Open uri20150703 3 224pgv?1435955482

null

1 Zaira Rodríguez Pérez 08/07/2015 22:27

Bo día. Agradecezo a La Voz de Galicia a posibilidade de entrar en contacto cos cidadáns a través deste encontro dixital e espero poder dar resposta a todas as súas inquedanzas. Agradézolles de antemán a todos os internautas o seu interese, e eu intentarei responder da forma máis clara posible.

2 Anónimo 08/07/2015 22:27

En estos días cumple los dos años como Diputada Provincial....¿seguirá como diputada o le relevará en el puesto Daniel Rego ?

Zaira Rodríguez Pérez:

O acordo que tiñamos cando se constituíu a Deputación era que eu sería deputada os dous primeiros anos representando á Costa da Morte e que os dous seguintes sería o meu compañeiro Daniel Rego, de Camariñas. Polo tanto, cando corresponda dareille o relevo nun papel tan importante como é o de representar á Costa da Morte na Deputación Provincial e no seu equipo de goberno.

3 Anónimo 08/07/2015 22:27

¿Hasta cuándo va a seguir como diputada provincial?

Zaira Rodríguez Pérez:

Esta pregunta creo que queda respondida na anterior.

4 Anónimo 08/07/2015 22:27

¿Cuánto cobra un diputado provincial?

Zaira Rodríguez Pérez:

Hai deputados que teñen dedicación exclusiva e hai outros que cobran as súas asistencias a plenos e comisións.

5 Anónimo 08/07/2015 22:27

¿Qué sentido tiene que una Diputación asuma competencias que ya ejerce la Xunta, como es el caso de normalización lingüística o benestar, que son precisamente sus áreas?

Zaira Rodríguez Pérez:

A Deputación é un ente local, e entre os seus obxectivos está a promoción da nosa lingua e da nosa cultura. Colaboramos cos concellos, como non podía ser doutro xeito, cunhas axudas anuais para o mantemento do persoal de normalización lingüística, así coma outras moitas e variadas actividades, sempre en coordinación e colaboración coa Xunta de Galicia, xa que formamos parte da rede de dinamización lingüística da propia Xunta. E penso que esta é a forma de traballar, en colaboracíón e en coordinación, aunando esforzos e recursos. No caso da área de Benestar Social as competencias que asumen a Deputación e a Xunta están moi definidas, froito de moitas conversas e reunións de traballo. Do que se trata, como dixen antes, é de aunar esforzos e recursos, sempre de maneira coordinada.

6 Anónimo 08/07/2015 22:27

¿Que fixo a Deputación da Coruña pola Costa da Morte dende que vostede é diputada?

Zaira Rodríguez Pérez:

Creo que poderíamos dicir que unha das prioridades do presidente da Deputación é a Costa da Morte. Podemos falar da Volta Ciclista, da que a Deputación Provincial da Coruña é a principal patrocinadora, que tivo lugar o ano pasado como eventos importantísimos para dala a coñecer, non só en Galicia, senón no resto de España. E tamén podemos volver a falar da Volta que volverá a ter lugar o vindeiro mes de agosto, que pasará por Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión e terá a súa fin de etapa no concello de Fisterra para, a través do deporte, dar a coñecer a nosa comarca, as nosas paisaxes, a nosa gastronomía, a nosa cultura... Estamos colaborando tamén en promoción do turismo na comarca, e, por suposto, a gran axuda a todos os concellos, no que inclúo o meu, Cee, sen esquecer a moitas entidades da Costa da Morte que están a facer un labor importantísimo co apoio da Deputación. Queda moito por facer, sempre hai que traballar e superarnos, e ese é o gran obxectivo da Deputación da Coruña. E un dos meus, por suposto, é traballar polo meu pobo e pola comarca.

7 Anónimo 08/07/2015 22:27

Vostede leva a área de Normalización Lingüística na Deputación. ¿Emprega o galego a cotío?

Zaira Rodríguez Pérez:

Emprego o galego e o castelán. Son castelán falante, galego falante. Creo que é enriquecedor poder utilizar as dúas linguas con respecto e liberdade.

8 Anónimo 08/07/2015 22:27

¿Le ha servido su puesto en la Diputación para beneficiar exclusivamente a Cee?

Zaira Rodríguez Pérez:

Dende a Deputación apóiase e axúdase a todos os concellos da provincia da Coruña, e entre eles está Cee. Teño que resaltar a gran axuda que Cee recibiu da Deputación da Coruña, como o convenio firmado para o remate da Casa da Cultura; o convenio coa Fundación Fernando Blanco, da que eu son presidenta, a través do cal se están beneficiando moitos nenos e nenas con clases de apoio educativo, porque doutra maneira lles sería moi difícil; así como as beirarrúas na parroquia de Pereiriña, onde pronto empezarán as obras; o Plan DTC-94, Unha Deputación para todos os Concellos, co que arranxaremos a Praza das Palmeiras. Pero iso non ten que ver co posto que ocupo, senón coas necesidades do meu Concello. No pleno provincial que se celebrou onte venres aprobáronse varios convenios, entre eles cos concellos de Corcubión, Muxía, Muros... Un exemplo de que a Deputación está para servir aos concellos.

9 Anónimo 08/07/2015 22:27

¿Que función desempeña Daniel Rego dentro da Deputación?

Zaira Rodríguez Pérez:

Daniel Rego é asesor da Deputación, levando a cabo tarefas administrativas e asuntos diversos relacionados cos concellos da Costa da Morte.

10 Anónimo 08/07/2015 22:27

¿Qué le diría a aquellos que apuestan por la desaparición de las Diputaciones?

Zaira Rodríguez Pérez:

Diríalles que seguramente, con todos os meus respectos, non coñecen o gran labor que está a facer a Deputación da Coruña, que é da que eu formo parte e da que podo falar. Pero cando os que piden a desaparición das deputacións son deputados ou ex deputados chama máis aínda a atención, porque ou ben non chegaron a entender o gran servizo público que fan ou ben non se entende que ocupen un escano nunha institución na que non cren. O que temos que facer, e ese é tamén un dos obxectivos do presidente da Deputación da Coruña, é adaptala aos novos tempos e ás novas necesidades da sociedade. A Deputación podería definila como o Concello dos concellos. Os seus obxectivos son a prestación de apoio e asesoramento técnico, xurídico e económico aos concellos, e non só aos concellos, senón tamén a entidades de diferente índole: deportivas, culturais, sociais... Podería falar da gran aposta da Deputación polos servizos sociais, apoiando sempre aos pequenos concellos, e teño que felicitar a sensibilidade do presidente da Deputación, Diego Calvo, por ser esta área unha das prioritarias, tendo en conta o contexto económico e social no que estamos vivindo, porque fomos quen de incrementar esta partida orzamentaria. Podemos falar tamén do gran esforzo que se fixo en canto ao plan de obras e servizos, o POS, un plan verdadeiramente importante para os concellos, porque o achegamento da Deputación Provincial da Coruña é do 100 % despois de que o Goberno central anunciase que non podía facer fronte á súa parte. E isto sen dúbida é unha axuda moi importante para os pequenos concellos. Tamén teño que resaltar o apoio económico da Deputación da Coruña aos novos grupos de emerxencias supramunicipais. E podería seguir estendéndome moitísimo máis porque o labor da Deputación abarca moitísimas áreas, dende promoción económica, cultura, benestar, normalización lingüística, turismo, infraestruturas... Sempre tendo como finalidade a axuda aos concellos e ás diferentes entidades. E por todo iso penso, sen dúbida algunha, que as deputacións non deben desaparecer.

11 Anónimo 08/07/2015 22:27

A ver se consigue cousas para Cee sendo diputada, polo menos aproveite o traballo. Antonio. Cee.

Zaira Rodríguez Pérez:

A miña intención é conseguir cousas para Cee, loxicamente, pero tamén para o resto dos concellos da Costa da Morte.

12 Zaira Rodríguez Pérez 08/07/2015 22:27

Moitas grazas a todos os internautas, e espero ter contestado de forma clara todas as súas preguntas. Como alcaldesa de Cee e como deputada provincial estou a disposición de todos os veciños.