Open uri20150703 3 1eia199?1435955826

null

1 Agustín Hernández 09/07/2015 10:23

Bós días, é un pracer estar aquí. É unha oportunidade manter este primeiro encontro dixital na miña condición de alcalde da cidade.

2 Anónimo 09/07/2015 10:23

me gustaría saber si tiene pensado. limpiar el río sar y arreglar la calle de castro douro. porque creo que ya va siendo hora

Agustín Hernández:

En relación co río Sar estamos en relación con Augas de Galicia para facer unha limpeza na zona da Colexiata e en relación con Castrón Douro estamos traballando na redacción dun proxecto que significará a mellora dos servizos e da propia rúa.

3 Anónimo 09/07/2015 10:23

Tiene usted presente que Santiago no es solo ciudad sino que también existe el rural? Lo digo porque, entre otras cosas, los accesos a estas zonas están totalmente abandonados. Vease, sinó, el pedregal, que antes fué una pista asfaltada entre los nucleos de Currais y Castro de Busto, en la parroquia de Busto. Pueden comprobarlo in situ. Gracias.

Agustín Hernández:

Teño claro que Santiago é unha capital cunha ampla zona rural como acreditan os seus máis de 220 kilómetros cadrados de extensión. Esa circunstancia fai difícil chegar a todos os lugares e atender todas as necesidades. En todo caso temos presente esa circunstancia na nosa xestión como acredita a recente adxudicación dos desbroces das pistas así como as melloras en moitos dos accesos ás nosas parroquias. No relativo á Busto, con independencia da xuntanza coa asociación de veciños, aproveitarei un día para achegarme ao lugar e analizar a demanda.

4 Anónimo 09/07/2015 10:23

Poderiase estudar a posibilidade de instalar un parque infantil na zona verde que está ao redor do colexio de Roxos?

Agustín Hernández:

Estamos nestes intres arranxando os parques infantís no marco do contrato de mantemento das zonas verdes e analizaremos esa demanda concreta para ver as posibilidades da súa execución.

5 Anónimo 09/07/2015 10:23

Estaba bo o polbo que viñeches comer hai unhas semanas a Grixoa?

Agustín Hernández:

Estaba moi bo. O problema foi a choiva. En todo caso, a cena foi agradable pero o máis positivo foi a posibilidade de coñecer as necesidades da asociación de veciños así como as deficiencias do edificio que ten a mesma.

6 Anónimo 09/07/2015 10:23

Cree usted que sera capaz en lo que queda hasta las elecciones de recuperar la confianza de los santiagueses respecto al pp de santiago de compostela?

Agustín Hernández:

A miña única preocupación e a do meu equipo é servir á cidade, resolver os problemas, axilizar a xestión municipal e demostrar á cidadanía que este equipo é merecente de dirixir o Concello. O demais deberán de valoralo os veciños.

7 Anónimo 09/07/2015 10:23

¿cuando formaba parte del gobierno de Galicia porqué ocultaba lo de que Lavacolla debería ser el aeropuertocentrañl?

Agustín Hernández:

Eu persoalmente e a Xunta de Galicia sempre recoñeceron que o aeroporto de Lavacolla é xeográficamente o aeroporto central de Galicia coas mellores instalacións e que debe de concentrar a meirande parte dos vóos internacionais.

8 Anónimo 09/07/2015 10:23

Podría recomendarme un buen calzado para poder estar como vd .

Agustín Hernández:

O calzado é necesario pero non é a clave. A clave é facer deporte, coñecer a cidade a pé e coidarse nas comidas. E a constancia.

9 Anónimo 09/07/2015 10:23

para cuando el campo de futbol de Conxo?

Agustín Hernández:

Está recollido nos orzamentos do Concello do 2014 e temos xa a cesión por parte da Xunta de Galicia e a partires diso o licitaremos neste mesmo ano. O atraso foi debido especialmente á dificultade para acadar a cesión dos terreos e o uso por parte do Sergas.

10 Anónimo 09/07/2015 10:23

Señor alcalde: como usuaria da estación de autobuses, cando reabrirá a cafetería ?

Agustín Hernández:

Son consciente de que a estación de autobuses require dunha cafetería. Non obstante existe un problema ao respecto da rentabilidade da súa explotación polo que estamos analizando diferentes medidas que permitan a recuperación desa instalación así como da do Auditorio de Galicia. Espero poder ter a solución este mesmo ano.

11 Anónimo 09/07/2015 10:23

¿Cuando empezará a construirse el centro de salud de Galeras? Llevamos más de 14 años esperando por él

Agustín Hernández:

Foi licitado pola Consellería de Sanidade nos pasados meses polo que antes de que remate o ano poderase iniciar a súa execución.

12 Anónimo 09/07/2015 10:23

Tendrá valor suficiente para separar la cizaña del trigo limpio... o cerrará los ojos como sus antecesores?

Agustín Hernández:

No meu equipo non admito ningún comportamento que non sexa de compromiso absoluto e de respeto riguroso á legadlidade e ás normas. Serei inflexible con aqueles que non cumpran este requisito imprescindible.

13 Anónimo 09/07/2015 10:23

Intentara convencer a los dueños de pisos, casas,... del casco historico de que cambien las puertas y ventanas de aluminio por las de madera?

Agustín Hernández:

Temos que facilitar aos veciños todo tipo de actuacións que permitan poñer en valor o casco histórico. Con realismo e adaptados aos tempos actuais. Esa é unha das liñas mestras da reforma do plan especial que queremos impulsar.

14 Anónimo 09/07/2015 10:23

Cree usted que Compostela está preparada para el próximo año XAcobeo, o todavía se tienen que realizar grandes inversiones en la ciudad?

Agustín Hernández:

Basicamente estamos preparados. Non obstante considero que un dos proxexctos que habería que impulsar con vistas ao Ano Santo é o futuro complexo intermodal, que a partires dunha mellora progesiva das actuais instalacións ferroviarias permita a medio e longo prazo que Santiago conte cunha estación acorde coa chegada da alta velocidade.

15 Anónimo 09/07/2015 10:23

Cual es su plan de futuro para el parque de bomberos de la capital de galicia?

Agustín Hernández:

Temos o compromiso de rematar, neste ano, unha serie de actuacións que redundarán na mellora da habitabilidade do parque e presentar sntes de que remate o ano ao colectivo de bombeiros e aos veciños da nosa cidade unha planificación realista que permita unha mellora integral das instalacións e a entrada en servizo do parque comarcal.

16 Anónimo 09/07/2015 10:23

Que le parece la idea lanzada por el presidente Feijoo de nombrar una especie de embajadores del Camino de Santiago para que den a conocer Santiago de Compostela, su Catedral y el Camino?

Agustín Hernández:

Pareceme unha idea extraordinaria que permitirá incrementar o coñecemento do Camiño en España e no mundo.

17 Anónimo 09/07/2015 10:23

para cuando un circuito llano, con los puntos kilómetricos marcados, en alguna de las zonas verdes de Santiago para los muchos aficionados al running en Santiago? Un alcalde corredor bien podría hacer ese guiño (barato) que además fomentaría la práctica deportiva

Agustín Hernández:

Tomo nota. Paréceme unha boa iniciativa. En todo caso recordo que existen tres itinerarios marcados polos nos parques de diferentes lonxitudes, que permiten percorrelos e coñecelos.

18 Anónimo 09/07/2015 10:23

¿Cuando se va a reponer la marquesina de la parada de autobus, en la Av. de Lugo, dirección salida de Santiago.

Agustín Hernández:

Estamos mirando a mellor ubicación para encaxala na beirarrúa que existe nese punto posto que coa apertura do túnel da Galuresa modificáronse os carrís e o tráfico da zona. Esperamos poder resolvelo o máis axiña posible.

19 Anónimo 09/07/2015 10:23

para cando un autobus urbano para a peregrina en vez do que esta vindo que a xente maior non da subido?

Agustín Hernández:

O transporte público na zona urbana e nas parroquias é un dos temas que máis nos preocupa. Estamos analizando coa Xunta de Galicia a situación do transporte das parroquias e tamén a posible ampliación das liñas urbanas en zonas como a Peregrina, O Romaño, o polígono do Tambre, etc. No mes de setembro esperamos poder ter unha proposta que mellore a situación actual do servizo.

20 Anónimo 09/07/2015 10:23

E ti, de quen vés sendo?

Agustín Hernández:

Galego, nacido en Madrid, que vive en Compostela porque se namorou da cidade.

21 Anónimo 09/07/2015 10:23

Por qué no Castiñeiriño, (Urbanización pegada a Igrexa), non limpan as fincas que quedaron como equipamentos?, porque os que temos as casas pegadas estamos invadidos.

Agustín Hernández:

Nas zonas das novas urbanizacións como á que vostede alude existen moitos problemas co mantemento de zonas comúns e de zonas aínda non entregadas ao Concello. Cos contratos de mantemento estamos priorizando a eliminación da maleza nos bordes das fincas para que non afecte aos viais e á zona de circulación peonil. Priorizaremos esa actuación.

22 Anónimo 09/07/2015 10:23

Sr. Alcalde: para cuando un carril bici para nuestra hermosa ciudad. Con tantas obras a las que nos tienen acostumbrados y esas aceras de ancho interminble, no se podría aprovechar la ocasión para ir trazando ese recorrido que los amantes de la bicicleta y de nuestra ciudad tanto anhelamos.

Agustín Hernández:

O Goberno municipal encargou no ano 2013 un estudo cunha planificación para a implantación dunha serie de itinerarios de bicis en Santiago e a súa bisbarra. En vindeiros días faremos unha presentación dese documento que trata de evitar os erros do pasado cando leváronse a efecto actuacións coma a de Fontiñas sen ningún tipo de planificación previa.

23 Anónimo 09/07/2015 10:23

¿Cuanto tiempo cree que le queda al comercio minorista y negocios varios de Santiago, después de que se retiren todas las plazas de aparcamiento de la ciudad?

Agustín Hernández:

A progresiva peatonalización do casco urbano de Santiago ten un efecto positivo sobre o comercio e os negocios existentes. É obvio que ese tipo de actuacións débense coordinar coa mellora do transporte urbano e a habilitación de zonas de aparcamento no borde, como será o caso do aparcamento previsto na zona de Pontepedriña.

24 Anónimo 09/07/2015 10:23

Cando está previsto que comecen as obras da reurbanización de Carretas? Levamos anos esperando pola peonalización

Agustín Hernández:

Están xa en fase de presentación de ofertas polo que se poderán comenzar neste ano 2014.

25 Anónimo 09/07/2015 10:23

Habrá participación ciudadana en la modificación del Plan Especial? O solo le consultarán a comerciantes y hosteleros como si los habitantes no existieran?

Agustín Hernández:

É vontade do Goberno municipal realizar unha modificación do Plan Especial o mais participativa posible, comezando pola propia opinión dos expertos, e continuando cos colectivos, asociacións e veciños en xeral. Un dos obxectivos da modificación é mellorar a situación do casco histórico e facilitar as condicións de habitabilidade do mesmo.

26 Anónimo 09/07/2015 10:23

Cando van poñer en funcionamento os colectores soterrados para a recollida do lixo que se atopan na urbanización de Roxos que está ao lado do colexio? Levamos case dous anos vivindo aquí, pagamos do noso peto as obras para a instalación soterrada do lixo. Pagamos tamén un IBI desorbitado, e non temos acceso a servizos como o da recollida selectiva do lixo.

Agustín Hernández:

Apunto a súa demanda e analizarei as razóns polas que non están aínda en funcionamento. Hai que ter en conta que en ocasións os colectores soterrados foron executados no ámbito dunha actuación urbanística que pode non estar aínda entregada ao Concello. Nesa zona precisamente realizouse unha urbanización que permitiu a adecuación do vial que sae da carreterera de Noia e probablemente a instalación non estea aínda entregada ao Concello.

27 Anónimo 09/07/2015 10:23

Quisiera saber cuando van acabar la marquesina del mirador de fontilñas, porque dejar las cosas a medio hacer es tonteria

Agustín Hernández:

A verdade é que teño pasado polo parque de Carlomagno e me teño fixado nesa nova instalación. Non me decatei de que aínda non estivera rematada pero, en todo caso, preguntarei á concelleira cal é a razón e lóxicamente rematarase.

28 Anónimo 09/07/2015 10:23

vivo en Meixonfrio, tiene pensado requerir a los propietarios de fincas con maleza su limpieza, por su insalubridad y peligro de incendio para nuestras viviendas.

Agustín Hernández:

Ese é un problema habitual no noso rural e complicado de resolver posto que a pesares da obriga que teñen os propietarios de mantemento da súa finca moitos deles non o executan. Dende o Concello procuramos actuar para que esa falta de mantemento non afecte á circulación dos viais e dos peóns. Pero, en todo caso, temos que ser respetuosos coa propiedade privada.

29 Anónimo 09/07/2015 10:23

Sr. alcalde, enhorabuena por su reciente nombramiento como alcalde en el Ayuntamiento, le deseo mucha suerte. ¿Cree usted que la visita de la señora Merkel es una buena oportunidad para dar a conocer al mundo las virtudes de la ciudad?

Agustín Hernández:

A visita de Merkel permitirá que Santiago sexa marco dun encontro con repercusión de primeiro nivel nos informativos de España e Alemaña. Co cal a nosa cidade terá unha oportunidade inigualable para promocionarse a nivel europeo nun dos mercados emisores de turistas máis importantes.

30 Anónimo 09/07/2015 10:23

tiene previsto realizar visitas a los barrios para conocer de cerca sus necesidades

Agustín Hernández:

Teño previsto visitar as parroquias despois de celebrar xuntanzas de toma de contacto con cada unha das asociacións. Así mesmo teño previsto visitar na medida das miñas posibilidades os barrios para coñecer persoalmente as súas necesidades.

31 Anónimo 09/07/2015 10:23

Boas ¿cales van a ser as suas prioridades, o que pensa que é urxente tomar man?

Agustín Hernández:

Penso que o Concello debe de facer un esforzo especial en toda a materia de atención social e axudas aos máis necesitados. Nesa liña priorizaremos o gasto social nos orzamentos do 2015. Tamén é importante máis que a execución de novos investimentos o mantemento das das infraestructuras principais existentes. Así mesmo considero necesario continuar coa mellora viaria daquelas rúas nas que nunca se actuou, como é o caso do Castrón Douro e o remate das actuacións na zona norte ou a zona de Concheiros.

32 Anónimo 09/07/2015 10:23

¿Para cuando un rediseño de parques con caracter de lugar de encuentro y no de barreras entre los espacios urbanos de su entorno próximo?

Agustín Hernández:

Temos previsto iniciar antes de que remate o ano un Plan director de zonas verdes que está previsto no contrato de mantemento das mesmas e que abordará, entre outras, esta cuestión.

33 Agustín Hernández 09/07/2015 10:24

Foi un pracer poder contestar as cuestións que foron prantexadas. Sinto que por limitacións de tempo quedaran moitas sin contestar polo que desexo contar coa hospitalidade de La Voz de Galicia para manter un próximo encontro.