Candidato do BNG á alcaldía de Santiago
O candidato nacionalista charlará cos lectores de La Voz
de Galicia.
Bo día. Moitas grazas por facerme as preguntas que consideredes de interese e agardo poder contestar o máximo número delas nesta hora que temos por diante.
Que opina Vostede do movemento Demovracia Real Ya?
Creo que é normal que existan moitas persoas neste País indignadas coas políticas realizadas até o de agora polo PP como polo PSOE. O BNG vén denunciando dende hai moito tempo que cada día vivimos nunha democracia de menor intensidade e de menor calidade. A xestión desta crise económica pon de manifesto unha vez máis que pagan xustos por pecadores, quen non provocou esta crise está sufrindo e padecendo todas as súas consecuencias. O que sería normal, é que con todo o que está acontecendo, a xente non se rebelase contra as políticas do PSOE en Madrid e do PP na Xunta de Galiza. A indignación é unha condición necesaria, pero non suficiente. Hai que indignarse, hai que mobilizarse pero tamén hai que dar pasos para que as cousas cambien e este domingo 22 temos unha importante cita nese sentido. Se nós non votamos, outros votan por nós. E hoxe en Galiza e en Santiago, existe alternativa a esas políticas, existe futuro, existe BNG.
¿que seria o primeiro que cambiaría na cidade se o domingo saise vostede alcalde?
Para min habería dous tipos de medidas absolutamente prioritarias, as primeiras referidas á creación de emprego e as segundas´referidas á mellora da mobilidade (tráfico, aparcamento en superficie, funcionamento do transporte público... en definitiva, modelo de cidade)
¿Non cre que aínda segue a ser un descoñecido?
É evidente que para unha organización política que se presenta a unhas eleccións o grao de coñecemento do seu candidato é importante, nese sentido o BNG fixo unha aposta arriscada pero importante. Estou convencido de que as organizacións poolíticas que non se renovan antes ou despois acábaas renovando a sociedade, e o BNG fixo unha aposta non individual, senón dun equipo de persoas nas que compaxina experiencia como a das compañeiras Elvira Cienfuegos e Olga Pedreira, actuais concelleiras, e a renovación doutras como é o meu caso. Estou convencido de que os veciños e as veciñas ven con bos ollos a renovación e a entrada de aire fresco no Pazo de Raxoi. Iso sempre é bo contra a rutina e o estancamento. O importante é ter ilusión, proxecto e gañas de traballar. E a iso non me gaña ningún dos outros candidatos.
Van apostar dende o BNG por abrir novos centros socioculturais? Son necesarios?
O BNG impulsou un modelo cultural en Santiago que é referencial non só en Galiza, senón en todo o Estado. Un dos elementos claves dese modelo é a democratización do acceso á cultura, iso consiste en facer unha programación non só para "elites culturais" senón para todos os públicos e accesíbel no conxunto do concello. De aí, que Santiago se teña dotado dunha rede de centros socioculturais sen parangón noutro concello do noso tamaño, o que nos permitiu achegar programación cultural a barrios e parroquias do rural que doutro xeito terían moi complicado acceder a unha oferta deste tipo. É importante poder contar coa Real Filharmonía no Auditorio, pero tamén é importante que os rapaces do rural poidan contar cunha actuación de monicreques. Para poder facer iso é necesario actualizar e reforzar a rede de centros existentes, pero tamén acometer a construción de novos centros sobre todo nas zonas de expansión da cidade. Agora mesmo, están en proceso ou proxectados tres novos centros, un en Santa Marta, outro para dar servizo ás Cancelas-Salgueiriños-Meixonfrío e outro máis no Romaño-Vista Alegre.
bos días, Rubén son unha veciña do barrio de San Pedro e quería preguntarche si nas tuas propostas está a de peatonalizar dita rua? moitas gracias
Resulta evidente que as sucesivas reformas da calzada desa rúa, que se realizaron dende o Consorcio, non son a solución idónea ao xulgar polo seu estado actual. O BNG que durante estes últimos catro anos tivo a responsabilidade de Casco Histórico e Rehabilitación acometeu diferentes actuacións nese barrio sempre en diálogo permanente cos veciños e veciñas e que melloraron e humanizaron substancialmente a zona. En calquera caso, está en fase de redacción o Plan de Mobilidade sostible que terá que conterá un estudo pormenorizado dos fluxos de tráfico rodado e peonil na cidade e, polo tanto, calquera actuación que se faga no futuro deberá estar contrastada previamente, ademais de cos vecilños e veciñas, cos datos que se desprenda do mesmo.
En que se diferencia a política de turismo do BNG e a do PP? Que lle pareceu o Xacobeo?
A política de turismo que impulsou o BNG nestes últimos catro anos baseouse nunha planificación a medio prazo consensuada co sector a través do Plan Estratéxico de Tursimo 2009-2015, que recolle entre outras prioridades aumentar o fluxo de turistas e os seus lugares de procedencia (facendo especial fincapé en novos mercados como América, Europa do leste e Asia) a través do impulso das novas infaestruturas de comunicación (nova terminal de Lavacolla, AVE, vías de alta capacidade...) Ademais, apostar por unha maior diversificación dos produtos ofertados, facendo especial fincapé no turismo de congresos, turismo gastronómico, turismo de natureza e cultural... e mellorar a estadía media e o gasto medio mediante estratexias de colaboración con outros concellos para poder ofertar paquetes turísticos conxuntos con epicentro en Santiago. A antítese do que acabo de dicir foi a actuación do PP, que provocou que por primeira vez en 30 anos, o aeroporto de Lavacolla non tivese ningunha conexión internacional durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo, ou a realización dunha política de fomento das liñas de baixo custe a todas luces ineficaz, ineficiente e que en vez de guiarse por criterios turísticos ou económicos o fai por criterios exclusivamente electorais. Con respecto ao Xacobeo, que se pode dicir dunha Xunta que inaugurou o Xacobeo en Mondariz (por onde non pasa ningún dos múltiples camniños de Santiago) que tentou eliminar a palabra Santiago da súa promoción publicitaria ou que se sacou inicialmente unha convocatoria de axudas para a realización de congresos con motivo do Xacobeo onde se favorecía aqueles que se realizasen fóra de Santiago....
Veño do Milladoiro a traballar todos os día a Santiago. Que solucións de aparcamento ten o BNG?
Non existe unha variña máxica que poida solucionar de golpe nin o problema do aparcamento nin o problemas de tráfico que ten hoxe Santiago. Pero dende o BNG estamos convencidos de que as couas poden mellorar substancialmente se abordamos o problema de raíz. Hoxe mesmo entrou en funcionamento o túnel do Hóoreo, ou no futuro se acometerá a tan necesaria ampliación da AP-9 ao seu paso por Santiago. Sendo estas actuacións moi importantes para a mellora da circulación na cidade, non van resolver tampoucoo problema estrutural. En Santiago circulan ao día máis de 100.000 vehículosprivados, dos que o 75% proceden de fóra. Só se pode abordar o problema da mobilidade na nosa cidade dende unha perspectiva comarcal, polo tanto, o primeiro paso é sentar nunha mesa Concello de Santiago, Xunta de Galiza (que é a que ten as competencias en transporte metropolitano) e concellos limítrofes (Ames, Teo, Oroso...) Dende a mellora do transporte público mediante a revisión da conectividade con barrios e parroquias, na mellora das súas frecuencias, na redución de tempos reformulando o funcioamento dos aparcadoiros de borde e impulsando aparcadoiros en orixe nos concellos antes sinalados, sen renunicar a medidas a máis medio-longo prazo para nós fundamentais como son o metro lixeiro ou un futuríbel tren de proximidade.
Por que cre que o PP de Conde Roa o quería apartar dos debates electorais?
Porque tentou gañar un debate non mediante o contraste das ideas e propostas, senón pola exclusión do contrincante. Afortunadamente, Santiago de Compostela e o conxunto de Galiza politicamente non son unha cousa de dous e non se lle pode excluír ou silenciar nun debate sobre política municipal a unha forza política que estivo 12 anos gobernando nesta cidade e que contou nas pasadas eleccións municipais co apoio de case 8.000 veciños e veciñas. Afortunadamente gañou a democracia, gañou a pluralidade, a liberdade de expresión, gañou Santiago.
Se o BNG segue a ter as competencias de Cultura, seguirá mantendo a mesma política que ata agora? Que opina do que di Conde Roa da Sala Nasa?
O señor Conde Roa realmente se saca a máscara e se ve realmente o seu talante cada vez que fala da Nasa. É unha aberración que o máximo responsábel da oposición dunha cidade como Santiago cualifique a unha auténcica "institución cultural" como foi, é e será a sala Nasa de colaboradora co terrorismo. Calquera veciño ou veciña de Santiago sabe que a sala Nasa ten unha traxectoria intachábel de dinamización cultural, de apoio aos novos creadores, de promoción da noo idioma e cultura. A sala Nasa é sinónimo de vangarda, de teatro, e non doutro tipo de actividades. A acusación en si mesma é gravísima e dende aquí convídolle a que rectifique e pida desculpas. Isto pon ás claras a dobre moral do PP, que critica que o Concello de Santiago colabore con esta sala ao tempo que dende a Xunta de Galiza cos gobernos de Fraga e Feijóo colaboraron con esta sala durante 15 anos consecutivamente con máis de 300.000 euros (cousa que nos parece normal).
Como cre vostede que se pode amañar o problema do paro?
As competencias que ten un concello son moi limitadas e os orzamentos cada día tamén o son máis, porén dende o BNG entendemos que os concellos poden e deben dicir e facer moitas cousas. Eu non serei quen diga que se goberno acabarei coa crise e co paro en 45 días, como dixo o actual presidente da Xunta, o señor Feijóoo, segundo o que a Xunta tampouco ten nada que dicir a respecto das terríbeis cifras de desemprego que hai hoxe no noso País. Para nos será unha absoluita priopridade todas aquelas medidas que poidan axudar á creación de novos postos de traballo. Hoxe en Santiago, a pesar de ter un comportamento en termos absolutos e relativos mellor có doutras cidades galegas, hai máis de 8.000 persoas en situación de desempregos, moitas das que teñen esgotada as prestacións polo que hai moitos fogares nos que non entra nin un só euro a final de mes. A nosa preocupación ten que ser a de estar ao lado dos asalariados, da PEMES, dos que están pasando realmente mal. a axuda na atracción de novas empresas para asentarse nos máis de 2 millóns de m2 de novo solo industrial, mellora da relación entre Univesidade de Santiago, I+D+i co empresariado local, a axuda á internacionalización e mellora da competeitividade das nosas empreas, remate das grandes infraestruturas que van facer de Santiago un concello máis competitivo (aeroporto, AVE, ampliación da AP-9, autovía a Lúog, estación de mercadorías na Sionlla...) a axuda aos emprendedores, etc. Todo isto sen esquecermos de reforzar sectores básisco hoxe na economía local como son o pequeno comercio (o noso modelo non é o de Marineda City) ou o turismo que hoxe representa aproxuimadamente o 25% do PIC lcoal e emprega máis de 4.000 persoas no noso cocnello. todo isto ten que axudar a reforzar a condición de Santiago como terceira área industria e comercial de Galiza e que ao finald esta crise esteamos o mellor posicionados posibeis..
ola, sr cela, se vostede chega a alcaldía de compostela, ¿en qué se notará que hai un goberno nacionalista na cidade? grazas (eiranova)
U Goberno nacionalista caracterizarase por: -transparencia e honradez, facendo un Concello con paredes de cristal -con rigor, eficacia e eficiencia -con traballo e dedicación -escoitando aos veciños e sempre con vontade de mellorar -traballando sempre na dirección de facer de Santiago unha mellor cidae para traballar e para vivir -protexendo aos máis desprotexidos e aos máis desfavorecidos -e facendo unha cidade máis sutentábel en todos os sentidos, medio ambiental, económico, social, urbanistico, con maior equilibrio territorial... e sería un goberno que se consideraría o goberno dunha capital dunha nación e actuaría en consecuencia
Son veciño desta cidade e teño un fillo de 10 anos. Que teñen previsto a respecto do deporte para os mais pequenos?
Nós imos apostar fundamentalmente polo deporte de base, dende a perspectiva de que ten unha grande importancia para os máis pequenos polo que significa en educación de valores (compañeirismo, espírito de superación....) e de instaurar hábitos de vida saudábeis (obesidade infantil...) Neste sentido, hai que reforzar a colaboración cos clubes de base e cos centros educativos para mellorar a oferta existente para os máis pequenos, pero tamén apostar pola creación de escolas municipais deportivas,, ademais de mellorar a rede de instalacións cubertas e ao aire libre para a práctica de deportes.
Moitísimas grazas polas súas preguntas e agardo que estas contestacións respondan ás súas expectativas, a pesar de ser tan sintéticas porque o tempo é curto, e desculpas ás persoas por non poder contestalas todas. Agardo que a partir do 23 de maio, poidamos dar contestación a todas e outros retos para esta cidade.