Open uri20150703 3 uj9z3?1435955398

null

1 Marisol Soneira 08/07/2015 21:47

Ola. Moi bo día a tódolos internautas que participades neste encontro dixital.

2 Anónimo 08/07/2015 21:47

que piensas hacer contra el furtivismo ya que para mi la cuna del furtivismo en la costa da morte esta en camariñas

Marisol Soneira:

Desgraciadamente o furtivismo non é patrimonio de ningún territorio. Tamén habería que estudar as causas de fondo do fenómeno e ver se a lexislación ou a crise non teñen algo que ver neste fenómeno.

3 Anónimo 08/07/2015 21:47

¿Volverá a presentarse a las elecciones para diputada?

Marisol Soneira:

Coido que o meu tempo político está na recta final, pero iso vai a depender en gran medida de factores que a veces nen sequera dependen dunha mesma. A día de hoxe eu diría que xa teño cumprido con creces as espectativas que me tiña fixado cando decidín entrar en política.

4 Anónimo 08/07/2015 21:47

¿que opinas do recorte de deputados no parlamento e a eliminación de concellos? non será unha cortina de fume do pp para ocultar a súa nefasta política económica

Marisol Soneira:

Simplemente é unha ocurrencia de Feijoo que busca fixar o foco do debate lonxe dos problemas que hoxe están mais de actualidade: paseos en barco de amizades perigosas, loita de poder dentro do PP, etc. Fai unhas semanas na Mesa do Parlamento acordamos devolver á Xunta de Galicia case seis millóns de euros do aforro que se ten acumulado nos últimos anos, no Parlamento. Iso demostra que se pode xestionar moi ben sen necesidade de facer trampas democráticas coas regras de xogo no Parlamento.

5 Anónimo 08/07/2015 21:47

¿Cal é a posición do PSOE sobre a mina de Corcoesto?

Marisol Soneira:

Mina así, non. O PSdeG non está en contra da minería pero o proxecto de Corcoesto é unha auténtica aberración medioambiental y económica.

6 Anónimo 08/07/2015 21:47

Ahora que vai haber primarias no PSdG para elixir os Secretario Xeral, ¿quen é o seu candidat@?

Marisol Soneira:

Coido que non é ningún segrego se digo que Francisco Caamaño é un dos mellores cerebros que temos en Galicia e en España. Si ao final se presenta, eu teñoo claro.

7 Anónimo 08/07/2015 21:47

Que opina do acoso e derribo que fai unha paxina dixital do seu pueblo os politicos do ps oe? Pensa que é xusto que podan decir o que se lles ocurra dunha persoa so porque non pensa coma eles? Mar C .

Marisol Soneira:

Son as sevidumes dos que nos adicamos a unha actividade pública. Coñezo a páxina en cuestión e, estou convencida de que se en lugar de calumniar aos socialistas de Camariñas o fixera cun particular tería moitos problemas xudiciais. De tódolos xeitos de moito non parece servirlle o Partido Popular de Camariñas porque en mais de trinta anos non foron capaces de acadar a confianza dos cidadáns.

8 Anónimo 08/07/2015 21:47

A política de recortes que están facendo Rajoy e Feijóo está acabando coa clase media traballadora o que nos queda é ¿Unha maleta como hai trinta anos?

Marisol Soneira:

As políticas que o Goberno, tanto o do Estado como o de Galicia, están aplicando pódense considerar como un auténtico timo porque son todo o contrario do que publicitaban nos seus respectivos programas electorais. A situación é de tal gravidade que hoxe estamos asistindo a escenas que xa pensábamos esquecidas: caida en picado do estado do benestar, emigración sen precedentes dende fai décadas, pobreza xeneralizada, precariedade laboral que nin siquera contemplaban as leis franquistas, e un longo etc, imposible de relexar nuncontexto como este. E un retroceso sin precedentes que nos vai a custar décadas recuperar.

9 Anónimo 08/07/2015 21:47

Que vai pasar ca nosa Autovía? Remataráse algún día? e farase toda?

Marisol Soneira:

A autovía é un bo exemplo do que dixemos na pregunta anterior. E a demagoxia elevada a cotas de irresponsabilidade. A realidade é que Núñez Feijoo está multiplicando polo infinitos os supostos erros que eles achacaban o Goberno de Touriño e, ao paso que vamos, non solo haberá retraso se non que teño dúbidas moi serias de que dispoñamos desta vía de comunicación a medio prazo. Dende logo a Xunta, coa complicidade do PP da Costa da Morte, trata de xustificar o inxustificable e mesmo tenta venderno o vello proxecto de Fraga de facer unha "autoviiña" ate Baio. A realidade é que a Costa da Morte, cando goberna o PP, sempre está discriminada.

10 Anónimo 08/07/2015 21:47

A dirección galega consultará á militancia en contra dos criterios de Ferraz.¿Por qué logo,no caso da moción de censura de Vimianzo, a dirección galega non consulta ou atende igualmente ós militantes?(cónstame que a maioría están de acordo ca moción)¿Non deberíades predicar co exemplo e permitir q se cumpra a vontade da militancia en vimianzo ó igual que vós queredes facer con Ferraz?Son casos extrapolables e exactamente idénticos.

Marisol Soneira:

Coido que está mal informado/a. En Vimianzo presentouse unha moción de censura sen que se houbera debatido na agrupación nin na comisión executiva local, tal foi así que o Sº Xeral de Vimianzo e candidato a alcalde enterouse pola prensa da presentación da misma. Posteriormente houbo unha samblea de tódala militancia de Vimianzo co secretario xeral e co secretario de organización provinciais e, por abrumadora maioría a militancia rexeitou a moción. O resto é aplicación dos nosos estatutos e dos nosos regulamentos aprobados nos congresos federais e nacionais.

11 Anónimo 08/07/2015 21:47

¿Está en contra da reducción do número de deputados no Parlamento de Galicia? Será por qué vostede xa tería poucas posibilidades de saír si se presentara de novo nas seguintes?

Marisol Soneira:

Xa contestei a esta pregunta noutra anterior pero cumple facer un matiz. Coa reforma que pretende Feijoo, o voto dun elector en Ourense e en Lugo vale ate tres veces o que vale un voto de Coruña ou de Pontevedra. Xulgue vostede mesmo a calidade da reforma. Se é por aforrar xa dixen antes que hai moitas fórmulas para que, sen modificar a representación se reduzan os custes do Parlamento. Pero desengánese vostede, o que pretende Feijoo non é aforrar, é que non ter que dar contas diante de nada porque si aforrar é o boxectivo último, porque non eliminar as cámaras de representación dos e das cidadáns? E se iso é o obxectivo último, que modelo político pretendemos? Lémbrolle que eses experimentos xa se puxeron en práctica en Europa a mediados do século XX e todos coñecemos como remataron.

12 Anónimo 08/07/2015 21:47

Cal é secreto do Socialismo na Costa da Morte?, ou de outra maneira, ¿como se explica o fracaso do PP que ten so unha alcaldía?

Marisol Soneira:

Pois supoño que foi sempre o compromiso co territorio e coas persoas que nel viven. Eu non entro nos problemas que poidan ter outras formacións pero, no noso caso, sempre nos foi ben cando defendemos un proxecto integrado para todo o territorio e logo hai exemplos municipais de moi boa xestión: Camariñas, Corcubión, Dumbría, Muxía, tec.

13 Anónimo 08/07/2015 21:47

Cantos anos leva militando no partido socialista? Unha persoa tan preparada como vostede non se planteou ser candidata a alcaldia do seu pobo?

Marisol Soneira:

Eu proveño daquel grupo de compañeiros e compañeiras que entramos a militar na transición para solucionar problemas concretos nos nosos pobos e que, por un cúmulo de circunstancias que non estaban nos meus plans naquel momento, acabamos ocupando cargos de representación en moitos e moi diversos niveis do Partido Socialista. Eu solo teño un enorme agradecemento aos compañeiros e compañeiras que me amosaron o seu apoio e, tamén, a súa crítica constructiva para que o meu traballo mellorase. Eu, modestamente, sempre tentei devolverlle a confianza tentando que o socialismo da Costa da Morte acadase cotas cada vez mais altas tanto no Partido como nas institucións. Con respecto a Camariñas sempre tivemos magníficos alcaldes e magníficos concelleiros e concelleiras e, tanto o presente como o futuro está en moi boas máns.

14 Anónimo 08/07/2015 21:47

Sabe que a Xunta está poñendo multas sin parar a xente do mar, ¿a que se debe este incremento na actividade sancionadora.?

Marisol Soneira:

A función sancionadora da administración está reglada e sempre esta suxeita a normas de obrigado cumprimento por parte do sector como por parte da inspección, pero a min sempre me resultou curioso ver como a os inspectores da Xunta desaparecen das nosas costas tres meses antes das eleccións e despois delas florecen como o toxo nestes días. Sería bo que a Xunta estudase as razóns polas que hai determinados subsectores e determinadas artes que son sancionadas con mais frecuencia que outras, ou porque o índice de sancións é superior nunhas zonas con respecto a outras. Terá que ver a lexislación? terán que ver as políticas europeas de TAC,s e de cuotas? Sancionar por sancionar non arranxa os problemas.

15 Anónimo 08/07/2015 21:47

En estes tempos vemos que moitos veciños marchan a emigración, aquí non hai futuro, Que opina vostede de esto?

Marisol Soneira:

Xa o dixen antes, é unha desgracia que nos retrotae a tempos pretéritos que creíamos esquecidos.

16 Anónimo 08/07/2015 21:47

Señora marisol, usted estaba en contra de la piscifatoría de Touriñán, pero a favor de la de Villano. ¿No le parece que el destrozo es mayor en Camariñas?

Marisol Soneira:

Eu non estou nin a favor nin en contra dunha ou de outra. Eu estou a favor da acuicultura por moitísimas razóns: biolóxicas, laborais, medioambientais, emprego, económía, etc, e coido que o Plan Acuícola do Bipartito garantizaba as dúas cousas e tiña, ao meu xuizo, unha caractérista moi positiva: garantía que o chan onde se implantasen as piscifactorías sempre sería público polo que sempre se podería retornar a costa ao seu estado natural. Hoxe vemos como a reforma da Lei de Costas do Estado, feita polo PP, entra a sabo na franxa litoral e vai a consolidar aberracións que se fixeron nos anos da burbulla. Ou, por si este exemplo non chega, como se autorizan proxectos como Corcoesto por parte daques que se manifestaban contra o Plan Acuícola de Touriño.

17 Anónimo 08/07/2015 21:47

¿Por qué mientras que estuvo el Bipartito no se construyó la Autovia Costa da Morte y solo se dedicaron al paripé con la primera piedra?

Marisol Soneira:

O Bipartito adxudicou o proxecto e as obras por case trescentos millóns de euros menos que o goberno actual. A crise fixo que empresa tivese problemas financeiros e Feijoo decidiu denunciar a adxudicación, con tódolos problemas e escándalos que trouxo consigo, para acabar dándolla a mesma empresa e cun sobre custe de case trescentos millóns de euros. Agora Feijoo dinos que a mesma empresa que tivo problemas de financiamento con Touriño ten os mesmos problemas con él e as obras levan paradas máis dun ano... xulgue vostede mesmo/a. Falar da herdanza recibida xa solo o cren os incautos e, hai que lembralo, antes que Touriño houbo lustros de gobenos PP que nin fixeron proxecto nin adxudicaron e Feijoo, que nos dixo que este verán xa circularíamos pola autovía, vai para cinco anos que son mais anos que os que gobernou Touriño. Autovía xa e sen desculpas de mal pagador.

18 Anónimo 08/07/2015 22:24

¿Podería aclararme se os dous concejales de Vimianzo están expulsados ou non? Gracias

Marisol Soneira:

Os estatutos federais son moi claros ao respecto e a expulsión é automática cando se presenta unha moción de censura sen o acordo dos órganos do Partido. O mesmo debeu de interpretar o xuíz xa que non lle deu a razón ao concelleiro e a concelleira expulsados.

19 Anónimo 08/07/2015 22:24

¿A que se debe que un Concello como Camariñas que sempre se dixo que era socialista, non gañe agora ningunhas eleccións e únicamente as municipais por 70 votos de diferencia? ¿É culpa do candidato, da situación, das accións políticas equivocadas, etc..?

Marisol Soneira:

Se me permite cámbiolle o razoamento. Non parece sorprendente que, en democracia, haxa unha formación política que durante trinta anos siga concitando o apoio maioritario dos cidadáns? Non lle parece positivo que, despois dun período tan prolongado de goberno e nunha convocatoria electoral como a última, onde o PSOE perdeu alcaldías, deputacións e apoio electoral sen precedentes, o PSde-PSOE en Camariñas aínda acade o apoio maritario dos seus veciños e das súas veciñas? Doulle outro dato que a min non me sirve de consolo, e que ten o valor que ten, pero que é un indicador da base sociolóxica de esquerdas que ten Camariñas: eu son a deputada do Grupo Parlamentario Socialista que tivo a porcentaxe de voto mais alta no seu municipio. Iso non significa , xa digo, ningún consolo porque os socialistas sufrimos un gran castigo electoral nos últimos procesos, pero significa tamén que os camariñáns siguen confiando en nos.

20 Anónimo 08/07/2015 22:24

¿ Que opinión tiene de los políticos imputados en casos judiciales, deberían seguir gobernando o presentar la dimisión ya?

Marisol Soneira:

Hai imputacións e imputacións. Eu, como principo xeral, coido que si pero como o noso sistema xudicial non implica culpabilidade en caso de imputación e como en ocasións as persoas imputadas nunca son condenadas sempre me quedan dúbidas. Por iso recurro a o vello dito galego: asegún e como.

21 Anónimo 08/07/2015 22:24

Supongo que le van a hacer muchas preguntas sobre lo mismo, pero esta se la hago yo con todo el respeto que ustede me merece. Tiene un alcalde de su partido en Camariñas, que está imputado en una serie de actuaciones judiciales e incumple otras, como por ejemplo, el que no cumple la sentencia en firme de derribo de una parte usurpada para construir por sus narices y a toda costa un tanatorio que sólo quiere él y sus socios del Psoe, ¿por qué mantiene a este señor en su sillón y no lo hace dimitir? más cuando desde su posición sí ha pedido la dimisión de otros compañeros, distintos a su partido. Jracias.

Marisol Soneira:

As sentencias xudiciais están para cumprise. No caso do alcalde Camariñas non teño constancia de que estea a incumprir sentencia algunha xa que todo cidadán ten dereito a recurrir para defender a súa posición. Ate onde sei o alcalde de Camariñas está presentando recursos en defensa dos intereses públicos e colectivos de tódos cidadáns e mentras a lei lle lo permita non solo está cumprindo do seu deber se non que incluso debe ser obxecto de loubanza. Cando non caiban mais recursos xa se verá quen ten razón.

22 Anónimo 08/07/2015 22:24

¿Por que a pesar desta profunda crises que padecemos o único que non se recorta é o número de politicos e mais os vosos suculentos sueldos,?

Marisol Soneira:

A cuestión non é reducir o número de cargos políticos, e diso xa falei noutra pregunta e existe moita demagoxía cando se xeneraliza: mais do noventa por cento de tódolos cargos políticos de España non cobran un euro pola sua dedicación, a inmensa maioría concelleiros e concelleiras. En canto os salarios é certo que nalgún caso parecen excesivos e nós xa temos planteado unha redución para que os custes do Parlamento Galego se acomoden aos 61 que propón Feijoo sen reducir a proporcionalidade provincial, pero Feijoo non busca aforrar se non outras cousas das que xa falei. Tamén teño que decirlle que os deputados e deputadas do Parlamento xa se lles rebaixon a retribución e, na parte que me toca, dende o primeiro minuto que ocupei o posto de vicepresidenta segunda da cámara renunciei ao coche e a outros privilexios que tiña a Mesa. Debo dicir que toda a Mesa, salvo o caso da Presidenta e que entendo, fixo o mismo e mesmo se reduxeron outros complementos que tiña a Mesa por razón do cargo. De tódolos xeitos non é no Parlamento nin no Goberno Galego onde están os salarios mais altos da administración.

23 Anónimo 08/07/2015 22:24

¿Lle gustaría terminar a súa etapa política conseguindo ser alcaldesa do Concello de Camariñas?

Marisol Soneira:

Xa dixen antes que Camariñas ten un magnífico alcalde e Camariñas é demasiado importante como para ser o remate de nada. Ao contrario Camariñas sempre foi o principio e a guía para moitas políticas que hoxe parecen normais pero que naqueles tempos custou poñer en marcha. Foi unha etapa enormente gratificante da miña vida política, como concelleira, e pola que nunca percibín ningunha retribución pero pola que pagaría por repetir momentos enormente ilusionaltes con Bautista, con Alonso, con Pichurri, José María, e tantos e tantos compañeiros que nos deixamos a pel por un ideal e por unha etapa na que todos contribuíamos e ningúen, nin a oposición, poñía paus nas rodas.

24 Anónimo 08/07/2015 22:24

Yo, como propietario histórico de varias parcelas en el Monte da Vela de Camariñas, me gustaría saber ¿ qué medidas está tomando Usted en apoyo de sus legítimos dueños, a quienes, en tiempos de dictadura, les fueron arrebatadas sus propiedades, con argumento de “ repoblación forestal “, que fracasó, y que, luego, eses montes, pasaron “de manera irregular “ a formar parte del patrimonio Municipal, sin tener en cuenta a sus legítimos dueños ? ¿ Es cierto que ha prometido en Campaña electoral que, si ganaba su Partido en nuestro pueblo, ( como así pasó ) lucharía por la devolución de esas tierras a sus legítimos dueños ? Nunca se nos dio, ni indemnización alguna, ni nunca nadie ha firmado ( que yo sepa ) donación de sus terrenos en favor del Ayuntamiento ni de la Forestal. Antonio Puertas

Marisol Soneira:

O que pasou cos montes da Vela foi un roubo perpetrado en cenáculos de Camariñas por persoas moi vinculadas ao Antigo Réxime xa que incluiron como montes públicos o que eran propiedades privadas dos veciños de Camariñas, maioritariamente de Buría; entre eles meus avós que viron como os seus montes eran repoboados forzosamente pola Dictadura e vio como o expulsaban a forza e o conducían a Corcubión. Os montes foron rexistrados como propiedade municipal en plena Dictadura asi que o problema ven de vello. Eu nunca prometín que devolvería ningún monte porque calquera pode entender que non teño esa capacidade legal nin política. Quen contou esa historia foi o antigo párroco, Antonio Velo, nun "libro" que publicou criticando aos socialistas de Camariñas; por certo, nese "libro" tamén conta que eu andaban en grupos terroristas... como vostede pode entender hai tanta razón nun comentario coma no outro.

25 Anónimo 08/07/2015 22:24

Una pregunta más, ¿ quién piensa que nos ha metido en esta crisis brutal, los políticos o los banqueros?

Marisol Soneira:

A desregulación dos mercados, para ser breves.

26 Marisol Soneira 08/07/2015 22:24

Lamento que o tempo limitado non me permita contestar a todos e a todas os internautas. Se La Voz no lo permite haberá outra ocasión. Moitas gracias a todos/as pola vosa colaboración