Open uri20150703 3 1ydy7ku?1435923339

Henrique Tello, concejal del BNG en A Coruña contestó a
las preguntas de los internautas el próximo martes.

1 Henrique Tello 05/07/2015 14:01

Boas tardes, estou aquí a vosa disposición para respostar as preguntas que queirades facer. Gracias a vós e á Voz de Galicia.

2 Anónimo 05/07/2015 14:01

Os dous centros neuralxicos en Europa son Londres e Paris. Temos conexion co aeroporto de Heathrow pero non con Paris. Se a cidade que ter vocacion internacional ten que ter algun vo ca cidade francesa. Cree que esto sera posible a curto prazo?

Henrique Tello:

LAMENTABELMENTE CREO QUE NON, porque a Xunta de Galicia decideu non apoiar esta aposta. Eu considero que A Coruña ten potencial par un voo á París, dado que moitos que saen desde Santiago son coruñeses e coruñesas.

3 Anónimo 05/07/2015 14:01

Cual es la política deportiva del bng

Henrique Tello:

Fundamentalmente dotar A Coruña dun plan dIrector de infraestructuras que permitan a cada cidadán practicar o seu Deporte e tér unhas instalacións para competicións de élite. E fundamental aproveitar a infraestrutura humana dos centos de clubes que xa existen na cidade.

4 Anónimo 05/07/2015 14:01

Demasiados comentarios sobre si sigue o no sigue usted en política, y esto dura ya......¿Quién le pone la pierna encima?

Henrique Tello:

Ninguén, porque iso sería de moi mala educación. Non debemos ser escravos das eleccións nen das listas, para facer as cousas ben...debemos ser escravos das nosas conviccións.

5 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿Qué le parecen las terrazas de María Pita? ¿Le gustan las nuevas, la dejaría tal como está o dejaría la plaza sin terrazas?

Henrique Tello:

As actuais non me gustaron nunca, porque se fixeron contra un criterio estético aconsellabel. As previsibelmente futuras, poden dar un bonito xogo á estética da praza. Eu son completamente partidario das terrazas nas prazas, porque as prazas son para que a xente as disfrute.

6 Anónimo 05/07/2015 14:01

Intentan inculcarnos el transporte publico,caminar,ir e bicicleta,...¿para cuando carriles bici por la ciudad?

Henrique Tello:

Fixemos un enorme avance co sistema de aluguer de bicicletas. Estou de acordo con vosté en que debemos amplialo. No futuro imediato haberá un incremento desta ruta.

7 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿Contrataría para un concerto a Bob Dylan?

Henrique Tello:

Sí, sempre que estivese en prezo e poidésemos pagalo. Por certo, xa sabe vosté que ainda que me decepcionou nos dous concertos en que o vin (A Coruña e Madrid), teño practicamente todos os seus discos.

8 Anónimo 05/07/2015 14:01

Habla usted Inglés, francés o alemán, además de gallego?

Henrique Tello:

Defendome bastante ben en francés (era o da miña etapa estudantil); podo entenderme en inglés...non falo alemán (tal vez no futuro), falo italiano, portugués, e ...por suposto...castellano. Pero o meu idioma é o galego, simplemente porque vivo en Galicia.

9 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿Me puede usted decir por qué no podemos acercarnos a los cruces que llegan a nuestra ciudad y pasear a lo largo de ese muelle? Creo que la seguridad no tienen que impedir la prohibición. En la estación de autobuses y trenes no se hace.

Henrique Tello:

Ten vosté unha parte importante de razón, pero realmente é por un motivo de seguridade (iso din na Autoridade Portuaria). De cativo lembro que efectivamente se podía camiñar á beira dos barcos. Tal vez coa construcción da nova estación marítima, mellore esta situación.

10 Anónimo 05/07/2015 14:01

como ve a idea de que todos os cargos publicos so puderan estar como maximo 8 anos referimo os politicos de todos os niveis,un saudo

Henrique Tello:

Estou bastante de acordo en que os mandatos de goberno (Presidentes, Alcaldes, etc...) deberían ter unha limitación. Tal vez 10 anos e non 8, pero sí que nos deberiamos plantexar este tema.

11 Anónimo 05/07/2015 14:01

En nuestra ciudad se puede aparcar dónde y como se quiera, se puede estacionar sobre los pasos cebra, se bloquean los cruces, se aparca en doble fila, incluso con un policia municipal a tu lado, los conductores de autobuses pasan los semáforos en rojo, en definitiva, se ha crado una cultura de alegalidad por esa tolerancia. ¿Tienen pensado cambiar la forma de actuar?

Henrique Tello:

Recoñezo que o aparcamento é un dos graves problemas de todas as cidades, e polo tanto da Coruña tamén. Deberíamos ser moito mais cívicos e tal vez -desde o goberno- menos tolerantes con infraccións que afectan a miles de cidadáns que fan as cousas ben. Trasladarei esta reflexión sua a quen corresponde.

12 Anónimo 05/07/2015 14:01

Pensan tomar medidas coa doble fila nas rúas de A Coruña?. Quixera preguntarlle tamén se vai en serio o proxecto do metro lixeiro e cando se farán unhas boas comunicacións na área metropolitana. Grazas

Henrique Tello:

Debemos tomar moi en serio o tema da dobre fila, porque perxudica gravemente a cidadáns que cumplen co seu deber cívico. O proxecto de metro lixeiro está recollido no PXOM elaborado polo profesor Busquets (duas liñas) e entendo que un dos grandes retos da Coruña do futuro, cando teñamos construida a Estación Intermodal. Sobre a Area Metropolitana entendo que deberiamos pór a funcionar de xeito imediato o Consorcio Metropolitano do transporte. A Xunta de Galicia tiña que liderar este Proxecto con carácter imediato.

13 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿Utiliza usted con frecuencia el servicio de autobuses por dentro de nuestra ciudad? ¿Ha comprobado la velocidad, los acelerenos y frenazos de los conductores? ¿No tendría que poner el ayuntamiento un inspector de calidad para este servicio público?

Henrique Tello:

Rotundamente, Sí uso o Autobús (fundamentalmente o 1-A) que me leva a casa. E dígolle que comparto bastante a sua opinión, e que estes feitos que me comenta, teñollos comentado á empresa co fin de que corrixan no posíbel as deficiencias que se detectan. Fareino unha vez máis atendendo a sua suxerencia.

14 Anónimo 05/07/2015 14:01

que piensan hacer con el tema del desempleo?

Henrique Tello:

Fundamentalmente estamos a facer un labor extraordinario de formación e orientación laboral, tendo un índice de colocación de casi un 40% das persoas que pasan polo Centro Municipal. Por outra banda estamos a apoiar de forma moi decidida aos emprendedores da Coruña, con axudas directas á creación de pequenas empresas. Recoñezo que todo esforzo é pouco para atallar o principal problema que afecta ás persoas que se quedan sen traballo ou que non o atopan. Coido que temos un Centro Municipal exemplar en canto á atención a este sector social, de aí que se nos soliciten os servizos para atender aos novos centros empresariais da Coruña, que utilizan os nosos ficheiros para contratar novo persoal.

15 Anónimo 05/07/2015 14:01

PORQUE O AXUNTAMENTO DE CORUNA NON APOIA OS DIFERENTES ACTOS QUE SE FAN DE PATROCINIO DE GALICIA E DONDE A CORUNA TEN QUE ESTAR PRESENTE E NON QUERE ( eduardo cuna presidente circulo cultural galego de paris)

Henrique Tello:

Sinceiramente, non o sei. Non teño idea do que me fala, pero preguntarei.

16 Anónimo 05/07/2015 14:01

Por que el BNG esta realizando un giro tan fuerte hacia la derecha?

Henrique Tello:

Desde o ponto de vista sociolóxico e político, non comparto en absoluto a sua opinión. Desde o ponto de vista persoal...moito menos. En todo caso, teríamos que falar moito da dialéctica entre dereita/esquerda...pero non comparto súa idea.

17 Anónimo 05/07/2015 14:01

Hola,sr Tello,cuando piensa usted contestar a las solicitudes que se han enviado a su conselleria el dia 22 de Abril por el tema del alquilere de los espacios publicos que estan disposicion del pueblo segun la ordenanza municipal n 43 que regula estos espacios para uso publico

Henrique Tello:

Entendo que se refire vosté aos espazos do Centro Municipal de Empresas. Pois ben...HOXE MESMO sae publicada no BOP a orde de solicitude, que terá de prazo un mes. Por certo, será a primeira vez que A Coruña conte cun Centro Municipal de Empresas.

18 Anónimo 05/07/2015 14:01

Porqué leva a saida cara pocomaco, mesoiro, arteixo, uxes, etc da rotonda que vai dende espacio coruña ao campus de elviña? Leva asi un ano, e despois de enviar escritos ao concello, danme largas. Desta maneira temos que sufrir os atascos da torre de cristal de Matogrande. Grazas

Henrique Tello:

Entendo que unha vez rematadas as obras nese ámbito, reordenaráse o tránsito. En todo caso, a pregunta non está moi clara, e prégolle que me escriba ou chame ao Concello para darlle unha resposta mais precisa.

19 Anónimo 05/07/2015 14:01

He asistido a varios eventos (crear empresas, financiacion de empresas, etc. etc) y me han servido de poco. En este momento, mi actividad, en sectores muy interesantes, esta a punto de venir abajo. Pongo a su disposicion la misma y le aseguro que puede dar empleo a 4 personas o mas. Yo ya no puedo hacer nada. Si me recibe hablamos

Henrique Tello:

Agradezo a sua boa disposición. Tomo nota e antes do remate desta semana terá noticias nosas nese correo que nos brinda. Gracias..

20 Anónimo 05/07/2015 14:01

Hola! Puntúe de 0 a 10 su gestión

Henrique Tello:

No contexto dunha crise extraordinaria como nunca se veu en Galicia, coido que estamos nunha media bastante elevada. Un notábel diría eu. Ainda que realmente son vostés os que teñen a autoridade para xulgarme.

21 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿No cree que, aprovechando la llegada de cruceros a nuestra ciudad, se tendría que promociar nuestra cultura entre ese tipo de turistas, la mayoría de alto poder adquisitivo, entregándole algún tipo de información sobre nuestra ciudad y nuestra comunidad autónoma?. También se les podría informar de los sitios dende pueden hacer las compras, donde comer, etc? Digo yo.

Henrique Tello:

Precisamente neste tema houbo un cambio radical en canto á información. Precisamente temos unha oficina de turismo a pé de barco na que se lle informa con todo luxo de detalles destes temas. Precisamente por iso -entre outras cousas- A Coruña recibe cada vez mais cruceiros e cruceiristas. Hai un folleto específico en todos os idiomas. Pero non todos os cruceiristas teñen un elevado poder adquisitivo, hai de todo, e miden moito as compras e o gasto que realizan.

22 Anónimo 05/07/2015 14:01

Soy catalán de Girona y vivo en A Coruña desde hace 1 año. Me ha sorprendido que a mi hija se le haga la inmersión educativa en gallego cuando la mayoría de los políticos gallegos (Irisarri, Losada, Vázquez, Caballero) apenas hablan la lengua autóctona, los rótulos y cartelería de bancos, comercios, autobuses, etc están solamente en castellano, incluso empresas catalanas (La Caixa, el RACC, el Banc Sabadell, etc), que en Catalunya ayudan a la normalización del catalá, aquí en A Coruña solo rotulen y tengan la publicidad solamente en castellano. ¿Tiene pensado ustedes, desde el Ayuntamiento, pedir un poco más de compromiso con el gallego?, No solo tiene que dar el esfuerzo mi hija, creo yo. Moltes graçies.

Henrique Tello:

Señor ...estou tan de acordo con vosté que apenas teño nada que respostar. Isto desminte ao Sr Presidente da Xunta e a todos e todas que se atreven a afirmar que alguén pretende impór o galego. Lamentabelmente, o galego éun idioma sen normalizar, porque ten moitos enemigos dentro do seu ámbito de utilización social. Gracias pola sua reflexión.

23 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿No cree que se debería controlar la mendicidad de los enfermos mentales que hay en nuestra ciudad?. Algunos de ellos se echan a dormir a las 5 de la tarde en el paseo marítimo

Henrique Tello:

Sí, porque ninguén merece vivir en situación de mendicidade. Este é un problema que non afecta en exclusiva a un goberno, pero non quero eludir a miña responsabilidade para tratar de solventalo.

24 Anónimo 05/07/2015 14:02

Va a ocuparse personalmente usted de grestionar la política turística de la ciudad?

Henrique Tello:

Afortunadamente teño un excelente equipo de colaboradoras e colaboradores que o están a facer moi ben, especialmente na última etapa, a raiz de ter aprobado o Plan Director. En todo caso, contaremos con mais e estupendos técnicos e técnicas na materia, moitos deles saídos da nosa Escola Universitaria.

25 Anónimo 05/07/2015 14:01

Porque desde el ayuntamiento no se ha apoyado al Deportivo, como imagen de la ciudad en el exterior?

Henrique Tello:

Esta é unha das grandes asignaturas pendentes desta cidade...que Deportivo e Concello actuemos mais coordinadamente. Pero non esquezamos que o Estadio é Municipal e cóbrase só 1 euro de aluguer. En todo caso...deberiamos esforzarnos en mellorar esta relación no futuro. Como socio, accionista e concelleiro...sufro bastante esta situación e dame pena que non mellore.

26 Anónimo 05/07/2015 14:02

por que o que criticou durante os seus anos na oposición non o seguiu mantendo estando no goberno?

Henrique Tello:

Porque loxicamente, non fago nen permito que se fagan as cousas que criticaba...sería incongruente. Analice vosté os orzamentos municipais e comprobe os cambios que se deron nestes tres anos...

27 Henrique Tello 05/07/2015 14:02

Moitas gracias pola sua colaboración. Gostariame ter respostado todas as preguntas, pero tratei de facelo de seguido e segundo foron entrando. Unha aperta moi forte.