Open uri20150703 3 1y62y41?1435925243

O rexedor nacionalista goberna en coalición co PSdeG

1 Miguel Anxo Fernández Lores 08/07/2015 16:39

Olá amigos e amigas, bos días a todos

2 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Non pesa que estar máis de 12 anos é perpetuarse no poder?, só por iso xa non podo votar BNG

Miguel Anxo Fernández Lores:

En absoluto, todo depende da ilusión, das proposta novedosas que se teñan para o futuro do teu concello. Non son o único alcalde que leva máis de tres lexislaturas e non escoitei dicer iso do alcalde de Lalín ou do de Madrid.

3 Anónimo 08/07/2015 16:39

Pontevedra muy "bonita"para los turistas y para el ciudadano poco servicial ¿ y el rural ?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Grazas por recoñecer a transformación da cidade. O que é bonito para o turista é tamén bo para os cidadáns. O rural tamén se transformou aínda que queda moito por facer no futuro. Neste mandato tentaremos e priorizaremos elementos de calidade urbana e servizos a todos os habitantes do concello

4 Anónimo 08/07/2015 16:39

Porque temos tan poucos kilómetros de carril-bici?

Miguel Anxo Fernández Lores:

En primeiro lugar porque a cidade de Pontevedra é unha cidade de tamaño pequeno onde todas as rúas, e especialmente as do centro son de coexistencia de usos, o cal quere dicer que a bici circula ao mesmo nível que o veículo ou o peón. Si tentaremos incrementar o carril bici nas vías de maior tráfico, nas vías nas que haxa preferencia do tráfico motorizado como a avenida de Marín,

5 Anónimo 08/07/2015 16:39

Bos días, que é o máis importante que lle falta por facer en Ponteverda nestes momentos.

Miguel Anxo Fernández Lores:

Son moitas as necesidades. Especialmente en infraestruturas que agora mesmo se están executando, nova Ronda Interior Urbana. Hospital único de Montecelo, mellora e coordenación do transporte público interurbano pendente dun convenio coa xunta. Recuperación definitiva da Ría co traslado de Ence e Elnosa. E todo iso sen nos esquecer da atención ás pequenas cousas

6 Anónimo 08/07/2015 16:39

No suposto de non conseguir novamente a alcaldía, seguería vostede na política o retornaría a exercer a mediciña.

Miguel Anxo Fernández Lores:

Eu estou ao servizo dos cidadáns alí onde a decisión democrática dos pontevedreses me coloquen. O meu interese é unicamente server aos intereses de Pontevedra. O cal non quere dicer que non bote de menos a ,medicina ou que desbote algún día voltar exercela.

7 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Por qué no podemos disfrutar los pontevedreses de un complejo comercial y de entretenimiento como en otras ciudades?

Miguel Anxo Fernández Lores:

O modelo de Pontevedra consiste en facer de toda a cidade un gran centro comercial urbano onde se poida mercar, pasear, desfrutar e complementar cunha grande variedade de actividades económicas. Seguindo os máis avanzados modelos de recuperación urbana que favorecen ao comercio local (o que máis emprego crea tanto en calidade como en cantidade), comercio local que vertebra as cidades e as fai máis cohesionadas e dinámicas. Ese modelo francés de centros comerciais xa se veu o resultado que deu en Franza en Portugal ou en cidades como A Coruña que ten soliviantados aos comerciantes locais.

8 Anónimo 08/07/2015 16:39

Como é posible que cada "lombo" teña unha altura diferente e se lle dera o visto e prace desde os políticos e os técnicos do concello?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Os lombos salvavidas cumpre unha función de calmar o tráfico e permitir a accesibilidade universal das persoas. As características técnicas máis importantes non son a alturá senón a pendente de entrada e saída que no concello de Pontevedra chegaron os técnicos á conclusión, á espera de que exista unha normativa homologábel ao respeito, dun 6%

9 Anónimo 08/07/2015 16:39

A publicidade oficial das festas (da Peregrina) adoita incluír as touradas, pensa retirar esta promoción da tortura animal do material que edita o Concello?

Miguel Anxo Fernández Lores:

É coñecido o posicionamento do BNG e da miña persoa sobre esta cuestión. Eliminación da subvención existente até o momento que cheguei á alcaldía. Non é o Concello a administración competente para prohibir ou non esta barbaridade.

10 Anónimo 08/07/2015 16:39

Cales son os planes nun futuro próximo con ENCE? Estase a negociar que veña algunha industria a cidade ou algún plan para incrementar a consistencia económica da cidade?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Os plans do Concello de Pontevedra son coñecidos e públicos desde hai moito tempo: traslado xa de ENCE ELNOSA e recuperación da Ría de Pontevedra para as actividades propias (marisqueo, pesca de baixura, lecer, deportes náuticos, turismo . . .). Todos os días nos terreos industriais que aínda nos quedan e que poderían ser máis no futuro se a Xunta non discrimina a Pontevedra e nos aproba o planeamento onde existen 14 polígonos industriais e comerciais que nos permitirían seguir a avanzar neste problema.

11 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿De qué año es la foto de sus carteles electorales Sr. Lores?

Miguel Anxo Fernández Lores:

De hai 15 días. E sen retoque ningún. Éche o que hai.

12 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Por qué vostede sempre di que Telmo é de Sanxenxo, se vostede e de Vilalonga e o Sr. Louro de Carnota, acaso son mellores? ¿Por qué Pontevedra é a única cidade que non ten bus urbán?

Miguel Anxo Fernández Lores:

O problema non é de onde eres, senón onde vives e a quen lle queres.

13 Anónimo 08/07/2015 16:39

Alcalde, como ve a situación pontevedresa en termos de normalización lingüística?

Miguel Anxo Fernández Lores:

En termos xerais, a situación é semellante a de outras cidades: existen agresións ao noso idioma dende a Xunta e cómpren accións positivas para que o galego ocupe o lugar que lle corresponde como lingua propia de Galiza. En Pontevedra estamos a desenvolver esas accións positivas no Concello.

14 Anónimo 08/07/2015 16:39

vivo y he apostado por la zona monumental rehabilitando una vivienda, pero veo que su gobierno no ha hecho nada por mejorarla, la cruzan coches sin tarjetas de residentes, los pubs campan a sus anchas y se ha abierto un aferhours foco de peleas e incidentes varios. piensan hacer algo? o simplemente cambiaran unas piedras por otras?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Alégrome moito de que se decidise por viver en Pontevedra e na zona monumental. Pódolle asegurar que, independentemente de que teñamos moito que mellorar, a zona monumental actual non ten nada a ver coa zona de hai doce anos. E hoxe por hoxe é a máis recuñerada e dinámica de toda Galiza.

15 Anónimo 08/07/2015 16:39

Su modelo de ciudad se basa en parte, en una reordenación del tráfico y en una humanización de la ciudad (me parece bien, pero con bastantes matices en las actuaciones realizadas), pero ha sido un fracaso en cuanto a la generación de empleo en los 12 años (más de un 20% de paro), ¿qué es lo que piensa hacer a nivel local para favorecer la creación de empleo o usted es de los que piensa que un ayuntamiento no puede hacer nada? Muchas gracias por su atención

Miguel Anxo Fernández Lores:

Non logro entender que vantaxe ten que a cidade non estea bonita, humanizada, etc a respeito da creación de emprego. Cando menos recoñecerame que a respeito do turismo, da hostelaría, da restauración e do comercio (que son, por certo, un dos sectores que máis emprego xeran) o modelo de cidade xera riqueza e favorece o dinamismo económico.

16 Anónimo 08/07/2015 16:39

Señor Lores ¿Qué opina del retraso en la licitación de las obras del Desdoblamiento de la avenida de Vigo? ¿No le preocupa que si no se inician pronto las obras se pierda la dotación de 5.450.000 euros de los presupuestos generales del estado?

Miguel Anxo Fernández Lores:

E que vou opinar? non me satisface. Teña vostede a seguridade que os cartos non se perderan e a obra se iniciará proximamente e será un avance sustancial na mellora da mobilidade nesa zona da cidade.

17 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Cuáles son para ustedes los motivos de que Pontevedra tenga tan malos datos de paro? ¿Y qué soluciones proponen?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Se vostede analisa os últimos datos estamos na media de cidades das nosas características. Convén tamén dicer que somos a cidade máis xoven de Galiza e polo tanto temos a maior poboación activa de Galiza. Promover o comercio, o turismo e o desenvolvemento industrial e residencial que está neste intre sendo boicoteado pola Xunta de Galiza impedindo a aprobación do novo PXOM

18 Anónimo 08/07/2015 16:39

Corríjame si me equivoco pero, ¿por qué no están colgados los presupuestos en la página web del municipio?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Os orzamentos están aquí: http://www.pontevedra.eu/index.php/mod.pags/mem....

19 Anónimo 08/07/2015 16:39

siga haciendolo asi de bien

Miguel Anxo Fernández Lores:

Moitas grazas

20 Anónimo 08/07/2015 16:39

Cando está previsto que se inicien as obras de desdobramento da avenida de vigo?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Grazas pola túa pergunta, pero xa a respondín antes

21 Anónimo 08/07/2015 16:39

Para cando unha cidade limpa de porquería e ordeada respecto ao tráfico? Recorde: menos papeis, cabichas,... máis papeleras; menos semáforos, máis policía e máis orde!

Miguel Anxo Fernández Lores:

Sempre quedan cousas que mellorar e moito traballo por facer, pero non comparto a súa visión catastrofista. O concello, as administracións en xeral, temos que tomar iniciativas, pero en moitos temas dos que citas é imprescindíbel a colaboración cidadá. Seguro que contaremos con vostede.

22 Anónimo 08/07/2015 16:39

Expoña tres razons polas que os xovenes con formación universitaria debemos permanecer en Pontevedra e non ir buscar traballo fora.

Miguel Anxo Fernández Lores:

Porque necesitamos do esforzo de todos e todas para quitar esta cidade adiante; porque a Pontevedra faille falta xente formada e con gañas de traballar e, sobre todo, porque temos por diante un futuro ilusionante

23 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Mirará por los gatos callejeros de esta ciudad?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Temos un convenio de colaboración coa Asociación Protectora de Animais e estase a desenvolver con, por exemplo, a previsión dun refuxio para animais abandoados. Moitas grazas

24 Anónimo 08/07/2015 16:39

que lle parece que o alcalde de arzua non se poida presentar ás eleccións por culpa dunha denuncia inxusta do pp

Miguel Anxo Fernández Lores:

A lexislación aplicada foi pensada para outras situacións. É un exemplo do xeito de actuar do PP máis bairrobaixeiro. Imos traballar, o BNG vai traballar, para que estas situacións non se produzan.

25 Anónimo 08/07/2015 16:39

No cree que ya llego la hora de que entre aire fresco, venga de donde venga...?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Respecto todas as opinión, pero dubido que haxa persoas que lle queiran a Pontevedra máis ca min para seguir a traballar por ela. Grazas

26 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿estivo vostede en Amsterdam algunha vez? ¿viu os carris bici que teñen en Holanda?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Estiven. En Holanda hai un modelo de convivencia de tráficos moi extendido que utiliza as bicicletas como freo para os vehículos a motor. Eu prefiro definir o modelo en Pontevedra e adaptalo ás nosas necesidades. De todos xeitos, agora é Amsterdam quen importa as nosas solucións.

27 Anónimo 08/07/2015 16:39

Buenos días, Sr. Lores, encantado de saludarlo. ¿Dejará, por fin, que gobierne la lista más votada? ¿O tendremos que volver a resignarnos a que los que pierden pacten, conculcando la verdadera voluntad del electorado? ¿Para cuando fin del botellón y del alcoholismo callejero? Gracias por sus respuestas.

Miguel Anxo Fernández Lores:

Penso que xa respondín a esta pregunta hai uns momentos. Grazas

28 Anónimo 08/07/2015 16:39

Non lle faría falla a cidade aumentar a súa vida universitaria?

Miguel Anxo Fernández Lores:

Por suposto que si. Temos unha proposta de goberno que aposta por iso. Queremos completar os estudos relacionados coas artes e tamén co ámbito sociosanitario especializando o campus pontevedrés. mantemos contactos asiduos co Reitorado e traballamos na ampliación e novas dotacións para o campus.

29 Miguel Anxo Fernández Lores 08/07/2015 16:39

Moitas grazas a todos e todas: sei que as vosas preguntas e propostas van axudarnos a mellorar. Grazas tamén á Voz de Galicia por facilitar o contacto directo coa cidadanía.