Open uri20150703 3 1xypiz6?1435955313

null

1 Eduardo Parga Veiga 08/07/2015 21:41

Bo día, veciños e veciñas de Malpica. Estou á vosa disposición para o que queirades preguntar.

2 Anónimo 08/07/2015 21:41

Que medidas de aforro está levando a cabo o concello? cree que funcionará que funcionará o de mancomunar servizos cos concellos da costa bergantiñá?

Eduardo Parga Veiga:

En canto ás medidas de aforro, estamos axustando dentro do Concello todo aquilo no que podemos aforrar. De feito, xa se tomaron medidas, unha das cales foi controlar todo o tema de seguros, e así conseguimos un aforro de 30.000 euros tendo as mesmas prestacións ou aínda mellores nalgún caso. No tema de telefonía aforráronse 24.000 euros. E no día a día estamos xestionando o mellor posible para seguir aforrando. En canto á mancomunidade de servizos cos concellos da zona, eu creo que si vai funcionar. De feito, estamos a tratar xa varios temas que están enriba da mesa, como o estudo de aforro enerxético e a xestión do servizo de recollida e tratamento do lixo. No próximo pleno da Deputación, previsto para finais deste mes, aprobarase o convenio entre os catro concellos: Malpica, Ponteceso, Laxe e Cabana. Creo que vai ser un servizo no cal poderemos conseguir tamén algún tipo de aforro porque ao mancomunar servizos sempre hai máis marxe para a licitación das empresas e poden ser sensiblemente máis baratos.

3 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Van facer algo para recuperar a colección de García-Alén?

Eduardo Parga Veiga:

Si. Estamos á espera de que Agader devolva o edificio a Patrimonio da Xunta para que nós poidamos solicitalo para facernos cargo do Centro Comarcal. No momento en que firmemos o convenio volveremos a entablar conversas coa familia García Alén para recuperar a súa colección e volver a instalala en Buño, que é onde o seu autor desexa que estea.

4 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Qué le diría aquellos que tenemos la sensación de que la depuradora de Malpica no está hecha a día de hoy porque el PP puso en su día todas las trabas inimaginables?

Eduardo Parga Veiga:

No mandato pasado o PSOE presentou unha alternativa da ubicación da depuradora cun proxecto. Ese proxecto pretendía na zona sur tirar 40 casetas, facer en superficie 1.600 metros cadrados de obra, colapsando as rúas, tanto a da parte de atrás das casetas, que cegarían, como a vía principal, cegándoa e deixando sen futuro o porto de Malpica para unha posible saída sur. Nós negámonos a esa ubicación, sempre pelexamos porque fora o máis atrás posible no monte da Taja, era a nosa pretensión _sabendo que coa depuradora levamos oito ou nove anos xa- que se modificase a liña de Rede Natura para poder ubicar o máis lonxe posible do casco urbano a depuradora. Neses momentos a depuradora tiña un valor de 2,5 millóns de euros, porque ía na superficie, e a día de hoxe o que conseguiu o goberno do PP de Malpica, non sen loitar, porque a inversión é máis do dobre, e é moi difícil nestes momentos da economía do país xustificar un investimento desas características, pero conseguiuse, e a ubicación da depuradora sigue sendo na zona sur, ao final das casetas, pero cunhas características totalmente diferentes. Primeiro, son só 13 as casetas que se tiran, as cales imos volver a facer na zona norte, pegadas á lonxa vella; farase unha parte soterrada, máis de 300 metros cadrados, e unha parte en superficie de 660 metros cadrados. Mantendo as aliñacións do que está edificado, deixando as rúas, a rúa principal como está a día de hoxe e a da parte de atrás dándolle comunicación como está a día de hoxe coa rúa principal. Este proxecto ten un coste total de 5.400.000 euros, por iso cremos que non se parece en nada ao anterior proxecto, sendo a obra máis grande financiada pola Xunta de Galicia dentro dos presupostos do 2013. En definitiva, non é que non quixéramos a depuradora, o que queríamos era que prexudicase o menos posible ao porto e ao pobo de Malpica.

5 Anónimo 08/07/2015 21:41

El anterior gobierno gastó todo el plan E en un complejo acuático sin viabilidad ninguna, abriendo 8 meses, sólo la piscina grande y el gimnasio sería+- viable?

Eduardo Parga Veiga:

Tal como está feito o complexo, sería viable abrir só o ximnasio, porque está na planta superior. Pero o vaso grande está nunha planta de máis de 600 metros onde é todo diáfano, co cal abrir só o vaso grande obrigaría a facer unha obra para aillar ese compartimento do resto, xa que, do contrario, e dada a temperatura ambiente que temos que alcanzar para poder ter en funcionamento a piscina, o gasto en mantemento sería o mesmo. Ao mesmo tempo, o vaso grande non daría cobertura á demanda porque ten unhas dimensións moi reducidas, de 6,5 x 25, é dicir, só tres calles. Estamos en negociación coa Igrexa para arranxar o problema do acceso, e a partir de aí queremos facer un estudo de viabilidade pretendendo abrir o complexo sete meses ao ano. Tamén é certo que pasaron varias empresas polo Concello, ás cales pedimos presuposto, houbo algunha que si o deron e outras ao ver o complexo nin sequera nos pasaron a oferta. Sobre as que si nos pasaron a oferta, o Concello tería que poñer máis de 100.000 euros ao ano para poder costear a parte de perdas que teña a empresa.

6 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Cando teremos escola infantil en Malpica? ¿Por que se tardou tanto?

Eduardo Parga Veiga:

No pleno do 1 deste mes levouse o acordo de cesión dos terreos, o acordo de firma de convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que era o que nos solicitaban para poder proceder á licitación da escola infantil. Segundo as miñas informacións, se todo vai ben a idea do Consorcio é ter feita a finais deste ano a gardería. Para saber por que se tardou tanto teriamos que preguntarlle ao anterior equipo de goberno, o cal botou 12 anos e só tiña que poñer os terreos a disposición da Consellería de Traballo e Benestar. De feito, ao final os terreos son os que temos, e os que había. Tamén quero dicir que nas anteriores lexislaturas as garderías financiábaas 100 % a Consellería, e agora temos que poñer os concellos un 40 % do valor do proxecto.

7 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Por qué se conservan dos aparejadores en nómina del ayuntamiento si tienen una empresa contratada para el plan xeral y ya casi no se construye?

Eduardo Parga Veiga:

Un concello é máis complexo do que parece dende fóra. Hai moitas denuncias, hai moitos traballos que fan os aparelladores dende que está este equipo de goberno. Por exemplo, a día de hoxe levan as direccións de obras, cando na anterior lexislatura se encargaban a aparelladores externos, co cal estamos aforrando tamén nisto. Fannos as memorias de todas as obras. É ben certo que o PXOM está contratado a unha empresa externa, pero non é menos certo que os nosos aparelladores están a traballar conxuntamente coa empresa para facilitarlle toda a documentación que necesiten para a mellor redacción do plan, indicándolles todo aquilo que se os aparelladores non estiveran podería estar mal presentado no plan xeral. Tamén é certo que dende que eu estou gobernando os aparelladores están recibindo moitas consultas dos cidadáns, que tamén requiren atención por parte do Concello. O traballo dos aparelladores vai moito máis aló da tramitación das licencias para edificacións, que, efectivamente, descenderon moito nos últimos anos, porque a lexislación urbanística é cada vez máis esixente e as tramitacións requiren moito máis tempo e traballo.

8 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Como es su relación con Cañizo? ¿Resulta un buen socio de gobierno?

Eduardo Parga Veiga:

Teño unha relación estupenda, é un bo socio de goberno, entendémonos ben.

9 Anónimo 08/07/2015 21:41

Usted cuando estaba en la oposición aprobó en un pleno la guardería para aquí, es decir, para Buño a propuesta del Canteiriño. ¿Cómo cambió de criterio en tan poco tiempo?

Eduardo Parga Veiga:

Si que se aprobou nun pleno esa ubicación, que era dentro do colexio Rodríguez Otero, nas escolas vellas, pero a gardería non se chegou a realizar polo anterior goberno. A nova ubicación da gardería, o único que fixen foi poñer a disposición da Consellería os terreos que cumprían os criterios que eles demandaban, e sobre unha, dúas ou tres ubicacións, non máis, das que cumprían, reunindo á oposición e presentándolles as alternativas, foi elixida a das escolas de Aldeola. Parécenos que é unha ubicación acertada, porque está céntrica para os núcleos principais do municipio.

10 Anónimo 08/07/2015 21:41

O aparcamento do porto está cerrado agora que chega o bo tempo. ¿Como van poder aparcar os turistas que nos deixan cartos ós hosteleiros durante o verán?

Eduardo Parga Veiga:

Cando cheguei ao goberno conseguín facer un convenio con Portos para que nos deixasen aparcar no porto. Unha das ubicacións que nos deixaron era o aparcamento onde está o travel, o cal ía condicionado no convenio a que se se chegaba a poñer en funcionamento o travel teriamos que deixar libre esa ubicación. O que pasou a día de hoxe é que hai unha empresa que colleu a concesión do travel para poder subir e arranxar barcos nesa zona, para iso foi feita, e temos que deixar de utilizala. Temos que darnos conta de que o Concello non ten competencias no porto. Teremos que buscar alternativas para no verán poidamos ter máis zona de aparcamento.

11 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Por que vemos programas culturais nos centros sociais das parroquias noutros concellos e no noso o concello non impulsa nada? Todo o organizan as asociacións e moitas veces con trabas.

Eduardo Parga Veiga:

Iso é mentira, porque dende o departamento de Cultura organízanse durante todo o ano actos culturais, como a Mostra de Teatro, patrocínase o certame de corais... E dende o departamento ás asociacións dáselles unha subvención a cada unha que a solicita ao ano. Hai unha financiación para as asociacións de 20.000 euros, os cales se reparten dependendo so seu programa.

12 Anónimo 08/07/2015 21:41

Din que non hai cartos para a piscina pero en cambio manteñen tres dedicación exclusivas. ¿Como é posible?

Eduardo Parga Veiga:

As tres dedicacións que estamos a ter no equipo de goberno do Concello de Malpica son a do alcalde, porque a día de hoxe é necesario que estea no Concello e disposición dos veciños, porque se estivese traballando noutra cousa o Concello non funcionaría, terían que esperar que o alcalde estivese para decidir todo aquilo necesario para o funcionamento diario. Hai unha dedicación do primeiro tenente de alcalde, de obras, o cal grazas a ter esa dedicación e poder estar enriba do día a día do Concello estamos mellorando e arranxando moitas das cousas que o anterior equipo de goberno por deixadez, por non vixilancia, están mal feitas. E hai unha terceira dedicación, que se lle pode chamar política, porque é un partido que tivo un número de votos, o cal dá a posibilidade de que haxa un goberno estable e esteamos conseguindo facer cousas en Malpica, o cal, se non estivera con dedicación exclusiva, como é funcionario do Concello, estaría traballando no Concello e cobrando o seu soldo; entón, a realidade é que non son tres dedicacións, senón dúas, xa que unha estaríamola pagando igual.

13 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Cómo es posible que teniendo una piscina con spa, gimnasio, jacussi, etc no lo tienen abierto? . Recuerde que cuando Vd. estaba en la oposición exigía su apertura inmediata.

Eduardo Parga Veiga:

Primeiro, non está aberta porque esa piscina fíxose sen accesos públicos, só hai acceso por unha escaleira. Abriuse antes das eleccións, decían que gratuítamente, o cal non é verdade porque nos custou aos cidadáns de Malpica, das arcas municipais, ese mes 30.000 euros. Non tiña os permisos correspondentes, e o estudo que se fixo a posteriori de estar feita polo anterior equipo de goberno, polo cal se pagaron 9.000 euros, di que o custe da piscina en mantemento anual é de 360.000 euros. A día de hoxe, se eu mantivese a piscina aberta, teriamos un déficit creado por ese mantemento de cerca de 500.000 euros, xa que unha piscina destas características para podela manter tería que ter un mínimo de 700 socios que paguen a súa cota, o cal os estudos das empresas danlles que o máximo de socios que poderiamos ter é de 340. Por iso ningunha empresa se atreve a coller a concesión se o Concello non se fai cargo dunha gran parte da súa financiación. O equipo do AVE, que eramos nós, cando se votou isto, o que fixemos foi absternos, xa que o señor alcalde pretendiu facer unha infraestrutura destas características, o cal sempre lle dixemos que non era viable. Nós esixíamos que se abrise porque o anterior alcalde sempre dixo que era viable.

14 Anónimo 08/07/2015 21:41

¿Por que son tan broncos os plenos de Malpica?

Eduardo Parga Veiga:

Intentamos que non o sexan, pero é moi difícil, porque hai moita rivalidade.

15 Eduardo Parga Veiga 08/07/2015 21:41

Moitas grazas pola participación. Lamento que non haxa máis tempo para contestar todas as preguntas pendentes, pero saiban que estou á súa disposición en calquera momento no Concello de Malpica.