Open uri20150703 3 1qsy7cu?1435955188

null

1 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Cando vai a empezar a tomar medidas contra o desastre urbanístico de Vimianzo?

2 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Bota a alguén de menos na oposición?

3 Anónimo 08/07/2015 21:33

Inicio do encontro ¿Es verdad que van a echar a las palilleiras del castillo?

Manuel Antelo Pazos:

Ola, moi bo día. É un grande pracer poder compartir este encontro dixital cos lectores da Voz de Galicia. Moitas grazas ao xornal por darme esta oportunidade. A mostra en vivo no Castelo de Vimianzo está organizada pola Deputación. O concello colabora co mantemento das instalacións, coa conserxería e con outras accións. As panilleiras forman parte desta mostra dun xeito substancial. Cando rematou a Mostra no mes de setembro, eu comprometinme a apoiar a súa continuidade, así como das outras artesanías, durante o resto do tempo que non estaba prevista a Mostra. A miña aposta, como Alcalde de Vimianzo, é potenciar o noso castelo, como elemento de atracción de visitantes, de difusión da cultura, e en xeral de todo o vimiancés e soneirán. Nisto teñen cabida as panilleiras. Polo tanto, eu coido que non van botar a ninguén do castelo, e polo tanto as nosas Nemanquiñas van seguir dando mostra da nosa artesanía, cultura e arte.

4 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿como é a súa relación cos outros alcaldes de Soneira? ¿Por que non mancomunan servizos e deixan de afixiarnos aos cidadáns cos impostos?

Manuel Antelo Pazos:

Moi boa relación persoal con Lolo Muíño, de Zas, e con Pichurri de Camariñas. Tamén con ooutros alcaldes e alcaldesas. Sempre que lle pedín colaboración e apoio non dubidaron un segundo. Ademais, compartimos proxectos e visións comarcais. A presenza conxunta dos tres alcaldes púidose ver na Casa de Cultura en diversos actos, na festa do Asalto ao Castelo, en competicións deportivas... E sobre todo, en proxectos comarcais, como a proposta dun obradoiro de emprego, a solicitidude de programas de cooperación, a busca de solucións comúns para a prestación de servizos comarcais... O último contacto que tiven con eles foi para falar da supresión da base do GRUMIR en Vimianzo, e manifestáronme o seu inequívoco apoio aos argumentos que expuxemos para que a Xunta non elimine este servizo.

5 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Cando teremos un museo ou unha exposición permanente coa obra de Antón Mouzo?

Manuel Antelo Pazos:

É unha idea na que estamos traballando, e que comparte a súa familia, a quen lle temos que agradecer a súa xenerosidade e colaboración permitíndonos gozar da obra de Antón. O seu cadros danlle nobreza ao despacho da alcaldía. O seu nome dálle título á sala de exposicións permanente da casa de cultura, e unha exposición da súa obra foi o inicio desta xeira de difundir aos artistas de Vimianzo. Mais, o gran proxecto é ter unha pinacoteca Antón Mouzo, para gozar permanente da súa obra, aprender dela, e que serva de foco de difusión e impulso dos artistas vimianceses. Que temos moitos e moi bos, dos que nos sentimos orgullosos.

6 Anónimo 08/07/2015 21:33

como se pode decir que o grumir de vimianzo e profesional, cando a maioria do tempo pasano arregando aceras e pintando farolas, osea que se utiliza pa obreiros municipais.

7 Anónimo 08/07/2015 21:33

A que empleados municipais se lles abriu expediente disciplinario?

8 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Que lle parece a situación do PP de Vimianzo?

Manuel Antelo Pazos:

Eu respecto as dinámicas dos outros partidos, como non podía ser doutro xeito. Sería bo para Vimianzo que o PP resolvera os seus problemas e participara co seu proxecto da política local, pois ten moito que aportar. É unha mágoa que os intereses dos que mandaban antes en Vimianzo incidan deste xeito no PP e no PSOE, ata o punto de metelos nos líos e problemas que todos e todas coñecemos

9 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Cando cre que lle van presentar unha moción de censura?

Manuel Antelo Pazos:

Non hai motivos para unha moción de censura. Outra cousa é que os que antes mandaban en Vimianzo se resistan a que se consolide o cambio e traten por todos os medios de desestabilizar ao meu goberno. Por agora xa conseguiron algo negativo, meterlle problemas ao PP e ao PSOE. En Vimianzo o goberno funciona, levamos adiante iniciativas, e procuramos atender os problemas da xente. Ademais, sácanse adiante os proxectos importantes, iso si, ás veces con moito suor e esforzo. A sociedade está en contra de tanta polémica e tanto disparate, e o PP e o PSOE vanse dando conta que esta leria non beneficia a ninguén, e só responde a nostalxias pasadas e superadas. Vivimos como na transición, con ruido de sables, pero, o que é importante, nun réxime novo.

10 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Como pde gobernar con só catro concelleiros cando a oposición ten nove?

Manuel Antelo Pazos:

Goberno polo apoio dos vimianceses que me convertiron na forza máis votada. Son alcalde porque así o quixo a xente, e non froito de ningún "amaño". En Corcubión, Laxe, Carballo, Vigo, Ourense, Pontevedra..., e moitos máis sitios, hai gobernos en minoría, polo que non somos unha excepción o de Vimianzo. O feito de que a oposición non participe do goberno non quere dicir que non poda participar da gobernabilidade. Saben o PP e o PSOE que estou aberto a falar e acordar con eles todo o que sexa de interese para Vimianzo, e na maioría dos casos é así. A maioría dos acordos dos plenos son por unanimidade. Son moi poucos os que non, aínda que sexan moi destacados polos medios de comunicación. Non vou negar que o mellor é que os asuntos importantes foran todos por consenso, como no caso das obras da Deputación. Mais ata agora non foi posible.

11 Anónimo 08/07/2015 21:33

Que é máis difícil gobernar o Concello ou evitar as cambadelas da oposición?

Manuel Antelo Pazos:

Non é fácil gobernar..., e menos por primeira vez e pilotando unha nova xeira tras un cuarto de século dun goberno dirixido polo anterior alcalde. A oposicion de Vimianzo está poñendo as cousas moi difíciles, sobre todo negándose ao diálogo e ao acordo co goberno. Isto non é bo para Vimianzo. O que pasa é que na oposición están mangoneando aqueles que basean a política no revanchismo e no "todo vale". E isto non pode ser así, os seus electores votáronlles para que defenderan os intereses de Vimianzo, non para que os prexudicaran. Sei que hai concelleiros na oposición que non están de acordo con estas actitudes, e moitos votantes do PP e do PSOE que critican abertamente esta oposición. Volvo a ofrecer o diálogo e o acordo para resolver os problemas da nosa xente e defender os intereses de Vimianzo

12 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿cuantos ejemplares de su libro dono Anonio Nodar a las bibliotecas de vimianzo?

Manuel Antelo Pazos:

Antonio Nodar foi un grande descobrimento para moitos vimianceses, e é un motivo de orgullo que un baiñán como el nos represente polo mundo adiante ao máximo nivel da fotografía. A súa obra é impresionante e marabillosa, de grande prestixio internacional. Donounos dous exemplares do libro, e moitas ideas boas. Vai voltar por aquí dentros duns meses, e trae un proxecto de interese para desenvolver en Vimianzo, tal como me comentou hai uns días.

13 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Como é posible que nun concello tan pequeno estean continuamente metidos en liortas políticas?

Manuel Antelo Pazos:

En todos os sitios se "cocen fabas". En Vimianzo estamos vivindo unha transición política e iso xera moito debate e dialéctica política. A min non me gusta que se traslade unha imaxe negativa do noso pobo, porque non o merecemos. Procuro, sempre que podo, falar en positivo, e destacar o bo que temos que é moito. Tamén destacamos nos medios por moitas cousas boas; o noso patrimonio, a nosa cultura, a nosa xente... Moita xente de fóra de Vimianzo fálame marabillas da nosa aposta pola cultura, polo deporte, pola gastronomía locala, polas nosas festas... Hoxe en día hai unha boa imaxe de Vimianzo, fóra de nós. Outras cousas son diatribas políticas e a forma de expresalas, non sempre como é debido... Mais, isto non é exclusivo noso. Non hai que mirar moi lonxe para ver cousas parecidas.

14 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Cantos empregados municipais atopou no concello enchufados polo anterior goberno muncipal?

Manuel Antelo Pazos:

O goberno saca as cousas adiante grazas aos traballadores municipais. Sempre que podo loubo o seu traballo, cando é merecido. Cando temos problemas na prestación dalgúns servizos, procuramos correxilos. Hoxe no concello as contratacións son totalmnete obxectivas, baseadas nos principios de igualdade, mérito e capacidade. Contratamos a traballadores sen mirarlles para quen votaron.

15 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Ten pensado por en marcha algunha medida en contra da marcha do Grumir da localidade?

Manuel Antelo Pazos:

A eliminación do GRUMIR en Vimianzo é unha enorme inxustiza, e unha mostra de que a Xunta non aplica os criterios que di aplicar, pois senón non se entende que reunindo o noso concello todos os descritos para o novo mapa de emerxencias, tomen a decisión de eliminar o GRUMIR de Vimianzo, e crear un grupo de emerxencias noutro sitio que non reune eses requisitos. Moitos pregúntanse porque se elimina todo o bagaxe e experiencia do GRUMIR de Vimianzo... Teño pedida unha entrevistas co Vicepresidente Rueda. Teño o apoio dos alcaldes da Terra de Soneira. Temos previsto unha reunión co tecido asociativo de Vimianzo. E Estamos mmirando mais medidas de defensa dos nosos intereses. Loitarei porque se manteña o GRUMIR en Vimianzo

16 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Cómo está ahora mismo el tema de la Casa da Cultura?

Manuel Antelo Pazos:

A casa de cultura conseguimos convertilo nun espacio dinámico aberto á sociedade vimiancesa. Estamos tratando de rendila ao máximo. Noutro asunto, conseguimos facer fronte ao pago da débeda sen lesionar a xestión económica diaria do concello. Hoxe temos cartos para afrontar proxectos, e os nosos proveedores cobra sen problema en menos de trinta días. Outro tema son as responsabilidades de quen montou o desaguisado no anterior goberno. Iso está no Xulgado de Corcubión, co anterior alcalde e o seu irmán contratista imputados, entre outros. Xa se verá que di a xustiza.

17 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Pensou algunha vez que Alejandro se perpetuaría no cargo e que nunca chegaría co cambio a Vimianzo?

Manuel Antelo Pazos:

O meu obxectivo, e o da maioría dos vimianceses era iniciar o cambio político. E iso conseguímolo. Agora estamos en consolidalo e hai moitas "zancadillas". Alejandro é pasado, aínda que nos deixou unha herencia que segue marcando a vida política e social do noso pobo.

18 Anónimo 08/07/2015 21:33

¿Volverá a presentarse ás próximas municipais ou xa está canso do Concello?

Manuel Antelo Pazos:

Estou moi orgulloso e satisfeito de ser alcalde de Vimianzo. O feito de que moitas horas de traballo produzan cansanzo físico, non inflúe no ánimo nin na vontade, nin na ilusión. Teño moitas gañas de traballar polo meu pobo e os meus veciños, como o primeiro día que participei en política con dezasete anos. Aínda quedan dous anos por diante de mandanto municipal, e a miña idea é traballar arreo por acadar os obxectivos que comentei nesta charla dixital. Teño moita ilusión e gañas, e se os meus compañeiros e compañeiras nacionalistas o consideran oportuno teranme disposto a seguir pelexando por Vimianzo dende a alcaldía.

19 Manuel Antelo Pazos 08/07/2015 21:33

Ben, podíamos seguir falando moito máis tempo, pero tampouco é cousa de cansar e aburrir a ninguén. Moitas grazas á Voz de Galicia por ofrecerme este espazo de encontro cos seus lectores. Moitas grazas polas preguntas, e desculpas por aquilo que puiden non facer ben. Que teñades un bo día. Estou á disposición dos vimianceses.