Open uri20150703 3 10zdhyf?1435925935

A artista galega fai no seu novo disco unha relectura dos
temas fundamentais do seur repertorio en directo.

1 Uxía 08/07/2015 18:29

Bo día a todo o mundo, aos internautas da mañán. Disposta a escoitarvos e contstar ao que queirades

2 Anónimo 08/07/2015 18:29

ir Buenos días, Uxia. El verano pasado tuve la ocasión de verte (por tercera vez) en concierto en Vilagarcía de Arousa., y desde aquí quiero felicitarte por cada vez que pude escucharte en directo (increíble!). En tus discos hay canciones relacionadas con la emigración, y con la morriña, que evocan a los gallegos de antaño, pero también a los jóvenes de ahora que nos toca vivir fuera. Así que mi pregunta es cuándo podremos escucharte en directo los miles de gallegos que vivimos en Francia. ¡Felicitaciones por el nuevo disco!

Uxía:

Espero poder presentalo en breve por terras francesas. Estamos preparando xira internacional. Xa me diredes en que lugar de Francia estades. Encantaríame compartir cos galegos que están fóra a miña múisca. Bicos

3 Anónimo 08/07/2015 18:29

¿Qué opina sobre como está levando o goberno da Xunta todo o tema do galego?

Uxía:

É un tema espiñoso. Creo que o galego debería estar fóra de toda custión partidista e defendelo como parte fundamental da nosa identidade. Non entendo que se faga pol´tica contra a divulgació e o uso do galego. Eu creo no futuro da lingua., Mil primaveras máis como ben dicía Cunqueiro

4 Anónimo 08/07/2015 18:29

Bos días, Uxía: antes de nada, dicirche que foi un pracer coñecerte e verte en directo no Cancerto xunto con Tannus e compartir escenario (son integrante das Maianas): a miña pregunta é a seguinte: que queda daquela Uxía de hai 25 anos, como artista, pero sobre todo, en canto ao repertorio? Xa que daquela era máis tradicional e agora tira un pouco máis cara outras latitudes (coas que temos moitísimas cousas en común)? Moitas grazas e noraboa polo novo traballo.

Uxía:

Un pracer tamén, maianas. Neste disco canto ppolo menos tres temas tradicionais e sempre está latente nas letras ou nas múiscas esa presenza. Encántame escoitarvos para aprender ainda máis pezas lindas das que vos cantades. Algún día farei un disco só de Alalás

5 Anónimo 08/07/2015 18:29

Uxia, ¿Que musica escoitas normalmente?

Uxía:

Escoito música moi variada. Desde Rock ata clásica, jazz ou músicas de todo o mundo. Pero polo meu traballo teño preferencia polas múiscas lusófonas e concretamente a brasileira que me encanta. Nomes? Cesária Évora, António Zambujo, Ceumar, Chico Buarque...

6 Anónimo 08/07/2015 18:29

EsAcabas de sacar "Meu Canto", un novo traballo Brasil-Galicia como ultimamente se está a levar (Carlos Núñez, Ugia Pedreira...). Estamos a reencontrarnos no mundo? A música "brasilega" está na moda?

Uxía:

Estamos construindo xuntos una identidde e moitas máis pontes para alviscar outros horizontes alá onde a lingua nos une e nos abraza. Espero que haxa moitos máis proxectos que teñan que ver con Brasil. É o futuro e non podemos baixar do tren ilusionante da lusofonía ou galeguía...Esa teima xa é vella...

7 Anónimo 08/07/2015 18:29

Parabens polo seu novo trabalho. Você está a dar a conhecer a Galiza no mundo da Lusofonia. Que pode aportar a lusofonia à cultura galega? Saudos desde Lisboa

Uxía:

A cultura galega vai enriquecer moito a sonoridade da lusofonía co seu sotanque lingüístico e musical. Xa non é tan descoñecida e cando coñecen a variedade e riqueza fican gratamente sorprendid@s. E pode aportar a orixe de moitas das manifestacións de alí que teñen orixe aquí. Eu von unha Folia de Reis en Sto Amaro (perto de Salvador de Bahia) e era igual que as de Mondariz ou Ponteareas.

8 Anónimo 08/07/2015 18:29

forza para-diante levanta a nosa terra axuda-a a que se auto estime a que se sinta comoda comsigo mesma dese xeito desexoche moito exito

Uxía:

Falta fai subir a autoestima. Niso estamos. Eu sinto que se nos coñecésemos moito mellor e soubesemos do inmennso e rico legado cultural non teriamos dúbidas e iriamos polo mundo coa cabeza ben alta e non falo do anuncio de Gadys, falo da autoestima xeral e necesaria para tirar padiante.

9 Anónimo 08/07/2015 18:29

para cuando los conciertos!!??

Uxía:

Presento este Xoves en Compostela para medios e invitad@s con música e caipirinha e despois o 26 de Xuño nas Festas de Ourense na Praza Maior e o 30 en Madrid dentro do ciclo >Los Veranos de la Villa no teatro Conde Duque. Despois virán Viana, Monçao, Teruel, Celanova...etc etc terievos informados

10 Anónimo 08/07/2015 18:29

¿Qué opinión lle merece o peche da Sala Nasa en Compostela?

Uxía:

Un despropósito total. É unha sala que leva anos traballando polo teatro alternativo e é un espazo de liberdade ao que non debemos renunciar a tripulación que formamos parte dese lugar tan emblemático e respetado. mal comenzamos en Compostela se non axudamos a que siga sendo o viveiro artístico que sempre foi..Viva a Nasa!!!

11 Anónimo 08/07/2015 18:29

Uxia, desde Niza un saludo, Alfonso

Uxía:

Un bico grande a a ver se me achego a Niza

12 Anónimo 08/07/2015 18:29

Como se sinte unha galega no Brasil con tanta xente falando a nosa lingua tamén

Uxía:

Pois síntome na casa. Todo o mundo é coma nós, gosta do encontro, da festa e da música e ainda por riba falamos a mesma lingua Que máis se pode pedir...

13 Anónimo 08/07/2015 18:29

Hai unha falta de sensibilidade institucional cara a música que se fai no noso país e na nosa lingua?

Uxía:

Eu creo que a música é a nosa mellor embaixadora polo mundo e precisaría apoio máis decidido e unha maior promoción interna e exterior. A lingua é, pr descontado, a nosa identidade e é inadmisible non promocionala e preservala...

14 Anónimo 08/07/2015 18:29

¿Donde te gustaria 'presentar Meu Canto?

Uxía:

En todos os cantos do planeta Terra. Máis comenzando pola terra claro...

15 Anónimo 08/07/2015 18:29

Bon día desde Burela, Uxía. Ben sabes que se che quere moito pola Mariña. Oxalá non tardemos moito en terte por aquí: nas festas de Viveiro, en Mondoñedo, en Ribadeo... Que estás preparando agora?

Uxía:

Non sei se en Ribadeo hai concerto. tería que velo na axenda máis como se canta tan ben na Mariña quero ir aí co meu canto espallando polo mar da Mariña. Un saúdo

16 Anónimo 08/07/2015 18:29

Uxia, dame unha boa razón para mercar o CD

Uxía:

É o cd máis íntimo e persoal que gravei ate o momento e contén grandes clásicos da música galega revisitados. Espero que vos guste...

17 Anónimo 08/07/2015 18:29

Olá Uxia. A túa música é un regalo, polo tanto mouitas gracias polo novo disco. Estiveste muito por terras brasileiras e portuguesas ¿Como ves o galego na lusofonía?

18 Anónimo 08/07/2015 18:29

Hola enhorabuena por su nuevo disco desde Bolivia, Valentin Costas de Petelos, Mos

Uxía:

Bicos, paisano de Mos...

19 Anónimo 08/07/2015 18:29

Bo día Uxía. Mais que una pregunta para ti tería que ser a outros, non sen ben a quen. Como é posible que unha artista da tua calidade non ten mais presenza no panorama musical a nivel estatal español? Se o mestre Serrat triufou en catalán non entendo por que ti non o fas en galego... Os meus parabens pola tua carreira artística e a miña admiración mais sincera. Bicos

Uxía:

Non me corresponde a min contestar, máis imos abrindo camiño pouco apouco. Niso estamos...

20 Anónimo 08/07/2015 18:29

Uxía, non paro de ver carteis que anuncian actuacións da Panorama, Olimpus, Aché, Philadelphia, París de Noia... De que maneira poderían entrar os/as artitas galegos/as nas nosas festas populares? Non cres que sería moi interesante?

Uxía:

Claro que sería interesante entrar no circuito das Festas Populares. O grado de chabacanería que ás veces campa polas verbenas é imfumable. Agora sí, teremos que pensar como facelo e tentar que a nosa música teña máis presenza...

21 Anónimo 08/07/2015 18:29

¿por qué incluiches o Alalá das Mariñas? Tiñas algunha conta pendente con este fermoso tema

Uxía:

Quixen facer unha nova lectura despois de moitos anos reiventándoo. Agora ten un aire nordestino, brasileiro e máis rítmico que lle acae ben. Xa me dirás que che parece..

22 Anónimo 08/07/2015 18:29

Cal é o umbral do éxito deste disco, en ventas, claro

Uxía:

Hoxendía o éxito non se mide en vendas de disco só...Máis cada vez o listó está máis baixo para conseguir un disco de ouro, por exemplo. Eu mídoo polo número de concertos e a aceptación e o prestixio do disco...

23 Anónimo 08/07/2015 18:29

¿Confundenche coa otra Uxía? ¿Hai rivalidade polo nome?

Uxía:

Somos grandes amigas e o seu nome é Ugia Pedreira o que xa marca a diferencia. O meu nome artístico é Uxía (a secas) e sempre o foi. O Senlle é persoal e agora non hai maneira de sacalo de enriba sobre todo despois da época de Nunca Máis e para distinguir ás Uxías, máis a min creáme un problema porque se en Portugal aparece Uxía Senlle quedarían desconcertados. Encántanme o traballo da miña colego e a miña intención non é a rivalidade, en absoluto...

24 Anónimo 08/07/2015 18:29

Cando te veremos en Luar

Uxía:

En breve presentaremos o cd novo no Luar, claro...

25 Anónimo 08/07/2015 18:29

Insistindo no das festas populares... Se cadran teñen que ver os cachés e as necesidades... As orquestras xa traen todo (palco, son, electricidade...), e aos grupos e artitas hai que lles poñer todo (palco, son, catering, carga e descarga, etc., etc., etc.). Se cadra, no modelo de produción, hai que imitar as orquestras, non cres?

Uxía:

Probablemente teñamos que copiar o modelo (máis non a estética). Teremos que levar a comida da casa. hahahaha!!!

26 Anónimo 08/07/2015 18:29

íntimo e persoal, ¿ten moitos arranxos?

Uxía:

É un disco moi espido máis con arranxos coidados e preciosos do grande mestre brasilego Sérgio Tannus...

27 Anónimo 08/07/2015 18:29

Irías a Eurovisión?

Uxía:

Creo que non. Non me vexo nese concurso...

28 Anónimo 08/07/2015 18:29

Xa pasou o boom da música galega por ai fora. ¿Tocouche tarde?

Uxía:

O boom da música galega non pasou e eu non paro de actuar fóra. Arxentina, Uruguai, Portugal, Brasil, Bélxica, Italia...Faise camiño ao andar e eu non creo nos booms e sí no traballo continuado...

29 Anónimo 08/07/2015 18:29

Quedouche algunha canción fora que ti querias meter

Uxía:

Pois igual faría unha revisión de 'Túa nai é meigha' por exemplo...

30 Anónimo 08/07/2015 18:29

Para cando un trío (musical) coas cantareiras de Ardebullo?

Uxía:

Cando elas teñan tempo que creo que son unhas mulleres moi ocupadas. Eu xa fago concertos con Malvela. Quédome coas da miña aldea...

31 Anónimo 08/07/2015 18:29

Podemos escoitala en itunes ou Spotify

Uxía:

Nos dous e tamén noutras plataformas dixitais. O Cd físico en tendas, librarías e bares..,.en todos lados

32 Anónimo 08/07/2015 18:29

Cal sería a peza pola que che gustaría que te recordaran?

Uxía:

Alalá das Mariñas, o tema que ainda me arrepía cando o canto

33 Anónimo 08/07/2015 18:29

Bos días Uxía. Son certas as conexións culturais coa lusofonía, máis musicalmente hai moito en común tamén con Italia. ¿non chama investigar neses eidos? Grazas.

Uxía:

Teremos que investigar as semellanzas entre a tarantella e a muñeira...Eu adoro a música italiana. Quizáis os galegos e galegas que vivan alí poden ir avanzando e estudiando. Bicos

34 Anónimo 08/07/2015 18:29

A Eurovisión no, pero al festival do Landro?

Uxía:

A ese sí, claro...Con ese airiño do río e a miña tía Carmiña de Viveiro perto a ese sí que vou...

35 Anónimo 08/07/2015 18:29

No crees que hay demasiada oferta para tan poca demanda?

Uxía:

Non vexo eu pouca demanda. Hai cada vez máis onde escoller e iso é positivo...

36 Uxía 08/07/2015 18:29

Mando un saúdo a aquelas persoas que se achegaron a este xeito virtual de comunicación. Espero ver as vosas cariñas nos concertos e nos actos de presentación deste 'Meu Canto'. O mellor agasallo sería que o escoitasedes con atención e vos gustase. Mil bicos. Encantoume falar con vós. Foi un pracer. Grazas á Voz pola oporrtunidade e a tod@s polas vosas intelixentes e divertidas preguntas. Ata outra...