Debuxante
Foi o creador do Xabarín da TVG e todos os personaxes
da serie Os vixilantes do Camiño. En 1998 foi requerido
pola factoría americana Dreamworks para deseñar os
personaxes da serie de animación Men in Black. Ese mesmo
ano entrou a dirixir a revista sobre banda deseñada
Elipse, editada pola Consellería de Cultura e da que só
saíu un número. Tamén desde 1998 dirixe o salón Viñetas
desde o Atlántico. Agora está enfrascado no se último
proxecto chamado De profundis, una viaxe onírica ao
fondo do mar.
Ten, ou poderia ter, "De profundis" conexión con ""
Que sinte cando ve unha casa no rural con cinco chimaneas de formigón, ventanas de aluminio, ladrillo visto, todo cheo de silvas e un Mercedes aparcado na porta?, a arquitectura galega é esto?
futuro del cómic gallego
¿Cómo cre que evolucionará o sector da animación en Galicia?
¿Cómo foi a súa experiencia en EE.UU?
Qué hai que faces para que a animación galega estea bn considerada?
Penso que o comic é cousa de poucos..
¿Qué programas de televisión ve?
No cree que debería haber un canal en la tele pública comp ^ñayhouse disney o los de dibijos del satélite?
¿Cuál ha sido su personaje favorito?
¿Qué peli de animación ha
¿Qué peli de animaciónjamás nos recomendaría?
A cantos paises se vendeu o Xabarín?
Cal sería a súa aposta para a telegaita de poder dirixila?
¿Qué lle parece o nomeamento do novo direstor da CRTVG?
¿É certo que os xornais esquecéronse xa de darlle máis protagonismo os debuxantes?
que tal miguelanxo... son debuxante, son moi admirador teu, como outros miles, como podería darlle saida a deceas de comics e historias que teño listas pra difundir dende hai anos? Gustariame que alguén coma ti me fixera unha valoración... grazas
como ve o panorama do comic en galicia e españa?
Para cuándo otro "Trazo de tiza"
pode existir unha editorial de banda deseñada en galicia?
Aquí comienza el encuentro
Boas tardes a todos os que estades dispostos a gastar este tempo latricando comigo...
Buenas tardes y enhorabuena por sus trabajos, mi pregunta es la siguiente: Muchos hemos aprendido a leer o nos hicimos lectores gracias a los cómics, ¿no cree que para jóvenes lectores existe poca oferta y muy polarizada, es decir, o manga o Disney Witch
Non teño claro que os mangas ou outras alternativas que teñen agora os cativos sexan necesariamente negativas... De feito, o manga e alguns derivados, como Witch, están conseguindo interesar ao público feminino. Só por iso xa sería interesante. Os medios, todos, deben evoluir.
con qué técnica estas dibujando De Profundis
As máis das imaxes son acrílicos, pintados a pincel, unhas veces sobre papel, outras sobre lenzo. Logo, hai moitas variantes desas imaxes tratadas xa directamente no ordenador, pero sempre respeitando as texturas e o acabado da imaxe inicial.
Crees que esta quotidiana delirante en la que vivimos inmersos va a cambiar?
Moito me temo que non. Non é cuestión de formas políticas ou ideoloxías concretas. Ao final, a máquina, que somos nós, vai máis ou menos por libre, e está chea de contradiccións. O resultado é ese aspecto delirante da nosa sociedade. O que pasa é que hai delirios máis fácil de levar que outros, e algúns son dramáticamente inaceptables.
non crees que o xabarin,que foi un dos nosos programas favoritos durante a infancia necesita unha renovacion ou simplemente que apareza outro programa polo estilo que lle sirva d referencia os nenos d hoxe igual que o xabarin nos serviu a nos
Non falo como "pai" do prota... Penso que sería unha lástima desaproveitar todo o que o Xabarín foi xenerando nestes anos. No que si estou de acordo é que sería bo unha actualización, unha revitalización de formas e contidos. Na última época quedou convertido case únicamente nun caixón no que meter as series de animación. Habería, seguramente, que volver crear espacios novidosos e propoñer seccións propias novas.
como se imaxinaria vostede a camiseta da futura seleccion de futbol galega,supoño que lle faria ilusion o tema de diseñala vostede
Veño a traballar cós cómic e as ciencias da educacion, ¿ por que non existen comics nas nosas bibliotecas escolares?
Noraboa polo seu traballo. Aproveitando unha exposición de Xaquín Marín no centro culrural Torrente Ballester... que é o que máis destaca do traballo de Xaquín?
nalgunha entrevista dixeches que pintas cadros... algún día farás unha mostra con eles?
HOLA.CRECIN VENDO XABARIN CLUB E AINDA AGORA FAIME MOITA GRACIA.A MIÑA PREGUNTA É: CAL E O SEU CONSEXO PARA OS NOVOS DEBUXANTES COMA MIN?
Como valorarias a implantaçom do "salom do comic" na cidade de A Corunha?
¿Para cando "novos capítulos" de Quotidianía Delirante? Non dirás que a realidade non dá para máis... Noraboa por tódolos teus traballos, para min Trazo de tiza e as series de Quotidiania son do mellor que lin nunca.
Ola Miguelanxo. Antes de nada a miña noraboa pola película que estas a facer, porque inda que non vin nada dela, onte me falaron dela e estou seguro que vai ser unha obra de arte.¿Podes adiantarnos algo deste novo proxecto? Unha forte aperta.
É unha aposta en máis dun sentido. Por exemplo, non hai equipo de animación no sentido tradicional do termo. Elo permite que o estilo dos debuxos, as cores, todo o referido ás imaxes saian unicamente das miñas mans. Ou sexa, que podo traballar como o fago cando escribo ou fago cómic, con sentido de "autor". Outra aposta é por chegar a públicos diferentes sen ter que pasar necesariamente polo filtro terrible da distribución en salas, que, á fin, remata deixando na cuneta moitos proxectos. Temáticamente, é unha especie de conto, relativamente sinxelo. A historia dun home que percorre as fonduras do Mar. E será unha historia para contemplar e escoitar. A música que Nani García está compoñendo (ao mesmo tempo que eu vou creando as imaxes) é unha pasada.
pero la película no va a ser proyectada en cine... es para publicar en dvd?
crees que hai un tipo de comic galego?
Pois non. E afortunadamente. Iso dunha "escola", na que todos os integrantes teñen que seguir uns determinados vieiros, respetar unhas certas directrices... paréceme o máis contrario que podemos facer á creatividade. O que si hai é unha chea de autores, e moi bos. Supoño que dentro duns anos -25, 50...- poderá analisarse o que fixemos durante este tempo e, se cadra, atopar os elementos comúns que nos podan identificar como autores galegos.
Pido desculpas se me repito, pero non sei se chegou a pregunta que mandei. ¿Para cando máis Quotidiania Delirante? Noraboa polos teus traballos
Boas tardes, son Quique da Coruña e gustaríame sabé-la túa opinión sobre a irrupción da informática e as novas tecnoloxías no mundo do cómic e que tal te levas con elas. Un saúdo.
O seu uso dende un punto de vista estrictamente industrial non é moi novidoso. Os tebeos de Bruguera coloreábanse directamente nas imprentas por "color indicado" polo debuxante. Agora o proceso é máis rápido. En aspectos como a rotulación dos textos, é francamente unha axuda tremenda. O mesmo se falamos da maquetación da páxina final: podes reservar os bocadillos sen necesidade de "intervir" sobre o orixinal. E, en canto a pintar... Hai xente que fai cousas interesantísimas, como Raquel Alzate, da que tivemos unha espléndida exposición este ano en Viñetas. O que pasa é que, ó final, eu boto sempre en falta poder coller nas mans o orixinal, ulir o recendo da pintura e do papel, notar a materia... "A mansión dos Pampín", o meu último libro, está coloreado dixitalmente. E moitas das ilustracións que fago para colaboracións en prensa, tamén. E moitas veces arrepíntome de non telas feitas con medios naturais cando as remato e me decato de que só son unha chea de "0" e "1".
¿Te identificas con tus personajes? Por ejemplo el señor Pampín...
Home, non! O que pasa é que non é difícil atoparse en situacións semellantes ao Sr. Pampín. Se nos poñemos máis serios, é difícil que, dun xeito ou doutro, a túa forma de pensar e sentir non se transmita en certo modo ós teus personaxes. A fin de contas, o que eles din e pensan en algún momento tes que "dicilo" e "pensalo" ti. O cal nos podería levar a un perigosísimo proceso de análise freudiano e psiquiátrico que non me interesa para nada comezar...
Que diferencias encuentras entre trabajar para la industria de animacion americana y la española?
Cuestión de medios. Supoño que non será moi diferente ó que suceda co cine de imaxe real. A compoñente industrial e comercial do asunto está alí moito máis desenvolvida e, cando un proxecto chega a poñerse definitivamente en marcha, os medios técnicos e económicos están axustados ó proceso de producción para que poda facerse no tempo preciso. Pero iso conleva tamén moitas limitacións. Por exemplo, un proxecto como "De Profundis" xamáis podería ser producido dentro do esquema americano.
alguna vez pensó, que realmente XABARIN sería un programa de referencia, aceptado por e lpúblico joven, y sobretodo, con tendencia a durar? gracias . xurxo desde cadiz
A verdade, cando Suso Iglesias, o pai ideolóxico da criatura, explicóume de que ía o asunto, e comezamos a traballar e parir as primeiras ideas, intuín que aquelo tiña que funcionar. A combinación de mascota un pouco gamberra, música, debuxos animados e esforzo por interesar tanto ós rapaces urbanos coma os do rural resultou un éxito. Por iso penso que si sería bo actualizar o programa.
con tanto comic, o autor dese xénero non intenta nunca escribir unha novela.... Non sei o gusaniño xa sabe....
Estamos falando de narración. No cómic, incluso, moito máis evidentemente que no cine. De feito moitos dos meus "guións" ("Trazo de tiza", "Tanxencias"...) son, antes de chegar a guións, narracións que se asemellan máis a unha novela que a calquera outra cousa. E teño textos que, posiblemente, nunca cheguen a ser realizados en cómic, porque non se axustan ás características do medio, e que supoño acabarán sendo publicados como texto. Ou sexa, si.
¿Volverás a trabajar para los yankis?
¿a qué tipo de audiencia va destinada tu película? ¿y los comics? de qué edades
A película, vai destinada a un tipo de audiencia á que lle guste a música (sinfónica; non necesariamente "clásica"), a pintura, a narrativa (en todas as súas formas), e que estea disposta a pasar uns 80 minutos contemplando (e subraio isto de contemplando) unha historia onírica contada con imaxes que pretenden ser estéticamente belas e unha música que é moito máis ca unha banda sonora. Os cómics... Pois son, claramente, un autor "para adultos". Non porque os contidos dos meus libros sexan especialmente violentos ou sexualmente fortes (que non o son), senón porque as cousas das que falo neles son, en xeral, cousas de adultos. De todos xeitos, algúns dos meus libros de humos (as Quotidianías) son usados nas aulas con rapaces a partires dos 12 anos, e, polo visto, funcionan ben.
Q opinión le merece Corto Máltes? no se le pasa por la cabeza creer un personaje de este tipo
Noraboa polo seu traballo. Aproveitando unha exposición de Xaquín Marín no centro culrural Torrente Ballester... que é o que máis destaca do traballo de Xaquín?
De Xaquín hai unha chea de cousas a destacar. Xunto con Suso Peña (falecido hai uns meses) foi o único autor realmente profesional que tivemos en Galicia durante moitos anos. Pero, ademáis deste valor coma precursor, é un exemplo de coherencia e de honestidade profesional. A min, particularmente, non deixa de marabillarme iso de facer diariamente unha tira ou un chiste. E se falamos do seu valor coma animador cultural e promotor de iniciativas, entendemos que estamos a falar de alguén imprescindible para a nosa cultura. En casos así queda claro o falso que pode ser ese dito de que "ninguén é imprescindible".
Abandonaras el "realismo rural" en favor de personajes mas aventureros e imaginarios? Enhorabuena por tu plastica maginifica. Me encantó verte en el museo del comic de Bruselas!!
¿para cuándo otro "trazo de tiza"?
Durante todo o 2006 estarei a traballar en "De Profundis". O texto do meu seguinte libro está xa rematado, e mesmo a planificación inicial moi avanzada. Poñereime a elo no 2007, de modo que... o libro poderá ser editado non antes do 2008.
para cando unha publicación que recolla TODA a túa obra?
nalgunha entrevista dixeches que pintas cadros... algún día farás unha mostra con eles?
De feito, eu cheguei ó cómic cando tiña xa 21 anos. Daquela xa tiña feito varias exposicións de pintura, e, dende entón, nunca deixei de pintar. Moi posiblemente, cando remate "De Profundis", farei unha exposición (que acompañará, nalgúns casos, a presentación da película) con moitos dos cadros que serviron de "sementes" para a historia.
Olá, som Ivam dende a Corunha e gostaria saber como valoras o salom do comic da cidade e? Parabéns polos teus trabalhos e em especial co "xabarin" eu crecim com ele.
Home, como o vou valorar, se son o director? Pois moi ben! Temos a posibilidade de ver a obra e de coñecer a autores que van determinar a historia do cómic, aínda que, en moitos casos, non se trate de "superventas". Todos os anos hai, como mínimo, tres exposicións que eu calificaría de "históricas", e moi posiblemente me quede curto. Dende o meu punto de vista, unha das mellores cousas que ten "Viñetas" é que pode presentar os traballos dos autores en razón do interés da súa obra, e non do tamaño da editorial que os publica ou do número de fans que teñan.