Open uri20150704 3 1owcefo?1436008225

Entre el 4 y el 13 de agosto Galicia vivió una de las
peores crisis de los últimos años con más de mil
incendios activos y 77.000 hectáreas quemadas. El
conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal,
dirigió, durante esas duras jornadas, el dispositivo de
lucha contra el fuego, y, después, ya en tensa calma,
respondió a los internautas de www.lavozdegalicia.es
sobre la lucha contra el fuego, las ayudas a los
afectados o la crítica política surgida después.

1 Alfredo Suárez Canal 10/07/2015 11:57

Boas tardes.

2 Anónimo 10/07/2015 11:57

¿cuanto era a dotación en euros nos presupusto da Xunta para a prevención e extinción de incendios con o anterior goberno, y a cuento ascende en este?. ¿Sigue primando o idioma frente a experiencia para apagar un lume? .Moitas gracias

Alfredo Suárez Canal:

Aproximadamente, eran uns 70 millóns de euros en extinción, e deses unha peqeuna parte se dedicaba a prácticas preventivas no goberno anterior. Nós mantivemos básicamente os mesmos recursos para extinción, e incrementamos nun 30% os recursos destinados á prevención, onde se inclúen tamén o incremento de tempo de traballo do personal para dedicalo a labores silvícolas.

3 Anónimo 10/07/2015 11:57

Buenas tardes. ¿Considera admisible su continuidad como Conselleiro de Medio Rural, siendo durante su cargo cuando se ha producido la mayor catástrofe incendiaria de los ultimos 20 años y siendo tan palpable la descoordinación que hubo durante la misma?

Alfredo Suárez Canal:

A continuidade ou non nunha responsabilidade política debe depender do grao de responsabilidade que se teña no ocurrido, e se cos datos históricos era previsible o acontecido. Non debemos esquecer que estamos ante unha actividade delictiva, crminales que lle plantan lume ao monte para lle facer dano. Seguramente, houbo disfuncións, erros e nas circunstancias que vivimos, probablemente falta de coordinación, pero o acontecido ten a súa orixe nunha vaga de incendios criminal , excepcional e imprevisible pola tipoloxía como se presentou e polo número de lumes na franxa costeira. Ningún dato dos históricos nin dos que se tiñan producido nesta campaña permitía pensar que ía acontecer o que ocurriu. En todo caso, temos a conciencia tranquila e non temos ningún dato que nos permita pensar que as decisións que adoptamos, que básicamente non alteraron o dispositivo existente nos seus aspectos f¡undamentais, teñan relevancia determinante para explicar o ocurrido.

4 Anónimo 10/07/2015 11:57

A maior parte do agro e o monte galego están abandonados. Non cré necesaria as expropiacións para que a terra poida ser cultivada polos que queren traballala?

Alfredo Suárez Canal:

O que cremos é que hai que poñer en valor o monte e o agro galego. E hai mecanismos que temos en marcha e outros que impulsaremos que esperamos produzan o resultado de reducir a superficie agraria ou forestal útil hoxe improductiva que se valorice, e que permita ademáis que moitas explotacións que necesitan incrementar a súa base territorial para mellorar a súa conta de resultados o poidan facer.

5 Anónimo 10/07/2015 11:57

Houbo redución ou aumento de medios aéreos e terrestres da consellaría antes dos incendios?. En que se modificou o dispositivo de extinción?.

Alfredo Suárez Canal:

Houbo racionalización nalgúns dos medios utilizados. Con matices, reducindo algúns non significativos que todos os técnicos do propio dispositivo anterior calificaron como ineficientes, e se incrementaron outros no camiño da profesionalización, para atallar lumes compllicados e para estimular a colaboración da sociedade na loita contra os incendios.

6 Anónimo 10/07/2015 11:57

Cre que os escasos detidos son representativos dos tipos de incendiarios?. Considera posíbel a actuación non detectada pola policía e garda civil de persoas especializadas e con fins políticos e/ou económicos, de xeito que xustifique tanta simultaneidade?

Alfredo Suárez Canal:

Non é un terreo no que un responsable político deba entrar mentras non teña probas. Eu o que si teño son datos que evidencian que houbo unha tipoloxías de lumes diferente pola zona onde se produciron, pola súa intensidade, pola súa cantidade, e por como se plantaba o lume. Polo tanto, afirmamos que se produciu unha actividade delictiva, coa intención de producir moito daño, e que os incendios se convertiran rápidamente en problemas de orde pública e seguridade ciudadana, xerando unha grande alarma.

7 Anónimo 10/07/2015 11:57

É posíbel garantir que non se repita a crise o próximo ano?. De que xeito e canto pode custar?. Hai alternativas en prazos razoabeis á política de continuar co constante aumento do gasto en extinción que practicou o PP?.

Alfredo Suárez Canal:

Debe ser posible, o que é evidente é que teremos que seguir dedicando importantes recursos á extinción, para asegurar que non se repita, modificando o dispositivo no camiño dunha maior profesionalización. Pero tamén debemos ter en conta que a aspiración é que non exista actividade delictiva, é dicir, que é importante articular mecanismos para que os delicuentes incendiarios estén a bo recaudo. Ao mesmo tempo, teremos que dedicar tamén esforzos a cambios estructurais que modifiquen pouco a pouco, poprque eses cambios son lentos, a configuración actual do monte como un polvorín, evitando tamén que os incendios forestais amenacen casas e propiedades. Pero algúns destes cambios levarán tempo.

8 Anónimo 10/07/2015 11:57

¿Por qué no se contó con el ejército en las labores de vigilancia del monte a diferencia de los años pasados?

Alfredo Suárez Canal:

A presencia do Exército en anos anteriores era moi puntual, con moi poucos efectivos, e en sitios moi concretos que os propios datos dos técnicos evidenciaban que non era significativa para alterar o número de lumes. Outra cousa é unha presencia masiva de policía e exército volante por todo o territorio, imprevisible na súa ubicación, e que poida sorprender a calquera delicuente.

9 Anónimo 10/07/2015 11:57

¿Por qué hubo tanta descoordinación entre los grupos de extinción?

Alfredo Suárez Canal:

Non temos esa percepción. Seguramente na situación que vivimos, con máis de 1.030 incendios de nivel 1, que significa ameazas a casas e vidas, e con máis de 5.000 núcleos de poboación afectados, e onde a prioridade é salvar as casas e as vidas, seguramente se produciron situacións que puideron aparecer como descoordinación. Pero unha afirmación desas características, que a descoordinación pode estar na base de parte do problema, non a compartimos. Dous datos: ata o 3 de agosto, con un xullo dos máis secos da historia, e con picos importantes no número de incendios, se atenderon sen problema, porque era unha tipoloxía similar a doutros anos. E outro dato: o dispositivo de extinción foi quen de coordinar a máis de 1.000 persoas que se incorporaron neses días da vaga de lumes, con medios de máis de 200 vehículos en moitos casos sen coñecer nada o territorio, e con dificultades mesmo para circular por algunha das pistas eses vehículos. Coordináronse tamén máis de 30 medios aéreos que se incorporaron.

10 Anónimo 10/07/2015 11:57

¿Por qué se llegaba tan tarde a los incendios?

Alfredo Suárez Canal:

Ata o 3 de agosto, a media de resposta aos incendios que se levaban producindo en todo o ano era similar a de anos anteriores, mesmo como dixemos antes, no mes de xullo, con picos importantes no número de incendios e con tempos moi secos. En xeral, na vaga do 4 ao 14, tamén os tempos de resposta foron normales, o que aconteceu foi que os lumes chegaron moi rápido a convertirse en lumes urbanos que ameazaban casas e propiedades, e esa era a prioridade, o que puido facer que en algunhas zonas de monte se producira máis retraso do normal.

11 Anónimo 10/07/2015 11:57

¿Siguen pensando que es mejor priorizar la prevención que la extinción cuando han ardido montes perfectamente acondicionados?

Alfredo Suárez Canal:

Seguimos pensando que a política adecuada é a que acabe coa existencia dos incendios, e esa desde loo é unha política preventiva. En calquera caso, ten vostede razón, arderon montes perfectamente acondicionados, en moitas ocasións porque o lume lles chegou a eles, en nalgunhas tamén porque os delincuentes lle plantaron directamente. Agora ben, dicir que a prevención para acabar coa práctica delictiva dos incendios é o camiño de futuro non debe levarnos a pensar que mentras existan debemos prescindir da extinción, senón todo o contrario.

12 Anónimo 10/07/2015 11:57

Sr Suarez Canal ¿Que medidas se van a tomar en los años venideros para luchar contra los incendios?Animo y adelante

Alfredo Suárez Canal:

Grazas polos ánimos. Dicirlle que imos actuar sobre catro pilares. O primeiro, modificando o mecanismo de persecución aos delincuentes que queiman o monte, aí terán moitos que dicir os corpos e forzas de seguridade do Estado. A segunda, modificando o dispositivo de extinción, no camiño dunha maior profesionalización e mellor dotación de medios. A terceira, actuando cunha política sobre o monte para valorizalo e que evite que sexa un polvorín. A Cuarta, sobre unha política de relación e ordenación entre o mundo rural e o monte que evite que cada incendio se acabe convertindo nun problema de seguridade cidadana e de orde público.

13 Anónimo 10/07/2015 11:57

Unha vez que remate o periodo de risco, vaise a impor algunha medida de control das plantacións de masas de eucaliptais, en prol das masas autoctonas e de maior rendibilidade dende o punto de vista económico, como se pode ver nas masas boscosas francesas?

Alfredo Suárez Canal:

Na política de valorización do monte, ten que introducirse de forma relevante o criterio da multifuncionalidade, da maior diversifiación das especies, da aposta por madeiras de calidade, e da valorización dos productos silvícolas e da biomasa. Temos un monte tan productivo que hai sitio para todo pero, efectivamente, cunha ordenación que evite o monocultivo, que aposte pola calidade e claramente as frondosas caducifolias terán unha presencia máis relevante.

14 Anónimo 10/07/2015 11:57

Si usted estuviese e la oposición, y el conselleiro fuese del PP,¿ Como cambiaria su analisis de la situación vivida entre el 4 y el 13 de Agosto?

Alfredo Suárez Canal:

Cando eu estaba na oposición, e sen unha vaga de incendios desta tipoloxía, a valoración que facíamos era que o que fallaba era a política forestal, de ordenación do monte, de prevención, e de valorización do monte en sentido amplio. Sempre declaramóslle a guerra aos delincuentes incendiarios, e valoramos razonablemente satisfactorio a resposta do dispositivo de extinción. Non cremos que se deba someter a moita controversia e conflicto o dispositivo de extinción, e si pensamos que é necesario profundizar nas reformas estructurais que modifiquen o estado do monte. Básicamente, pensamos que esas reflexións siguen sendo válidas. O problema estriba nunha existencia de lumes tan grande e na situación que temos no monte.

15 Anónimo 10/07/2015 11:57

¿Por qué tardaron varios días en pedir ayuda al gobierno central y demás CC.AA?

Alfredo Suárez Canal:

Non é certo que se tardaran días en pedir axudas ao goberno central e a outras comunidades. O día 4, en que se inicia a vaga, xa reclamamos a presencia dunha brigada helitransportada, con base en Asturias. Ese mesmo día reclamamos máis medios aéreos seguindo os protocolos que temos establecido no Plan INFOGA. A partir dese momento, a secuencia de incorporación de medios é constante e diaria, e mesmo 48 horas despois de que se iniciara a escalada incendiaria utilizamos a presencia do exército xa en Pontevedra para labores de protección civil, ante posibles desaloxos. Sería impensable entender que catro ou cinco días despois de iniciada a vaga incendiaria con gran vilurencia tivésemos aquí un despliegue de medios como nunca existiu e seguramente volverá a existir se non tivéramos activados todos os dispositivos desde o primeiro momento.

16 Anónimo 10/07/2015 11:57

¿por que no se limitan las plantaciones a una distancia de al menos 100 metros de los limites de los perimetros rurales? creo sinceramente que estariamos todos un poco más seguros

Alfredo Suárez Canal:

Compartimos a reflexión de que estaríamos máis seguros, e nesa idea estamos traballando xa. O que acontece é que os cambios estructurais levan o seu tempo, aínda que o que ocurriu nos debe obligar a a aceleralos. En xuño, a consellería publicou un decreto onde xa se establecen mecanismos que van nesa dirección, pero que agora deberemos acentuar e acelerar.

17 Anónimo 10/07/2015 11:57

É indubidable que a solución do monte galego, pasa por darlle valor ao mesmo (en Lugo non hai incendios?), pero é realmente viable proxectos como o banco de terras, nun país con falta de mentalidade asocioacionista e fortemente arraigado ao minifundismo?

Alfredo Suárez Canal:

Precisamente por como é o noso país é polo que é necesario un proxecto como o banco de terras, que vai permitir a mobilidade de moitas terras improductivas para poñelas en valor e que sirvan ademáis para abaratar custes de moitas explotacións que necesitan incrementar a súa base territorial, contribuíndo ademáis a asegurar o relevo xeracional e fixar poboación no rural.

18 Anónimo 10/07/2015 11:57

Sr. Suarez Canal qual é a gravidade do incendio que nos últimos dias que arrassou mais de um milheiro de hectáreas em plena Serra do Courel? Obrigado e parabéns pola sua labor nas últimas semanas.

Alfredo Suárez Canal:

O incendio de Quiroga é un incendio forestal dos que teñen ocurrido moitos neste país nos últimos 15 ou 16 anos en zonas de difícil acceso, o que dificulta as labores de extinción e fai que aínda que se concentren moitos medios, ata que non se consigue perimetrar totalmente o incendio, é difícil o seu control. En todo caso, decirlle que seguramente nos últimos anos en todas as campañas hai unha media que se pode situar en torno aos 200 incendios que superan os dous e tres días ardendo. Dende o 20 de agosto, despois de pasada a vaga de lumes, ata o día de hoxe, o incendio de Quiroga é prácticamente o único que non foi controlado en 24 horas. Iniciouse o xoves, e controlouse na noite do sábado ao domingo.

19 Anónimo 10/07/2015 11:57

E posible que admita erros¿vaimos solventar? ou seguiremos igual que antes?

Alfredo Suárez Canal:

Dende logo o ocurrido obríganos a todos a non seguir igual. Ten que haber un antes e un despois do ocurrido nesta vaga de lumes neste mes de agosto. E temos que aprender da experiencia para asegurar mecanismos que impidan que se repita no futuro.

20 Anónimo 10/07/2015 11:57

¿cual cree que es la imagen que otros servicios de extinción de incendios de otras comunidades y países se llevan del existente en Galiza?

Alfredo Suárez Canal:

Supoñemos que a real, porque o servicio que coñeceron é o que temos, e que para unha tipoloxía de lumes como as que se tiñan producido de forma xeralizada en anos anteriores tiña unha resposta razoablemente satisfactoria. Uns anos mellor, outros peor. En calquera caso, é importante non perder de vista que se falamos de hectáreas queimadas, houbo varios anos en que se queimaron máis da metade do que se queima agora.

21 Anónimo 10/07/2015 11:57

Quién hará las labores de restauración del monte gallego M.Rural o M. Ambiente?

Alfredo Suárez Canal:

As competencias en política do monte e forestal no actual organigrama da Xunta son da Consellería de Medio Rural.

22 Anónimo 10/07/2015 11:57

Quien va a pagar la extracción de la madera? o se regalará a las industrias mejor dicho se subvencionará a las industrias madereras?

Alfredo Suárez Canal:

A extracción da madeira farase polos mesmos mecanismos e procedementos que se fai sempre mesmo cando non hai incendios, polo tanto non haberá eses perigos aos que vostede alude. En todo caso, estamos ante unha xestión dun volume moi importante de madeira, que requerirá o esforzo de todos, e a industria xa ten comunicado á Mesa da Madeira que manterá os prezos da madeira queimada.

23 Anónimo 10/07/2015 11:57

O monte é dos propietarios, pero da súa existencia gozamos todos. Non cre que non só deben cargar cos gastos os propietarios senón tamén o resto da poboación como beneficiaria?

Alfredo Suárez Canal:

Da xestión do monte, das políticas forestais, e das políticas de extinción do lume xa se cargan nalgunha parte a toda a sociedade, a través da realización de moitas desas actividades pola administración pública. En todo caso, os propietarios tamén deberán ter dereitos e deberes, como con calquera outra propiedade. É importante que se beneficie da valorización do monte, pero tamén é importante que parte dese valorización se destine ao seu coidado e ordenación para que mesmo poda seguir sendo unha propiedade rendable.

24 Anónimo 10/07/2015 11:57

Tendo en conta que a madeira está moi barata e que limpar os montes resulta caro, vaise dar subencións para a limpeza coma se facía hai uns anos?

Alfredo Suárez Canal:

Imos impulsar unha política de ordenación e valorización do monte na que a limpeza dos perímetros dos núcleos de poboación será un aspecto fundamental. Asimesmo, a valorización da biomasa, a ordenación do monte en sentido amplio para evitar que se convirta nun polvorín, serán políticas nas que haberá recursos públicos para a súa posta en marcha, pero tamén é importante que se entenda que unha parte importante dos recursos que a valorización do monte produce, teñen que ir destinados a facer unha xestión sostible do mesmo.

25 Anónimo 10/07/2015 11:57

É certo que houbo alcaldes que negáronse a colaborar na loita contra os lumes?

Alfredo Suárez Canal:

Todas as xeralizacións que se teñen feito neste sentido son equivocadas. A maioría dos alcaldes colaborou na extinción dos lumes, pero é importante sinalar que actitudes individuais que tamén se poden ter producido non deben empañar a valoración do conxunto. En todo caso, si que cremos que foi equivocado antes do inicio da campaña o cuestionar o dispositivo de extinción. Os alcaldes dos grupos que sustentan o goberno no pasado, respecto do servicio de extinción de incendios e das súas brigadas, nunca emitiron posicionamentos críticos. Si o puideron facer sobre a política forestal ou de prevención, pero sempre se respetou o servicio de extinción.

26 Anónimo 10/07/2015 11:57

¿Precisamos un gran pacto pola defensa dos nosos montes e bosques?

Alfredo Suárez Canal:

Nós apostamos por que unha das ensinanzas que deberíamos tirar todos do acontecido é non facer causa política partidaria do tema dos incendios. Non debemos esquecer que a orixe do problema é unha actividade delictiva, e que moitos deses delincuentes aínda andan soltos. Ademáis, a evidencia do ocurrido debería motivarnos a todos a que fósemos capaces de debatir con sosego as nosas posicións sobre as políticas estructurais que precisa o monte galego para buscar o punto de encontro que lle de unha estabilidade e unha permanencia no tempo ás reformas que aseguren unha xestión sustentable.

27 Anónimo 10/07/2015 11:57

¿Considera necesario saber gallego para poder desempeñar correctamente el puesto de bombero? En caso negativo, ¿por qué se exigió?

Alfredo Suárez Canal:

Está claro que non é necesario, algún dos cargos de libre designación que ocupan postos de moi alta responsabilidade nin sequera son galegos. Das catro patas sobre as que se asenta o servicio de extinción, tres son básicamente as anteriores, e polo tanto o s mecanismos son os mesmos. Na cuarta pata, se produce un proceso de selección regulado por unha norma legal que afecta a todos os funcionarios ou traballadores que teñen acceso a postos de traballo da Administración pública galega. En todo caso, é malintencionado utilizar este asunto para en certa maneira desprestixiar o feito de que unha administración pública onde hai dous idiomas que sexan oficiais aos traballadores que teñen relación con ela se lle requira o coñecemento do galego. Dicimos que é malintencionado porque ademáis neste asunto é absolutamente irrelevante ese tema. Como dato para que se vexa cal é a actitude que había nos responsables do servicio de extinción é que no convenio que se asinou coa FEGAMP e que sirve de marco para a contratación das brigadas municipais, como tiñamos claro que podía haber persoas do mundo rural, moitos deles galegofalantes que puidesen desenvolver un traballo importante nesas brigadas e que podían non ter o certificado de galego, nin sequera se considerou ese mérito.

28 Alfredo Suárez Canal 10/07/2015 11:57

Agradecer o interese e as preguntas formulados por todos os internautas, que sempre sirven para reflexionar e aprender. Grazas, boas tardes.