Cantautor de «Ahí ven o maio», tema más votado por los internautas
En la reciente votación convocada por
www.lavozdegalicia.es y Radio Voz sobre cuáles eran las
10 mejores canciones gallegas, el vencedor final fue
Luis Emilio Batallán, cantautor criado artísticamente en
el ambiente de la canción protesta y autor de la ya
célebre «Ahí ven o maio» y de la también reconocida
pero, en una posición más lejana, «Quen poidera
namorala» (con letra de Álvaro Cunqueiro). El músico
repasará su larga trayectoria con los
internautas.
En primeiro lugar noraboa por ser o máis votado. Gustame moito a musica que fas ¿que pensas da situación actual da musica en galego?
Bos días, encantado de estar aquí con vos os internautas. Penso que fan falta boas cancións, bos letristas, e estilos musicais distintos, maís variados, e un pouco menos de gaita.
¿Cómo busca hacerse conocer entre las generaciones más jóvenes?
Pois trantando de facer música distinta aparte de baladas. Teño temas que está na onda do raeggeton, rap... estar aberto a todas as influenzas, sobor de todo, como galego, a música brasileña. De feito teño proxectos para grabar en Brasil (en Río) con Milton do Nascimento, e outros músicos. Un exemplo a seguir... atopas músicos que fan rap, rock, incluso se atreven a cantar en inglés cun nivel musical de moita calidade. A nós farianos falta un vinicio de morais galego.
¿Qué canción (de otro artista) hubiese votado?
Posiblemente O tren de Andrés Dobarro.
¿Que che parece o feito de que non esten na lista xente coma Xocaloma, Fuxan ou Suso Vaamonde?
Non me molesta. penso que o que votaron os internautas é iso, posiblemente é xente moi válida, pero a xente non vota por critérios políticos, vota por criterios de calidaded artística. Paréceme xusto.
¿qué opinas que Nicolasito de Lalín (primo tuyo) quiera ahora ser también cantante, en este caso de rancheras? Un saludo de Rafa
Se o meu primo Nicolasito se adica a cantar, eu me retiro. Está mellor como sanitario. Viva Lalín. con razón ou sen ela.
Desde Montevideo, Uruguay te sigo con gran afecto, me interesa que cuentes la historia que te ocurrió con Viglietti hace muchos años, porque tengo posibilidad de verle aquí, un abrazo para vos y para toda Moraña de Eduardo o Raneiro
Un concerto que actuei en Madrid con el, entro a policía e nos levou a Viglietti e a min detidos á Dirección General de Seguridad que estaba na porta do Sol. estivemos toda a noite, fixéronnos preguntas, nos ficharon, e nos deixaron marchar pola mañá. Unha noite nos calabozos da Dirección General de Seguridad. Por certo, hai un cantante uruguayo, Maslía, que vou a meter unha canción del no meu próximo disco. Unha aperta.
No tempo en que sae o disco estaba en Madrid, e polo que sei unha boa parte da xente de Voces Ceibes tamén, tiñades relación entre vós naquel tempo?
Tíñamos relación, si. aínda que eu non estaba específicamente en Voces Ceibes. sempren andei un pouco o meu aire. Con quen tiña moita relación en Madrid era con Vicente Araguas.
Qué fai un veterano cama ti nun sitio (web) coma este? Rifa a música de autor co ciberespacio?
Non ten nada que ver, pero o arte rifa con todo tipo de medio de comunicación, e Internet, por suposto.
¿Non está a cultura por enriba de fronteiras, ainda que se trate de Sierra Morena?
Estou de acordo. De feito un músico, un compositor, pode expresarse no seu idioma, ou en inglés ou en brasileño. O importante é a calidade damúsica que fai, non o idioma. De feito, Caetano Veloso ten feito versións de Michael Jackson en inglés e Milton canta en inglés tamén. Penso que os músicos galegos tiñamos que soltar os complexos e ter a soltura para facer temas nunha língua distinta sen problemas.
¿Qué le parecen los nuevos músicos fenómeno mediático tipo OT o Tamara?
Penso que é un fenómeno que se vai esgotar. É unha moda temporal. Carece de interés artístico.
¿que opina sobre artistas tan recentes coma EMILIO RUA, IVAN FERREIRO,que estén entre os mais votados dentro do pop dos últimos 40 anos de música feita na nosa galiza?
Paréceme ben. De feito comprei en Madrid onte o disco de Ferreiro que acaba de saír. Ten unha personalidade propia que é o máis importante nun músico. De Emilio Rua non coñezo pero supoño que se saiu, é porque ten calidade. Penso que é moi positivo que estos artistas estén entre os máis votados.
¿Se puede comprar en algún sitio el cd de «Ahí ven o maio»?
O venden a compañía Warner music en de Internet a un prezo máis barato. Nas tendas pódese atopar pero con dificultade.
¿Que tipo de música escoita?
Todo tipo de música sempre que sexa de calidade.
En que cambió la música desde la transición en España
Cambiou no senso de que se compra con criteros de calidade e non ideolóxicos. De todos os xeitos as boas cancións sempre permanecen, xa na época da transición, posterior, ou despois da transición.
Qué es eso de la canción protesta. Quiénes son sus sucesores.
Hoxe os sucesores serían Extremo duro, Albert Pla... a canción protesta sempre existirá. É moi importante que exista, que haxa unha certa marxinalidade con relación a realidade social normalmente moi inxusta e a autenticidade que supón estar á marxe da moda e do mercado.
Se en lugar ser galego foras irlandes ¿terías outra proxección internacionla?
Pode ser que sí. De feito o inglés ten moitos millóns de falantes máis que o galego. Hai que pensar que os brasileños son case 200 millóns e nós non chegamos a tres. Isto ten desde logo unha importante repercusión na xente que merca os discos, que é a que realmente mantén ós artistas aparte das actuacións, claro.
¿A qué cree que se debe que después de estar tantos años "desaparecido" para un par de generaciones ahora sea el más votado en internet?
Supoño que será porque as cancións de Ahi ven o maio teñen calidade, como dixen antes, as boas cancións non pasan nunca, nin deixan de ser escoitadas, ás veces con versións novas e distintas.
Noraboa de novo. Qué proxectos tes para un futuro cercano?. Poderémoste ver actuando?.
O máis inmediato é sacar este disco en castelán, que sae en abril, e despois do verán, escomezar a grabación do disco que quero facer en Rio de Janeiro, con músicos galegos e brasileiros. Actuar, polo momento, non penso, polo menos ata despois do verán, agás na presentación do disco en castelán.
por que agora en español?
Porque eu me considero músico sobor de todo, e considero que isto era un reto para min, aínda que prefiro cantar en galego.
Sólo felicitarle, soy Tersi, madrileña, 41 años veraneando en La Coruña, escuché tanto en mi juventud ese disco, que aun lo tengo. Darle mi felicitación, me encanta ese disco. Besos Luis
Moitas grazas Tersi polo teu apoio, e unha aperta moi forte.
Grazas ós internautas pola votación de Ahi ven o maio, e Quen puidera namorala. Teño unha débeda de gratitude cos internautas por esta votación. Unha aperta para todos. Adeus.