Open uri20150703 3 1rd3k9h?1435922891

El político responderá las preguntas de los internautas
sobre temas de vivienda

1 Agustín Hernández 05/07/2015 13:03

Boas tardes, sen máis escomezamos este encontro co obxecto de poder respostar ao maiór número de preguntas posibles

2 Anónimo 05/07/2015 13:03

Teremos mais axudas a rehabilitación de vivendas no rural galego ?

Agustín Hernández:

O Plan de Vivenda 2009-12 incrementa sustancialmente as actuacións de rehabilitación en relación co plan anterior e establece 29 mil actuacións, gran parte delas no rura con especial incidencia nos camiños de Santiago.

3 Anónimo 05/07/2015 13:03

Buenas tardes Sr. Hernández, hemos tenido noticias preocupantes sobre el barrio de O Bertón en Ferrol, ¿Como se podrían solventar para que no se enquisten en el tiempo?

Agustín Hernández:

Non existe nengún problema coa obra de urbanización do ámbito do Bertón. As parcelas sairon a concurso no ano 2008 a un prezo excesivamente elevado para a construcción de vivendas protexidas. Unha vez rematada a actuación convocaráse un novo concurso cunhas condicións de prezo e forma de pago máis axustadas e flexibles.

4 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿ QUE PASA CON LAS AYUDAS SOLICITADAS PARA SUFRAGAR LOS DAÑOS OCASIONADOS POR EL CICLON kLAUSS, DE HACE CASI 1 AÑO?

Agustín Hernández:

As axudas foron convocadas en febreiro cun importe total de 500 mil euros, cuantía totalmente insuficiente para o número de solicitudes presentadas polo que tuvo que ser ampliada ata os 2 millóns e medios de euros. Nestes momentos estáse a tramitar o pagamento das axudas das que xa se leva pagada 1 millón 300 mil euros.

5 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Qué hay del Parque Ofimático de A Coruña?

Agustín Hernández:

Está pendiente de que o concello licite as obras de urbanización.

6 Anónimo 05/07/2015 13:03

me gustaría saber qué va a pasar con las viviendas que en su momento eran legales y que han pasado a estar en suelo rústico con lo cual en estos momentos mi vivienda se haya sobre pilares y no me dan licencia para ponerla en condiciones ¿dónde va el concepto de feísmo, de seguridad estructural y no se cuantas cosas mas?

Agustín Hernández:

As vivendas que no seu momento foron legais, seguiráno sendo sempre e en todo caso, aquelas vivendas que tiveran algún tipo de problema poderán axustarse á legalidade cun novo plan de ordenación dependendo de cada caso.

7 Anónimo 05/07/2015 13:03

pxoum de oleiros ? para cuando, la solucion?

Agustín Hernández:

O PXOM de Oleiros foi tramitado polo goberno anterior da Xunta cando estaba en funcións. A resolución de aprobación do plan foi rectificada de xeito sustancial cunha "teórica" correción de erros. A Consellería está a analizar o alcance legal e as repercusións desa tramitación anómala e adoptará a decisión que garantice o respecto absoluto á legalidade e ós intereses xerais dos cidadáns de Oleiros.

8 Anónimo 05/07/2015 13:03

Es verdad que se va a privatizar Aguas de Galicia, le pregunto porque ayer no obtuve contestación de la Presidenta de este organismo

Agustín Hernández:

Este Goberno non vai privatizar Augas de Galicia nen ningún outro servizo público.

9 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿POR QUÉ NON SE PODEN LEGALIZAR TODAS AS VIVIENDAS ILEGALES QUE HAY EN GALICIA.E POR QUÉ DEMOLERON AS DA GUARDA E NON DEMOLERON AS VIVIENDAS ILEGALES DE VIGO?

Agustín Hernández:

As vivendas de A Guarda foron demolida dacordo cunha orde do Xulgado. Foi un proceso que se iniciou fai máis de 5 anos. Non existía outra alternativa que non fora o derribo ao tratarse de vivendas ilegais e ilegalizables segundo o Xulgado. A Xunta de Galicia actuará con criterios homoxéneos en todo o territorio e polo tanto, cumprirá as ordes de derribo, independientemente do tipo de vivenda e do lugar donde estea. En todo caso, o que tratamos desde a Consellería e poñer orde no urbanismo para evitar no futuro estas situacións dolorosas.

10 Anónimo 05/07/2015 13:03

Para dinamizar la economía, no sería bueno que desgravase la construccion o reforma de una segunda vivienda?

Agustín Hernández:

As rebaixas fiscales poden ser unha boa solución para activar o mercado de vivenda. Nesta liña o Goberno da Xunta realizou unha rebaixa fiscal do imposto de transmisións patrimonais para facilitar o acceso á vivenda aos mozos menores de 36 anos e a familias numerosas.

11 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿ Que sentido tiene que en el borrador de la nueva ley del suelo, la instalacion de infraestructuras medioambientales , tales como vertederos, solo estén contempladas para vertederos de residuos solidos urbanos en suelo rústico ordinario? ¿ No sería lógico que despareciera la palabra urbano?

Agustín Hernández:

Analizaremos a súa proposta, en todo caso, a razón desa limitación era a de evitar que a falta de concreción puidera xerar máis usos dos estrictamente xustificados.

12 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Está de acuerdo con la reserva del 40% del suelo para vivienda protegida?

Agustín Hernández:

Con carácter xeral, consideramos que é un erro. En concreto, non é o mesmo unha cidade como A Coruña que unha vila como Carballo ou unha pequena poboación do interior.

13 Anónimo 05/07/2015 13:03

El ultimo tramo de la tercera ronda esta paralizado. Ustedes le echan la culpa al ayuntamiento y viceversa. ¿no creen que llevamos muchos años esperando por esta infraestructura y que YA BASTA de jugar con los ciudadanos? ¿van a priorizar la finalizacion de esta via , o seguiran discutiendo para sacar la maxima rentabilidad electoral en un ayuntamiento como el Coruñes?

Agustín Hernández:

Para construír a terceira ronda a Xunta de Galicia tiña asignado un convenio co Concello no que éste se comprometía a poñer os terreos a disposición antes da adxudicación do contrato. Pobra da vontade da Xunta de facer a terceira ronda é o feito de que esté a obra adxudicada a pesares de que é un dato certo que non existe dispoñibilidade de terreos, en todo caso a Xunta de Galicia continuará colaborando co Concello para conseguir a total dispoñibilidade de terreos e continuará con execución da obra naquelas zonas onde estes terreos xa está a disposición.

14 Anónimo 05/07/2015 13:03

Boas tardes. Cando se van sortear as vivendas do pau de Navia que xa están construídas, en concreto as da promotora "Rabo do galo"?

Agustín Hernández:

As vivendas de Pau de Navia están sorteadas, estáse a comprobar o cumplimento dos requisitos para o acceso ás mesmas dos beneficiarios. Está prevista a súa entrega no segundo trimestre do vindeiro ano 2010.

15 Anónimo 05/07/2015 13:03

QUE VAN A HACER CON EL CAOS DE LA VPA?

Agustín Hernández:

A modificación do rexistro de demandantes está nestes momentos na súa tramitación final e esperamos poder aprobar o correspondente decretoen xaneiro de 2010. Coa entrada en vigor do referido decreto axilizaráse sustancialmente o funcionamento e o acceso á vivenda dos cidadáns.

16 Anónimo 05/07/2015 13:03

Vaise seguir financiando os PXOMs de Galicia?

Agustín Hernández:

No vindeiro ano 2010 continuaráse coa liña de publicar a correspondente orde para a axuda á redacción dos PXOMS

17 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿POR QUE NO PUEDEN SOLICITARSE CEDULAS DE REHABILITACIÓN DE CALIDAD?

Agustín Hernández:

Porque a comezos de setembro do presente exercicio, tal e como estaba previsto no momento da súa convocatoria, pechouse o período de solicitudes co obxecto de axustalas ás dispoñibilidades económicas existentes. As liñas de axuda para rehabilitación pódense solicitar agora mesmo a través do Plan de Vivenda e a comezos do vindeiro ano a través dos programas de rehabilitación rural.

18 Anónimo 05/07/2015 13:03

VAN A SUPRIMIRSE LAS AUDAS A LA REHABILITACIÓN DE CALIDAD? GRACIAS

Agustín Hernández:

A comezos do vindeiro ano abriránse as axudas de rehabilitación do medio rural

19 Anónimo 05/07/2015 13:03

Nestes momentos no que o Medio Ambiente está no debate mundial en Copenhague, non resulta inapropiado falar da vivenda?

Agustín Hernández:

As actuacións de rehabilitación no que respecta á mellora da eficiencia enerxética das nosas edificacións ten moitísima relación coa disminución das emisións dos gases de efecto invernadoiro. Non hai que esquecer que ´máis do 50 por cento das referidas emisións proceden de fontes difusas, unha política de vivenda moderna e centrada na reahbilitación contribúe de xeito claro á mellora da eficiencia e polo tanto, á disminución dos efectos do cambio climático.

20 Anónimo 05/07/2015 13:03

¿Qué vai facer a Xunta para facilitar o acceso á vivenda a miña filla? Tal e como están as cousas, e cun soldo de 800 euros, o vexo complicado

Agustín Hernández:

A través dos programas de Plan de Vivenda 2009-12 que xa están en vigor, tanto para a adquisición como para o alugamento e o alugamento con fin de compra. Sendo ademáis os xóvenes, un dos colectivos de atención preferente.

21 Anónimo 05/07/2015 13:03

Por qué no existen controles reales sobre la calidad de las viviendas. Nadie se ocupa de comprobar que el proyecto se ajusta a lo construido, y al final los compradres son los que terminan pagando las ansias especulativas de técnicos y constructores.

Agustín Hernández:

Sí que existen controis sobre a calidade da vivenda tal e como aparacen recollidos nas diferentes normativas de apliación, e en todo caso a Xunta de Galicia desenvolve unha labor de acreditación e inspección dos organismos encargados de realizar os controis.

22 Anónimo 05/07/2015 13:03

Sr. Conselleiro, ¿vaise facer a cidade do moble da Estrada?

Agustín Hernández:

A cidade do Moble segue a súa tramitación que está pendente dos aspectos ambientais. Pode ser que o ámbito teña algún axuste no referente á súa superficie pero este Goberno ten a firme vontade de que a Cidade do Moble sexa unha verdadeira oportunidade para o Concello da Estrada.

23 Anónimo 05/07/2015 13:03

No le parce excesivo emplear 4 millones de euros para las viviendas de proteción oficial e Vigo?

Agustín Hernández:

Calquera cantidade destinada a vivendas de protección oficial nos parece absoluttamente necesaria. O importante é que a calidade sexa a axeitada e o prezo por metro cuadrado estea dentro do mercado.

24 Anónimo 05/07/2015 13:03

gustaríame saber que plans de vivenda ten para o ano proximo?

Agustín Hernández:

A Xunta de Galicia está a seguir unha política de axudas directas á adquisición e alugamento das vivendas protexidas. Neste sentido, co novo Plan de Vivenda increméntanse as axudas destinadas a estos fins. Asímesmo unha das liñas fundamentais de actuación vai ser o fomento da rehabilitación tanto en áreas urbanas como no ámbito rural. Por outra banda, ademáis das axudas a Xunta está a traballar en establecer unha liña de colaboración coas entidades financieiras para facilitar o acceso dos adquirintes ao financiamento para a adquisición de vivenda.

25 Anónimo 05/07/2015 13:03

Hai pobos costeiros en Galicia que deberán someter a revisión o seu plan urbanístico por construír a pé de costa?

Agustín Hernández:

Coa aprobación do Plan do Litoral estableceráse un prazo para axustar os plans de ordenación dos concellos ao referido plan. En todo caso o Plan do Litoral limitará a construcción ao pé de costa, posto que o seu obxectivo é poñer en valor o territorio de máis riqueza da nosa comunidade autónoma.

26 Anónimo 05/07/2015 13:03

É cercto que se vai incrementar o límite de ingresos anuais para beneficiarse das axulas ao aluguer? De ser así, cal sería o novo baremos e cando entraría en vigor? Grazas.

Agustín Hernández:

Co obxecto de equiparar os tramos de ingresos aos de vivendas protexidas e ampliar o abanico de beneficiarios no novo plan Aluga, o tramo de ingresos máximos sitúase en 3.5 veces o IPREM. En todo caso, a maiores ingresos, menor subvención.

27 Anónimo 05/07/2015 13:03

Boa tarde Sr. Conselleiro ¿para cando a aprobación inicial do Plan de Ordenación do Litoral, que por outra banda xa acumula unha notable demora?

Agustín Hernández:

Dacordo co noso compromiso electoral, o Plan do Litoral estará redactado antes de que remate o presente ano 2009 e os 2 meses de audiencia as corporacións locais realizaráse a partires do mes de xaneiro.

28 Anónimo 05/07/2015 13:04

9. Hai algunha axuda para subvencionar a renta dun alquiler? En caso negativo pensan sacar algunha???

Agustín Hernández:

Sí existen axudas para subvención das rendas de aluguer. No primeiro trimestre do vindeiro ano estará en vigor o Plan Aluga que permitirá conceder subvencións a inquilinos entre o 20 e o 80 por cento da renda mensual.

29 Anónimo 05/07/2015 13:03

As subvencións para a rehabilitación de vivendas a incluir nas bolsas de aluger que cumpran todos os requisitos e que aínda non foron abonadas, ¿vanse pagar este ano?

Agustín Hernández:

Esgotado o crédito para este exercizo, estáse a tramitar a ampliación do mesmo para permitir o pago das obras de reforma a comezos do 2010.

30 Anónimo 05/07/2015 13:04

Nuevo programa de alquiler: cómo va a desarrollarse, quien lo va a gestionar

Agustín Hernández:

O novo programa de alquiler denominado Plan Aluga estará en vigor no primeiro trimestre do próximo ano e vai a ser xestionado con medios propios da Consellería de Medio Ambiente.

31 Anónimo 05/07/2015 13:03

Sr. Conselleiro: ¿Por que no se dio traslado del borrador de convenio para desbloquear el urbanismo de Barreiros a las asociaciones de vecinos, cuando la Sra. Delegada de la Xunta en Lugo se comprometió a ello? Esperábamos poder realizar sugerencias y aportaciones. Colaborar en que sea un buen convenio.

Agustín Hernández:

A Consellería de Medio Ambiente está traballando desde o mes de abril para solucionar o problema urbanístico do concello de Barreiros. Ténse acadado o deseño dun convenio que conseguirá resolver o problema. O lóxico é dar traslado da proposta de convenio ás administracións implicadas co obxecto de concretar o texto final. Unha vez, avanzado nese proceso non haberá ningún inconvinte en falar coas asociacións tal e como recolle vostede na súa pregunta.

32 Anónimo 05/07/2015 13:04

Hai varios meses me chegou aprobada pola Xunta a axuda de 210 euros para alugar unha vivenda ¿porque aínda non cobrei a primeira mensualidade?

Agustín Hernández:

Trátase dun programa do Ministerio de Vivenda polo que a Xunta de Galicia non pode resolver ese problema.

33 Anónimo 05/07/2015 13:04

Por qué no se inspeccionan los edificios de Proteccion Oficial para comprobar si los porpietarios reside en ellos o no?. Ahí está la clave para terminar con el fraude existente.

Agustín Hernández:

Realízanse inspección de ocupación nas vivendas de protección oficial e a estos efectos existe un servizo de inspección. Se vostede é coñecedor de calquera irregularidade debería poñelo en coñecemento do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

34 Anónimo 05/07/2015 13:04

De qué manera se lucha desde su Consellería contra el "feismo" y la dispersión en Galicia?

Agustín Hernández:

A modificación da lei do Solo, as directrices de ordenación do territorio e o Plan do Litoral permitirán rachar coa cultura de que en urbanismo en Galicia todo valía. É un camiño largo pero estamos seguros de que vamos na boa dirección.

35 Anónimo 05/07/2015 13:04

¿Teñen pensado levantar a suspensión de edificar dentro da franxa dos 500 m. en determindados ámbitos como sostiña o anterior goberno da Xunta?

Agustín Hernández:

Cando estea aprobado o Plan de Ordenación do Litoral, quedará regulada a edificabilidade no ámbito costeiro, haberá zonas onde se poida edificar dentro dos 500 metros e zonas onde a protección sexa maior desa distancia, de xeito aproximado, incrementaráse a zona de protección en algo máis do 60 por cento.

36 Agustín Hernández 05/07/2015 13:04

Foi un verdadeiro pracer poder respostar ás preguntas dos internautas. Espero ter a oportunidade de voltar nunha vindeira ocasión. En todo caso no Instituto Galego de Vivenda e Solo, os funcionarios están a disposición dos cidadáns para respostar a todas e cada unha das súas demandas.