Charla con José Manuel Traba
null
Bos días, estou encantado de atender as vosas cuestións
Debería comparar o desarrollo dos municipios da comarca co de Fisterra.
Si, pódese comparar perfectamente. Fisterra, nos últimos anos, ninguén pode negar que tivo un cambio moi positivo, igual que, afortunadamente, o resto da comarca.
¿é necesario ter 1 empresa encargada da limpeza do pavillón e 1 persoa para as instalacións do fútbol cando hai 1 empregado do concello q só se encargar de abrir e pechar a porta?
Non temos persoa ningunha para as instalacións do fútbol, e todo o persoal do Concello ten os seus labores definidos. Outra cousa é que se aprecie ou non o traballo realizado por parte dos cidadáns.
non che parece inxusto que todos os rapaces novos da zona teñan que marchar po extranxeiro porque non buscades iniciativas para crear postos de traballo na zona? xa que en fisterra se pode crear muito empleo exemplo o concello de dumbria
Non quero establece comparativas, pero precisamente Fisterra é dos que menos poboación perde. Outra cousa é que hai que recoñecer que estamos soportando a nosa estrutura económica en base a dous sectores, que son a pesca e o turismo, e que non estamos en situación estratéxica para a instalación de un sector básico para a xeneración de emprego, como sería o industrial. Tampouco podemos plantexar como solución ao desemprego a contratación temporal para servizos municipais porque non é a solución.
señor alcalde, hai máis de dous anos que na fonte pública da Praza da Constitución, reza un cartel: Auga non potable. Pero a auga que vai a esa fonte e a mesma que vai ás vivendas, auga que os consumidores pagamos como apta... ¿como se xustifica esto?
Non é así. O cartel é un indicador normativo que se pon en todas as fontes do Camiño de Santiago. Indica que a auga non está tratada, como ocorre na fonte da praza, que procede dun manancial. Outra cosa é que non sexa potable, o que non é certo porque se fan análises periódicos das fontes. E non é auga que vaia ás vivendas. Nese caso, está toda potabilizada.
Muy buenas Señor alcalde, cuándo tiene pensado arreglar la calle de Sanjurjo? Justo en este momento en el que se están arreglando únicamente las calles por las que pasan las procesiones, para cuándo piensa arreglarla? Un saludo
Entre o luns e o martes procederase a un bacheo provissional, porque esa rúa en concreto deber ser erguida toda para canalizar o río que neste momento se introduce no saneamento e provoca os desbordamentos na zona do porto. O proxecto definitivo está realizado e pendente de execución por Augas de Galicia, e esperamos que sexa este ano.
No le dà vergüenza pertenecer a la actual clase política ?
A gran maioría dos políticos somos xente dedicada por vocación de servizo aos cidadáns, como pode ocorrer como cos movementos asociativos ou coas institucións deportivas ou calquera outro colectivo. Polo tanto, servir aos todos veciños non me pode dar vergoña, máis ben é un orgullo.
Señor alcalde, ¿cando van a poñer cámaras no porto e chaves de acceso para os mariñeiros?
Estamos pendentes dunha próxima visita do presidente de Portos, que xa se puso en contacto co Concello e coa confraría para resolver estes problemas que xa lles temos demandado.
¿Vaise presentar ás próximas eleccións ou vanlle dar un cargo na Xunta?
Aínda faltan dous anos para as vindeiras eleccións. Non hai maior orgullo que, non só ser alcalde do teu pobo, e máis aínda se o teu pobo é Fisterra e gozas da confianza dos teus veciños. Xa houbo ofertas no seu momento, pero non dubidei.
¿Cuando piensa despedir a los emplead@s municipales que no cumplen sus horarios de trabajo,no realizan sus tareas,cogen bajas laborales de mas de medio año sin necesidad y se creen con más poder que usted?.Se lo pregunto porque eso lo pagamo todos y yo estoy desempleado y con muchas ganas de trabajar.
Estamos nunha coxuntura na que os políticos e os funcionarios estamos cuestionados. No Concello de Fisterra hai empregados moi bos, moi capaces e moi traballadores, e outros que, como se di no colexio, progresan axeitadamente. Pero é certo que a situación na que se atopa vostede obríganos a todos a ser máis eficientes porque afortunadamente desempeñamos un posto de traballo e temos que esforzarnos máis aínda porque hai moitos veciños que o están pasando mal.
En carnavales se bacheó la plaza de la constitución,ahora para Semana Santa se arregla por donde pasan las procediones, y la calle Manuel Lago Pais(Sanjurgo)Para cuando?que tenemos que esperar hasta Corpus Christi o la fiesta del Carmen (porque es cuando pasan por ahí) para que se arreglen?,
Xa respondín nunha cuestión anterior. Calquera é consciente de que se trata dunha das rúas principais, pero esa infraestrutura que se debe facer é básica para resolver en parte os problemas de saneamento e non podemos facer un investimento que, dentro duns meses, vai ser erguido polas palas.
ten o goberno local proxectada alguha obra no rural de Fisterra?
Todos os anos estanse facendo obras de saneamento e abastecemento. Onte mesmo, na xunta local de goberno aprobouse un investimento de 240.000 euros para un vial de Sardiñeiro a Suarriba, a totalidade do investimento do POS deste ano vai para a zona rural, en concreto, pavimentación e saneamento de Mallas. Nos últimos anos, moitas inversións están destinadas á zona rural.
¿Por qué los turistas no pueden subir a la lámpara o al mirador del faro? Sería una buena atracción turística.
É un tema que estamos tratando dende hai tempo. Entre eles, a cesión das instalacións da sirena do faro para volver a poñela en funcionamento. Agora ben, o faro é unha instalación de sinalización martítima, e os seus usos están perfectamente determinados. Ogallá se consiga o acceso á farola, como cando eu era pequeno.
ten pensado facer alguha iniciativa de cara a dar unha mellor imaxen do noso pobo con motivo da etapa da volta que remata en Fisterra?
Niso estamos. Non só por parte do Concello, onde imos destinar todos os servizos á mellora da imaxe, limpeza e ornato, senón tamén que xa estamos en contacto coas diferentes Administracións polas que pasa a Vuelta para que teñan en conta pequenas infraestruturas, como pintado, desbroces, etc. Asimesmo, conto xa dende agora coa colaboración de todos os veciños que, como sempre, soubemos estar á altura cando fixo falta.
Bos días, os trasnos da Costa da Morte estamos tentando promocionar O Camiño dos Faros, unha ruta de senderismo de 200 km entre Malpica e Fisterra pola beira do mar, que creemos que pode atraer a moita xente a esta Costa da Morte. Vostede, como alcalde de Fisterra, con gran presencia no Camiño de Santiago... ¿qué opina? ¿habería maneira de poñerse todos de acordo ou seguirán cada un tirando para o seu?. Un saudo. Traski o trasno.
Hola Traski, nunca falara cun trasno, que habelos hainos. Este tema é un pouco esperpéntico, porque xa se presentara unha senda de Laxe a Muros, que facía o Ministerio de Medio Ambiente, e que eu asistín con estupor á comisión do Camiño de Santiago, na que naqueles sitios en que esa ruta coincidise co Camiño (en Fisterra, unha boa parte), non autorizaban as obras necesarias. E, dende logo, sería un gran atractivo turístico e, por certo, teño uns amigos que queren facelo dende A Coruña e van empregar ese itinerario. Mágoa que en boa parte da ruta, non sexa practicable.
Para cuándo un obradoiro? El resto de los ayuntamientos de la comarca tienen y nosotros? Estamos en el fin del mundo olvidados de la mano de Dios y de la del alcalde?
Tivemos un para nós sos hai catro anos. Non hai ningún concello da comarca que teña obradoiros todos os anos. E, afortunadamente, creo que non estamos esquencidos da man de Deus, e moito menos nestas datas. Nesta convocatoria, a maior parte dos obradoiros concedidos deben ser realizados conxuntamente entre varios concellos. E nesas estamos.
Pensa que nalgun momento da súa vida exercerá a súa profesión de biologo, ou pola contra vivirá para sempre da política.
Vivín máis anos de biólogo ca da política. Precisamente o primeiro ano que estiven de alcalde non tiña soldo de político, e tiña que seguir facendo o meu traballo de biólogo. E mentras manteña a ilusión por facer cousas e os veciños sigan confiando en min, sentireime necesario, aínda que non deixo a miña profesión, e asisto de vez en cando a cursos ou seminarios e conferencias, e lendo moito.
para cando o saneamento de Mallas?
Xa se contestou antes. É a obra do POS deste ano, e está en fase de licitación.
porque hay tantos cartos para os carnavales, a semana santa e o concello permitiu que en septiembre non houbese festas do carmen ?hay que repartir os cartos mellor non lle parece?
O problema non era de cartos, era de que non había comisión. Curiosamente, a festa do Carme ten unha asignación económica e uns gastos a maiores do Concello derivados das bandas de música, militar, iluminación, etcétera. Se algunha festa recibe proporcionalmente poucos cartos para a importancia mediática que ten para Fisterra, esa é a Semana Santa.
Señor alcalde, que opina da ley anti-tabaco? Supoño que estará encontra porque a vostede podese velo nalguns locais da localidade. Cree que é un bo exemplo?
Alégrome que se preocupe pola miña saúde.
especifiqueme porfavor que edad y que requisitos hay que cumplir para poder trabajar limpiando las playas.Gracias
Aínda non nos concederon a asignación para persoal de limpeza de praias, e ao igual que o ano pasado, estableceranse os requistos que deben cumpri todos os que se presenten.
Coma sinte un biologo a evolución das dunas da Langosteira?
Afortunadamente hai unha sensibilidade maior, e xa non se ve retirada de area como en outros anos, e o paseo marítimo colaborou a evitar o seu deterioro.
para cando vai solucionar o tema do novo cemiterio? un saudo
Cando teñamos garantido o modelo de crecemento. De todos os xeitos, aínda que aparentemente estea parado, en realidade estanse facendo cousas a nivel administrativo. Pero, sobre todo, o tema é garantir o crecemento e que o principal fin de servir como cemiterio non resulte excesivamente gravoso para os veciños nin para os familiares dos que teñan que usalo.
Estou moi contento de ter participado. É unha pena que pasara tan rápido o tempo e non me poidera estender máis nas respostas, porque todos e cada un dos temas plantexados son actuais, interesantes e sen dúbida merecían unha explicación máis ampla. Estou no Concello, coma sempre, a disposición dos veciños. Un saúdo a todos.