Charla con el alcalde de Muxía
null
Bo día. Estou encantado de poder atender ás vosas preguntas.
O parador de turismo non avanza. Cando paso por Lourido sempre se ven as mesmas obras.
O parador comenzou a sua andaina constructiva no mes de agosto, non cabe duda de que o factor meteorolóxico infue na relentización dos traballos, pero creo con sinceridade que a corto prazo se van o producir cambios que impulsarán a construcción e que axilizarán as obras. O desmonte nestes momentos está practicamente rematado e nas vindeiras datas comenzará o hormigonado.
¿Cre que a piscifactoría de Pescanova acabará instalándose en Touriñán? ¿Está vostede a favor ou en contra?
Nestes momentos creo que non, a fata de axudas públicas frena sin duda a sua instalación. O dixen cando estaba na oposición e repito o mesmo no goberno, son dos que creen que se poden combinar perfectamente os intereses ambientais, protección do medio ambente e do propio entorno con instalacións deste tipo, polo tanto creo que cos condicionantes necesarios neste tipo de instalacións e un nivel de exixencia alto no cumprimento de obligacións impostas, se poden implantar piscifactorías na nosa costa. Muxía ten un potencial enorme que debe aproveitar para impulsar investimentos deste tipo para xerar e crear emprego, sin que esto vai en prexuicio do entorno e dos veciños
Hola Félix, teniendo Muxía la costa tan impresionante que tiene porque no existe un sendero para recorrerla toda? No crees que ese sendero sería un gran valor turístico para la zona? Muchas gracias
Sin duda sería impresionante, e un reclamo que entendo é fundamental, houbo inciativas nese aspecto, incluso existe xa un trazado que unía practicamente toda a costa galega feita no se día, si non recordo mal, por enxeneiros en práctica de costas do Estado, facilmente executable pero que frenou a crise. De todolos xeitos, entendo que si é factible o diseño no que afecta o territorio municipal e ademáis o coste non sería alto, polo tanto será un tema a estudiar e poñer en práctica. e si comparto a idea de que tería un gran valor turístico sendo un atractivo máis para veciños e visitantes.
Levan anos falando do parque eólico de Muxía, pero non nai nada.
Quen fala do parque non son eu, son os promotores que tentan poñer en marcha a instalación e que teñen que salvar multitude de trabas burocráticas. En todo caso eu espero que o parque sexa unha realidade a coro prazo, pero o que ten que resolver eses problemas (non municipais) é a empresa. Como sabes existen convenios firmados que reportaron xa ingresos importantes para o Concello, convenio que sin duda vai a supoñer para veciños e Concello beneficios non só económicos sinon relativos a mellora de suministro eléctrico, por ex... O que si creo con sinceridade e que si non houbera nada, nin esta nin ningunha empresa houbera invertido máis de seis millóns de euros.
¿Vaise presentar de novo ás vindeiras eleccións? ¿Ou xa ten sustituto ou sustituta?
Non depende de min, formo parte dun grupo e é no ámbito dese grupo donde se toman as decisións de quen debe sela persoa que o represente, e un debate que nestes momentos non está aberto pero que sin duda a corto prazo haberá que afrontar, e loxicamente ou sustituto/a o será por decisión dese grupo.
Señor alcalde. que estudos ten e que traballo fixo antes de ser alcalde. Moitas gracias
empecei estudos universitarios que por motivos familiares tiven que abandonar. Fun funcionario do Ministerio de Agricultura e estón en excedencia no meu traballo actual en Unións Agrarias.
pa cando internet pa todo ayuntamiento?
espero que nesta lexislatura, a pesar da crisis económica este resolta está cuestión
pensa vostede que lle debería pasar factura os pòliticos que non cumpran o programa eléctoral? e por qué vostede nn o cumpriu nun 75%?
penso que os ciudadanos saben perfectamente cando se debe pasar factura o alcalde, pero tamén a oposición, por terxiversar a realidade. Mire vostede o dos porcetaxes e complicado fixarlos de forma tan exacta, e dende logo non comparto a sua apreciación, levamos apenas un tercio da lexislatura e polo tanto cando remate esta e cando se deben facer ese tipo de valoracións. Creo que cumpliremos sobradamente o programa electoral.
¿Canto cobra como alcalde?
2153 euros o mes. No ano 2012 en torno os 40800. En todo caso menos co anterior rexidor e algo menos do que percibiría no meu anterior traballo
Señor Felix e vedad que o municipio de muxia e donde hay as peores instalacions deportivas de toda a costa da morte dende hay 5 ou 6 anos?
Da impresión que antes estaban as mellores da comarca e que foi o goberno socialista o que as desmantelou. Mire vostede se foron mellorando as intalacións na medida que surdiron necesidades. O certo e que se establecen prioridades en canto a inversións se refiere, e que se invirten cartos no mantenimiento pero non so das infraestructuras, sinon tamén no que creemos que debe ser máis importante: os equipos, clubes..., en definitiva as persoas, se multiplicaron as axudas para o deporte, si comparamos as aportacións do concello, por ex. o club de fútbol de Muxía se multiplicaron por tres, se puxeron en marcha outro tipo de inciativas como axedrez..., levarónse por primeira vez as actividades deportivas as aldeas..., en fin un cambio sustancial que supuxo unha maior inversión nas persoas interesadas no deporte.
Cuál es su balance frente al gobierno de Muxía? Cómo valora su gestión?
Eu creo que a valoración a deben facer os ciudadanos. Eu son unha persona exixente e pouco conformista que nunca está satisfeito por que creo que todo é susceptible de mellorar. Pero estón convencido que se visualizaron a perfección multitude de cambios dende que asumimos a responsabilidade de gobernar: a nivel económico, por ex. amortizamos toda a deuda heredada, temos polo tanto un concello completamente saneado que nos permite non subir impostos que dependan obviamente do Concello, a nivel cultural: avances significativos en infraestructuras e actividades, posta en marcha da fundación López Abente..En infraestructuras, mellora de moitísimos camiños interiores, rúas de Muxia, depuracións de augas residuais... en definitiva sigue habendo inversión pública a pesares da crise, e temos potencial para mellorar servicios. E difícil poder facer un resumen pero en líneas xerais creo que estamos no bo camiño e que a pesar da crise conseguiremos que o balance sexa positivo.
Que alternativas ofrece Muxía para crear empleo?
Cas limitacións que nos impón a normativa estatal, en Muxía tentamos que o pran de emprego municipal vaia os máximos que nos permite a lei, pero non só debe haber iniciativas de ámbito institucional, sinon que debemos poñelos medios necesarios para que se instalen no noso territorio empresas que poidan xerar e crear emprego. Sin duda e problema fundamental do nos Concello, pero iniciativas como o parador, o parque eólico e o aproveitamento de recursos infrautilizados(como o porto deportivo), poden dar un impulso a creación de emprego.
señor porto, vostede cree que o parque eolico vai axudar ao turismo e a agricultura e aos montes, moitas gracias
O parque eólico sin duda vai a axudar a generar riqueza para o Concello, tanto a nivel individual como colectivo. O que creo sinceramente e que o non facer nada e non deixar facer nada vai a empeorar a situación dos habitantes de Muxía en particular e da comarca en xeral.
Cal é a súa meta en política?
Xa a teño cumplida, remata na alcaldía de Muxía sin ningún género de duda. Para foi un orgullo e sobre todo un honor que me permitiran ser alcalde do meu pobo.
Señor alcalde cree u.d que o mellor momento da economia española pra facer un parador en muxia'E NON SERIA MELLOR QUE APOIARA A PISCIFATORIA DE TOURIÑAN SE VOSTEDE QUERE PROPULSAR O EMPLEO NA NOSA BISBARRA?
Creo que non son incompatibles as duas cousas, sinceramente, ainda que algúns tranten de politizar algúns temas...Si creo que as inversións públicas nestes momentos deben estar orientadas a inversións productivas, e decir aquelas capaces de conseguir que revierta esa inversión no beneficio común,por eso creo que é unha inversión acertada e acorde os actuais tempos que por desgracia nos toca vivir. Eu apoio a piscifactoria de Touriñan, cos condicionantes xa explicados.
Porque siempre que se arreglan los baches de la carretera al cabo de un tiempo vuelven a estar como antes? Los vecinos queremos ir por las carreteras con seguridad.
Comparto totalmente a afirmación, todos queremos eso, pero incluso as obras novas co paso do tempo se deterioran por unha u otra razón.
A piscifactoría só sería rendible si cotiza no concello, como postos de traballo pola situación beneficiaría a Cee, ou non o cree vostede?
Creo que beneficiaría non só a Muxía sinon o ámbito territorial próximo
Fai case seis anos que vostede e alcalde do que era un dos concellos mas evexados da costa da morte ,oxe e un dos municipios mas deixados en canto a emprego e a insfrastucturas se refere?
Bueno eu creo que ahora e dos máis envexados, como dí vostede, sobre todo en canto a situación económica, a limpeza de rúas, a mantemento de infraestructuras, a actividade cultural...., en definitiva creo que a realidade constatada evidencia o contrario do que vostede di, de todolos xeitos hai algo no que creo que si imos estar de acordo e é que temos un Concello que pode sela envidia de todos polo seu entorno natural e a sua beleza.
Vai haber choio para os mais novos no verán?
por parte do goberno municipal non só non existe ningún inconvinte sinon que estaríamos encantados de que eso fora así, outra cuestión ben distinta son as limitacións que nos impón o decreto de Rajoy que impide que podamos contratar todo o personal que entendemos é necsario para prestar servicios os cidadans
Un saudo para todolos que compartistedes este encontro dixital, que espero dera resposta as vosas dudas e inquedanzas, grazas.