Data?1436042971

El dibujante gallego Miguelanxo Prado acaba de
estrenar su primer largometraje de animación. La
película, llamada «De Profundis» es, en sus palabras,
«especial, arriesgada, poética, innovadora y muy
personal». El filme, que no tiene diálogos, es candidato
al Goya a la mejor película de
animación y, previsiblemente, se exhibirá en la Berlinale.

1 Miguelanxo Prado 13/07/2015 10:04

Bo día a todos. (¿Qué facedes a estas horas xa enganchados á rede?)

2 Anónimo 13/07/2015 10:04

Esta semana vin por Coruña nas paradas de buses o poster da película e encantoume. ¿Pódese mercar nalgún sitio?

Miguelanxo Prado:

Primeiro fóra de xogo.... Non teño nin idea de se está previsto comercializalo. Prometo facer averiguacións. Supoño que, de chegar a facelo, o máis doado será atopalo en librerías especializadas de banda deseñada ou lugares semellantes.

3 Anónimo 13/07/2015 10:04

Escoiteille dicir en relación á súa película que era o tipo de filme non debera ver aquel tipo de xente que non tivera a capacidade de contemplar durante 5 minutos o paso das nubes. Non cre vostede que a esta sociedade cústalle incluso mirar ao ceo?

Miguelanxo Prado:

Seguramente debería ter falado en positivo e dicir que quen desfrutase de todas esas cousas (unha posta de sol, o mar en inverno, o paso das nubes... ) case con certeza disfrutará de "D.P". O certo é que, coma ti dis, damos por bó un ritmo de vida que non só nos "acelera" no noso traballo e nos aconteceres cotiáns, senón tamén nos momentos de lecer e descanso. Dalgún xeito, está en nós a posibilidade de "botar o freno" de cando en vez.

4 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿Segue sendo difícil convencer ás grandes empresas que controlan as salas de cine para que exhiban unha película galega e en galego? Obrigado e noroboa polo teu filme

Miguelanxo Prado:

Dificilísimo. De feito, a cadea é máis longa e non son os exhibidores os responsables últimos disto. As grandes distribuidoras internacionais (adiviñades a nacionalidade destas distribuidoras??) impoñen ós exhibidores "paquetes" completos, datas, distribución... Atopar espacios é moi complicado.

5 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿Como se ve na carreira polos Goya?

Miguelanxo Prado:

Os que me coñecen saben o que penso dos premios. Teño levado uns cantos como para non ser sospeitoso de estar tentando xustificarme. Calquera obra de creación -libro, disco, cadro, película...- nin é mellor por levar un premio, nin peor por non levalo. Hai un feixe de factores que converten os procesos de escolma en algo moi "azaroso". Evidentemente, preferiría levalo, pero se non cadra, non pasa nada. A película está feita, e xa hai un bó número de persoas que, coa súa emoción, teñen xustificado o esforzo.

6 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿Cal foi a súa fonte de inspiración para face-lo filme?

Miguelanxo Prado:

Non é difícil respostar isto: nacín e medrei nunha cidade que cheira a iodo, que ten mar por todos lados, que ten milleiros de gaivotas "circulando" polas súas rúas... O Mar, así con maiúsculas. Ou, mellor, o Océano. Despois, en canto á trama da historia, reflexionar un pouco arredor do xeito en que ese Océano é imaxinado, soñado, contemplado, temido...

7 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿Se podría definir la película como de un poema animado?

Miguelanxo Prado:

Seguramente é o xeito máis exacto de definila. Iso, claro, non é un valor en se mesmo... Pode ser un mal poema... Pero é certo que, tanto nas imaxes coma na música, ten ambición poética, de transmitir emocións.

8 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿Cómo se le ocurre la locura de plantar un película sin diálogo?

Miguelanxo Prado:

Porqué non? Xa antes de comezar a traballar sabía que a música que Nani García compuxese sería abonda para transmitir todo o que non puidese contar a imaxe por si mesma. A historia non necesitaba de explicacións, mesmo o feito de deixar eses "espazos" permite ó espectador construír a narración máis libremente. E os diálogos, neste caso, impoñerían ritmos e acapararían a atención do espectador, que era xusto o contrario do que queriamos. A vós non hai veces que vos "estorban" as palabras? Non precisades da súa ausencia para mellor disfrutar de certas cousas? Eu, dende logo, sí.

9 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿Le costó mucho convencer a los productores?

Miguelanxo Prado:

Sorprendentemente, non. Non hai moito máis que dicir... A produtora executiva, Chelo Loureiro, coñecía o proxecto dende había algún tempo, e cando llo propuxo a Pancho Casal (Continental) este comprendeu de inmediato as particulares características do proxecto. Semella moi sinxelo, non?

10 Anónimo 13/07/2015 10:04

Además de la ilusión ¿qué argumentos le amparan para pensar que esta película puede triunfar?

Miguelanxo Prado:

De verdade, nunca na miña vida fixen nada agardando "triunfar"... Non teño ese tipo de ambicións. É máis, a estas alturas da miña carreira recoñezo que as posibles vanidades xa as teño satisfeita e que o único que me preocupa é estar convencido de aquelo que decido "facer público" e seguro de que é o mellor que no intre de facelo podía facer. Logo, cando unhas cantas persoas me aseguran que se emocionaron, ou riron ou se "cabrearon" coas historias que eu lles contei, o círculo fica pechado e o esforzo xustificado. Ese é para min o éxito".

11 Anónimo 13/07/2015 10:04

He leido que la película está enfocada a todos los públicos y que está en las salas en horario de tarde... ¿cree que un niño puede aguantar una hora y media sin diálogos? ¿la historia es suficientemente sencilla?

Miguelanxo Prado:

Se me fixeses esta pregunta hai seis meses non me atrevería a dicir que sí, que os cativos poden "aguantar" a película. Para a miña sorpresa, non sucesivos pases que fomos facendo e ós que "accidentalmente" viñan fillos ou sobriños dalgúns dos asistentes, comprobamos que os pequenos reaccionaban estupendamente. Non só non se cansaban, senón que pedían "levala" para casa ou vela outra vez alí mesmo. No pase de onte á noite unha cativiña preguntáballe ós pais ó remate se hoxe podían volver vela. Supoño que non poden "entender" a totalidade das claves da historia, pero son quen de disfrutar das máis das cousas. Resumindo, sí.

12 Anónimo 13/07/2015 10:04

Una duda ¿la sirena y la mujer del violín son la misma persona?

Miguelanxo Prado:

Non. ö longo da película descubrimos que esa especie de "limbo", de "paraíso" no que o pintor esperta nas fonduras, é o seu propio universo creativo, o mundo que el mesmo imaxinara a través dos seus cadros e dos seus debuxos. Pero, se vos fixades, o que atopa nas fonduras nunca coincide exactamente co que el tiña pintado. Nunca conseguimos pintar, escribir, compoñer, a obra que temos na cabeza, sempre hai diferencias que non somos quen de solventar. É certo que hai puntos de semellanza entre a serea e a violonchelista que nos fan intuír algunha relación entre elas... Se cadra é a relación que existe entre a realidade e a metáfora.

13 Anónimo 13/07/2015 10:04

He tenido la ocación de ver la película y no entiendo la parte en la que el niño canta y exhala unas luces blancas que les ayuda a pescar...

Miguelanxo Prado:

A luz atrae ós peixes. E eses pescadores descubriron un xeito marabilloso de pescar. Antes de que a súa voz cambie na adolescencia, o neno cantor, xunto co vello mestre, ten que aprenderlle a quen será o seu sustituto, as melodías, a afinación e o xeito único en que se produce o portento na transformación da música en luz. E esas luces serán os engados irresistibles cos que os pescadores practican esa arte de pesca marabillosa.

14 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿El fondo del mar es rosa?

Miguelanxo Prado:

Mmmmm... Pintei o fondo do mar rosa nalgunha escena da película? Non importa. O mar das fonduras de "D.P." é unha metáfora, un espazo poético. Corresponde a un dos máis vellos territorios míticos da humanidade. Nel afundimos soños e medos, e por iso enchémolo de monstros e de paraísos... Que sexa rosa non parece un problema grave, non?

15 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿En qué está trabajando ahora?

Miguelanxo Prado:

Na presentación da película e na preparación do DVD, que terá moitos contidos adicionais. Logo, cando remate todo este proceso, teño agardando por min unha historia longa en BD e un libro un tanto especial sobre A Coruña.

16 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿Se ha planteado hacer diferentes versiones de la película? Por ejemplo, una versión algo más corta para niños...

Miguelanxo Prado:

Non. Logo de catro anos "afundido" xa me chega. Preciso respirar. Como xa dixen antes, penso que os máis dos cativos poden ver "D.P." tal e como está.

17 Anónimo 13/07/2015 10:04

He leido que planean realizar una versión para Internet y que este medio les está ayudando mucho. ¿Qué tipo de versión? ¿Cómo les ayuda un medio que a la vez fomenta el pirateo?

Miguelanxo Prado:

Polo de agora é só unha idea. Hai que darlle aínda unhas cantas voltas. A dualidade da rede é esa: permite chegar a sitios e xentes impensables doutro xeito, favorece un contacto inimaxinable hai dez anos... E, ó mesmo tempo, favorece conductas "discutibles" (que "políticamente correcto" estou hoxe...). Pero non é moi diferente dunteléfono: pode servir para decirlle a unha persoa que a queres ou para darlle as instruccións a un terrorista para cometer un atentado. O problema nunca é o medio, é o uso.

18 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿Cuánto ha costado hacer la película? en euros.

Miguelanxo Prado:

Non o sei, en serio. Tiven abondo con escribir, debuxar, pintar e montar... Creo que, como presuposto global, falábase de un millón de euros...

19 Anónimo 13/07/2015 10:04

Son muchos los que sueñan con el fondo del mar ¿usted también?

Miguelanxo Prado:

Quen non? Eu dende logo sí, e con moita frecuencia. As veces mesmo soño esperto.

20 Anónimo 13/07/2015 10:04

¿Es esta película de dibujos y de animación un 'ataque' a las 'marivillas' que se estaban haciendo hasta el momento?

Miguelanxo Prado:

Para nada. Pretende ser un complemento. Non son partidario de prantexamentos excluíntes, non creo nas fórmulas únicas. Non creo que a música clásica sexa mellor que o jazz (nin peor, claro), nin que o cómic europeo sexa mellor que o manga (nin peor)... Encántanme Os Incríbles, ou Shrek, ou O SOño dunha noite de San Xoán... pero estou convencido de que hai outras moitas formas de contar historias con imaxes, e historias moi diferentes... A naturaleza xa nos ten demostrado que na variedade está a supervivencia.

21 Miguelanxo Prado 13/07/2015 10:04

Ben, acabouse o tempo. Foi estupendo ter esta charla virtual. Sinto non ter podido respostar a todos. Outra vez será. Se cadra nos atopamos calquera día tomando un café... Saudos e grazas.