Data?1435921974

La conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas,
contestará a las preguntas de los internautas. El jueves 17
de abril entran en vigor las Normas do Hábitat Galego,
presentadas en diciembre.

1 Teresa Táboas 04/07/2015 23:40

Bos días a todos e a todas, desculpade a demora, pero acabo de saír do consello da xunta e o desprazamento ata CORUÑA levounos mais tempo do previsto. Gracias anticipads polo voso interese

2 Anónimo 04/07/2015 23:40

¿Por que hay puertas de entrada a las viviendas de 2.10 (fuera de las medidas estandar y por lo tanto bastantes más caras) O

Teresa Táboas:

Os taboleiros son de 2.40 polo tanto non hai ningunha dificultade para adaptar estas medidas nin no al to nin no largo por parte dos fabricantes.

3 Anónimo 04/07/2015 23:40

En primeiro lugar felicitala pola claridade e a enerxía das súas ideas en prol dunha vivenda de calidade e digna para todos. A miña pregunta é a seguinte ¿Existen mecanismos legais que garantan dunha maneira efectiva que os promotores e constructores van a cumprir coa lei?. Grazas.

Teresa Táboas:

Grazas polo animo, que a veces se precisa para sacar adiante medidas pensadas para o conxunto dos cidadáns. A maneira de facer cumprir a NHG é mediante a licenza de obra e licenza de primeira ocupacion que conceden os concellos. Igual ca situacion anterior rexida co decreto de 1992. A obriga dos concellos é a mesma, ca diferncia de que puxemos en marcha un liña de axudas para que os concellos podan contratar persoal te´cnico se o precisan. Temos unha liña de 1 milón de euros.

4 Anónimo 04/07/2015 23:40

¿Por qué nón limitar xa a construción no golfo artabro que vai parecendo unha lagoa gris de cemento?

Teresa Táboas:

Temos que loitar por preseervar o noso territorio como sinal de identidade, desde todos os ambitos, a sociedade civil e as administracións publicas. Hai que legar o noso territorio as xeracións futuras en mellores condicións.

5 Anónimo 04/07/2015 23:40

Bos días Teresa, ¿que medidas adoptarán para remediar o derrumbe dos inmobles dos cascos antigos das cidades?. Moitas grazas

Teresa Táboas:

Xa o temos contemplado no anteproxecto de lei de vivenda que estamos a tramitr desde a Conselle´ria. Os concellos teñen a competencia para facer cumprin o que se chama deber de conservación da vivenda ou de inmoble. Lamentablemente, vemos que con frecuencia se caen edificios en certos centros históricos. A lei que tramitamos nos permi´tirá actuar desde a Consellería por subrrogacion, rehabilitando esa vivenda, con distintas liñas de axuda, porque para nos a rehabilitación é un dos piares da polítca de vivenda, como unha forma de recuperacion da nosa identidade e de desenvolvemento sustentable.

6 Anónimo 04/07/2015 23:40

¿Por que se aumentou o tamaño mínimo das vivendas a 40 m2? En teño un apartamento de 35,75 m2 e te poido asegurar que é totalmente habitable. Está claro que non é unha vivenda para toda a vida, pero

Teresa Táboas:

Consideramos que e a superficie minima dun dormitorio, que ademais se corresponde coa superficie mínima esixible para unha vivenda protexida desde 1978.

7 Anónimo 04/07/2015 23:40

Me inscribi en el registro unico de demandantes de vivienda en A Coruña, y a dia de hoy no he tenido ni una sola noticia de estar a la espera de un piso. Sinceramente mucha publicidad y poca efectividad.

Teresa Táboas:

Estamos pendente de sacar a venda solo no Parque Ofimatico, aqui na Coruña, para 1.300 vivendas protexidas neste primeiro semestre. O Rexistro amosa a elevadisima demanda de vivenda protexida, e promotores e constructores teñen ai un mercado esquecido que poden atender con beneficios para todos. O rexistro non implica a obtencion automatica dunha vivenda, senón a transparencia e igualdade de oportunidades na adxudicación da vivenda protexida, e un sistema estadistico rigoroso.

8 Anónimo 04/07/2015 23:40

Conseguirá o decreto por límites á especulación extrema entre concelleiros e promotores que parece defender Carlos Fernández dende a FEGAMP?

Teresa Táboas:

O Decreto permitirá acadar unhas vivendas de mellor calidade, mais accesibeis, con mais luz, mais amplas en definitiva que o maior investimento que fan os galegos e galegas ao longo das suas vidas acaden uns minimos de calidade. Para loitar contra a especulación temos adoptado outras medias como o incremento das reservas de solo para vivenda protexida, que elevamos a un 40% nas grandes cidades que e donde se concentra a maior demanda.

9 Anónimo 04/07/2015 23:40

Como es posible que no se hayan corregido las imprecisiones del decreto antes de hoy. Como se vana poder aplicar...

Teresa Táboas:

A NHG ou Norma do Habitat Galego contempla un comite asesor da haabitabilidade porque desde a Conselleria queremos que sexa un texto aberto a innovación a novas propostas no habitat e dende logo a matizar ou explicar cuestions tecnicas que poden suscitar dubidas. Neste Comite estarán representados todolos intervintes no proceso.

10 Anónimo 04/07/2015 23:40

El decreto se elaboró con la colaboración de aqrquitectos de prestigio. Por qué nadie sabe quienes son? Parece que se ocultan...

Teresa Táboas:

A mesa técnica redactora estivo composta por : Por partet do COAG, Cesar Coll e Alberto Escobar, por parte da ETSA Coruña Amparo Casares, participaron outros profesores da Escola de Arquitectura da Coruña como o propio coordinador Alfredo Freixedo, profesor de proxectos, Henrique Seoane, profesor de Urbanismo, Idoia Camiruaga arquiecta especialista en rehabilitación e outros arquitectos externos consultados nun fase posterior como: Manolo Gallego, Cesar Portela, Victor López Cotelo, Andres Perea, Carlos Quintans etc.

11 Anónimo 04/07/2015 23:40

las viviendas unifamiliares, ¿también deben tener patio tendal? gracias

Teresa Táboas:

As vivendas unifamiliares debera ter un espazo específico para cubrir as necesidades de tendedeira.

12 Anónimo 04/07/2015 23:40

Ante el vacío normativo existente, ¿La consellería va a redactar normativa específica para la reutilización de aguas grises?

Teresa Táboas:

Xa esta elaborada unha resposta polo miudo para esta cuestión de vital importancia para a reciclaxe das augas grises e que pode ser consultada na páxina web da Consellería.

13 Anónimo 04/07/2015 23:40

Sobra xente para mercar vivendas, acuestión é o prezo ¿regularán estas medidas o factor especulativo?

Teresa Táboas:

A especulación no solo e polo tanto na vivenda foi algo co que convivimos ao longo da ultima decada cando a propia Constitución do estado español e a unica especulación que rexeita no artigo 47,. Os prezos subiron no noso país ata un 300% en algunhas cidades deixando fora do acceso a vivenda as rendas medias e as rendas con mais dificultades ou endebedando as persoas e familias de por vida. A NHG non terá repercusión relevante no prezo senon na calidade e no aforro enerxético da que se beneficiará o usuario.

14 Anónimo 04/07/2015 23:40

Non entendo por qué a xente mozaa que compramos un apartamento libre non temos absolutamente ningunha axuda, mentras outras personas teñen axudas por alugar pisos libres. Pois normalmente temos que facer un esforzo bastante maior que a xente que opta polo aluguer.

Teresa Táboas:

A política da Conselleria e garantir o acceso a unha vivenda non a propiedade, polo tanto pode ser en aluguer ou en compra, neste caso as administracions públicas non poden apostar por vivendas donde o prezo non se limita porque os nosos recursos económicos son finitos e temos que concentrarnos na vivenda que esta protexida da especulación e que e a única que poden pagar a meirande parte dos galegos.

15 Anónimo 04/07/2015 23:40

Buenos días Conselleira, me gustaría saber si se demuestra que en el proceso de adjudicación de las viviendas de Eirís y Mesoiro se demuestra que hubo irregularidades, después de más de un año que les llevó revisar los expedientes, va a cesar a alguien?

Teresa Táboas:

A confección destas listas se fixo seguindo un proceso rigoroso aplicando estrictamente a normativa en vigor. De todolos xeitos para 250 vivendas recibimos 6300 expedientes, unha morea de documentación na que pode darse algun fallo de ser así se subsana. Por exemplo se finou alguen podese subrogar na familia se cumpre cos requisitos e senon corre a lista, situación prevista no Decreto que regula a adxudicación de este tipo de vivendas que son as promovidas pola Consellería.

16 Anónimo 04/07/2015 23:40

los pisos de protección oficial tienen q ser ocupados en un plazo de 3meses..¿por qué no se controla esto y no se sanciona o se le retira el piso en favor de otra persona al que no cumple con este requisito?cuando vienen a mi casa dicen q saben quien vive y quien no, pero los pisos siguen siendo del que no vive...

Teresa Táboas:

Nunca como con este goberno houbo un control tan exhaustivo no uso e adxudicación de este tipo de vivendas. Hai que lembrar que foi esta Conselleria quen puxo a primeira sanción no noso país a unha promotora por cobrar sobreprezos na vivenda protexida. 5.500..000 de Euros. De todolas maneiras a veces precisamos da participación dos cidadans para detectar este tipo de irregularidades que sempre investigamos. Temos que ir da man a sociedade civil e as administracions públicas para loitar contra o fraude.

17 Anónimo 04/07/2015 23:40

Creo que vostede está a facer unha labor bastante boa nesta consellería de nova creación. Soamente un pero, ¿por qué non se refunden a Consellería de Vivenda e Solo e o Instituto Galego da Vivenda e Solo? Para o único que vale que teñamos dous organismos neste mesmo eido é para que se dupliquen os cargos.

Teresa Táboas:

O Insituto como organismo autónomo e parte da Conselleria eu mesma son a Presidenta

18 Anónimo 04/07/2015 23:40

No es FEISMO lo que producen los Eucaliptos, tapando Vistas de Galicia,en todos los bordes de Carreteras?

Teresa Táboas:

Evidentemente o noso territorio foi outro mantido durante seculos con sabedoria carballeiras, soutos de castiñeiros, e toda unha vexetación autoctona que producia unha fermosa variedade cromática

19 Anónimo 04/07/2015 23:40

¿Cómo es posible que despues de 4 meses desde que se aprobó la renta de emancipación sólo se hayan revisado el 9% de los expedientes cuando el personal encargado se ha triplicado desde 2005?

Teresa Táboas:

Galiza e a que mais expedientes tramitou e axudas concedeu no conxunto do Estado, tendo en conta que temos moita menos poboación que outras Comunidades Autónomas. Todos estos datos foron publicados polo Ministerio de Vivenda. A Consellería ten tamén en marcha o chmado Programa de Vivenda en Aluguer,con axudas para todas as idades

20 Anónimo 04/07/2015 23:40

O desencontro que orixinou o NHG co PSOE (por medio da FEGAMP) afectará ás relacións entre os socios de Goberno?

Teresa Táboas:

Evidentemente somos duas forzas políticas con proxectos diferentes pero hai esta a grandeza de este goberno que e capaz de sacar adiante importantes medidas que benefician ao conxunto da sociedade como e o caso da Norma do Habitat Galego aprobada no Consello da Xunta do 20 de Decembro de 2007

21 Anónimo 04/07/2015 23:40

Todo es criticable, de acuerdo, pero antes si que se hacían viviendas sociales para gente con pocos recursos, barriadas de pescadores, maestros de escuela. ¿Cuántas viviendas por ejemplo en el paseo de la Castellana del antiguo Ministerio de la Vivienda, eso era política social.Ahora la evidencia es que no es así.

Teresa Táboas:

Somos conscientes de que a verdadeira política social de vivenda e evitar a segregación en barrios por niveis de renda de aí que Lei impulsada polo goberno galego chamada Lei de medidas urxentes en materia de vivenda protexida , aposta por un reparto da vivenda protexida en todos os barrios das nosas cidades. E non esquezamos que a vivenda protexida nada ten que ver coa vivenda que en un tempo se chamou social xa que a vivenda protexida vai rendas desde 1.5 ata 6.5 veces o Iprem e dicir o 85% da nosa poboación pode ser adxudicataria dunha vivenda protexida xa que ten varias modalidades.

22 Teresa Táboas 04/07/2015 23:40

Grazas a todas e todos polas vosas preguntas e por acudir hoxe a este encontro dixital na Voz de Galicia xa que permite saber de primeira man as preocupacions que tedes no referido as políticas de vivenda. Ata outra