Charla con el alcalde de Camariñas
null
Hola, bos días, estou encantado de contestar ás vosas preguntas.
Quero felicitalo porque foi o único alcalde da comarca que se baixou o soldo. ¿Pero aínda así non lle parece que cobra moito?
Non creo que cobre moito. No meu salario está tamén a gasolina e gastos do meu coche. Non cobro dietas nin gastos a maiores nin comisións nin nada. O que levo para a casa son 1.750 euros. Creo que é un dos soldos máis baixos de Galicia por unha dedicación exclusiva, agás o do meu compañeiro de Corcubión, que a oposición non lle deixou cobrar.
Si o Tanatorio Municipal non sae adiante, haberá uns custes ademáis dos propios da demolición...¿Quen se fará cargo, vostedes, os cargos políticos ou os cidadáns? Pregunta realizada por: JOsé M. Olveira Pérez-Veciño de Camariñas- DNI: 32756467-M
O Concello de Camariñas é unha a Administración seria. Fixo todo o proceso dentro da legalidade, e esperamos que non o teña que pagar ningún veciño de Camariñas nin ningunha outra persoa.
Señor alcalde, ¿que lle parece como vai a Mostra do Encaixe este ano? ¿Non cre que hai menos xente ca outros?
Pois non. Non o creo. Ao contrario. Polo datos que temos, o xoves vendéronse máis de 300 entradas máis ca o ano anterior. E, co segundo día, 2.300 en total. Polo tanto, de momento estou moi contento, e lusionados coa resposta da xente, e tamén coa ilusión das palilleiras. Demostramos que os camariñáns nos momentos de crise temos eventos de importancia mundial. E tamén na decoración e instalación mellorouse moito, hai que agradecerlle ese esforzo de deseño e innovación á empresa que realizou a montaxe. E tamén, por suposto, a toda a xente que confía en nós e que ano tras ano acode a Camariñas. Somos un referente na Semana Santa en Galicia, e benefíciase todo o municipio e toda a Costa da Morte.
¿es verdad que se hinchan las ventas de entradas en la mostra para que se consigan subvenciones para otras ediciones?
Falso, totalmente. En ningunha institución nos pediron nunca volume de entradas para dar axudas. Isto non é unha festa. é unha actividade económica. As institucións subvencionan actividades moi serias como é a Mostra de Camariñas. E, pese a que a Administración en momentos de crise nos baixa as axudas, pese a recibir menos de 50 % de hai tres anos, Camariñas segue apostando pola calidade. E non baixamos nin en calidade, nin en deseño, nin en posta en valor e exposición ao público do magnífico traballo das palilleiras.
¿Es verdad que tiene usted un problema judicial por la compulsa de unas fotocopias?
De temas que están nos xulgados prefiro non contestar ata que se resolva o que teña que resolverse.
Usted ha sido imputado en actuaciones judiciales, ¿por qué no dimite?
Vai facer dous anos que me presentei ás eleccións que volvín a ganalas. Por maioría absoluta. Teño 60 anos. Vivín sempre no Concello. Teño a conciencia tranquila. Todos me coñecen. Saben que ante unha imputación seria, se a houbera, non impulsada por certos partidos políticos ou por persoas con intereses políticos, todos saben que non dubidaría en deixar a miña respnsabilidade. Pero como iso non vai ocorrer... A miña riqueza vai ser a miña honradez. Ou sexa, que non ocorre o que di vostede.
Ha sido condenada en un juicio de faltas una de sus concejalas, en concreto la de Camelle, ¿por qué tampoco dimite?
Non dimite porque nese momento actuou en defensa dunha parte dos cidadáns de Camelle.
SR Alcalde ¿Por que sempre contratades empresas a dedo para os traballos do concello, mais evidente ahora na feira do encaixe (carpinterias, etc) Non seria mais legal e económico , ca que está caendo, solicitar presupostos a todas empresas do concello?
Non foron a dedo. Houbo contratación á que se convidou a tres empresas polo que se chama procedemento negociado. E optamos pola mellor oferta, polo seu deseño e calidade. O resultado está á vista de todos.
¿Que relación ten vostede co PP?
A relación cos afiliados do PP creo que é a normal. Co portavoz e candidato, cando unha persoa trata de chegar ao poder polos modos que todos os cidadáns de Camariñas coñecen deste señor... Pon a todos os cidadáns en problemas, e tamén increpando e denunciando á miña familia, pois non podo ser a relación como a min me gustaría e como sería boa tamén para o futuro do noso Concello.
¿Es verdad lo que siempre se ha dicho y que incluso tuvieron un problema en las últimas elecciones municipales, donde se dice que los votos son entregados en mano a algunos de los votantes?
Non teño constancia, é mentira. Sempre defendín a democracia. Se alguén ten constancia de que a miña persoa entregara calquera sobre na man, que vaian a onde saben que teñen que ir, que xa están acostumados. Se cadra habería que dicir iso de que pensa o ladrón... Ou que son prácticas de outros que se presentan como demócratas.
Bos días. A miña pregunta é que pasa coa obra da pista da igrexa de Xaviña e coas aceras da Agramar? Remataranse antes de acabar este mandato? Saúdos
Na pista de Xaviña está todo contratado, pero levamos cinco meses de chuvias e os técnicos din que non é o momento. Está licitada e contratada. Tievemos que pedir unha prórroga por temas de mal tempo. E a beirarrúa de Agramar, estamos cunha solicitude de traslado sun hórreo, e Patrimonio aconsellounos que buscásemos unha nova ubicación, non lle gustou a que tiñamos prevista. Despois, rematarán.
¿cando deixaredes de potenciar a economia sumerxida?
Non sei de quen me fala. Dende o Concello non existe existe a economía sumerxida.
Por qué su partido, el PSOE, dice que se va a construir sí o sí el tanatorio municipal, ¿ en su partido no se respetan las decisiones judiciales, no va con ustedes una sentencia judicial?
Claro que se respectan. O partido é libre de dicir o que considere politicamente. O Concello tamén: é serio e respectamos as decisións. Esperemos a ver como evoluciona o tema.
¿A quen beneficia e a quen prexudica o PXOU?
O PXOM non prexudica a ninguén. E beneficia a todos os cidadáns do Concello de Camariñas. A todos por igual.
¿Vaise presentar ás próximas eleccións ou deixaralle o sitio a outro?
Aínda é prematuro. Temos ilusión e esperanza por seguir cambiando e modernizando o noso Concello. Pero de aquí ata aló aínda queda un longo camiño. E en política nunca se sabe o que pode ocorrer.
Bos dias Sr.Alcalde.A canto suma o endeudamento total do concello de camariñas??
O endebedamento total, neste momento está no 0,53 %. En datos reais, sobre o orzamento real, o que se paga en intereses e capital, é menos dun 6 %. Este ano a liquidación vai ter un superávit de 350.000 euros de aforro neto. Creo que a situación económica do noso concello e igual que a media dos concellos galegos, denrtro desta crise que estamos a padecer,
¿Cantos traxes tes?
Os que me permite a miña economía. Este ano comprei dous. Non sei cantos teño. E son dos baratos e compro en rebaixas.
Moitas gracias a todos polas preguntas formuladas. Agradezo a participación neste encontro que, para min, é unha nova e interesante experiencia. Espero que se repita máis adiante.