Data?1436043064

La Xunta, la patronal y los sindicatos UGT y
Comisiones Obreras suscribieron el pasado 5 de febrero
el acuerdo para el diálogo social en Galicia, un pacto
que tiene como objetivo aumentar la afiliación en 95.000
personas hasta el final de la presente legislatura. El
conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, uno de los
grandes impulsores de este acuerdo que regulará el
mercado laboral, aclará todas las dudas a los
internautas de www.lavozdegalicia.es

1 Ricardo Varela 13/07/2015 10:08

Un saúdo para todos os que están conectados na rede esperando poder dar resposta ás súas preguntas.

2 Anónimo 13/07/2015 10:08

Sr. Conselleiro: Vostede que coñece a formación e a situación dos traballadores en paro, ¿non podería convertir a Consellería nun lobby para acercar a empresas a Galicia, sabendo do valor dos recursos humanos?

Ricardo Varela:

A Consellería trata permanentemente de facer dos empresarios de Galicia e de fora de Galicia cómplices e partícipes das políticas que levamos adiante, entre elas a de poñer o capital humano como un factor determinante. E tratamos de facer con eles un grupo de apoio, se eso se entende como un lobby a resposta é positiva.

3 Anónimo 13/07/2015 10:08

Sr. Varela: A C.I.G. non firmou os acordos, quedan desvalorizados os acordos?

Ricardo Varela:

A ausencia da CIG é unha decisión que eu respeto aínda que considero que non é acertada. En calquer caso non lle quita forza nin operatividade os acordos, dado que o seu valor está no contido e na súa dimensión e no consenso amplio de empresarios e organizacións sindicais suficientemente representativas. En calquer caso a CIG ten sempre a porta aberta para incorporarse ó diálogo social.

4 Anónimo 13/07/2015 10:08

Conselleiro, ¿no deberían tener los Ayuntamientos más responsabilidades en políticas de empleo?

Ricardo Varela:

Sí, os concellos son os mellores coñecedores das necesidades de emprego e das posibilidades de traballo no seu ámbito que son terminais importantísimas da Consellería de Traballo. Polo tanto eu son partidario dunha maior intensidade de relación e de competencia dos concellos en materia de emprego.

5 Anónimo 13/07/2015 10:08

Os salarios en Galiza son dos máis baixos de España. ¿É un problema dunha mentalidade empresarial atrasada que non valora como debe o seu capital humano? ¿É unha preocupación da Xunta cambiar esta situación?

Ricardo Varela:

É un problema que ten relación por unha banda con a distribución da nosa estructuctura empresarial onde sectores clásicos con salarios máis baixos teñen un maior peso que noutras comunidades, por exemplo, o sector Primario. Para a mellora dos empregos necesitamos impulsar empresas de alta capacidade, alto valor engadido e alta competitividade e para eso necesitamos un esforzo na mellora do noso capital humano, a través da formación.

6 Anónimo 13/07/2015 10:08

¿estuvo alguna vez en el paro?

Ricardo Varela:

Estuven uns meses antes de empezar a traballar, na volta da mili e antes de empezar a traballar.

7 Anónimo 13/07/2015 10:08

Se queren estabilidad laborarl, ¿Porque non empezan polos centros publicos?. Eu levo 11 anos con contrato temporal nun centro publico (CESGA)

Ricardo Varela:

Comparto a súa opinión e precisamente por eso no propio diálogo social se marcan obxectivos de estabilidade tamén no sector público que supón reducir un 50% a inestabilidade no sector público. E xa se está avanzando por exemplo cos acordos en sanidade e en esducación para estabilizar o seu traballo.

8 Anónimo 13/07/2015 10:08

¿por que un licenciado ten que coller unha beca miserable para traballar e os que non fan estudos universitarios acceden a postos de traballos directamente? ¿merecemos este tratos os licenciados?

Ricardo Varela:

Non creo que se poida xeneralizar esa situación como fai vostede e en ningún caso trasladar que aqueles que non teñen formación teñen mellor trato que os que tiveron a sorte de tela. É certo senembargo que a planificación univertitaria dos últimos anos ten xerado uns colectivos de licenciados con difícil encaixe no mercado laboral e eso haberá que revisalo.

9 Anónimo 13/07/2015 10:08

Podran os traballadores da fabrica da toxa que non se integren dende o inicio na nova industria incorporarse mais adiante. Que garantias habran??

Ricardo Varela:

A pretensión que temos é de poñer en marcha unha empresa alternativa nas actuais instalacións de Henkel, A Toxa, cun número de postos de traballo iniciais e co compromiso de que os que se incorporaran posteriormente tuveran preferencia os traballadores de A Toxa. E para aqueles que non puideran nin acollerse ó plan social (prexubilacións) nin nunha primeira fase incorporarse a nova empresa, pondríamos en marcha xunto coa empresa un plan de inserción.

10 Anónimo 13/07/2015 10:08

La Consellería de Traballo es una consellería que al menor cambio de gobierno, remodelación del mismo, etc., está modificándose su estructura sus competencias y sus responsables. ¿Tendrá continuidad la política que Vd. inicie?

Ricardo Varela:

Eu confío que no futuro se manteña a Consellería de Traballo como tal. Indudablemente as políticas postas en marcha neste período están refrendadas por un acordo de diálogo social, e que polo tanto, son de largo alcance, seguro que terán continuidade no futuro.

11 Anónimo 13/07/2015 10:08

Conselleiro: Formar a parados por formar o formar por necesidades en las empresas

Ricardo Varela:

A formación ten que ser necesariamente de demanda, é decir, están en relación directa co mercado laboral en cada momento. Eso implica necesariamente un modelo flexible de formación que se poda adaptar as necesidades que se vaian producindo.

12 Anónimo 13/07/2015 10:08

¿Como se sinte despois de concreta-lo 'Pacto Social Galego, un dos maiores compromisos de Emilio Pérez Touriño para esta lexislatura?

Ricardo Varela:

Lóxicamente satisfeitos posto que era un compromiso arriscado pero considerábamos fundamental para poñer en marcha un novo modelo de políticas laborais en Galicia. Un modelo froito do consenso onde os destinatarios das políticas, é decir, empresarios e traballadores, formaran parte do seu diseño, para facelas así máis eficaces.

13 Anónimo 13/07/2015 10:08

¿Cree que este acuerdo tendrá influencia en la evolución del paro ya en 2007?

Ricardo Varela:

Sí, confío que este acordo permita continuar a senda positiva iniciada no ano 2006 que sitúa a Galicia como a comunidade de España con mellor comportamento na evolución do emprego.

14 Anónimo 13/07/2015 10:08

A lo largo de 2006, la Administración facilitó ayudas a la contratación indefinida, ahora bien, ¿en el 2007, se mantendrá el ritmo o caerán en picado?

Ricardo Varela:

As axudas a contratación indefinida neste período con este Goberno están condicionadas a uns determinados niveis de estabilidade laboral (por riba do 70%) ou a acordos sectoriais que marcan os seus obxectivos, polo tanto manteremos as axudas sempre ligadas a estes requisitos.

15 Anónimo 13/07/2015 10:13

Por proximidad con el ámbito de los riesgos laborales muchas veces obseervo que los trabajadores no desempeñen su actividad laboral con medidas de protección. ¿Estamos ante un problema de concienciación o de prevención?

Ricardo Varela:

Ámbalas dúas cousas. Temos un déficit importante da cultura da seguridade, para eso estamos poñendo en marcha campañas de concienciación en canto a necesidade de autoprotección dos traballadores e a obriga dos empresarios de proporcionar os medios de protección. E a prevención, que é unha peza clave que fomentamos dende a Consellería.

16 Anónimo 13/07/2015 10:08

¿Por qué non se fomenta un servizo de emprego galego eficiente que realice o traballo del ETTs?

Ricardo Varela:

O novo modelo do servizo públcio de emprego de Galicia, que é un dos acordos do diálogo social, un dos nove acordos, trata precisamente de facer o que vostede plantexa , e decir, un modelo onde o público tome maior peso nas funcions que debe levar adiante, intermediación, formación, seguimento dos itinerarios individualizados dos traballadores; é decir, o máis potente servicio público.

17 Anónimo 13/07/2015 10:13

¿Cuanto dinero van a recibir la CEG ,UGT y CCOO a cuenta de este acuerdo?

Ricardo Varela:

As organizacións empresariais firmantes e as organizacións sindicais non van a recibir ningún tipo de compensación económica por estos acordos, precisamente os propios acordos poñen en marcha un modelo de representación institucional aplicable a todos os sindicatos e empresarios con carácter máis representativo, non só aos firmantes, que posibilitará regularizar e transparentar a relación da administración coas organizacións. Tamén a relación económica. Así para concretarlle máis a resposta nada en absoluto.

18 Anónimo 13/07/2015 10:13

En el acuerdo firmado, ¿hay medidas para aumentar la prevención de riesgos laborales? ¿incluyen estas medidas a la propia Xunta? ¿en que sentido?

Ricardo Varela:

Sí, dos nove acordos dous deles están adicados á seguridade laboral: a posta en marcha do Instituto de Seguridade a través dunha lei e o Plan Estratéxico para a Prevención de Riscos Laborais, que establece as políticas a desenvolver no marco da seguridade e saúde laboral. Esto indica o peso que a seguridade laboral ten nos acordos do diálogo social. E conteñen medidas de moita importancia para loitar contra a siniestralidade.

19 Anónimo 13/07/2015 10:13

Lugo e Ourense, debido á ineficacia do goberno anterior, siguen a ser as provincias máis deprimidas. ¿que pensa facer dende o seu posto?

Ricardo Varela:

Poñer en marcha políticas de compensación en materia laboral que permitan dedicar esforzos suplementarios nas zonas máis deprimidas, xuntamente coas políticas xerais da Xunta de Galicia, en materia de cohesión social onde se introducen nos presupostos deste ano importantes partidas de discriminación positiva para as provincias do interior e parte das provincias de A Coruña e Pontevedra que teñen unha situación similar en canto a renta e desenvolvemento que as provincias de lugo e Ourense.

20 Anónimo 13/07/2015 10:13

Aplicará la Xunta medidas para contribuir a la conciliación familiar y laboral?

Ricardo Varela:

Sí, a través de as distintas áreas de goberno, Vicepresidencia da Igualdade e Benestar Social, Consellería de Presidencia, consellerías de Sanidade e Educación e Consellería de Traballo principalmente implicadas, temos o compromiso de habilitar e poñer en marcha políticas de conciliación. No que se refire á Consellería de Traballo na lei que estamos desenvolvendo de Traballo en Igualdade se contemplan medidas orientadas á concicliación, por exemplo o bancos de tempo e outras.

21 Anónimo 13/07/2015 10:13

e que pensan facer vostedes para solucionar a situacion que esta levando a emigracion a outras partes de españa a moitos mozos galegos por falta de oportunidades? por falta de axudas para traballar nun sector, o primario e no rural? desahuciado por todos?

Ricardo Varela:

É un porblema que non é doado de resolver, pero que este goberno ten a vontade de afrontar, dende políticas da Consellería de Medio Rural orientadas ade fender e a potenciar o sector Primario ata políticas de carácter máis xeral das que falaba antes para tratar de que no interior, nas provincias do interior, haia máis actividade económica e por tanto maior desenvolvemento de emprego.

22 Anónimo 13/07/2015 10:13

¿Servirá de algo o recentete acordo de diálogo social?

23 Anónimo 13/07/2015 10:13

fala vostede de que se esta a invertir en educacion, pero ¿coñece vostede o precario que é o sistema de bolsas?

Ricardo Varela:

Sí coñezo da precariedade do sistema de bolsas, coñezo da excesiva permanencia no tempo con esa situación de bolseiros e coñezo tamén que se están tomando medidas por parte de Educación e Industria a través da Dirección de Investigación para tratar de rematar con esa situación.

24 Anónimo 13/07/2015 10:13

¿Cree vóstede que como se dín en determinados círculos socialistas, os independentes poden crear unha fractura e incluso un escisión dentro do partido?

Ricardo Varela:

No en absoluto. A incorporación de independientes destas eleccións municipais é moi enriquecedora pero cuantitativamente non é significativa. A ínmensa maioría dos nosos candidatos saen das propostas das executivas locais e dos seus afiliados.

25 Anónimo 13/07/2015 10:13

vostede de non ser conselleiro da xunta, en que traballa?

Ricardo Varela:

Son funcionario da administración local.

26 Anónimo 13/07/2015 10:13

Levo un ano traballando nunha empresa galega amparada por unha beca da xunta e da universidade da Coruña, cobro 400 euros e traballo unha media de 10 horas diarias. Son licenciada e non cotizo polo meu traballo. Ata cando esta situacion?

Ricardo Varela:

É unha situación claramente inxusta, me atrevería a decir que de explotación, coa que hai que rematar e o goberno está nese traballo.

27 Anónimo 13/07/2015 10:13

Son Diplomado en Relacións Laborais e agora rematei un Master en Prevención de Riscos Laborais. ¿Cara onde podo camiñar?

Ricardo Varela:

A especialidade de relacións laborais ten un amplo abanico de posibilidades ou de actividades no mundo do traballo. Cun máster en prevención de riscos lle recomendaría que orientara a súa actividade a ese campo onde necesitamos profesionais ben formados, nas empresas, nas administracións, nas organizacións de traballadores, etc.

28 Anónimo 13/07/2015 10:13

¿Qué lle parece que a empresa para a que traballo me poña na nómina unha gratificación máis alta que a base de cotización? ¿Incidirá a lexislación niso?

Ricardo Varela:

As remuneracións extrasalariais están delimitadas perfectamente na lexislación e na negociación colectiva, nos convenios colectivos. Polo tanto, a lexislación xa contempla ata onde na nomina poden incluirse gratificacións non salariais. Se no seu caso se excedera do contemplado na lei, lle recomendo que denuncie esa situación.

29 Anónimo 13/07/2015 10:13

Sr. Varela, o seu departamento está a traballar na Lei de Traballo en Igualdade, insertar ás mulleres no mercado laboral, nas profesións nas que están subrepresentadas... ¿é vostede o Conselleiro das Mulleres?

Ricardo Varela:

Pois non. Me gustaría ser o Conselleiro da Igualdade Laboral, é decir, que as nosas mulleres tuveran o mesmo trato e as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos, e claro que hoxe por hoxe as que están en inferioridade nestas cuestións son as mulleres, e polo tanto temos que facer políticas de discriminación positiva con respecto a este colectivo.

30 Anónimo 13/07/2015 10:13

¿Cómo se puede terminar con la precariedad? Porque está claro que hay menos paro que nunca pero trabajamos por muy poco dinero, durante muchas horas y en condiciones laborales muy malas en general.

Ricardo Varela:

No ano 2006 conseguise incrementar a contratación indefinida nun 37%. Temos que seguir traballando no senso de concienciar de que a estabilidade vai íntimamente ligada á competitividade das empresas. E polo tanto é un ben a defender entre todos, non polos traballadores, senón tamén polos empresarios, para achegarnos as medias de estabilidade das comunidades máis avanzadas e de Europa.

31 Anónimo 13/07/2015 10:13

Sr. Son un rapaz de Ourense que remato a tese no mes que vén, agora quero voltar a miña terra e non podo, son titulado superior, doctor e con experiencia, pagada pola Xunta e polo Ministerio, agora que comezo a producir voume fóra?

Ricardo Varela:

Non debería marchar fóra posto que efectivamente a súa formación é parte dun esforzo, non só da súa familia, senón de toda a sociedade galega, para que non teña que marchar temos que mudar o noso modelo productivo potenciando empresas especializadas no alto valor tecnolóxico e que permitan ser demanda de postos de traballo altamente cualificados. E ese é o único camiño e neso se está traballando.

32 Ricardo Varela 13/07/2015 10:13

Un saúdo para todos os que participaron neste chat, e agradecer as súas preguntas.