en Frankfurt o venres!! temos moita curiosidade en visionar «Pradolongo» Un saúdo! IALMA

Ignacio Vilar:

R: Hola Ialma. Es o noso primeiro contacto con Frankfurt. Dinos como vas ir vestida para coñecerte (Risas) vémonos o venres.

26 Ignacio Vilar 05/07/2015 00:03

I e R: Gracias por estar ahí e por valorar o traballo porque iso quere dicir que vos sentastes nunha butaca a vela. O cine galego precisa do apoio de todos.