Open uri20150703 3 1njk27z?1435923675

Una de las películas que mejores críticas cosecha de las
que actualmente está en cartelera es «18 comidas»,
protagonizada, entre otros, por Luis Tosar y dirigida por el
lucense Jorge Coira. Se trata de una comedia coral en la que
Coira presenta una serie de emociones servidas en torno a la
mesa y cuyos personajes luchan por alcanzar la felicidad.

1 Jorge Coira 05/07/2015 14:08

Ola a todos e boas tardes! Aquí estamos para conversar o que faga falta.

2 Anónimo 05/07/2015 14:08

Ola! Parabéns por ese exemplo de CINE!! Unha curiosidade, tódolos personaxes, e as súas historias, desprenden resignación e melancolía, queda un pouso de amargura no final das situacións... Nunha peli tan galega, ese regusto acedo ten que ver coa nosa "flema"?

Jorge Coira:

Moitas gracias por todo (maiúsculas incluidas)... Non sei se ese tono de certa melancolá ten que ver coa nosa idiosincrasia, pero en calquera caso, esa mestura agridoce era a que quería para reflexar a loita dos personaxes por ser felices...

3 Anónimo 05/07/2015 14:08

Boas Jorge, fun ver a película o xoves pasado. Gustoume bastante, pero teño unha suxerencia: na trama dos velliños que xa non teñen nada que dicirse non aparece medicamentos, que, por sorte ou por desgraza, forman parte dos menús de todos os nosos maiores. Un saúdo desde Lugo e noraboa pola peli.

Jorge Coira:

estou dacordo co que dis dos medicamentos, pero a verdade neste caso é que o que a parella comeu en escena foi o que eles quixeron e eles cociñaron. non houbo inxerencia ningunha pola miña parte.

4 Anónimo 05/07/2015 14:08

Es una película en la que se ven muchos lugares vuestros no? como Santiago...

Jorge Coira:

Pois a verdade é que si... Non só Santiago, coa presenza da praza da Quintana (unha das máis bonitas do mundo) e o pub Atlántico, senón tamén porque rodamos na Casa do Pacio (unha casa de turismo rural que teño cos meus irmáns) e a casa de Rábade onde eu me criei e onde Luis Tosar e máis eu empezamos a rodar as nosas primeiras curtas.

5 Anónimo 05/07/2015 14:08

¿Es una película para todos los públicos o para gente cinéfila?

Jorge Coira:

Sin ninguna duda, para todos los públicos. Aunque espero que alguien a quien le guste especialmente el cine, pueda encontrar elementos interesantes en cuanto a propuesta narrativa y estética, lo que sí quisimos siempre era hacer una película abierta a cualquiera.

6 Anónimo 05/07/2015 14:08

Yo no entendí la pelicula, no puede explicar la moraleja de la pelicula... por cierto tube que ir a madrid a verla...

Jorge Coira:

Bueno... es que en realidad no hay moraleja. La idea era plantear preguntas, no dar respuestas. Y respecto a lo de Madrid, pues no sé dónde estabas, pero si fue así será que eran las salas más cercanas, ¿no?

7 Anónimo 05/07/2015 14:08

Noraboa por "18 Comidas". Soamente quedo con unha dúbida: ¿Qué significa "ser mais libre que unha pataca frita"?

Jorge Coira:

Jajajajajajaja, pois esa expresión -que a verdade é que me gusta moitísimo-, nace do repentismo da actriz Cristina Brondo. É dicir, que se lle ocorreu no momento e díxoo con esa naturalidade e con esa forza. E recoñezo que o que me entusiasma desa frase é que, nun momento de gran importancia vital para ela como é esa conversa, saia unha conexión de ideas tan surreal como a de mesturar liberdade e "patatas fritas".

8 Anónimo 05/07/2015 14:08

Boas Jorge, planteacheste en algun momento en facer unha version teatral da excelente pelicula 18 COMIDAS? Andrés Montes

Jorge Coira:

Ola, Andrés!!! Pois a verdade é que non. Ainda que poida parecer adaptable a teatro (pola cuestión do espazo escénico reducido), creo que a peli é radicalmente cinematográfica. Nace desa capacidade principal do cinema -e que o fai único-, que é a de "embalsamar" a vida, de captar o momento e rexistralo para sempre. E iso está na esencia da película. Así que me parece imposible adaptala a teatro. Podería facerse algo baseado nas mesmas situacións, pero nunca unha adaptación. Ah, e gracias polos complimentos!!!

9 Anónimo 05/07/2015 14:08

Que vos parece a idea de facer unha segunda parte chamada 18 ceas, na que Luis sexa un breaker?

Jorge Coira:

Jajajajajaa, propoñereillo a Luis... ainda que non o vexo de todo jajajajaja

10 Anónimo 05/07/2015 14:08

que carallo comeis?

Jorge Coira:

Carallo ningún. Cousas ricas -como chuletón de boi, tortilla de pataca e demáis exquisiteces- todas cantas se poden, gracias.

11 Anónimo 05/07/2015 14:08

¿Para cando unha reunión da promoción "El Resplandor"?

Jorge Coira:

Ein? A que te refires? O único que se me ocorre é que cando estabamos rodando Entre Bateas, chamábamoslle El Resplandor ao lugar onde nos hospedábamos -porque nos lembraba o hotel da película-... refíreste a iso?

12 Anónimo 05/07/2015 14:08

Enhorabuena por la peli. Me ha gustado mucho recordar a los "Estoupa Caldeiros". Marta Lugo, ex de uno del grupo.

Jorge Coira:

Bueno, si eres ex de uno del grupo y te gustó recordarlos es que la cosa no acabó demasiado mal. Me alegro. Y me alegro de que te gustase la peli. Un abrazo.

13 Anónimo 05/07/2015 14:08

Pensas facer máis películas coma esta?

Jorge Coira:

Pois si que me gustaría repetir a experiencia, porque foi unha das rodaxes máis apasionantes-divertidas-tolas-emocionantes-etc que vivín na miña vida. Pero antes prefiro cambiar de estilo e probar cousas distintas. Non quero facer cine só dunha forma (nin desta nin de ningunha outra). Gústame a variedade e o cambio constante.

14 Anónimo 05/07/2015 14:08

Enhoraboa, película redonda. ¿Hai un novo proxecto para un futuro próximo?

Jorge Coira:

Moitas gracias!! Pois si que hai, si... E o que si espero e non tardar moito en facer outra película.

15 Anónimo 05/07/2015 14:08

Disculpe, Jorge, eché en falta en las 18 comidas el café con leche con callos. ¿aparecerá en la segunda parte?

Jorge Coira:

Madre mía... Creo recordar que algunha vez tomei iso, pero non me acordo agora... en calquera caso longa vida ao café con leite e por suposto aos callos (e máis se son da carreirana de Ribeira)!!!

16 Anónimo 05/07/2015 14:08

¿porque 18? y no 19 o 17 comidas?

Jorge Coira:

Pois en realidade porque cando acabei de pensar as historias, contei e sairon 18. De feito, como logo empecei a collerlle cariño ao título, cando rodamos é pensei que podía ocorrer que algunha comida caese na montaxe, decidín rodar unha 19ª comida que me servise de comodín. Ao final non tiven que usala. Estará nos extras do DVD e consiste en Spasek (Milan Tocinovski) comendo chourizo na rúa mentres a xente pasa...

17 Anónimo 05/07/2015 14:08

boa comida,(e polo q se ve,abundante)un actor como TOSAR,q ademais cantae toca a guitarra con estilo,amiguetes de sempre,facer esta peli seria unha gozada non???

Jorge Coira:

Pois si. Gozada total!!!! Por suposto por rodar con Luis, pero tamén con outros amigos dende hai tempo como Pedro Alonso, Fede Pérez, Víctor Fábregas, Víctor Clavijo, Camila Bossa, Antonio Mourelos, Ricardo de Barreiro, Pico, Xosé Barato, María Vázquez ou Nuncy Valcárcel... así como con amigos novos como foron Esperanza Pedreño, Cristina Brondo, Mario Zorrilla, Milan Tocinovski, Sergio Peris ou Juanca Vellido. Unha gozada total!!!

18 Anónimo 05/07/2015 14:10

Non crees que as tensións sexuais hai que resolvelas?

Jorge Coira:

Pois creo que si que convén, si... pero tamén creo que non sempre ocorre nin moito menos. E parece precioso ver como evoluciona a historia de Edu e Sol (LUis Tosar e Esperanza Pedreño), que se buscan un ao outro e non son capaces de encontrarse nin pasando unha hora xuntos arredor dunha mesa.

19 Anónimo 05/07/2015 14:10

As teles dan de comer e o cine sirve para lucirse. Está superado o topico?

Jorge Coira:

Non entendo se o que dis do cine e a tele é o tópico ao que te refires, pero en calquera caso, non creo que sexa así exactamente. Si que é certo que é máis fácil vivir da tele que do cine (porque hai moita máis produción de tele que de cine), e que no cine hai máis liberdade para probar camiños menos trillados, así como máis tempo para pensar e preparar as cousas... pero ao final a fronteira entre un terreo e outro é difusa e cada día se van parecendo máis. E de feito, creo que en moitos casos, empeza a ocorrer por aquí (en EEUU xa hai tempo que ocorre), o de que xurdan proxectos de tele moito máis interesantes que moitos de cine.

20 Anónimo 05/07/2015 14:10

hola. 2+2?

Jorge Coira:

Creo que 5.

21 Anónimo 05/07/2015 14:10

Rodarias un viaxe ao fondo da Terra na sima do Courel?

Jorge Coira:

Jajajajaja... Xa molaba, si. e se logo aparecen os personaxes no deserto de Atacama, pois mellor ainda e así montamos unha coprodución (é que teño ganas de rodar en Chile...).

22 Anónimo 05/07/2015 14:10

Boi, boi ou vaca vella rubia

Jorge Coira:

É o mesmo, non?

23 Anónimo 05/07/2015 14:08

Es Tosar la Julia Roberts gallega. Película en la que participa, ¿triunfa?

Jorge Coira:

Es más guapo Luis, jajajajaja No sé, Luis tiene un carrerón alucinante y creo que sus mejores películas están por llegar. Pero supongo que siempre surgirán éxitos y fracasos. Y así las cosas funcionan bien...

24 Anónimo 05/07/2015 14:10

Tanta comida... podría ser gula. ¿Cuál es su pecado capital como director?

Jorge Coira:

La gulas un pecado?!!!!! Qué dices, loco?!!! Ni pecado como director... no sé... supongo que les tocará a los demás decirlo... No quiero empezar yo aquí a apuntar mis defectos y que todos acaben pensando "ah, pues mira, tiene razón..."

25 Anónimo 05/07/2015 14:10

¿Veste recollendo algún premio con esta película? ¿Goyas, Mestre Mateo....?

Jorge Coira:

Mi ma... A ver, mentiría se dixese que non me encantaría levar máis premios coa peli. Pero tamén xuro que me contento cos que xa leva e que me parece extremadamente difícil levar un Goya, e respecto aos Mestre mateo, o ano que vén promete ser o máis complicado dos últimos tempos, porque este ano hai un bo feixe de películas marabillosas e dun nivelón brutal.

26 Anónimo 05/07/2015 14:10

¿Qué tal llevó lo de volver a trabajar con Tosar?

Jorge Coira:

Pues para mi fue uno de esos regalitos lindos de la vida. Además, lo bueno fue que no fue nada forzado ni le dimos mayor importancia en el momento de hacer la peli. Creo que a los dos nos apetecía pero basicamente lo que hicimos fue centrarnos en hacer la película y dar todo lo que tuviésemos para que funcionase. En definitiva, una gozada, sí...

27 Anónimo 05/07/2015 14:10

Hai cine galego ou hai cine feito en Galicia?

Jorge Coira:

Eu diría que hai de todo. A verdade é que nunca me entusiasmou a idea de entrar a esa discusión por varias razóns. Unha é que desde que empecei a facer curtas, aló por primeiros dos noventa, eu tiña claro que estaba facendo cine galego e se O Matachín -por exemplo- non era cine galego, entón que era?. Outra é que sempre percibo unha certa animosidade cara ao feito de que veñan producións de fóra a rodar a Galicia, e eu creo que é algo bo en si mesmo. e a máis importante é que creo que desvía a atención do verdadeiramente importante: que se poida facer cine desde aquí, feito por xente de aquí, e que aqule que teña talento para contar historias, poida ter o apoio da industria e a liberdade creativa para desenvolver ese talento.

28 Anónimo 05/07/2015 14:10

hola. tu conoces a maria rama?

Jorge Coira:

Pos... así por el nombre... es que tengo mala cabeciña para los nombres, la verdad... O sea, que no, vaya, que no me doy cuenta, lo siento...

29 Anónimo 05/07/2015 14:10

Qué recuerdo especial te queda de la película o del rodaje?. Recuerdas algo de manera particular??- Parabéns por los éxitos!! A toda mi familia le ha encantado 18 comidas!!!

Jorge Coira:

¡¡¡Muchísimos!!! De verdad, fue un rodaje muy especial. Fue único. Y juro que no en este caso no es un cliché. Por poner un ejemplo, pues recuerdo con especial cariño el aplauso de todo el equipo técnico justo después de gritar el "corta!" al final de la comida de los gays. Fue un momento mágico para todos. Ah, y me alegro de que disfrutaseis de la peli toda tu familia!

30 Anónimo 05/07/2015 14:10

¿Como ves o estado do cine en galicia e as outras producións feitas aquí este ano?

Jorge Coira:

A ver, é un tema complicado... Por un lado, as cousas están indo francamente mal e nos últimos tempos non parece haber o apoio decidido que houbo na Axencia do Audiovisual. Por outro lado, este vai ser un dos mellores anos (se non o mellor) da nosa historia como gremio, porque hai un bo feixe de películas de primeiro nivel (como as de Oliver Laxe, Luis Avilés, Ángel Santos, Fernando Cortizo, Mario Iglesias... e creo que non esquezo a ninguén, se é así, desculpademe, a miña memoria é feble), cousa que nunca pasou ata o de agora.

31 Anónimo 05/07/2015 14:10

Hola Jorge!. Enhorabuena por la peli!.¿ Qué se siente luego de que la crítica especializada y el público hayan reaccionado tan bien?. Somos fans de 18 comidas!!!

Jorge Coira:

Pues una alegría brutal, la verdad. Siempre que haces una peli (o una serie o lo que sea), esperas conectar con un público que tarda meses o años en llegar. Y si cuando finalmente, ese acto de comunicación se consuma, la gente se emociona y vibra con la película, pues... hace que todo tenga sentido.

32 Anónimo 05/07/2015 14:10

Cuánto cuesta una peli como 18 comidas?-

Jorge Coira:

Ay, los dineros, los dineros... Eso es cosa de la productora, y además, juro que no lo sé exactamente. Obviamente es una peli barata para los estándars del cine, pero no en serio que no sé exactamente cuánto costó. saldrá publicado en el ministerio en algún momento, supongo.

33 Anónimo 05/07/2015 14:10

¿Cree que el éxito de Tosar es una moda? Debe de haber muchos actores que puedan interpretar igual de bien que él en Galicia y que no se les da la oportunidad de lucirse con un bue papel

Jorge Coira:

No. Sin duda Luis está de moda y es de suponer que no siempre será así, pero su éxito (como el de casi todo el mundo que lo tiene), es una mezcla de suerte obviamente, pero también de mucho trabajo y de un talento salvaje. Por supuesto, creo que hay muchos más actores con talento en Galicia, pero Luis es único e irrepetible.

34 Anónimo 05/07/2015 14:10

Se atrevería dirigir un remake de la serie sobre Letizia y Felipe? Mantendría el chandal del Decathlon en el vestuario real?

Jorge Coira:

No, no me atrevería, jajajajaja... En realidad no lo vi, así que lo del chandal me lo acaban de explicar ahora mismo. Y no sé no me veo yo metido en fregaos monarquicotelevisivos, no...

35 Anónimo 05/07/2015 14:10

qué te imaginas dirigiendo en 10 años? o qué te gustaría estar dirigiendo??

Jorge Coira:

Pues ojalá esté haciendo una película con Luis Tosar, que sería uno de los grandes papeles de su vida (más noticias dentro de 8 años...)

36 Jorge Coira 05/07/2015 14:10

Moitas gracias a todos e espero que nos vexamos nas salas de cine!!! Como di o outro... SAUDE E PELÍCULAS!!!