Open uri20150703 3 1mbeanu?1435955298

null

1 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Va a haber fábrica de tubos o no? ¿No le parece que es una obra excesiva para la ría, con pocos puestos de trabajo?

Zaira Rodríguez Pérez:

No Concello de Cee xerouse unha gran polémica a raíz do interese dunha empresa austriaca que fabrica tubos de grandes dimensións. O seu interese radica na ubicación da nosa ría, no abrigo que ten, que cumpre todos os requisitos para poder fabricar e transportar estes tubos a Sudamérica e África, que é onde teñen a maior parte do seu negocio. Na Administración, en Portos de Galicia, aínda non entregaron toda a documentación que se necesita para empezar o trámite, pero cónstame que seguen interesados, a pesares de algún grupo e dalgunha persoa que intentou facer demasiado ruído e poñer atrancos e pedras no camiño para que a empresa cambiase de opinión. Creo que Cee necesita abrir as portas ás empresas e aos postos de traballo. Loxicamente cumprindo toda a normativa que teñen que cumprir. En canto a se é unha obra excesiva, penso que todas as empresa que nos poidan dar postos de traballo nestes momentos tan difíciles para Cee e para a Costa da Morte nunca é excesivo, tendo en conta que vimos de abrir hai pouquiño tempo un comedor social en Cee grazas a unha importante axuda da Deputación da Coruña para poder axudar a moitas familias en algo tan básico como é a alimentación. Por isto penso que cumprindo coa normativa é fundamental dende o Concello, e eu como alcaldesa, abrir as portas ás empresas.

2 Anónimo 08/07/2015 21:41

Supervisa el ayuntamiento la concesión de la piscina mediante una comisión de seguimiento? cumple la concesionaria en tarifas, horarios, mantenimiento, limpieza...

Zaira Rodríguez Pérez:

O Concello supervisa todos os servizos, tanto os que se prestan de forma directa como os que se prestan a través dunha empresa, como é o caso da piscina, e, polo que a min me consta, está cumprindo en tarifas, en horarios, etc... As tarifas e horarios, etc... son aprobados polo pleno da corporación. De todos os xeitos, se algún usuario cre que non se están cumprindo gustaríame que o trasladase ao Concello para facer as comprobacións necesarias e, se é preciso, tomar as medidas oportunas.

3 Anónimo 08/07/2015 21:41

Qué va a pasar con los del grumir de Cee?

Zaira Rodríguez Pérez:

Desgraciadamente, o novo mapa de emerxencias xa foi configurado na época do bipartito co apoio de todos os grupos políticos, xa hai uns anos, e agora chegou o momento de aplicar o novo mapa. Eu mantiven unha reunión co conselleiro de Presidencia, interesándome, loxicamente, polo gran equipo humano e polo gran labor que está a facer o Grumir, pero a situación é a que é. Nestes días publicaranse os plans de cooperación a través da Consellería de Traballo e aí intentaremos seguir mantendo un grupo de traballo que sei de antemán que non vai ser da mesma duración nin con tantos operarios. Sigo pensando que é un servizo moi necesario.

4 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Está de acuerdo con las políticas de su partido a nivel estatal y autonómico?

Zaira Rodríguez Pérez:

Estamos a vivir unha situación económica e social moi convulsa, tempos difíciles, crise económica en toda España que está afectando a practicamente todos os sectores, entón as decisións que se tomen e as políticas que se levan a cabo neste momento moitas veces non son do agrado de ninguén, pero podo entender que algunhas medidas son necesarias e esperemos e confiemos en que estas medidas nos leven a saír do gran burato no que nos atopamos. Penso que é primordial atraer empresas, non deixalas marchar, e crear postos de traballo, que é a única forma de saír adiante, e non poñendo atrancos como, sen ir máis lonxe, ocorre coa fábrica de tubos en Cee por parte dalgún grupo.

5 Anónimo 08/07/2015 21:41

Esta semana han cerrado ocho locales nocturnos, pero ayer abrieron tres. ¿Qué tipo de control ha realizado el Concello?

Zaira Rodríguez Pérez:

Este é un problema que vén de hai moitos anos atrás. Neste verán pasado, concretamente, houbo varias denuncias de veciños, de particulares, denuncias tamén que nos chegan da Garda Civil ao noso Concello, e a nosa obriga é velar porque se cumpra coa legalidade. No mes de agosto empezamos a ter reunións cos donos destes locais nocturnos, explicándolles a situación e pedíndolles que se adaptasen á normativa, entendo que son tempos difíciles, volvo a repetir, nalgún caso son pequeniñas obras e na maioría deles o limitador de son, que carecen del, pero en todo caso é algo necesario para poder cumprir coa normativa e garantir a convivencia entre os locais e os veciños.

6 Anónimo 08/07/2015 21:41

Se arrepiente de haber encabezado la moción de censura?

Zaira Rodríguez Pérez:

En absoluto, porque foi unha decisión moi meditada, moi pensada, entendendo que o noso Concello podería mellorar en moitos aspectos. Despois de trece meses de goberno creo que está demostrado, aínda que é pouco tempo, que as cousas se poden facer doutra maneira. Fomos quen de reducir o déficit do Concello, fomos quen de ampliar servizos como é o de axuda no fogar, que atende aos nosos maiores nos domicilios, as prazas de gardería... Por fin veremos a Casa da Cultura rematada grazas a un convenio coa Deputación da Coruña e ao seu presidente, Diego Calvo. E todo isto cun gasto infinitamente menor en soldos políticos, creo que o cinto non só o teñen que apretar os cidadáns, senón que o temos que apretar todos. E, sobre todo, os proveedores do Concello non esperan un ano nin dous para cobrar as súas facturas. Trátase de priorizar, con sentidiño común, e intentando resolver, aínda que é complicado porque os recursos son limitados, o maior número de necesidades que se plantexan.

7 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Por que pensa que é a única alcaldesa da Costa da Morte?

Zaira Rodríguez Pérez:

Cada vez máis mulleres forman parte das listas electorais, e ademais hai unha lei que hai que cumprir. Penso que é unha decisión persoal e tamén do propio grupo político ao que pertenzas. Penso que cada vez as mulleres estamos asumindo máis postos de responsabilidade, pero ao final tamén é unha decisión persoal. Eu, dende aquí, animar ás mulleres da Costa da Morte a participar nos diferentes ámbitos.

8 Anónimo 08/07/2015 21:41

que destacaría como mayor logro hasta ahora de la gestión del bipartito

Zaira Rodríguez Pérez:

A redución do déficit, cando chegamos ao goberno había unha débeda importantísima no noso Concello. Tamén a ampliación de diferentes servizos, importantísimos, como a gardería, a axuda no fogar, o convenio coa Deputación da Coruña para a apertura da Casa da Cultura. Sobre todo, non malgastar, gastar no realmente importante, así como o mantemento doutros servizos a pesares da situación tan complicada, como son o Centro Social, o Centro de Información á Muller, e que non veñan petar á porta os proveedores porque non cobran. E tamén a maior transparencia na xestión municipal e no achegamento aos veciños. Neste contexto de crise, ampliar as axudas ás becas de comedor para moitas familias en situación de necesidade, e un logro moi importante é acabar co bloqueo no que estaba sumido o noso polígono industrial, unha das grandes prioridades, porque sen empresas nin postos de traballo non se pode medrar. Mellorar a calidade de vida de moitos veciños e veciñas en situacións de desemprego, intentando atraer empresas, abrindo as portas, porque isto é a base de todo e ten que ser o noso obxectivo primordial.

9 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Canto cobra de alcaldesa?

Zaira Rodríguez Pérez:

Como alcaldesa non percibo ningún salario. Percibo as asistencias a comisións e pleno, como calquera concelleiro. Volvo a insistir en que os gobernantes somos os primeiros que debemos dar exemplo, e un dos primeiros obxectivos ao chegar ao goberno foi reducir os salarios políticos.

10 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Cree que es normal que la Casa de la Cultura tarde veinte años en acabarse? Si es que se acaba.

Zaira Rodríguez Pérez:

Non, non me parece normal. Un proxecto que comezou no ano 1998 e que aínda non 2013 estea sen rematar. Por iso, unha vez máis, agradecerlle ao presidente da Deputación da Coruña a firma deste convenio para poder rematar as obras e que todos os veciños e veciñas poidamos gozar desta Casa da Cultura, e así poder ampliar a nosa oferta cultural.

11 Anónimo 08/07/2015 21:41

Las instalaciones de la Sicar, son idóneas para instalar, muchas actividades, que pueden ser mucho más rentables que los tubos. Por qué tanta prisa.

Zaira Rodríguez Pérez:

As instalacións da Sicar poderían acoller moitísimas actividades, non o dubido. Estamos nunha situación delicada, en Cee hai máis de 900 parados e eu a única présa que teño é que este número descenda, porque son moitas as familias que están pasando verdadeiras necesidades e o meu deber é velar polos que teñen traballo, pero sobre todo por quen non o ten.

12 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Cómo es posible que su partido critique al BNG en todas partes, y usted gobierna con ellos?

Zaira Rodríguez Pérez:

O balance que fago deste ano de goberno é positivo, quedando aínda moitas cousas por facer, e teño que resaltar o bo entendemento, o respecto, entre todos os que formamos parte do grupo de goberno. Cando decidimos firmar a moción de censura tiñamos moi claro que o noso único obxectivo era traballar por Cee e para Cee, con respecto, con ilusión e con esforzo, e é posible.

13 Anónimo 08/07/2015 21:41

Bo día sra,. Alcadesa. Teño duas preguntas moi concretas : a primeira é, en qué parte do proceso se atopa a externalización ou privatización, da gardeiría municipal? . E a segunda é si pensan vostedes retomar o asunto da Estación de Autobuses. Moitas grazas.

Zaira Rodríguez Pérez:

En primeiro lugar, deixar claro que non é privatizar ningún servizo. A gardería municipal é un servizo municipal que neste caso está sendo xestionado por unha empresa.

14 Anónimo 08/07/2015 21:41

A carretera que vai para Estorde desde Toba leva anos moi mal. E agora xa non a usa ninguén, coa autovía. ¿Vana arreglar?

Zaira Rodríguez Pérez:

Loxicamente estamos intentando arranxar todas as pistas e estradas do noso municipio. Os recursos son escasos, pero intentando chegar a todo.

15 Zaira Rodríguez Pérez 08/07/2015 21:41

Agradecer aos internautas as súas preguntas, e sobre todo espero que quedasen contestadas coa maior claridade posible, porque esa era a miña intención. Quedan moitas cousas por facer, pero estamos nese importante camiño de intentar seguir adiante e mirar con esperanza cara o futuro. Os veciños e veciñas de Cee saben que me teñen á súa dispoción. Moitísimas grazas.