Open uri20150703 3 genetu?1435924685

Foi alcalde na lexislatura anterior. Na actualidade, o PP
conta con 8 concelleiros. García é parlamentario autonómico,
ademais de portavoz do PP de Sarria.

1 José Antonio García 08/07/2015 15:32

Bos días a todas e todos os veciños de Sarria, quero en primeiro lugar dar as grazas a la Voz de Galicia, por permitirme neste foro aberto e o abeiro das novas tecnoloxías contestar todas as preguntas que calquer veciño de Sarria me queira facer, neste momentos preelectorais. Gracias por tanto a todos.

2 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Que vai ser o primeiro que cambie con respecto ó actual goberno local se chega a ser alcalde?

José Antonio García:

Necesitase facer moito cambios no Concello, o primeiro é adaptar a economía do mesmo a situacion real de Sarria, non pode ser que a xente esté pasando un momento dificil, empresas, comercio, sector agrario, servicios e sen embargo o Concello de Sarria esté nun ámbito de gasto publico superfluo e prescindible que o leva a un deficit historico que terán que pagar os veciños os próximos anos e hai que comenzar a volcar toda a actividade municipal a procura de recuperar a economía de Sarria e crear emprego, por primeira vez en Sarria hai mais de mil parados, sobre todos os xovenes.

3 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Qué opinión le merece el PXOM y el Plan de Encauzamiento?

José Antonio García:

Son dous documentos importantisimos que deben marcar o futuro de Sarria, desgracidamente despois de catro anos non se levaron a cabo, e o que se andivo é totalmente negativo, o pxom deixa en situción alegal o oitenta por cento das propiedades de Sarria e a moitos veciños arruinados, ese non e un documento que poda sair adiante pois condena a Sarria a estancarse moitos anos.

4 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Que proyectos tendria pensado hacer el PP en caso de llegar a formar el equipo de gobierno y que sean proyectos realistas?

José Antonio García:

primeiro hai que facer unha reducción do deficit que ten o concello para que non quede hipotecado definitivamente como está agora, hai que baixar gasto superfluo, soldos de politicos, e outros despilfarros e hai que tentar incentivar a creación de emprego, de solo industrial e cumprir co gasto social dos que mais o necesitan, Sarria merece recuperar a súa puxanza dentro dunha comarca tradicionalmente emprenderora e traballadora

5 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Dejará su puesto en el Parlamento de Galicia si sale elegido alcalde de Sarria?

José Antonio García:

si, sen dúbida, Sarria merece co seu Alcalde teña unha adicación total a un Concello que se atopa nunha situación tan delicada e a politica local debe facerse ao lado da xente e no dia a dia e non dende outras instancias.

6 Anónimo 08/07/2015 15:32

Bos días:¿canto aportou a Xunta pra a construcion da piscina?Gracias

José Antonio García:

Sarria non ten piscina climatizada, as mentiras sobre a pileta deste goberno fixo que se perdera a financiación que durante catro anos a Xunta de Galicia tivo, hoxe en día Sarria non ten piscina por culpa do pacto de Goberno que se fixo no Concello e das mentiras que o sustentaron

7 Anónimo 08/07/2015 15:32

cál é a situación económico do Concello?

José Antonio García:

a situación é moi complicada, recentemente tivose que aprobar un plan de reequilibrio financieiro polo déficit histórico do Concello no ano 2009, de case tres millóns de Euros, o Alcalde Sr. Garrido e os socios de goberno gastaron o que non tiñan, e o seu testamento é a subida de impostos no ano 2012 ( ibi, vehiculos) e novas taxas, os Sarrianos pagaremos nos proximos anos un goberno de despilfarro e gasto

8 Anónimo 08/07/2015 15:32

dígame una propuesta para la juventud y las personas mayores.

José Antonio García:

nestes tempos non hai maior proposta para a xuventude que que as administracións publicas e entre elas de forma clara o concello se preocupen por politicas de creación de emprego, Sarria non se pode permitir ter mais de mil persoas no paro, como ten agora e deixar que os nosos mozos e mozas teñan que irse porque no seu pobo non hai futuro, os maiores traballaron toda a súa vida para que agora o Concello e as administracións lles podan garantir uns servicios sociais de calidade, Sarria ten carencias como a dun centro de día que unha poboación como a nosa non se pode permitir, tamen se precisan mais prazas de residencia.

9 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Por qué en los últimos años los sarrianos hemos sufrido tantas sanciones en lo referente por negligencias evidentes en la gestión como el edificiode la calexa, la nave construída sin permisos etc, que suponen jugosas multas para las arcas municipales?

José Antonio García:

Sarria a día de hoxe non recibiu nengunha Sanción economica, si que hai expedientes abertos por que sí é certo que Sarria ten unhas normas urbanisticas do ano 1981, que en moitos casos producen problemas na interpretación porque as leis cambiaron moito dende enton, e´ preciso un pxom que sexa claro e que permitar a propietarios, veciños e Concello traballar coa seguridade xuridica dunha normativa actualizada e coherente coa lexislacion vixente.

10 Anónimo 08/07/2015 15:32

como va lo de la reclamacion de los ligo emprega en sarria

José Antonio García:

Fai mais dunha semana 25 xovenes presentaron reclamacións no Concello por esa Selección, e constame que son mais os que as estan presentando, foron procesos de selección arbitrarios e discriminatorios, non houbo temarios que estudiar, non houbo criterios na entrevista, só houbo un procesos para contratar a xente desempregada por seis meses, que cando pasen as eleccións se volven a ir á rua. Estas politicas socialistas de emprego levaron a España a case cinco millóns de parados e a Sarria por primeira vez a máil de mil desempregados....os tribunais acabarán facendo xustiza

11 Anónimo 08/07/2015 15:32

Despues de haber gobernado con Claudio Garrido en el 2003, como es posible hacer de oposicion

José Antonio García:

no ano dous mil sete eu fun alcalde e Claudio Garrido fixome oposición, como é posible entón, o partido popular de Sarria fixo nestes catro anos unha oposición constructiva e coherente con todas a suas postulacións dende hai moitos anos.

12 Anónimo 08/07/2015 15:32

En caso de ser necesario contaria con outro trnasfuga para acceder de novo a alcaldia?

José Antonio García:

o pacto de goberno do 2003 foi legal e lexitimo e positivo para Sarria, as urnas xa demostraron que os Sarrianos o apoiaron dende enton pese a todas a maniobras do sr. Garrido, e catro anos despois os Sarrianos voltaron a confiar no partido popular que ganou as eleccións dende entón. Pense vostede no pacto tripartito actual e de donde ven cada un, veremos o que dí o pobo o 22 de maior. E a grandeza da democracias, que o final e cada catro anos son os veciños o que opinan sobre os pactos de goberno.

13 Anónimo 08/07/2015 15:32

Pódese facer algo para que o tren non morra

14 Anónimo 08/07/2015 15:32

Cuáles son las líneas fundamentales del proyecto del pp para los próximos cuatro años?

15 Anónimo 08/07/2015 15:32

Dado que el pp no tiene apoyos de otros grupos ¿ pactaría su grupo con IG?

José Antonio García:

o PP ganou as ultimas eleccions en Sarria, quedouse a moi poucos votos da maioría absoluta, e todos o partidos que perderan unironse en base a intereses persoais e que non gobernara o partido popular, a nosa ilusión hoxe e acadar a maioría sufecinte para poder gobernar e que os que perden non se volver a unir para solucionar os seus intereses persoais e partidarios.

16 Anónimo 08/07/2015 15:32

Ve usted posible ralizar una auditoria externa para que los sarrianos sepamos la situación ecónomica real del concello?

José Antonio García:

Véxoa posible e necesaria, a situación economica do Concello e lamentable, o Sr. Garrido e o seu tripartito, gastaron os catrocentos millóns das antiguas pesetas que deixamos nunha conta do canon da auga, gastou os setecentos millóns de pesetas que lle corresponderon a Sarria polo plan E, incrementou os préstamos bancarios pedidos polo concello, e por riba acadou un deficit historico nas contas do ano 09, con case 3 millóns de euros que teñen que pagarse non proximos catro anos, para colmo no ultimo pleno deuse conta de mais de mil facturas que estan sen pagar en situación de concello moroso para ese mil proveedores, esto e sinxelamente insostenible para Sarria.

17 Anónimo 08/07/2015 15:32

Sarria, como o resto da sociedade, ten unha porcentaxe importante de poboación envellecida, que precisa atencións e servizos. ¿Cre que será posible contar pronto cun centro de día? É unha preocupación para moitos veciños

José Antonio García:

O Centro de Día é un servicio necesario e co que contan todolos concellos de galicia da dimensión de Sarria e mais pequenos ainda. o Sr. Garrido presentou no 2008 un proxecto e dixo que ían iniciarse as obras, hoxe demostrouse que era todo mentira.

18 Anónimo 08/07/2015 15:32

Si usted es alcalde , aprobara el PXOM ?

José Antonio García:

Sarria necesita urxentemente unha normativa urbanistica de futuro , Sarria necesita pois un pxom, pero non o actual, que deixa fora de ordenación o oitenta por cento dos edificios de Sarria, que arruina a moitos propietarios e que recibiu caseque tres mil alegacións dos veciños, porcentualmente a maior oposición veciñal de Galicia, o Sr. Garrido e o tripartito, ante iste panorama gardarono nun caixon durante o ultimo ano, para continualo despois das eleccións , esto é xogar cos intereses dos veciños.... para tentar seguir no poder... inadmisible

19 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Que porcentaxe de probabilidades ten de volver ser alcalde?

José Antonio García:

As que me otorgue a confianza dos Sarrianos, dende fai anos esa confianza é constante o que me fai ter unha grande ilusión porque o partido popular esta vez si poda traballar desde o Goberno polo noso concello de Sarria

20 Anónimo 08/07/2015 15:32

Como valorá de 0 a 10 la gestión del tripartito está legislatura? Señale su mayor acierto y su peor decisión. Gracias

José Antonio García:

Desgraciadamente para os veciños a xestión é nefasta, tiveron máis diñeiro que nadie ( mais de mil millóns de pesetas extraordinarios ) e perderon a oportunidade de cambiar Sarria, que segue esmorecendo, incapaz de crear emprego para os xovenes, de ter solo industrial para novas empresas, de ter aparcamentos publicos novos, de ter un trafico fluido, de impedir que pechen comercios e autonomos .... e de ter unha deuda que van pagar os veciños nos proximos anos cos seus impostos....

21 Anónimo 08/07/2015 15:32

Considera que Sarria experimento una gran mejoria , teniendo en cuenta que dispusieron de 1100 millones de pesetas en esta lejislatura

José Antonio García:

na linea anterior, ese diñeiro é mais do que tivo o Concello nos ultimos quince anos, sen embargo Sarria hoxe é mais pobre que hai catro anos

22 Anónimo 08/07/2015 15:32

que le parece la situacion economica y del paro de sarria en la actualidad

José Antonio García:

mais de mil personas en paro, e a maioría xovenes e parados procedentes doutros sectores que sempre foron puxantes en Sarria, esa debe ser a primeira preocupación do Concello e non o gastos superfluos e os soldos excesivos

23 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Con qué partidos estaría dispuesto a pactar el PP de Sarria para gobernar y con cuáles no lo haría?

José Antonio García:

o PP aspira a gobernar Sarria, coa confianza dos veciños, sen depender de ningun interes axeno a xeral do Concello, esa e a nosa ilusión e a nosa meta

24 Anónimo 08/07/2015 15:32

Non teño claro a quén vou a votar, como me convencería para votar por vostede?

José Antonio García:

propoñemos un concello austero e transparente, que sexa capaz de estar cerca dos problemas reais dos veciños de Sarria, abandonar a propaganda actual e axudar a que os sarrianos podamos vivir un pouco mellor

25 Anónimo 08/07/2015 15:32

Buenos días, me parece usted un buen candidato para impulsar la Villa de Sarria. Cuál sería su gran proyecto?

José Antonio García:

Xa lle digo, o gran proxecto é que Sarria saia do pozo actual, sexa un concello apetecible para vivir nel xovenes e maiores e un Concello onde se podan asentar novas empresas e sexa atractivo para os sarrianos.

26 Anónimo 08/07/2015 15:32

Si usted es alcalde , cobraran losmismos sueldos que el actual equipo de gobierno ?

José Antonio García:

no, levarei o compromiso expreso de rebaixar os costos do grupo de goberno, e cobrarei menos que cobra o actual alcalde, os politicos non podemos vivir por riba do que viven os nosos veciños nun momento de crisis economica

27 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Qué pasa con las 7 sanciones de la Consellería de Cultura y Vivienda de 60.000€ cada una correspondientes a el mismo nº de licencias otorgadas por usted en la Outarela, amén del pufo que deja en el pueblo con lo de Eoski?

José Antonio García:

No pobo de Sarria, non quedou ningun pufo, esa licencia como todas as dadas contan con todolos informes tecnicos e xuridicos, o propio concello actual reconoceu que non cabe ningunha responsabilidade municipal patrimonial, ainda que o Sr. Garrido e os socialistas tentaron ver aqui un filon electoral de ataque cara a miña persoa. lamentablemente para eles non da para mais o seu affaire

28 José Antonio García 08/07/2015 15:32

Moitas grazas a todos polas vosas preguntas e a la Voz de galicia por permitirme este foro de opinion os meus veciños, lamento que queden as derradeiras preguntas sen contestar por falta de tempo, ainda que tentei ser breve e rapido, en todo caso estarei encantado de contestarvos en persoa en Sarria a quen así o desexedes. Moitas grazas e bos dias