«Ciencias ou letras, a USC é de todos»
null
Mo boas tardes a todos. Encantado de estar aquí e poder respostar as vosas preguntas
Si resulta vencedor, 1- ¿accederá al encarecimiento en el coste de la matrícula? 2- ¿Cómo conciliará las relaciones maltrechas con el sector investigador? 3- ¿Apostará por la creación de alguna nueva titulación y cuál/es sería/n? 4- ¿Trabajará por una oferta de másteres más atractiva?
En relación as cuestíóns sobre titulacións, compre levar a cabo unha avaliación do resultados da nosa oferta unha vez que se ten rematado co proceso de implantación do títulos de acordo co espazo europeo de educación superiror. Nesa analise haberá que valorar tanto a demanda dos mesmos como a sua conveniencia para a sociedade e para o sistema universitario galego. E en concreto no que se refire a mestrados a Universidade terá que apostar por ofertas flexibles e adaptadas ás demandas en cada momento. En relación ás matrículas a decisión sobre o seu custo corresponde a Xunta de Galicia. Considero que é unha política social importante manter prezos baixos nestes momentos de crise económica., Polo que atinxe ao sector investigados tamén aquí se está notando o impacto da crise. Haberá que tratar de aproveitar as oportunidades de colaborar co mesmo con iniciativas como a posta en marcha de proxectos de tese en colaboración co sector investigador.
Cal é a súa postura sobre o límite de 800 de gasto para os tribunais das teses de doutoramento? Pensa mantelo a sabendas de que está a limitar que en moitos casos que as teses sexan avaliadas por verdadeiros expertos nos temas en cuestión?
E unha consecuencia máis das crise financeira que lle afecta a Universidade. HAberá que analizar diversas posibilidades alternativas como incluso a reducción do número de membros dos Tribunais, pero procurando que eso non cuestione a calidade dos membros da mesma.
¿Que le parece la canción de Viaño?
A canción non me gusta moito. Pero o meu criterio musical tampouco é moi relevante.
Tendo en conta o seu equipo de goberno, non cree que deixa totalmente apartado ao Campus de Lugo, ao contar só con un membro no seu equipo?
O Campus de Lugo conta no meu equipo con un Vicerreitor, dun total de 5 que compoñen o equipo. Polo tanto o seu peso relativo e maior que si o equipo estivese integrado por 7 ou 8 vicerreitores ou incluso mais como ten ocurrido no pasado. Por outra banda debemos ter en conta que tamén contamos co nomeamento de Vicerreitor ou vicerreitores adxuntos, aínda que o faremos nun momento posterior.
Cal é o motivo de que se reserve o 60% das prazas ofertadas para consolidación do PDI exclusivamente, e non se empregue a mesma medida para o PAS?
Esta porcentaxe do 60 % para consolidación refírese únicamente ás prazas de persoal docente e investigador que é donde se esta a aplicar a tasa de reposición do 10 %. Polo tanto eso non afecta nin impide que tamén no PAS se poñan en marcha medidas de consolidación en tanto a normativa permita aprobar as correspondente ofertas públicas de emprego.
Sr. Lopez: de cuantos profesores titulares y catedraticos prescindirá la USC para solventar su precaria situacion economica? dado que hay docenas de ellos que NO hacen nada en sus puestos, la USC es una casta de puestos heredados desde el franquismo-enchufes.
Discrepo da súa valoración, tanto no que se refire a postos heredados, como que hay ducias de profesores que non fan nada nos seus postos. Cada un deles, ademais de adicarse á investigación, fai pública a súa adicación docente, polo que esas afirmacións no se corresponden coa realidade. Polo que se refire a solución situación económica, xa a lei de orzamentos limita a masa salarial da USC para cada exercicio económico, e tamén se teñen reducido as retribucións do profesorado, polo que todos teñen posto da súa parte para a solución do problema.
¿Defenderá igual aos estudantes de Letras e Ciencias?
A Universidade é de todos: Ciencias, Humanidades, Ciencias Sociais, Ciencias da Saúde e Tecnoloxías. Por suposto que temos que atender a todo o noso estudantado ofrecendolle as mellores condicións con independenza do tipo de estudos que curse.
Teñen pensado levar ao Clautro o debate e poposta sobre temas de calado como a política de titulacións ou as liñas básicas para a negociación do próximo plan de financiamento?
A min tocoume ser presidente da Comisión que elaborou os Estatutos da USC en 2004 e xa naquel momento defendín o papel do Claustro, como órgano que debe coñecer as lñas básicas das decisión que se adopten na USC, entre outras, programación plurianual, liñas xerais do orzamento, etc. Por suposto que deben ser obxecto de debate no mesmo, outras cuestións como as que se mencionan, xa sexan a través de debates específicos, xa sexa no marco da programación plurianual.
Fala de abrir a USC a estudantes doutros países. Corremos o risco de ter un sistema universitario galego para estranxeiros?
Cando falamos de que debemos abrir a USC a estudantes doutros paises debemos ter en conta que a porcentaxe de alumnos de outras nacionalidades que cursan estudos de grao non chega ao 2 %. Pensamos que incrementar o número de alumnos estranxeiros pode ser unha oportunidade para a USC, sin que haxa risco algún, nin de lonxe, de que poida afectar ao sistema universitario galego.
La pirámide docente se está invirtiendo claramente en la USC. Si es usted el nuevo Rector ¿cual será su estrategia para ampliar la base de esta pirámide y generar profesorado que imparta la docencia que ahora imparten titulares con amplia experiencia y sobretodo, catedráticos que deberían de aprovecharse para otras labores docentes e investigadoras?. ¿Pensará usted solo en los 4 años o intentará poner los cimientos para un futuro?.
É verdade que o cadro de persoal docente e investigador da USC presente unha elevada idade media (arredor de 52 anos) que ademais se vai incrementando cada ano. A Universidade ten que pensar, por outra parte, que as limitacións orzamentarias, así como a aplicación da taxa de reposición do 10 % está impedindo a renovación do cadro de persoal. A curto prazo esto está xerando unha precarización indesexable no noso cadro de persoal docente e investigador. Temos que facer previsións a medio prazo para tratar de ir estabilizando ese persoal pensando lóxicamente en políticas a medio e lungo prazo.
Cuál era tu pub favorito en Santiago cuando eras estudiante?
Dado que a Residencia donde vívía estaba pola zona vella, era por alí por onde mais saiamos pola noite. Quizás no que máis tempo teño pasado fose "El paraiso perdido". Ata o nome agora soa melancólico.
Fala de que as taxas da USC son baratas. ¿Cre que deben subir?
O que eu digo é que as taxas (técnicamente diríamos os prezos públicos) que se pagan polos estudos universitarios son dos mais baratos de España. A media dun curso custa en Galicia 713 euros, fronte aos 2.000 de Cataluña ou 1.800 de Madrid. Non digo que deban subir, simplemente digo que quen está soportando esa política social son as Universidades galegas, e ao mellor deberamos ser compensadas por ela.
Como espera vostede que as entidades financeiras acollan a súa proposta de refinanciación e que custos a maiores se poden agardar? Sorte!
En relación ao refinanciamento da débeda deberemos actuar en dúas direccións: Polo que se refire aos anticipos reembolsables hai que tratar de retrasar ou aplazar as devolucións do mesmo consensuandoo coas Administracións acreedoras. Polo que se refire a debeda con entidades financeiras, xa con todos os detalles, compre formular unha proposta concreta, é preciso obter a autorización da Xunta, e logo teremos que buscar entidades interesadas na modificación das condicións dos préstamos ou ben na oferta de novos préstamos. Lóxicamente o refinanciamento, en particular da débeda con entidades financeiras, calquera que sexa a súa modalidade, conlevará custos baixo a fórmula do pago de xuros.
Para cuándo una Universidad de Santiago que le dé importancia al deporte?
A USC venlle dando importancia ao deporte dentro das súas dispoñibilidades sendo máis de 5.000 persoas as que participan nas distintas actividades e competicións que organiza. E verdade que a crise tamén afectou a esta materia, e atopamos con necesidades para mellorar algunhas instalacións deportivas. De xeito especial no Campus de lugo, esa falta de instalacións deportivas e máis evidente polo que haberá que buscar acordos con outras entidades para favorecer o uso das súas instalacións
Pensan que hai que mellorar a transparencia informativa na USC, interna e externa? Qué propostas teñen neste sentido?
A transparencia ten que ser sempre un obxectivo de calquera Administración, máxime desde que se ten aprobado unha lei de transparencia que pretende asegurar o acceso de todos á información. No caso da USC eu penso que é moita a información que se ofrece especialmente a través da súa web. Sendo esta unha ferramente esencial para a transparencia pensamos que debe revisarse a sua estructura e os seus contidos para mellorar a accesibilidade á información. E, en canto aos contidos, deberíase incidir na sistematización dos datos que se transmiten para facelos mais comprensibles.
As prácticas externas dos estudantes tamén se están vendo afectadas pola crise. Pensa que se vai poder atender económicamente a esta parte esencial da formación dos estudantes?
As prácticas externas teñense revelado como unha ferramenta moi útil para relacionar o noso estudantado coa realidae. A experiencia demostra que, por outra banda, cando se trata de prácticas en empresas, resultan moi útiles e efectivas para atopar un posto de traballo. Entre as liñas que consideramos de prioridade e reforzar o financiamento das cuestións que teñen unha relación directa coa calidade do servizo docente, como a docencia práctica no seu conxunto e tamén as prácticas externa.
Como é un domingo ideal para vostede?
Un domingo ideal sería un domingo de primavera ou verán na Mariña de Lugo. Eso si supón unha desconexión total dos problemas de toda a semana. Como alternativa si teño que quedarme por aquí conformome con algo de deporte pola mañan, e logo un dia familiar facendo calquera cousa pola casa.
¿Desde cuándo le viene la afición por el Obradoiro?
Na época de estudante seguíao ainda que non asistía con asiduidade aos partido no vello pabillon de Sar. Fixenme socio e abonado coa volta a ACB no 2010 e agora ata son accionista. Os dividendos dinerarios son nulos pero as satisfacións son grandes.
Pensan que hai alternativas factibles para manter os postos de traballo do PDI que remata este ano os seus contratos de axudantes doutores, Parga Pondal e Ramón y Cajal?
As dificultades que conleva a tasa de reposición fai que as posibilidades pasen por formulas como interinos de substitución que requiren o informe favorable da comunidade autónoma.
O tempo sempre é un gran tirano. Sinto non poder ter contestado todas as preguntas. En calquera caso moitas grazas polo voso interese. Unha aperta e saúdos para todos.