Open uri20150703 3 1o1tx3k?1435924727

É membro do equipo de goberno e delegado de Cultura e
Medio Rural. É o único concelleiro do BNG.

1 Xermán Arias 08/07/2015 15:34

Boas tardes. Antes que nada, darlles as grazas a todas as persoas que participan neste chat, e a La Voz de Galicia por dar a oportunidade de facelo posible.

2 Anónimo 08/07/2015 15:34

¿Porque cree usted que Sarria necesita un alcalde del BNG como otros pueblos, Monforte, Allariz, Pontevedra....?

Xermán Arias:

Boas tardes, creo que na propia pregunta está a resposta. Se facemos unha visita a estes pobos e facemos un balance de como eran antes e como están despois do paso do BNG polo Concello aí está a resposta de por que Sarria tamén necesita un alcalde do BNG.

3 Anónimo 08/07/2015 15:34

Sus planes de futuro pacto de gobierno es continuar con el Sr, Garrido de Alcalde , a cambio de su dedicacion parcial.

Xermán Arias:

Os planes de futuro decídeos a cidadanía nas urnas. Nós non facemos planes antes das eleccións e agardaremos o resultado para tomar as decisións que se estimen oportunas no momento.

4 Anónimo 08/07/2015 15:34

Como representante da xuventude , xa que teño 24 años, ¿Qué faría para ocupar o noso tempo tanto de ocio como cultural? Moitas grazas

Xermán Arias:

Xa neste mandato hai un amplo abano de actividades culturais que non sempre son seguidas, como era de desexar. No futuro tentaremos ampliar e mellorar esta oferta, así como as instalacións que nos permitan levar a cabo esta actividades.

5 Anónimo 08/07/2015 15:34

Para cuando a carretera de Cedrón a Becerreá?

Xermán Arias:

Xa me gustaría que estivera a competencia nas miñas mans, pero é unha competencia supramunicipal. Non depende directamente da vontade do Concello, aínda que si me comprometo a traballar o que poida para que sexa unha realidade canto antes.

6 Anónimo 08/07/2015 15:34

Moi bos días, quería saber que opina da situación laboral dos mozos e mozas sarriáns e que punto cre vostede que é chave para atallar este problema. Graciñas!

Xermán Arias:

A situación, evidentemente, non é boa, nin en Sarria nin en ningunha parte. Unha vez máis, as competencias municipais en materia de emprego son moi limitadas, pero no programa levamos algunhas iniciativas ao respecto, que agora serían moi longas de explicar, pero están abertas a todas as persoas que queiran coñecelas.

7 Anónimo 08/07/2015 15:34

En el PXOM , Piscina en las Insuais , campo de Barbadelo ... usted siempre voto a favor del interes del Sr. Garrido y en contra de los vecinos , no cree que esto le puede pasar una factura demasiado cara en las urnas ?

Xermán Arias:

Iso non é así. As miñas decisións foron sempre froito do consenso cos meus compañeiros de partido e pódolle asegurar que o que primou sempre nestas decisións foi o interese xeral, tanto nestes temas como noutros máis.

8 Anónimo 08/07/2015 15:34

Sabela Caldas se negó a formar gobierno con el Sr.Garrido y Anton Fortes tambien se niega a resignarse al Sr. Garrido ,no cree que al BNG le perjudica enormemente los pactos con este Sr.

Xermán Arias:

Teño que insistir, aínda que me faga pesado, en que as decisións do BNG tómanas os afiliados do BNG. As persoas que vostede cita, hai moito que non pertencen ao BNG. No primeiro caso, foi expulsada fulminantemente despois do desprezo que fixo á democracia coas súas accións. Hai que destacar que no BNG, os tránsfugas expúlsanse rapidamente, mentres que noutros partidos promociónanse para máis altas empresas. No segundo caso, é unha persoa que non milita no BNG desde hai anos, e non teño nada máis que dicir.

9 Anónimo 08/07/2015 15:34

Quixera saber saber cómo explica ós órganos directivos provinciais do BNG o seguidismo que segue a todas as propostas e políticas que plantexa o Alcalde de Sarria. É Consciente do malestar que esiste entre os afiliados sarriáns do BNG acerca desta maneira de facer política?

Xermán Arias:

Ese malestar, evidentemente, non o percibo, porque todos os militantes e simpatizantes participan das decisións que tomamos e das políticas que facemos. Outra cousa é que xente que non é do BNG teña esa opinión, pero iso é unha opinión persoal de cada quen, que eu respeto, pero non comparto.

10 Anónimo 08/07/2015 15:34

Nos últimos tempos a súa acción caracterizouse pola seriedade e pola capacidade de traballo, en cambio a laboura doutros non pode decir o mesmo. ¿Como valoraría vostede a acción do BNG no concello de 0 a 10?

Xermán Arias:

Agradézolle as palabras. Ese polo menos é o obxectivo do meu traballo no Concello. En canto á valoración, prefiro que sexan os cidadáns os que a fagan.

11 Anónimo 08/07/2015 15:34

¿volverá a pactar con el psoe? hemos visto que muchos de sus objetivos no se han llevado a cabo - ¿Por qué? ¿no le han dejado?

Xermán Arias:

Non podo estar dacordo. A gran maioría dos obxectivos si que se levaron a cabo ou estase en proceso de que sexan realidade, polo tanto non teño a percepción que vostede comenta.

12 Anónimo 08/07/2015 15:34

¿Achegou a acción do BNG o concello ao medio rural de Sarria?

Xermán Arias:

Eu entendo que si. Se temos en conta que estamos ante un récord na inversión no medio rural, e tamén outras medidas, como a creación dunha brigada específica para o medio rural. Creo que son pasos para ese obxectivo que nos marcamos ao principio, que non é outro que vivir no rural non signifique un agravio comparativo con vivir na vila. Non é unha tarefa fácil, ben o sabemos, pero a medio prazo estou convencido de que pode ser unha realidade.

13 Anónimo 08/07/2015 15:34

¿Pactará de novo o BNG co PSOE?

Xermán Arias:

Xa o contestei antes. Non nos plantexamos obxectivos antes de saber os resultados. O noso obxectivo é acadar uns bos resultados e despois xa se tomará a decisión que corresponda.

14 Anónimo 08/07/2015 15:34

Sendo lutier, como é que estás en politica?

Xermán Arias:

Esa mesma pregunta me fago eu moitas veces. É unha cuestión de compromiso co meu pobo e co meu país. Non me parece que se poida pasar a vida opinando e criticando situacións que un considera mellorables sen intentar cambialas. Esa é basicamente a razón.

15 Anónimo 08/07/2015 15:34

deme usted alguna razón para votarle en las próximas elecciones aún siendo castellano

Xermán Arias:

Creo que tés as mesmas razóns sendo castellano que sendo galego. O único que che podo ofrecer é un proxecto político serio e un empeño persoal de seriedade, traballo e compromiso.

16 Anónimo 08/07/2015 15:34

Cales son as principais propostas que nos fas para que veciño de Sarria vote BNG?

Xermán Arias:

É complicado resumilo, tendo en conta que o tempo é limitado e queremos que entre o maior número de preguntas posibles. Remítote ao noso programa, que en breve se poderá mirar e consultar.

17 Anónimo 08/07/2015 15:34

¿cando foi a ultima vez que se rozaron as silvas na rua Castelao?a rua mais transitada de Sarria por riba da calvo sotelo

Xermán Arias:

Pois non creo que haxa moito tempo porque co tempo tan favorable que vén para que medren, todos sabemos que en poucos días son capaces de medrar moito.

18 Anónimo 08/07/2015 15:34

Vistos os cambios producidos en Sarria na última lexislatura, non cree vostede que a xestión en materia cultural foi a mellor da historia deste concello

Xermán Arias:

Que vou dicir eu, eu traballei para que así fora, e creo que en boa parte se conseguiu. Polo tanto, estou bastante satisfeito destas actividades culturais e para o futuro o obxectivo é consolidar unha programación de bo nivel, simplemente o que Sarria se merece.

19 Anónimo 08/07/2015 15:34

Din que en política todo vale, ¿parecelle xusto a cantidade de mentiras e de calumnias que verteu o PP na última lexislatura? ¿E agora a súa marca blanca Pinche-Fortes?

Xermán Arias:

Eu son dos que din que en política non todo vale. Foi unha frase que repetín en bastantes plenos, en resposta a unha actitude do PP que eu, evidentemente, non comparto. Os que pensen que en política todo vale, que actúen como mellor lles pareza, eu fareino en conciencia.

20 Anónimo 08/07/2015 15:34

¿O paso polo goberno de Sarria do BNG serviu para fortalecer o tecido asociativo cultural no concello?

Xermán Arias:

Eu entendo que si. A proba é que hai máis asociacións ca nunca e neste aspecto, penso que a saúde do tecido asociativo é moi boa.

21 Anónimo 08/07/2015 15:34

Sabela Caldas se negó a formar gobierno con el Sr.Garrido y Anton Fortes tambien se niega a resignarse al Sr. Garrido ,no cree que al BNG le perjudica enormemente los pactos con este Sr.

22 Anónimo 08/07/2015 15:34

¿Volvería votar as mismas persoas en caso de novo pacto ainda sabendo (imaxino que e así) que en Asuntos Sociales a concejala está moi lonxe de ganarse o soldo?

Xermán Arias:

Esa é unha opinión que respeto, pero que non comparto. Creo que en asuntos sociais, como noutras facetas, se deu un paso adiante.

23 Anónimo 08/07/2015 15:34

esta uste de acuerdo con el alcalde con el que cogobierna que le echa la culpa al bng en la xunta, de que sarria no tenga piscina climatizada

Xermán Arias:

Non sei se o alcalde fai iso. A min nunca mo manifestou. Evidentemente, Sarria ten unha piscina climatizada adxudicada e coa obra empezada, con participación da Deputación de Lugo, que está cogobernada polo BNG. Con iso creo que lle respondo.

24 Anónimo 08/07/2015 15:34

Cantas actividades culturais programou a Deputación

Xermán Arias:

Cantidade. Non coñezo o número exacto, pero máis dun cento. Teño que dicir que, sen a participación da área de Cultura da Deputación esta importante programación cultural en Sarria da que levamos falando nesta charla no tería sido posible.

25 Anónimo 08/07/2015 15:34

Le parece normal su sueldo de media jornada con más de 1000 parados en Sarria

Xermán Arias:

Non está ben informado. Teño unha adicación de sete horas ao día, das cales boto dez. E os 1.000 parados de Sarria son un problema para os afectados e para todos en xeral, pero mesturar unha cousa coa outra creo que non é moi axeitado, porque non teñen nada que ver.

26 Anónimo 08/07/2015 15:34

cuanto llevas invertido en Vilei

Xermán Arias:

Eu non levo invertido nada. A obra de Vilei foi froito dun convenio entre o Concello e a Consellería de Vivenda. A Consellería aportaba o 80% da inversión, e o Concello o resto. Foi unha obra que paliou unha situación de deterioro moi importante no entorno do Camiño de Santiago. Tamén habería que preguntarse cantos anos había que non se invertía nada en Vilei.

27 Anónimo 08/07/2015 15:34

Que suerte tuvo el BNG en está convocatoria, se os fue Fortes(Fuertes), que por cierto estando de baja por stress anda haciendo campaña por la calle, ¿ como ve hoy al BNG de Sarria, porque muchos militantes históricos estaban muy contentos con la marcha de Fuertes?

Xermán Arias:

Vexo o BNG de Sarria con moi boa saúde e son sempre máis os que veñen que os que se van.

28 Anónimo 08/07/2015 15:34

Cree vostede que o BNG faría de Sarria un pobo semellante a Allariz se tivera maioría absoluta no concello

Xermán Arias:

Que duda cabe de que Allariz é un referente para todas as vilas. Conseguiron darlle a volta a unha situación precaria para convertelo nun referente a nivel europeo. Dende logo que é un bo exemplo para traballar por Sarria.

29 Anónimo 08/07/2015 15:34

Una compañeira de goberno (non de partido) está facendo as contrataciós na Residencia dun xeito irregular, imaxino que vostede terá coñecemento do que pasa ¿PORQUE SI O FAI UN CONCELLAL DO "EQUIPO" GARDA SILENCIO E DESPOIS DENUNCIANO CANDO O FA I A OPOSICIÓN . E desalentador para os votantes.

Xermán Arias:

As contratacións na Residencia son legais a todos os efectos. De feito, as impugnacións que houbo, en todos os casos a Xustiza lle deu a razón ao Concello. O que si se fixo foi mellorar as situacións laborais das traballadoras e traballadores e darlles unha seguridade que antes non tiñan.

30 Anónimo 08/07/2015 15:36

nesta lexislatura acometeuse un importante labor de asfaltado de carreteras, ¿quedou algunha sen asfaltar, pero que significa iso de que non se executan os plnas do 2009?

Xermán Arias:

Evidentemente, fíxose un gran esforzo na rexeneración de asfaltados no Concello. Non se rematou, e neste momento séguese a traballar niso. Si que é certo que a Xunta de Galiza ten sen executar o PDRS (plan de desenvolvemento rural sostible) 2009, que inclúe 14 pistas en moi mal estado, e cun orzamento de 410.026,66 euros. Cando se execute este plan, xunto co PEIM do 2010, tamén competencia da Xunta, digamos que os viais do Concello, a inmensa maioría, quedarán rexenerados. Estos plans son pistas incluídas polo Concello con orzamento a cargo da Xunta e do Goberno central, e a contratación e a execución depende exclusivamente da Xunta de Galiza.

31 Anónimo 08/07/2015 15:34

Colocan la señalización de varios pueblos a menos de un mes de las elecciones municipales, ¿no le parece un fin excesivamente electoral? Gracias. Buenos días.

Xermán Arias:

En absoluto. Isto é froito dun convenio coa Deputación, que ten o seu proceso administrativo e que o Concello aporta a man de obra para a colocación. Sen as persoas que nos corresponderon no Plan Emprega, sería complicado afrontar este traballo. Son cuestións que se iniciaron hai bastante tempo e que rematarán en breve.

32 Anónimo 08/07/2015 15:36

Nas aldeas de Sarria carecemos de unha señalización acorde, e dende fai tempo demandamoslle a tódolos alcaldes que tivo o noso concello, Claudio, José Antonio, Arturo, un plan de señalización, eu creo que se isto non o fai o BNG non o vai a facer ninguen, para cando ten previsto poñelo en marcha

Xermán Arias:

Xa estamos con iso. Como contestaba na pregunta anterior, neste momento estanse a colocar os sinais indicadores que tamén normalizan a toponimia das aldeas do concello. Temos previsto colocar uns 180 sinais e cumprir así unha demanda dos veciños dende hai moitos anos.

33 Anónimo 08/07/2015 15:36

Non teño claro a quén vou a votar, como me convencería para que votara polo BNG

Xermán Arias:

Pódolle dicir que temos un proxecto político serio, onde o obxectivo é Galicia e os galegos e galegas. As decisións que toma o BNG non están condicionadas por direcións do partido que están noutros lugares, loxicamente, con outros intereses. Como dicía, o noso único obxectivo é Galicia e as persoas que aquí vivimos. En canto ao persoal, como dicía noutra pregunta, comprométome a aportar traballo, seriedade e compromiso.

34 Anónimo 08/07/2015 15:36

Usted consiguio una subvención de 50 millones de pesetas y de la gran extensión que supone la paarroquia de Barbadelo , este dinero fue empleado exclusivamente para arreglar Viley una localidad de cuatro casas entre ellas la de sus padres , no resulta demasiado evidente el interes personal suyo a favor de esta localidad y en detrimento del resto de Barbadelo

Xermán Arias:

Parece que vostede coñece pouco a parroquia de Barbadelo e as actuacións que nela se fixeron, e noutras parroquias. Entendo que é unha maneira de desprestixiar o traballo, pero téñolle que dicir o mesmo que contestei noutras preguntas, e non vou volver repetir. A actuación foi baseada en criterios de necesidade e, por se lle interesa sabelo, eu xa hai anos que non vivo en Vilei.

35 Anónimo 08/07/2015 15:36

Despues de que Fortes abandonase el BNG teneis algun tipo de esperanza de conseguir un resultado que no sea vergonzoso?

Xermán Arias:

As nosas esperanzas baséanse exclusivamente en explicarlle aos veciños e veciñas o noso proxecto político. A persoa que vostede cita aí, hai anos que deixou o BNG e, afortunadamente, seguimos sobrevivindo e medrando.

36 Anónimo 08/07/2015 15:36

Nunca he votado al BNG, en cambio de esta vez si que le voy a votar a usted, porque ha sido el mejor concejal de Cultura que ha tenido Sarria.¿Cuales fueron para usted los principales logros en materia de cultura en esta legislatura?, ¿cuales son sus proyectos de futuro?

Xermán Arias:

Grazas por estas palabras. Os principais logros creo que empezarían polo cambio na dinámica cultural do pobo e despois citaría cousas puntuais, como a aula de teatro, os distintos cursos que están funcionando moi ben, o arranxo do antigo cárcere para o museo comarcal e moitos máis que sería moi longo de enumerar. Os proxectos son seguir mellorando esta oferta e dotar a Sarria dunhas instalacións acorde con esta programación. Falo sobre todo da remodelación da Casa da Cultura, que nos vai permitir contar cun auditorio como Sarria se merece.

37 Anónimo 08/07/2015 15:36

Como representante do BNG no concello de Sarria, ¿Cales foron os logros conseguidos por vostede ao longo desta lexislatura? Grazas.

38 Anónimo 08/07/2015 15:36

No caso de saíra elixido alcalde ¿Cales serían as súas prioridades para o desenrrolo económico, social e cultural do concello?

Xermán Arias:

É complicado contestar coa brevidade que require a ocasión. Remítoo ao noso programa, que en breve se dará a coñecer a todos os veciños e veciñas.

39 Anónimo 08/07/2015 15:36

No le parece que no supo aprovechar su poder en el equipo de gobierno y no pasar estos 4 años a la sombra y discipina del Alcalde

Xermán Arias:

Esa é a súa opinión, que evidentemente non comparto. Creo que os feitos falan por si mesmos e calquera persoa pode comprobar o traballo que se fixo nestes catro anos. Dende reivindicacións históricas como a piscina, o campo de fútbol ou o museo, ata outro tipo de actuacións non tan importantes, pero si eficaces para mellorar a calidade de vida de todos os sarrianos.

40 Anónimo 08/07/2015 15:36

Que ocurrira con aquellas personas que viven y tienen sus negocios en las casas que pensais tirar al lado del rio?

Xermán Arias:

Que eu saiba, non se pensa tirar ningún negocio ao lado do río. Existe un proxecto para o plan de encauzamento, que vai garantir a seguridade das persoas e dos bens con respecto ás inundacións, e que tamén vai dar a posibilidade de que Sarria disfrute dun ben moi escaso nestes momentos, como son as zonas libres, verdes, no centro do pobo. O plan de encauzamento suporá un cambio radical en Sarria, que fará a vila moito máis atractiva para propios e extraños.

41 Anónimo 08/07/2015 15:36

Boas tardes, vivo no rural e quería preguntarlle o Concelleiro si lle parece normal gastar 40 millons das antigas pesetas diante da súa casa en Barbadelo e sen embargo non invertir en moitos núcleos que lles facía moita falta. Gracias.

42 Anónimo 08/07/2015 15:36

Por que os ha costado tanto hacer la lista para vuestra candidatura?

Xermán Arias:

Esa é unha información que non se corresponde para nada coa realidade. A lista foi moi doada de facer porque moita xente se quixo sumar ao proxecto do BNG.

43 Xermán Arias 08/07/2015 15:36

Quero agradecer a todos a participación. Evidentemente, o tempo é o que é, pero calquera persoa que queira coñecer máis sobre estes ou outros temas, estou á súa enteira disposición e grazas tamén a La Voz de Galicia. Foi un pracer participar.