Charla con el alcalde de A Laracha
null
¿Cómo le afectan a nivel local las últimas noticias que han salido sobre la cúpula de su partido?
Inicio del encuentro
Buenos días. Estoy encantado de estar en este encuentro digital organizado por La Voz de Galicia y trataré de contestar a todas las preguntas que me formuleis.
¿Tienes en mente algún plan de promoción del comercio?
No Concello todas as iniciativas que se levan a cabo tanto dende o equipo de goberno como dende a Asociación de Comercio, Servizos e Industria da Laracha son tratadas na mesa local de comercio. O Concello colabora económicamente nas distintas actividades que organiza ACSIL e dentro de este ano hai un programa conxunto que se levará a cabo coa propia asociación. Pretendemos potenciar o comercio local e que a xente compre no Concello. Temos que estudar as distintas iniciativas que propoña a asociación e independientemente da subvención recollida no orzamento, non se descarta apoios concretos a esas actividades.
¿Qué le parece que el polígono solo tenga una empresa en funcionamiento?
Tal e como está a situación económica para a implantación de empresas, non só na Laracha, senón no resto da comarca e Galicia, pois é unha boa noticia que acabando de arrancar o polígono haxa dúas empresas que están a rematar a construcción das súas naves para xerar emprego no Concello. Se está a facer unha xestión de captación de empresas entre o Concello e SEA para a promoción do área industrial desde o punto de vista xeográfico, de servizos e fiscalidad. Neste último apartado, hai que recordar que o Concello aprobou unha reducción do ICIO do 95 % para as empresas que se ubiquen no polígono.
¿Que medidas de aforro tomará o cConcello este ano?
Primeiro, o aforro enerxético. Son medidas que se veñen aplicando nos últimos anos. Só en alumeado público conseguiuse reducir un 25 % a facturación. Outra medida de aforro que se puxo en marcha foi o novo concurso do servizo de axuda no fogar, que mantendo a calidade do mesmo, conseguiuse un aforro para as arcas duns 100.000 euros anuais.Tamén hai unha previsión de mellorar o servizo de recollida de lixo selectivo (colector verde) que vai para Sogama. Estamos a falar dun aforro neto duns 300.000 euros anuais.
¿É certo q van ampliar a gardería?
Si, está aprobada a ampliación da gardería. Serán tres módulos que sumarán 41 novas prazas, o que deixaría a escola infantil en 115 nenos de entre 0 e 3 anos. O Concello ten previsto no orzamento deste ano unha aportación de 100.000 euros para esta obra, quedando outros 64.000 pendentes para o 2014.
¿Por que teño descontos para ir a A Coruña en bus e non para ir a Carballo? ¿Pódese solucionar isto?
Si, sempre que Carballo forme parte da rede de transporte metropolitano da Coruña.
Non fai moito inauguraron un polígono no seu Concello. A pesar de que xa sabemos que son momentos dificiles ¿adoptou o seu goberno algún tipo de medidas para favorecela implantación de empresas en dito polígono?
Si, por exemplo a rebaixa no imposto de construcións nun 95 % para as empresas que se instalen no polígono. Ademais estamos en permanente contacto coa empresa promotora do área industrial para traer novas industrias, aproveitando que hai boa rede de comunicación viaria, con subministro de gas no polígono a través do gasoducto de Arteixo, e aproveitando a proximidade de Punta Langosteira. Tambén hai que recordar a reunión mantida co presidente da Autoridade Portuaria para ver as posiblidades de que haxa empresas que buscquen solo de forma inmediata para ofrecerlles as ventaxes que ofrece o polígono.
¿Qué medidas tiene pensado para reducir los 1.200 desempleados que hai en A Laracha?
O primeiro problema a nivel municipal é o desemprego. Tamén é certo que temos pouca capacidade de actuación para poñerlle remedio a esta situación porque é un problema global. O que facemos no Concello é estimular medidas fiscais para a instalación de empresas así como dispoñer dunha importante rede de servizos que ofrece o Concello: Socais, educativos e de estímulo emprendedor.
¿Incumple el Concello la Ley de Memoria Histórica, al tener calles con nombres de personalidades franquistas?
O Concello cumpre con toda a normativa. Está a facer un estudo novo de rúas, pero este cambio implica unha serie de problemas para os veciños á hora de revisar a documentación. Por outra banda, no rueiro deste Concello hai personalidades de todo ámbito político, cultural e social que obtiveron recoñecemento pola súa traxectoria vital. A idea do goberno municipal segue ser o mantemento desta liña de traballo.
El ANPA del colegio Otero Pedrayo teme que no se haga el nuevo edificio y usted dijo recientemente que se empezará a construir este año. ¿A qué se deben esas declaraciones tan contradictorias?
Primeiro, as declaracións que fixen son as que me transmiten dende a Consellería de Educación. É a Xunta a que anuncia para este ano a licitación dos traballos. Por iso creo que non se debe falar de contradicción. É máis, manteño e insisto en que hai un compromiso do goberno local para aportar 250.000 euros á construción do novo pabillón se hai un convenio firmado entre a Xunta, Deputación e Concello para financiar esta actuación. E niso reitérome como xa o fixen con anterioridade.
Hola. Usted cree que mancomunar servicios puede ser una buena solución para la recogida de basuras, por ejemplo?
As liñas de futuro na prestación de servizos pasa por ser mancomunados. Isto supón menores custes para as arcas municipais e os veciños pero sen esquecer de que hai que manter a calidade dos mesmos.
Estarán rematadas as obras do porto de Caión antes do verán?
A primeira fase de ampliación estará rematada a finais de mayo ou principios de xuño, segundo me comentaron dende Portos de Galicia e da empresa adxudicataria. Estamo a falar dun orzamento de algo máis e 4,1 millóns de euros. Os traballos estanse a facer segundo os prazos previstos.
¿Cal é a súa opinión sobre a proposta de reducir concelleiros?
Creo que non afectará á gobernabilidade dos concellos. E, por outro lado, se falamos de aforro económico, tampouco porque a maior parte do concelleiros só cobran por asistencias a plenos e comisións.
Quería saber en qué consiste exactamente la mejora del campo de fútbol de Paiosaco? Gracias por su respuesta.
Mellorarase o graderío, os vestiarios, a entrada, e as zonas de taquillas.
¿Vanse cubrir as pistas do Otero Pedrayo ou non?
Pretendemos crear un novo pabillón no recinto escolar do Otero Pedrayo. Un recinto que daría uso aos 500 alumnos en horario escolar e que poida ser ultizado polo resto de veciños.
Son presidente dunha comisión de festas. O noso concello danos como moito as comisións 400 euros. Teñenme dito que no seu concello a parroquia máis pequena leva 1000 euros e de ahí pa riba. ¿É verdade eso?
É verdade o que voste pregunta. Hai unhas bases que regulan estas axudas en función do número de veciños e dos días de festa por ano.
¿Como fai para que o seu concello dispoña de tantos ou máis servicios como outros da zona que contan co doble de orzamento?
Estamos contentos dos servizos que ofrecemos aos cidadáns a todos os niveis. Somos conscientes de que todo e mellorable pero estamos contentos das iniciativas que levamos a cabo.
Estoy pensando en comprar un piso en A Laracha. Convénzame para que me decida.
Temos instalacións deportivas, educativas, gardería infantil, pabillóns, piscina municipal, campos de fútbol, un centro de día e fogar residencial, centros sociais, programas de actividades, e sobre todo dúas cosas: uns prezos da vivienda económicos e boas comunicacións con A Coruña e Santiago.
- Máis que unha pregunta fago una sugerencia: gustaríame que se implantase a recollida a domicilio de voluminosos
Xa se puxo en marcha este sistema mediante a aprobación do novo regulamento. Esperamo que o novo servizo de punto limpo esté operativo en tres meses.
¿Qué opinión le merecen las Diputaciones? ¿Cree que habría que eliminarlas?
No creo que haya que eliminarlas, son necesarias para los concellos más pequeños como complemento a los servicios que estos ofrecen, en un contexto de aumento del gasto público y una reducción de los ingresos. Si creo, sin embargo, que hay que hacer alguna modificación. Lo que sí creo es que habría que alcanzar acuerdos a tres bandas (concellos, Xunta, Diputación) en la delimitación de competencias y prestación de servicios.
Muchas gracias a todas las personas que participaron en este foro de debate y espero haber aclarado sus dudas.