Open uri20150703 3 168jh4t?1435924777

Non ten representación na corporación actual, aínda que
quedou a 20 votos de conseguila.

1 José Manuel Bello 08/07/2015 15:36

Bos días. Quero agradecerlle á Voz de Galicia que me houbera dado esta oportunidade para dirixirme aos internautas que queiran facerme as preguntas que crean de interese.

2 Anónimo 08/07/2015 15:36

O ser un partido dos veciños deixaredes participar mais os veciños nas decisiós importantes do que fixo Garrido

José Manuel Bello:

Ese é o plantexamento que levamos para poder así cambiar o sistema de política que se vén exercendo neste pobo durante os últimos mandatos.

3 Anónimo 08/07/2015 15:36

Con quien pactara en caso de que obtenga representacion teniendo en cuenta que en su lista va un rebotado del PP , del BLOQUE y del PSOE, conformando asi los tres primeros puestos de su lista

José Manuel Bello:

Primeiro, non podemos entender que a miña lista é configurada por rebotados. Reunín un grupo de xente que pode aportarlle moito ao Concello de Sarria e que ningunha das persoas que compón a miña lista leva intereses persoais. Con referencia ao tema dos pactos, imos intentar sacar a representación suficiente para levar a cabo un goberno con garantías para este concello.

4 Anónimo 08/07/2015 15:38

¿Una buena propuesta de futuro con Sarria y sus parroquias?

José Manuel Bello:

Ver de cerca todos os seus problemas que teñen descoidados para así cambiar a filosofía que ultimamente están a levar os políticos visitándoos na maior parte dos casos só para pedirlles o voto.

5 Anónimo 08/07/2015 15:38

Desde hace 12 años están los mismos en el ayuntamiento. Siendo siempre los mismos ¿cree que hay riesgo de corrucción?

José Manuel Bello:

Non podo valorar se hai risco de corrupción, que pode ser posible. O que si podo valorar é que as políticas que están a utilizar non son as máis axeitadas para o desenvolvemento desta vila.

6 Anónimo 08/07/2015 15:38

Entre tanto desencanto y frustración con el gobierno tripartito y la oposicion, crees que podeis cambiar la manera de hacer las cosas en Sarria

José Manuel Bello:

Por suposto que si. En Sarria hai persoas que poden facer política de forma diferente, dar solucións máis eficaces e non adicarse tanto a levar políticas partidistas que non levan este Concello a ningún sitio de interese.

7 Anónimo 08/07/2015 15:38

un politico ten que saber gañar e perder,¿vostede esta de acordo?

José Manuel Bello:

Por suposto que si. Fai catro anos presenteime como Independente e non tivemos a posibilidade de, por pouco máis dunha ducia de votos, non sacar representación, e agora mesmo vexo posible facer as cousas doutra forma e independentemente do resultado que se poida dar, temos que darlle unha opción diferente aos veciños para dunha vez por todas cambiar as políticas que se levan.

8 Anónimo 08/07/2015 15:38

Buenos días ¿Crees que el motivo por el que el Señor Claudio no arregla el camino de Barreiros en Villar de Sarria, ni contesta a los escritos presentados en el ayuntamiento , sea que va de tercera en su lista su

José Manuel Bello:

A miña compañeira candidata, estou seguro de que non se presenta en ningunha lista polo que vostede me está a mencionar. É unha persoa que ten inquietudes, e é unha persoa que tamén vai tratar, como somos este grupo, de cambiar a forma de facer as cousas.

9 Anónimo 08/07/2015 15:38

De verdad cree que puede hacer algo por Sarria?

José Manuel Bello:

Por suposto que si. Sarria ten un amplo abanico de necesidades que temos que tratar de darlles unha solución urxente. Non podemos seguir utilizando o molde das últimas lexislaturas, se non este concello seguirá co parón que todos estamos a apreciar.

10 Anónimo 08/07/2015 15:38

Se considera usted la marca blanca del PP

José Manuel Bello:

Non me considero marca branca. Son unha persoa independente que nunca me considerei suxeito a ningunha sigla. Na política debemos comezar a entender que o importante son as persoas e en ningún momento as siglas de partidos.

11 Anónimo 08/07/2015 15:38

¿Que sería o primeiro que faría por Sarria?

José Manuel Bello:

Contestar as 3.000 alegacións ao PXOM que están estancadas no noso Concello á espera dos resultados electorais para así non molestar a ninguén antes de tempo.

12 Anónimo 08/07/2015 15:38

bos dias,como se pode ser tan cegos para non saber valorar o traballo levado a cabo en todos os pobos do medio rural(que estan ai e se poden ver)e tamen no casco urban durante este mandato?

13 Anónimo 08/07/2015 15:38

Deme tres razones para votarle

José Manuel Bello:

Seriedade, moito traballo e cercanía coas veciñas e veciños desta vila.

14 Anónimo 08/07/2015 15:38

Dentro do voso partido, o Sr. Fortes poderá defender a política lingüística e cultural galeguista que sempre defendeu?

José Manuel Bello:

Por suposto que si. Dese vostede conta que somos un partido independente onde cada quen debe de aportar todos os plantexamentos posibles de cara a ter un Concello referente a nivel autonómico.

15 Anónimo 08/07/2015 15:38

¿Que posibilidades ten o seu partido de obter algún concelleiro?

José Manuel Bello:

Neste momento, considero, respectando as decisións dos votantes de Sarria, que as posibilidades de obter representación son moi altas.

16 Anónimo 08/07/2015 15:38

Es Usted nativo de Sarria? De que trabaja?

José Manuel Bello:

Si, son nativo de Sarria, concretamente, da aldea de Cesar, e traballo como profesor no instituto Gregorio Fernández.

17 Anónimo 08/07/2015 15:38

Buenos días ¿Crees que el motivo por el que el Señor Claudio no arregla el camino de Barreiros en Villar de Sarria, ni contesta a los escritos presentados en el ayuntamiento , sea que va de tercera en su lista su

18 Anónimo 08/07/2015 15:38

Teño máis ou menos a idade do seu pai, ¿Qué ofrecerías os da miña xeración se saes elixido alcalde?

José Manuel Bello:

Estar en contacto directo coa problemática que poidan ter as persoas da súa idade para darlles unha solución óptima e rápida.

19 Anónimo 08/07/2015 15:38

Leídas las entrevistas anteriores, personalmente solo me quedaría con una, y es por su “saber hacer política”. Opino que en Sarria algunos no saben hacer política si no caen en el halago propio desprestigiando al otro y criticándolo. ¿Qué le parece esa forma de hacer política? ¿Cree que es una buena opción venderse a uno mismo desprestigiando a los demás como han hecho el Sr. García, el Sr. Barrera y el Sr. Arias?

José Manuel Bello:

Non comparto esa forma de facer política. É totalmente nefasta. O que si lle pediría aos políticos que utilizan ese sistema que traten de facer plantexamentos para así poder solucionar a problemática do Concello desmarcándose quizais das directrices dos grandes partidos. Poden seguir de cerca a miña campaña, en ningún momento vou tratar de desprestixiar a ninguén. Esa valoración, desde o meu punto de vista persoal, correspóndelles ás sarrianas e sarrianos o día 22 á hora de exercer o seu dereito ao voto.

20 Anónimo 08/07/2015 15:38

¿Cre vostede que a inclusión de Profesor Fortes -antiguo e importante pilar do BNG-, vai favorecer as suas expectativas electorais?

José Manuel Bello:

Eu non "fichei" ao profesor Forte, se se lle pode chamar así, "fichar", pensando en ningún momento nas miñas expectativas electorais. O motivo polo cal contei con Fortes é porque é unha persoa traballadora, humilde, cercana á xente e que lle pode aportar a este goberno, se o pobo o cre oportuno, moitas cousas positivas para así poder saír do estancamento no que estamos inmersos.

21 Anónimo 08/07/2015 15:38

Dentro das súas aspiracións está a de ser alcalde.E se o fose,ten pensado dedicarse a elo?

22 Anónimo 08/07/2015 15:38

Porque se guia usted por Fernando Carlos Rodrig. si este señor lo tuvieron que hechar del PP para poder ganar elecciones en Sarria

José Manuel Bello:

Valoro moito a súa pregunta, pero teño que contestarlle que vostede está equivocado ou mal informado. Fernando Carlos é unha persoa que me merece un respeto, como todas as sarrianas e sarrianos, pero politicamente xa se demostrou no seu día que non pensabamos igual.

23 Anónimo 08/07/2015 15:38

El señor Fortes(Fuertes), se ha ido con usted con el fin de modificar el plan de encauzamiento y que no le tocara a la finca que tiene Antón Fortes en las Insuas

José Manuel Bello:

Non teño constancia de que Fortes vaia nunha candidatura por esa causa concreta. O que si creo é que Fortes, cando fixo política, sempre foi antepoñendo os intereses de todas as veciñas e veciños.

24 Anónimo 08/07/2015 15:38

Poderíasme explicar o termo independientes no voso propio logotipo "indepencientes de Galicia"

25 Anónimo 08/07/2015 15:38

Concreta que vas facer que non fixeran os outos.

José Manuel Bello:

Primeiro, se o pobo de Sarria nos dá o privilexio de gobernar este concello, é que non debe haber ningún concellal que teña dúas horas de adicación diarias, e cobre máis que o persoal laboral traballando unha xornada completa. Segundo, os políticos debemos predicar co exemplo e o alcalde considero que debe ter o mesmo salario que ostenta no traballo que está a realizar antes de chegar a alcalde. Non podemos facer política para tratar de alimentar, de forma esaxerada, a nosa economía.

26 Anónimo 08/07/2015 15:38

Con quien pactara en caso de que obtenga representacion teniendo en cuenta que en su lista va un rebotado del PP , del BLOQUE y del PSOE, conformando asi los tres primeros puestos de su lista

José Manuel Bello:

Debo dicirlles que non é unha lista de xente rebotada, é unha lista na cal imos un grupo de persoas que non depende para gañarse unha nómina do que poida pasar o 22 de maio. E por outra banda, nós imos tratar de sacar a representación suficiente para poder gobernar sen que haxa pactos esaxerados.

27 Anónimo 08/07/2015 15:38

¿como es que su número dos está de baja por stress y todos los dias está haciendo campaña en la calle? ¿empieza por ahí su plan de austeridad, cobrando las bajas y haciendo campaña?

José Manuel Bello:

Quero dicirlle que con esta pregunta vostede está equivocado. Pediríalle que se informara e cónstame que Antón Fortes, desde que estamos en precampaña, cumpriu estrictamente co seu posto de traballo.

28 Anónimo 08/07/2015 15:38

Sr. Bello, Usted como casi todos los independientes salio de las filas del PP porque no satisfacian sus deseos personales y se acompaña de un segundo que abandono el nacionalismo por causa parecida, ¿que pueden ofrecer a los ciudadanos de Sarria cuando anteponen sus intereses al bien común general?

José Manuel Bello:

En ningún momento estamos antepoñendo os nosos intereses. Hai formas diferentes de facer as cousas sen que sempre veñan impostas por persoas que non coñecen a nosa vila. O que tratamos é de buscar fórmulas que poidan garantizar ás veciñas e veciños o crecemento dos barrios e de todos os núcleos deste concello, co cal nos imos sentir ilusionados, sen pensar en siglas políticas.

29 Anónimo 08/07/2015 15:38

Su lista consiste en cabreados de los 3 grandes partidos ?

30 Anónimo 08/07/2015 15:38

¿Estaría disposto a pactar co PSOE? ¿E co PP?

31 Anónimo 08/07/2015 15:38

Son da opinión de que a sua meta é poder obter algún concelleiro -e non acadar a posibilidade de ser Alcalde-. No caso de chegar a ter votos bastantes pra acadar ese conselleiro ¿a quen apoyaría vostede pra acadar a alcaldía de non ter nadie a maioría absoluta (cousa moi probable, por certo)?

José Manuel Bello:

Neste momento, sen ver os resultados que se poidan dar o 22 de maio, é case imposible contestar á súa pregunta con precisión. O que si lle podo garantizar é que non imos facer pactos que supoñan un risco para o desenvolvemento do concello de Sarria.

32 Anónimo 08/07/2015 15:38

SR.BELLO: SEGUN CREO USTED FUE DEL PP, QUE LE HA LLEVADO A PARTICIPAR EN UNA NUEVA FORMACION POLITICA. ES POSIBLE CAMBIAR DE IDEOLOGÍA,SEGÚN LE VAYA A CADA UNO EN UNA FORMACION POLÍTICA?

José Manuel Bello:

Na política local, eu son partidario de que debemos valorar as persoas por inquietudes, por plantexamentos, por traballo, por cercanía, etc. Non é responsable pensar ideoloxicamente, porque se iso dera resultado, o noso Concello, do cal me sinto orgulloso, debería estar noutra situación de privilexio na cal non se encontra.

33 Anónimo 08/07/2015 15:38

En esta lejislatura observamos los pactos de gobierno con Terra Galega que todos fracasaron terminando en ruptura (Lancara , Samos) cuales son sus pretensiones de pacto , o pactar con el que más cosas le ofrezca usted personalmente

34 Anónimo 08/07/2015 15:38

Leídas las entrevistas anteriores, personalmente solo me quedaría con una por su decoro en las contestaciones y, vaya, no coincide con mi ideología política. ¿Va usted también a caer en

35 Anónimo 08/07/2015 15:36

Buenos días ¿Crees que el motivo por el que el Señor Claudio no arregla el camino de Barreiros en Villar de Sarria, ni contesta a los escritos presentados en el ayuntamiento por un vecino, discriminandolo asi, sea que va de tercera en su lista la mujer de este?

36 Anónimo 08/07/2015 15:38

cree que usted que va por el tercer partido en el que milita en los ultimos años, esta en politica por sus intereses personales

37 Anónimo 08/07/2015 15:38

No crees que los sarrianos te vemos reflejado en Pablo Toleiro , sacar un solo concejal para obtener más rendimiento personal que beneficio para los sarrianos

José Manuel Bello:

Poden os sarrianos ter claro que non son nin vou ser o reflexo desa persoa. Se fose así, estariamos xuntos na mesma candidatura.

38 Anónimo 08/07/2015 15:38

¿Síntese preparado para a alcaldía de Sarria?

José Manuel Bello:

Por suposto que si. De non ser así, non me plantexaría darlle opción aos nosos veciños a que me voten.

39 Anónimo 08/07/2015 15:38

Cuando dinero al mes vas a costarnos a los sarrianos si eres la famosa llave

José Manuel Bello:

Non considero que vaia costarlle diñeiro a este concello porque se gobernamos vou compensar con creces, con esforzo, con traballo, con dedicación, con cercanía, a este concello. A nómina que poida percibir.

40 Anónimo 08/07/2015 15:38

¿porque ese desprecio a Galicia no usando su lengua nativa y propia en el logo de campaña?

José Manuel Bello:

En ningún momento desprezo a Galicia porque eu son a primeira persoa que non oculto a miña identidade, o meu idioma habitual é o galego, pero tamén entendo e respeto a todos aqueles que me falan en castelán ou noutros idiomas.

41 Anónimo 08/07/2015 15:38

Claudio Garrido gobernó en el 1999 sacando solo tres concejales, José Antonio García en el 2003 con solo dos. Cree usted que podrá conseguir suficientes concejales para ser alcalde?

José Manuel Bello:

Si, os sarrianos facilitarannos representación suficiente para poder representar este concello incluso con máis representantes que vostede me plantexa na pregunta.

42 Anónimo 08/07/2015 15:38

¿Que hai de certo no rumor que circulaba polo pobo nas pasadas municipais de que a súa candidatura fora presentada por que vostede necesitaba ser Concelleiro para conseguir a praza de funcionario en Sarria, e si formaba parte da lista do PP este partido non lle aseguraba un posto con posibilidades de resultar elexido?

José Manuel Bello:

Iso é mentira, e vostede pode comprobalo neste momento. Eu son funcionario, traballo no Gregorio Fernández e nas pasadas muncipais non obtiven representación. Con isto, o que si pediría aos grandes partidos, aos que lles molesta plantexamentos de xente moderada e cercana, que se dedicaran a loitar por mellorar o noso concello e que non se preocuparan tanto en desgastar, crear falacias hacia aquelas persoas que dan opcións diferentes ás que eles plantexan.

43 José Manuel Bello 08/07/2015 15:38

Quero reiterar o meu agradecemento a La Voz de Galicia pola oportunidade dada en participar nesta entrevista dixital, dado que o partido co que concorro non ten representación algunha. Tamén quero agradecer ás veciñas e veciños de Sarria por esas preguntas, incluso esas dudas que lles intentei resolver, e aproveito para pedirlles que calquera dúbida que poidan ter, estou a disposición deles na rúa, que non dubiden en plantexarme o que crean necesario. Tamén poden enviarme preguntas, se o cren oportuno, ou suxerencias, ao correo electrónico idega@hotmail.es, onde llelas contestarei con moito gusto. Moitas grazas e bos días.