Open uri20150703 3 37t2ow?1435925315

O actual vicepresidente da Deputación debuta como candidato

1 Antón Bao 08/07/2015 17:23

Saúdos a todo@s. Feliz iniciativa da Voz.

2 Anónimo 08/07/2015 17:23

Por qué ocupan e viven da Deputación si están pola súa eliminación??

Antón Bao:

Por coherencia coque decidiron os lucenses. Para facer máis democrática, aberta e participativa esta institución que o PP tiña convertido no seu búnker partidario.

3 Anónimo 08/07/2015 17:23

No goberno da Deputación tentaron apoiar a todas as asociacións e clubes da provincia de Lugo. ¿cree que esto lle vai a traer réditos electorais ao BNG?

Antón Bao:

os políticos non debemos pensar unicamente nas próximas eleccións senón nas vindeiras xeracións. O que fixemos fixémolo por compromiso coa cultura, co deporte e cos que traballan a diario nese eido.

4 Anónimo 08/07/2015 17:23

Su antecesor, Sr. Laxe, defendió y votó en pleno la continuidad del Director General de la Policía Local. Van a continuar vds protegiendo dicha figura pese a sus diversas imputaciones penales y a su manifiesta incompetencia para la resolución de los problemas de dicho colectivo?

Antón Bao:

O BNG o 25 de xuño de 2007 no pleno de organización municipal votou en contra de nomear director xeral. Así que isto non é correcto. Quen si votaron a favor foron PP e PSOE.

5 Anónimo 08/07/2015 17:23

mucha gente ve la muralla algo abandonada, que opina?

Antón Bao:

Está moi claro. Iso é competencia da Xunta. Nun pleno o candidato do PP señor Castiñeira comprometeuse a asinar un convenio Xunta Concello para a súa limpeza anual. Ata hoxe.

6 Anónimo 08/07/2015 17:23

hoxe vin no xornal que o sr. Castiñeira, asinou un contrato para acabar cos localismos, e o sr. feijoo facía outro para acabar co paro cando accedeu á presidencia da Xunta, .. qué opina vostede ao respecto???

Antón Bao:

Quen pode confiar nos que crean parados en Lugo cada minuto que pasa? Hai alternativa, hai futuro. BNG

7 Anónimo 08/07/2015 17:23

nunha época de descreto xeral da política, que actitudes valora da súa formación política e da xente que coma vostede a representa?

Antón Bao:

Compromiso, traballo, honradez. Compromiso coa xente, coas maiorías. NON cos grandes empresarios, coa banca e con todos os que dominan e manipulan aos dirixentes políticos vendidos a este capital que provocou a crise. Creo que é o que espera moita xente. Non tod@s som@s iguais.

8 Anónimo 08/07/2015 17:23

Repetiría el BNG un gobierno de colaición con Orozco como hizo hace años en el mejor gobierno municipal que tuvo Lugo??

Antón Bao:

Nós temos proxecto propio, non necesitamos coalicións. Sei que todo o mundo en Lugo recorda con moito agrado a presenza do BNG no goberno municipal, pero... por que non deixamos que decidan os lucenses e logo falamos.

9 Anónimo 08/07/2015 17:23

Lugo necesita más instalaciones para la practica del baloncesto, por que la Diputación no construlle algún polideportivo en la ciudad?

Antón Bao:

Imos aprobar en breve un proxecto para ampliar as instalacións do Pazo dos Deportes. Trátase de crear varias pistas máis. Conseguimos que o Pazo estea hoxe ao 100% de ocupación non só con baloncesto. Ten novos vestiarios, ximnasio, e aproveitáronse moi ben todos os espazos. así e todo, afortunadamente quedou pequeno. Imos investir en que Lugo vaia ter unha das mellores zonas deportivas do Estado.

10 Anónimo 08/07/2015 17:23

Utiliza el Breogán como una plataforma electoral?

Antón Bao:

Cando todo se ía a pique ao comezo da rtempada un grupo de persoas decidimos dar un paso adiante para salvar a situación que podía desembocar na desaparición do equipo. Foi responsabilidade e risco pero fíxose sen ningunha outra intencionalidade. Alédome que aquilo desembocase nunha das mellores tempadas do Breogán a pesar do duro que nos resultou a todos en moitos momentos. A única intención foi axudar. A victoria do Breo é unha victoria para Lugo.

11 Anónimo 08/07/2015 17:23

No caso de poder elixir, vostede vai optar pola Deputación e Besteiro ou polo Concello con Orozco? sería bo que nolo aclarase...

Antón Bao:

Non hai nada que comentar ata despois das eleccións. As deputacións non teñen candidatos elixen as organizacións políticas despois das eleccións. Que ninguén pinte unha democracia directa nas deputacións que non existe. O BNG dialogará para que concello e deputación teñan o mellor goberno.

12 Anónimo 08/07/2015 17:23

Ten algún interese o BNG en facilitar o acceso á vivenda para a xente nova?

Antón Bao:

Nós non apostamos por construír de forma voraz, modelo PP, PSOE co novo PXOM. Apostamos pola rehabilitación de tanta vivenda baleira que hai en Lugo. E tamén en crear bolsa de vivenda en aluguer para a xente moza. De todos xeitos en www.antonbao.com podedes ver todo o programa.

13 Anónimo 08/07/2015 17:23

como pensa que pode darse unha solución ao centro histórico, concretamente á zona da Tinería?

Antón Bao:

Como xa proxectara o BNG no seu paso polo goberno da Xunta enchendo aquilo de vida: con vivendas en aluguer para xente moza, con servizos... Non como está a facer o PP dende a Xunta que deixou todo parado e agora está volvendo a deteriorarse.

14 Anónimo 08/07/2015 17:23

Como presidente do consello de administración do breogán de baloncesto, pensa que vai ascender ou conformase co que teñen feito até o de agora? Forza breogán.

Antón Bao:

Creo que xa demostramos que non nos conformarmos con nada. Alguén cría hai 4 ou 5 meses que o Breogán ía estar nesta situación? Se non houbesemos conformado daquela agora non estraimos aquí. Felicidades a xogadores, equipo técnico e afección. A gozar e animar coa mesma forza do venres. Así é difícil que alguén nos gañe.

15 Anónimo 08/07/2015 17:23

Gustaríame saber qué políticas reais quere levar o BNG á práctica dende o concello , para a visivilización, e achega de dereitos das persoas transexuais, homosexuais, e bisexuais da nosa cidade.

Antón Bao:

Para o BNG non existen máis que dereitos de tod@. así foi sempre e seguirá sendo.

16 Anónimo 08/07/2015 17:23

Como solucinaría el BNG el problema de la policia local en Lugo???

Antón Bao:

Con rigor e seriedade. Eliminando a praza de director xeral, convocando oposición libre para a vacante de xefe do corpo.

17 Anónimo 08/07/2015 17:23

Cal vai ser a súa liña de actuación en materia medioambiental?

Antón Bao:

Hai xa tempo que o BNG de Lugo lidera a recuperación do símbolo natural de Lugo: o MIño. Por iniciativa e xestión do Bloque Lugo vai contar en breve cunha zona de baño pública no río. Ese é o camiño. Seguimos insistindo na creación dunha planta de compostaxe comarcal. Remítote ao noso programa en www.antonbao.com onde verás moitas + propostas.

18 Anónimo 08/07/2015 17:23

Cree vostede que se poden facer máis cousas para que se implantes empresas no polígono das gándaras?

Antón Bao:

Connstrución de naves en aluguer para nov@s emprendedores. Mellora das comunicación ferroviarias e por autovía con enlace directo ao polígono.

19 Anónimo 08/07/2015 17:23

Son veciño de vostede. Que ten que dicir ás criticas que lle fan por non mirar un pouco mais pola montaña lucense?

Antón Bao:

Non as comparto. Un exemplo entre maís. Contra todos empeñeime en que Becerreá tivera un campo de herba artificial e hoxe comezaron as obras. Ninguén o cría. outros dicían que era un luxo para os Ancares. eu dixen que teñen os mesmos ou mais dereitos e aí está. Isto é ou non é compromiso cos Ancares e Becerreá? que veña outro demostrar máis.

20 Anónimo 08/07/2015 17:23

cando unha escola de musica municipal no concello de lugo? o conservatorio non pode atender as matriculas e muitos nenos fican de fora, hai algún plan en mente?

Antón Bao:

Nós propoñemos, e falámolo cos integrantes da banda, que o concello de Lugo pode poñer en marcha de xeito inmediato unha escola de música arredor dos profesionais que traballan agora mesmo na Banda Municipal. resposta pois: cando goberne o BNG.

21 Anónimo 08/07/2015 17:23

Boas tardes Anton, son o representante dunha entidade deportiva de Lugo. ¿Poderiasme confirmar cando se poderan saber as cantidad e aprobación de subvencions deportivas no ano 2011? Comentabase que iba ser no pasado mes de Abril, pero ainda non saiu publidado no BOP. Gracias e sorte nos comicios electorais.

Antón Bao:

Grazas polo teu ánimo. Lémbrovos que sorte si, pero isto non é a lotería, así que a votar BNG. Tivemos un 25% máis de solicitudes de axudas en Deporte. Isto supuxo multiplicar o traballo e xa aviso que haberá que repartir entre máis. De todos xeitos imos moi rápido na concesión e posiblemente en dez días estean listas e publicadas ou para publicar.

22 Anónimo 08/07/2015 17:23

Pode explicar mellor o que ten plantexado para a mellora de servizos ferroviarios na nosa cidade?

Antón Bao:

Lugo é unha cidade que en materia ferroviaria está completamente obsoleta. Non temos conexións con outras vilas da provincia: Begonte, Rábade, Guitiriz, Monforte... nin tampouco con outras cidades galegas: Ourense, Coruña, Vigo... propoñemos eque Fomento e Xunta poñan en marcha un ente ferroviario galego que gre unha estrutura de ferrocarrís de proximidade. A actual estación de tren é o exemplo da situación en LUgo. e do AVe nin se sabe. Debemos ser moi esixentes con outras administracións para evitar que Lugo quede completamente retrasada nas conexións ferroviarias.

23 Anónimo 08/07/2015 17:23

ten o BNG algunha proposta de ordenación do tráfico que respecte aos ciclistas ou seguiremos estando sometidos aos coches? e instalar aparcabicis en lugares públicos e do centro histórico?

Antón Bao:

O tráfico en Lugo é neste sintres caótico. é precisa unha reformulación a fondo que consiga que Lugo sexa unha cidade para andar e tamén en bici. Hai que seguir peonalizando, quitando coches das rúas cun bo transporte público e tamén adecuar todo o preciso para as bicis: carrís, aparcadoiros...

24 Anónimo 08/07/2015 17:23

Boas tardes, Cal é a primeira actuación que faría en Lugose fose elixido alcalde?

Antón Bao:

Frear o desemprego. 9000 parados, deles 2000 menores de 30 anos. Se conseguindo evitar que no primeiro ano de mandato descenda o número de parad@s será o máis grande éxito.

25 Anónimo 08/07/2015 17:23

Operación Carioca, Trama de Multas... Sr. Bao: Para comer Lugo?

Antón Bao:

Con toda tranquilidade e gozando da mellor comida do mundo. Non cabe dúbida. As cidades civilizadas coñécense polas súas boas tapas.

26 Anónimo 08/07/2015 17:23

no cree que Lugo tiene aún potencialidades en el terreno arqueológico?

Antón Bao:

e moitas. Cumprimos 25 anos da primeira escavación en Lugo. É hora de crear un Consorcio encol delas para cordinar, poñer en valor etc.

27 Anónimo 08/07/2015 17:23

Cal cre que pode ser a mellor alternativa para o barrio da Residencia despois do traslado do Hospital? Por que aposta o BNG por servizos destinados ás nosas persoas maiores?

Antón Bao:

Un Hospital para as persoas maiores que dea cobertura sanitaria, psiquiátrica, etc. a este importante colectivo de Lugo. O 20% dos lucenses superan os 65 anos. Debemos prestarlles moita atención.

28 Anónimo 08/07/2015 17:23

Boas tardes Antón. Gustaríame saber cal é a liña de actuación do seu partido en materia de discapacidade. Frecuentemente as Asociación sentímonos ao marxe.

Antón Bao:

Dende sempre traballamos en colaboración coas asociacións. Dende a Deputación puxemos en marcha un proxecto pioneiro que acaba de estrenarse no ralli da Ulloa: espazos para o acceso de persoas con mobilidade reducida a presenzar a carreira. A Rede Museística Provincial que depende de nós é un modelo de accesibilidade e sensibilidade fronte a isto: non só na eliminación de barreiras arquitectónicas (rampa do Museo), senón no acceso á arte: sistemas braille, programas e iniciativas coas asociacións. Último e definitivo exemplo: no Museo de Lugo vai haber unha persoa totalmente cega que vai ser guía. Isto non ocorre en ningún sitio. Está é, creo, a mellor disposición fronte a esta materia.

29 Anónimo 08/07/2015 17:23

que vai pasar co cuartel de San Fernando?

Antón Bao:

O que o propuxo o BNG. O Museo Nacional da Romanización. O que debería ser o gran museo da historia romana galega. Problema: quedou nas mans da Xunta do PP e agora corre serio perigo. Urxe solución ou o edificio cae.

30 Anónimo 08/07/2015 17:23

Que opinión le merece la política urbanística de Orozco?

Antón Bao:

É a política urbanísitca de Orozco e Castiñeira. Modelo: o interese privado sobre o interese d@s veciñ@s. Exemplo: as torres do parque, o PP iniciouno, o PSOE continuou sempre a favor do promotor. Modelo do BNG: a favor dos barrios, da rehabilitación, de dar continuidade ás zonas verdes, de plans de actuación no Barrio Feijoo, nas Gándaras ou na Milagrosa. hai alternativa.

31 Antón Bao 08/07/2015 17:23

Moitas grazas a tod@s. Sinto que alguén quedar sen resposta. Podedes enviarme as vosas preguntas ao meu facebook (podedes entrar dende www.antonbao.com). Moitas grazas a La Voz de Galicia pola inciativa. Oxalá podamos repetila fóra de períodos electorais. Saúdos.