Open uri20150703 3 dkghq4?1435925339

O actual tenente de alcalde volve encabezar a candidatura
do BNG

1 Santiago Domínguez 08/07/2015 17:26

Bo día a todos e todas. Estou encantado de poder compartir con vós este momento no que agardo poder clarexarvos as dúbidas e interrogantes que poidades ter sobre a nosa acción política.

2 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Cual es su retribución?

Santiago Domínguez:

2.940 euros mensuais.

3 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Cree que el gran número de conflictos con el Puerto puede deberse a una excesiva independencia del Ayuntamiento?

Santiago Domínguez:

Non, creo que os permanentes conflitos entre Porto e Concello se dan pola utilización electoralista que se viu facendo os últimos anos do Porto de Vigo.

4 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Cual es su relación con el Sr. Abel Caballero?.

Santiago Domínguez:

Unha relación norma, cordial, no sentido de que estivemos traballando para cumprir un pacto de goberno, que era a nosa principal preocupación. Como dúas forzas políticas diferentes que somos, houbo algunha discrepancia en certos temas.

5 Anónimo 08/07/2015 17:26

Es rentable para una ciudad como Vigo un Gobierno Bipartito con el coste financiero que tiene frente a un gobierno de un sólo partido. De llegara a acuerods no sería sufieciente con que apoyasen en las votaciones?

Santiago Domínguez:

É falso que un goberno bipartito supoña un maior custe para os cidadáns. En Vigo, temos un exemplo. Un goberno con maioría absoluta de 15 concelleiros non foi quen de aprobar dous orzamentos, co cal esta cidade en dous anos contou con 0 pesetas de investimento. Iso si é un despilfarro.

6 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Cómo mejorarían ustedes el transporte público en la ciudad?

Santiago Domínguez:

En primeiro lugar temos unha proposta de recuperación dos tranvías. Sería a creación dunha primeira liña que vertebraría un amplo espazo da cidade. En segundo lugar, a creación do Consorcio Metropolitano de Transporte, para coordinar autobús, ferrocarril, transporte de ría, tranvía... coa creación tamén do billete único intermodal que serviría para empregar calquera tipo de transporte na Área Metropolitana de Vigo.

7 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Cree que las inversiones anunciadas en otros aeropuertos gallegos suponen una competencia injusta para el aeropuerto vigués?

Santiago Domínguez:

Creo que o problema dos aeroportos galegos é a falta de planificación da actual Xunta de Galiza. Creo que os tres aeroportos non teñen que competir entre si, senón complementarse, cun verdadeiro plan galego do espazo aeroportuario.

8 Anónimo 08/07/2015 17:26

Que opina de la iinmensa carterleria de la ALCALDIA que coste tiene? . Si lo pagan las empresas adjudicatarias no cree que éstas repercuten su coste en el presupuesto?

Santiago Domínguez:

Descoñezo o custe desa cartelería e penso que o importante é que as cousas que se fan nesta cidade se fagan de tal maneira que os vigueses e viguesas se sintan os protagonistas.

9 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Qué posición adopta vostede e qué solucións propón frente á conflictividade laboral do sector do metal que criba a reputación dos estaleiros da ría, polos retrasos nas entregas, dificultando novos contratos?

Santiago Domínguez:

Ten que haber unha aposta por parte do goberno autonómico a prol do sector naval, como fixo o BNG cando dirixía a consellaría de industria no anterior goberno autonómico. Hai que esixir do goberno central que o sector naval sexa considerado prioritario no marco das políticas da Unión Europea. Non é de recibo que mentres os nosos estaleiros o están a pasar mal se potencien acordos con estados de fóra de UE e non se nos deixe traballar aquí, como ocorre en Navantia Ferrol. No noso programa reivindicamos a creación do centro de reparacións naval na nosa ría, o que sería unha boa alternativa para momentos coma este, no que a carga de traballo é menor.

10 Anónimo 08/07/2015 17:26

SI EL BNG SACA 3 CONCEJALES, EL PSOE 11 Y EL PP 13, ¿DEJARÍA GOBERNAR AL PP?

Santiago Domínguez:

Non entra nas miñas hipóteses obter 3 concelleiros. Aspiramos a alcaldía, e polo tanto a ter a maioría no próximo goberno municipal.

11 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Pensan incluir a Vigo na ruta europea do modernismo como instrumento de promoción?

Santiago Domínguez:

Nestes últimos anos, através da Concellaría de Turismo fíxose un grande esforzo pola promoción de Vigo a todos os niveis. A nosa aposta foi por facer de Vigo cidade receptora de congresos, cruceiros, etcétera. Seguiremos ampliando este traballo, promocionando Vigo en todas as rotas.

12 Anónimo 08/07/2015 17:26

que pasa con la reforma del estadio balaidos?

Santiago Domínguez:

Desde o BNG sempre apostamos por reformar o Estadio de Balaídos. Fomos a única forza política que presentou un proxecto viable e serio que outros deixaron no caixón. Agora ben, neste momento, e coa situación de crise que temos, teño que dicir que se non participan o resto das administracións, o concello non pode permitirse un investimento tan alto.

13 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Su grupo se plantea instaurar una política de reducción de gasto o creen más en una mayor intervención del Ayuntamiento en los asuntos sociales y económicos?

Santiago Domínguez:

O BNG ten claro os dous eixes fundamentais polos que apostar no vindeiro mandato. Unificación e vertebración dos recursos existentes para loitar contra a crise e non só non rebaixar senón aumentar ata un 8% os orzamentos de benestar. A redución de gasto non pode darse, como está a facer o Partido Popular na Xunta nos servizos sociais, nos servizos públicos e na atención aos colectivos menos favorecidos.

14 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Pensa por trabas ou limita-la creación de novos centros comerciais na cidade?

Santiago Domínguez:

Por suposto que si. De feito unha das medidas será estabelecer un regulamento consensuado coas asociacións de comerciantes para dificultar a implantación destas áreas. Nós sempre apostaremos polo pequeno e mediano comercio contra as grandes áreas.

15 Anónimo 08/07/2015 17:26

prometio reducir el ruido en el casco viejo, la realidad es que hay el doble, (plaza constitucion) , que impide cumplirlo ??

Santiago Domínguez:

Prometín apostar pola recuperación e dinamización do Casco Vello, que penso que está cumprido. Non hai máis que pasear por el para comprobalo. Así, elevamos substancialmente a calidade de vida dos veciños e veciñas que alí viven. Co tema do ruído, dicir que sempre apostaremos por unha cidade moito máis sustentable e ecolóxica e que polo tanto, unha das accións fundamentais é ir eliminando paulatinamente todo o tráfico do contorno do noso Casco Vello.

16 Anónimo 08/07/2015 17:26

Criticable los muebles de Coriña para la Alcaldía, pero ¿ Cual fué el coste de la candidatura de vigo a la Univeriada, un evento sin ninguna repercusión mediática ? ¿ La revista famosa del Concello ? ¿ los Cojines ?

Santiago Domínguez:

O gasto da presentación da candidatura da Universiada ascendeu a 1 millón de euros. Non comparto que non tivese ningunha repercusión. Vigo foi promocionado no mundo do deporte e da universidade. O retorno económico conseguido nos grandes eventos deportivos celebrados na nosa cidade despois da Universiada foi de 4 millóns e medio de euros. Descoñezo o retorno para a cidade dos collíns ou dos mobles do despacho da señora Porro.

17 Anónimo 08/07/2015 17:26

Alcaldia o Concello?

Santiago Domínguez:

Concello, sempre.

18 Anónimo 08/07/2015 17:26

Señor Domingue usted no ve usted desorbitado el coste de la estacion del señor Mayne. No veria usted con mejores ojos recuperar con ese dinero el casco viejo de nuestra ciudad compleatmente o realizar el proyecto de Moneo para el ayuntamiento de Vigo que aportaria a la ciudad un espacio de muchas mas calidad que el que propone el desorbitado proyecto de Tom Mayne. Le rogaria que contase para los proyectos de nuestra ciudad con arquitectos gallegos que no envidian a ningun arquitectos estrella que contraten de fuera. Muchas gracias señor Dominguez.

Santiago Domínguez:

Creo que é precisa unha nova estación de tren, sen entrar a valorar o proxecto. O que si me gustaría é que paralelamente á realización dese proxecto os vigueses e viguesas xa puidesen disfrutar do AVE e dun servizo de cercanías como xa hai en outros territorios do Estado. Decirlle tamén a vostede que todos os proxectos do BNG neste mandato (Pinacoteca, Centro Galego de Fotografía, Centro de Servizos Sociais de Coia, Pavillón de Navia...) foron encargadados todos a arquitectos galegos, e na súa gran maioría, vigueses.

19 Anónimo 08/07/2015 17:23

Santi, me gustaria saber por que en Castrelos un espectacular parque y auditorio, lo tenemos tan mal cuidado, especialemente el auditorio.¿ves viable una remodelacion, ampliacion o reesctructuracion para ese magnifico entorno?Adrian Esi

Santiago Domínguez:

O Auditorio Municipal foi remodelado neste último ano e xa nas festas deste verán xa se puido comprobar esta remodelación.

20 Anónimo 08/07/2015 17:23

¿Pensa importa-la solución dos lombos de Pontevedra para esta cidade?

Santiago Domínguez:

Nós consideramos que calquera solución pode ser boa para calmar o tráfico, incluída esta, porque apostamos por unha cidade co tráfico cada vez máis restrinxido e máis lento.

21 Anónimo 08/07/2015 17:23

Opinión privilegios Polítiocs, : 19 de Marzo, voy al Zoo , falta de aparcamientos y aparco mal sin molestar. ME MULTAN . Días después Usted mientras en un acto elestoral en la Plaza de la indepencia su coche oficial mal apracado en Zona peatonal con un Parking debajo. ¿ Le parece justo ?

Santiago Domínguez:

Non son consciente da circunstancia que vostede me comenta. Pero si foi así, non me parece xusto.

22 Anónimo 08/07/2015 17:26

Defina brevemente al Sr. Figueroa.

Santiago Domínguez:

Un político de Vigo.

23 Anónimo 08/07/2015 17:26

Que opinión le merece que el ciudadano disponga de un 40-50% menos de espacio para aparcar en superficie?.Considera que el coche es un privilegio y hay que demonizarlo?.Va Ud. a traer a Vigo nuevamente el campeonato del mundo de F1 de lanchas motoras en la ria de Vigo?

Santiago Domínguez:

Non creo que haxa que demonizar o uso do coche pero si regulalo. O BNG sempre tivo claro que a cidade ten que ser para as persoas. Este ano tentamos volver traer ese campeonato e non foi posible porque noutros lugares ofertaban cantidades desorbitadas que non estabamos dispostos a asumir nunha situación económica como a actual.

24 Anónimo 08/07/2015 17:26

Dende a sua chegada ao poder, Peinador perdeu 4 rutas. ¿Porque en 4 anos de goberno non fixo nada polo aeroporto de Peinador? Por favor, non conteste excusandose na Xunta, xa que os primeiros anos de goberno a Xunta era tamen bipartita.

Santiago Domínguez:

Xa respondín nunha pregunta anterior.

25 Anónimo 08/07/2015 17:26

lamentábelmente un erro fixo que a miña pergunta ficase sen ser realizada. O BNG puxo (ao meu criterio) a intelexencia política no actual periodo de governo municipal, e o PSOE adicouse , basicamente a xestionar os fondos estatais do Plan E. ¿Coidas que a cidanía viguesa sancionará positivamente a actuación do BNG e depositara a sua confianza nesta Organizacion Política?. De non ser asi seria a pòsición do BNG de oposición contundente á política de extrema derita do PP. Grazas/Xan

Santiago Domínguez:

Estou convencido, e así o agardo, que a cidadanía vai saber valorar o traballo dos concelleiros e concelleiras do BNG neste mandato. No caso de que a cidadanía non o fixese así, aceptaríamolo e seguiremos traballando por Vigo, como sempre fixemos.

26 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Podería Vigo ter centros comerciais como Marineda ou Ikea ó igual que A Coruña, e que favorecen que moita xente de fóra da cidade vaia a comprar?

Santiago Domínguez:

Estas grandes áreas comerciais que vostede cita non deixan riqueza na cidade, e está comprobado que axudan ao peche do pequeno e mediano comercio alí onde se implantan.

27 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Cal será a súa política de subvencións co Celta?

Santiago Domínguez:

Teño dito moitas veces que as Sociedades Ánonimas Deportivas non deben recibir subvencións públicas. Outra cousa é o apoio que desde outras facetas se lle poida prestar ao equipo máis representativo da nosa cidade. Eu son socio e abonado de Río Baixo desde hai moitos anos.

28 Anónimo 08/07/2015 17:26

Quixera coñecer a súa opinión sobre se é ou non un problema o narcoconsumo e o narcotráfico na cidade na que aspira a ser alcalde,e se no seu programa hai algunha referencia a este tema

Santiago Domínguez:

Sempre que, aínda que sexa mínimo, exista un foco de narcotráfico na nosa cidade é moi preocupante. No noso programa de benestar social temos medidas claras como a aposta polo Plan Local de Drogas no que se contemplan medidas non só para o tratamento dos drogodependentes senón tamén os traballos de prevención que xa se viñeron realizando estes últimos 4 anos cos mozos e mozas de Vigo. Neste último ano, os programas de prevención chegaron a máis de 10.000 escolares.

29 Anónimo 08/07/2015 17:26

ola santi, ¿qué políticas q se poidan definir como nacionalistas fará o BNG se chega á alcaldia? grazas (fdo: eiranova)

Santiago Domínguez:

A aposta pola nosa cultura, a recuperación do noso patrimonio e da nosa lingua serán liñas fundamentais do noso traballo. Ser nacionalista é tamén apostar polos nosos sectores económicos básicos e cercanos. Apostar polos traballadores e traballadoras de Vigo e Galiza, polo empresariado autóctono... En definitiva, ser nacionalista significa reivindicar o papel de Vigo como motor industrial de Galiza sen plegarnos ás directrices de Madrid.

30 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Está de acuerdo con fomentar la explotación comercial del puerto con centros comerciales o quizá no debería de permitirse esta práctica?

Santiago Domínguez:

O Porto de Vigo sempre foi un pilar básico da nosa económica, atendendo á súa propia especialidade económica. Como dicía antes, o problema é que cando se emprega o porto como trampolín electoral non se busca o desenvolvemento económico senón as accións que "lucen máis" ou dan votos.

31 Anónimo 08/07/2015 17:26

si tuviera que decidir que su hijo hablase inglés o gallego qué elegiría?

Santiago Domínguez:

Galego e inglés.

32 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Cómo enfocan ustedes el tema de la marcha nocturna en la ciudad, especialmente en algunas zonas?

Santiago Domínguez:

Temos claro que hai compatibilizar o lecer e o descanso dos veciños.

33 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Qué solucións concretas propoñen para alivia-la situación da xente con menos recursos?

Santiago Domínguez:

Desde o Concello non temos todas as competencias en materia de protección social, pero as que temos, como fixemos nestes catro anos, teñen que estar ao servizo de todos os sectores desfavorecidos: incremento das axudas a libros e comedores escolares, incremento das axudas para a atención no fogar, incremento das axudas de emerxencia social, aumento dos programas xantar na casa ou o "bonotaxi" para os discapacitados. En definitiva, aumentar a cobertura social.

34 Anónimo 08/07/2015 17:26

que programa presenta, el del PSOE o el del bloque: digame en el caso de diferencias en que momento rompería el pazto

Santiago Domínguez:

O BNG acostuma presentar o seu propio programa. Temos aportado sempre aos distintos gobernos dos que formamos parte estabilidade e seriedade para levar adiante o pactado.

35 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Por qué tes que ter chófer?

Santiago Domínguez:

O coche oficial é un servizo que emprego para desprazarme a aqueles actos institucionais que realizo como representante da cidadanía en calidade de teniente alcalde. Os veciños e veciñas piden que esteamos nos actos que eles organizan, nas celebracións que realizan, etcétera. Sería imposible atender todo isto cunha axenda na que a unha hora hai que estar nun sitio e 15 minutos despois noutro se non tivesemos este servizo.

36 Anónimo 08/07/2015 17:26

Me parece increible que un proyecto como el barrio del cura tan necesario para el casco vello lleve tantos años parado. Se compromete a impulsar este proyecto? o va a dejar que se muera?

Santiago Domínguez:

O BNG foi precisamente quen incorporou ao Plan Xeral este importante proxecto para o Casco Vello e para a cidade. Se temos a maioría no futuro goberno traballaremos para levar adiante este proxecto.

37 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Quiere usted desterrar el castellano de toda la administración local?

Santiago Domínguez:

En absoluto. O que quero é que o galego, como lingua oficial en Vigo e en Galiza siga tendo un uso preferente e siga sendo apoiado desde a administración, porque é indubidable que a día de hoxe non ten os mesmos dereitos nen os mesmos apoios que a outra lingua oficial.

38 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Cuál es para usted el principal problema de la ciudad?

Santiago Domínguez:

Sen dúbida, a crise económica e o paro.

39 Santiago Domínguez 08/07/2015 17:26

Téñovos que deixar, teño agora outro acto en axenda. Agradézovos as vosas preguntas, que demostran que, ao igual que a min vos preocupa esta cidade e queredes o mellor para ela. Bicos, apertas e saúdos. E por suposto, o 22 de maio, votade ao BNG.