Open uri20150703 3 kl74tw?1435955347

null

1 Anónimo 08/07/2015 21:44

Ola, bos días a tod@ws. Espero as vosas preguntas. Tentarei contestar o maior número posible delas.

2 Anónimo 08/07/2015 21:44

Señor Aurelio, ¿cando comezarán as obras da autovía?

Aurelio Núñez Centeno:

Esperamos e desexamos que sexa á maior brevedade posible. Como vostedes saben, a empresa ten un problema de financiamento bancario, e está a espera de arranxalo. Está feito preto de un vinte por cento da obra, e recomenzarase en canto o problema financieiro esté resolto.

3 Anónimo 08/07/2015 21:44

¿Qué pensas da actitude da oposición en Galicia en relación cos proxectos industriais que se poderían desenrolar na nosa comarca, e que rexeitan unha e outra vez?

Aurelio Núñez Centeno:

Creo que non manteñen unha actitude responsable. Nestes momentos de crise económica, penso que non se poden rexeitar proxectos industriais na nosa comarca, solo por motivos ideolóxicos. A mina, a fábrica de tubos, os saltos do Xällas son proxectos industriais viables nestes intres, que poderían xerar moitos postos de traballo, e que serán en todo caso vixiados pola Xunta de Galicia para controlar a súa sostibilidade medioambiential i económica.

4 Anónimo 08/07/2015 21:44

¿Cal é a súa opinión sobre o asunto da comercialización de participacións preferentes? ¿Parécelle normal que o noso alcalde do BNG, que estaba no Consello da Caixa cando se emitiron as preferentes, se poña agora ao frente da manifestación dos afectados?

Aurelio Núñez Centeno:

A comercialización das preferentes foi unha estafa aos aforradores. A Xunta de Galicia foi ata estas últimas semanas o único Goberno de Comunidade Autónoma que acadou a posibilidade de facer arbitraxes, cos que xa recuperaron os seus cartos mais de quince mil afectados. Dende a Xunta e o Parlamento de Galicia, apoiamos dende o primeiro día as reivindicacións dos aforradores, e seguiremos do mesmo xeito. Do tema do Alcalde de Carballo, prefiro non opinar. Cadaquen e responsable dos seus actos e das súas decisións i eu non teño información da súa participación nos Consellos da Xunta, e do que se aprobou en eles con respecto a este tema.

5 Anónimo 08/07/2015 21:44

¿Por que defende a mina de ouro de Corcoesto?

Aurelio Núñez Centeno:

Eu non defendo nin a mina de Corcoesto, nin a empresa que a promove. Eu, e o Partido Popular, defendemos a posibilidade real de instalación dunha empresa na nosa comarca, que podería crear mais de mil postos de traballo. Dende a Xunta de Galicia se está a poñer tódolos medios para controlar a sostibilidade medioambiental da nosa bisbarra en relación con este proxecto, e por iso aprobou unha Declaración de Impacto Ambiental, cunhas medidas correctoras que deberá aplicar a empresa para poder exercer a súa actividade. Ademáis, nunha transacción que aprobou en comisión o Parlamento de Galicia, e coa miña participación, consensuamos unha emenda para que se lle esixa á empresa a presentación de fianzas medioambientais e de solvencia empresarial que garantan calquera incidencia que poidera ocorrer. Ademais a Consellería de Industria está a controlar tamén o proxecto e as instalacións antes de emitir a licencia de explotación da mina.

6 Anónimo 08/07/2015 21:44

¿Os perxudicados polo caso Maceiras, das presuntas irregularidades da trama forestal, terán que devolver os cartos non ingresados nas súas contas?

Aurelio Núñez Centeno:

Non. O asunto xudicializouse estes últimos días, e agora hai que deixar actúar aos xuices. A Consellería de Medio Rural xa expresara por boca dun alto cargo, que se faría todo o posible para evitar as consecuencias de este asunto para os particulares afectados, e presuntamente estafados.

7 Anónimo 08/07/2015 21:44

Ti que o ves a diario no Parlamento, ¿que pasa con Beiras? É sempre así ou é puro teatro?

Aurelio Núñez Centeno:

Non o sei. O outro día, cando se levantou do escano, levaba unha faz iracunda que poñía medo, semellaba fora de control. Eu, persoalmente, penso que é unha sobreactuación para tapar ao resto da oposición. É unha estratexia que parece que lle está a dar bos resultados, vistos os xestos e as actitudes dos outros dous partidos, que parecen querer emular ao líder de AGE. Creo que o incidente do outro día non se debe consentir nin repetir. Fomos portada dos diarios i emisoras de radio e televisión por ese desagradable incidente. De calquera xeito, uns días antes, no xornal La Voz de Galicia, o señor Beiras xustificaba os escraches, sempre que non foran con él, senon era fascismo; e ademais facía un certo eloxio da violencia revolucionaria que a min paréceme perigoso.

8 Anónimo 08/07/2015 21:44

¿Hai tantos recortes na Sanidade como di a oposición? Cal é a realidade a día de hoxe na Sanidade Pública galega? ¿Vaise privatizar todo, como nos están a contar?

Aurelio Núñez Centeno:

Nos orzamentos da Xunta dedícase preto do oitenta por cento dos cartos á Sanidade, Educación e Servicios Sociais. De calquera xeito, hai que ter en conta que o Orzamento baixou mais de un trinta por cento dende o ano 2008. Temos entre todos que acadar unha Sanidade Sostible. Non podemos manter a nosa sanidade coas débedas que tiña. Estanse a tomar medidas de eficiencia no gasto en Sanidade, como poden ser o aforro en gasto de medicamentos, ou a mellora nos gastos de xestión. Pero a pesares de todo, seguimos a ter unha sanidade en España que é considerada das mellores do mundo, i en Galicia podemos decir que estamos entre as mellores de tódalas comunidades autónomas de España. Non pechamos hospitais, non pechamos camas. E ademais estamos a construir centros de Saúde, Hospitais, e outras infraestruturas en tempos de crise, cuestión que non é doada. Imos aprobar no Parlamento a Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, que implica, entre outras cousas, a libre elección de médico, enfermeira e Hospital, e a limitación dos tempos de espera a corenta e cinco días para probas e sesenta para operacións, garantindo a asistencia en calquera outro Hospital, publico ou privado, se non se cumpren estes prazos. Non se está a privatizar e non se privatizará, a asistencia pública na nosa sanidade está absolutamente garantida.

9 Anónimo 08/07/2015 21:44

Ola, Aurelio. ¿Non votas de menos o teu traballo de médico? Non te lembras dos teus pacientes?

Aurelio Núñez Centeno:

Neste intre, non boto de menos o meu traballo de médico. De seguro, porque a posibilidade de cambiar de ocupación, despois de trinta anos de actividade profesional, e o estímulo dunha ocupación nova e distinta, favorecen que nestes meses non botara de menos a profesión médica. Pero si boto de menos o contacto coa xente e cos meus asegurados, que manteño polas rúas de Carballo, polo teléfono, e ata polo WhatsApp, medios polos que sigo a contestar as preguntas e pequenas consultas dos meus "clientes". Eu sigo e seguirei sendo médico toda a vida, e volverei a miña actividade en Carballo en canto acabe a miña experiencia na política.

10 Anónimo 08/07/2015 21:44

¿Qué te parece a utilización de medicamentos xenéricos de forma masiva na Seguridade Social?

Aurelio Núñez Centeno:

Paréceme moi ben. A posibilidade de utilizar os mesmos produtos, a un custo inferior, representa un importante aforro para todos. De feito, a política de xenéricos acadou unha baixada xeral dos prezos de tódolos medicamentos, e agora incluso as medicinas de marca comercial están ao mesmo precio que o xenérico, polo que non habería problema algún para collelas na Farmacia. Os xenéricos son baratos, seguros, e cumpren tódolos requisitos de fabricación e comercialización.

11 Anónimo 08/07/2015 21:44

¿Qué che parecen os acosos ou escraches que se están a producir contra os deputados do PP? ¿Non pensas que os merecedes?

Aurelio Núñez Centeno:

Non. Penso que non os merecemos. Eu podo entender o cabreo de moita xente coa situación actual que, por certo, non é toda culpa do Partido Popular, pero non que se vaia a intentar amedrentar aos deputados nos seus domicilios, coa intención de que cambien o seu voto. Penso que a forma cambiar aos Gobernos é nas urnas e non nas rúas, con violencia verbal ou física. ¿Canto tardaremos en ir a acosar a Xuices, por exemplo, porque non non gustan as súas sentencias?. ¿Acosaremos periodistas porque non nos parece ben o que din nos diarios, ou nas emisoras?. Penso que temos un dereito constitucional de manifestación, que hai que respetar e cumprir, pero dentro sempre das normas do respeto aos demais. Tampouco penso como o señor Beiras, quen di que se llo fan a él serían "fascistas". Non estou de acordo cos acosos nin contra os deputados do PP, nin contra ningunha outra persoa.

12 Anónimo 08/07/2015 21:44

Moitos pensamos que o ciclo político do BNG en Carballo está esgotado. Faltan ideas e iniciativas e sobra vanidade. Pero tampouco notamos que a oposición estea a traballar para presentar unha alternativa. Como concelleiro da mesma, ¿comparte esta opinión? ¿Qué cre que debería de facer o seu partido?

Aurelio Núñez Centeno:

Eu sempre fun partidario da limitación de mandatos, e penso que doce anos do mesmo Goberno son anos dabondo. Penso, efectivamente, que hai unha falla de ideas e de solucións. Todo se apraza sen data, asunto tras asunto. Nos, na oposición, tentamos presentar iniciativas que solucionen problemas do noso concello, pero non temos tampouco moita facilidade para aprobalas. Agora estamos co tema do Plan Xeral, no que nos preocupa de xeito importante algúns temas, pero de xeito especial o tema dos edificios "fora de ordeación". É evidente que non é o mesmo para unha edificiación ter licencia, que ser legal. Nos somos conscientes que cun Plan Xeral novo, sempre hai vivendas que quedarán fora de ordeación, ainda que pelexaremos para que se resolvan tódolos casos posibles, Pero coa nosa denuncia do tema dos fondos das edificicacións, fomos quen de acadar que se modificara a normativa, permetendo que moitas casas non quedaran perxudicadas.

13 Anónimo 08/07/2015 21:44

¿Sabese algo das prazas da Policía Local de Carballo e da continuación ou anulación das oposicións para cubrir as vacantes?

Aurelio Núñez Centeno:

Nos sabemos o que di a prensa. O Alcalde anuncia que as oposicións van a continuar. Durante os últimos meses tivemos ocasión de escoitar a membros do Goberno Local de Carballo dicindo que se iba a retomar a oposición de xeito inmediato. O certo é que a día de hoxe, o tribunal segue sen aparecer nos Boletíns Oficiais. Parece ser que xa hai tribunal, ou alomenos iso e o que din os nosos gobernantes locais, pero as probas non se convocan. Esperamos, polo ben de tódolos veciños, que este tema teña unha solución inmediata. Pensamos que xa tiña que estar resolto hai moitos meses, se non se abandoara tentando implicar a outras administracións na resolución dun problema que era do noso Concello. É o que comentaba nunha resposta anterior, hai excesiva lentitude nas actuacións do noso Alcalde.

14 Aurelio Núñez Centeno 08/07/2015 21:44

Grazas polas vosas preguntas. Foi unha nova experiencia para min, pero resultou moi agradable. Espero ter contestado e aclarado as vosas dúbidas. Grazas, de novo, a tod@s.