Candidato do BNG á alcaldía de A Coruña
Xosé Manuel Carril debuta como candidato da formación
nacionalista na cidade de A Coruña.
Inicio do encontro
Ola, boa tarde. É un pracer para o BNG estar aquí, neste encontro dixital de La Voz de Galicia. Esperamos dar resposta a todas as vosas preguntas. Imos entón!!
¿Estaría a favor de la elección directa del alcalde por parte de los ciudadanos?
O BNG está a favor de incrementar a participación da cidadanía no goberno municipal da nosa cidade. De feito, o noso programa electoral foi elaborado conxuntamente coa cidadanía e os movementos sociais. Nas nosas propostas de actuación figuran un apartado de goberno aberto, en que o BNG aposta pola participación da cidadanía nos plenos e na elaboración dos orzamentos municipais, alén de cuestións esenciais como o uso e programación compartida dos espazos municipais (centros cívicos). Podedes aprecialo en www.sondebarrio.com. En todo caso, o BNG entende que a participación cidadá é algo máis que elección directa da alcaldía.
Contrario como es el BNG a las Diputaciones, participaría en el gobierno de las mismas si como frutop de algún pacto postelectoral fuera posible?
A nosa presenza nas deputacións provinciais non é incompatíbel coa nosa demanda da súa supresión. De feito, é algo que no que insistimos desde sempre, con ou sen responsabilidades de goberno nas mesmas. O BNG aposta por outro mapa local de administración galega, en que as comarcas e as áreas metropolitanas son os verdadeiros territorios de actuación. No caso concreto da Coruña, o BNG aposta pola integración do noso concello no Consorcio das Mariñas, como primeiro paso para a constitución da nosa área metropolitana, ao tempo que demandamos a supresión das deputacións. Así figura no noso programa, que tes a túa disposición en www.sondebarrio.com
¿En qué aspectos concretos, sin generalidades ni obviedades, centra sus propuestas de política social en nuestra ciudad?
Nunha etapa de crise económica como a actual, de recortes de dereitos laborais e sociais das políticas de dereitas do PP e do PSOE, a política social, xunto coa creación de emprego, é unha prioridade para o BNG. Apostamos por incrementar a partida de gasto social até un 7% dos orzamentos municipais para políticas de inclusión social (plan municipal de inclusión social e oficina municipal de inclusión social) para atender ás persoas que non teñen traballo nin protección social e para garantir o dereito á vivenda. Tamén insistimos na protección das persoas maiores, persoas con discapacidades, mulleres e mocidade, con apartados específicos de actuacións. E por último, tamén insistimos na necesidade de rematar cos asentamentos precarios na nosa cidade (penamoa, as rañas, o campanario e a pasaxe) para garantir unhas boas condicións de vida ás persoas que viven en tales asentamentos. En definitiva, no BNG apostamos polo benestar social como piar da política municipal do noso concello. Podes comprobalo no noso programa, que figura en www.sondebarrio.com
¿Vd. que opina sobre el testimonio de personas como Marta, de "Gran Hermano" manifestando que la imposición del gallego es algo no deseado por la población?
Garantirmos o cumprimento da legalidade en materia de uso e posta en valor do galego, o noso idioma, non se pode ver como imposición. Todo o contrario, como un medio tamén axeitado para garantirmos que o galego recupere o seu espazo natural na nosa cidade, que é tan galega como as demais.
cree que a xente lle dcree que lle pasaran factura as liortas nos plenos de epocas pasadas pola denominación la/a coruña? volveria repetilo? considerao innegociable?
A defensa da legalidade, tamén aquí, non pode implicar paso de facturas. O BNG sempre actúa de conformidade coa legalidade e, no caso concreto do noso topónimo, trátase de aplicar a lexislación e xurisprudencia que outros non queren cumprir.
¿Cree que el Estado debería regular el precio de la vivienda para garantizar el acceso a ella y no acabar endeudando a nuestra descendencia?
O dereito a vivenda aparece recoñecido en distintas normas de rango moi diferente. Todas as institucións públicas deberían garantir o acceso á vivenda das persoas, especialmente das máis necesitadas, entre as que se atopa a xente moza e moitas persoas en risco de exclusión social. Polo tanto, Estado, Comunidades Autónomas e Concellos deberían actuar para garantir a materialización do dereito á vivenda.
¿Cree que el Estado debería regular el precio de la vivienda para garantizar el acceso a ella y no acabar endeudando a nuestra descendencia?
O dereito a vivenda aparece recoñecido en distintas normas de rango moi diferente. Todas as institucións públicas deberían garantir o acceso á vivenda das persoas, especialmente das máis necesitadas, entre as que se atopa a xente moza e moitas persoas en risco de exclusión social. Polo tanto, Estado, Comunidades Autónomas e Concellos deberían actuar para garantir a materialización do dereito á vivenda.
Que opina da ordenanza que prohibe musica de ambiente nos bares e cafeterias? Podrian autorizala cunha especie de limitador. Polo ben dos clientes e veciños. Gracias e sorte
É totalmente mellorábel e sempre garantindo o dereito da veciñanza ao descanso. No noso programa vai un apartado específico para a modificación da ordenanza municipal correspondente, tal e como puxemos de manifesto publicamente en máis dunha ocasión. Neste sentido tivemos en conta o que pasa nas principais cidades e vilas do Estado e de Galiza, que si contemplan a posibilidade de ter música ambiental nos bares e cafeterías. A proposta en cuestión podes consultala no noso programa (www.sondebarrio.com)
¿Por qué claman por el cumplimiento estricto de la ley ante "La Coruña" y Vds. mismos usan en todas las ocasiones "Galiza"?
Tal e como ten sinalado a Real Academia Galega, Galiza e Galicia son duas formas válidas para chamar ao noso país. Duas formas galegas, polo que encaixa perfectamente no cumprimento da legalidade en materia de topónimos.
Hola, Xose, unha pregunta que penso deberia ser sencilla de contestar:¿Por qué os politicos en campaña nuncha fan propostas concretas de como resolver un problema existente? Exemplo: ante o problema do tráfico as respostas suelen ser: potenciar o carril bici, o transporte público, concienciar á sociedade etc. eso é, e perdoame, palabrería sen substancia.
A solución aos problemas de tráfico da nosa cidade e da nosa comarca pasan por un plan de mobilidade, en que se fomente o transporte público nas súas distintas modalidades como alternativa ao uso do coche particular. No caso concreto do transporte urbano, cumpre revisar a concesión administrativa da Compañía de Tranvías, para garantir que todos os barrios estean comunicados entre si, cos polígonos industriais e cos outros puntos estratéxicos da nosa cidade. E no caso concreto do transporte metropolitano, o BNG aposta pola optimodalidade, isto é, apostamos polo uso das infraestruturas xa existentes, que no noso caso son tamén o transporte ferroviario de cercanías e o transporte marítimo, alén de fomentar o transporte público por estrada.
Boas tardes Sr. Carril. Moita xente na Coruña, eu mesmo, cre que o BNG ten moito que traballar na cidade e recuperar unha imaxe defensora dos nosos intereses. Somos moitos os que cremos que o BNG non está á altura da cidade nos temas importantes a nivel galego. Na súa opinión, que papel debe xogar A Coruña neste país? Unha aperta de parte dun ex-alumno e sorte para o domingo e estes 4 anos.
O BNG aposta pola Coruña como cidade galega, de barrios, metropolitana e sustentabel, para que o concello da Coruña sexa motor de desenvolvemento económico e social da nosa cidade, da nosa comarca e de Galiza. Isto é moi importante neste momento de crise económica e de padecemento das políticas de dereitas do PSOE e do PP, razón pola que o BNG aposta ademáis pola creación de emprego e a defensa dos servizos públicos. En definitiva o que nos pediu a cidadanía nas distintas reunións de traballo que tivemos para elaborar conxuntamente o noso programa.
¿Cree que es necesaria la ampliación de la AP9 en su entrada a la ciudad?
Neste momento o prioritario é rematar coas obras da terceira rolda, sobre o que ten insistido moitisimo o BNG. E ademais, apostar por un transporte público alternativo, sinaladamente o transporte ferroviario de cercanías e o transporte marítimo. O ferroviario une a nosa cidade con Ferrol, pasando polos principais concellos da nosa comarca, polos nosos polígonos industriais e pola propia Universidade da Coruña, chegando ate o centro da cidade (Praza de Ourense).
Agora q estamos co deportivo de equi pra alo a miña pregunta e ben sinxela como van a ser a relacios entre as duas intucions?vai seguir este ambiente frio come dun matrimonio divorciado?
Como un matrimonio, ou parella de feito, ben «avenido». O Dépor é, como outras entidades da nosa cidade, unha institución moi representativa da Coruña e de Galiza, polo que merece que o concello da Coruña lle preste unha atención integral.
O candidato socialista di que financia as touradas para ter variedade nas festas, que opinión lle merece financiar a tortura dun ser vivo?
As touradas non son servizo público nin cultura nin arte. Polo que non crean emprego nin riqueza, alén de ser unha tortura. O BNG, especialmente nesta época de crise, entende que as touradas non poden contar con axudas públicas. Nunha década xa se teñen gastados un millón de euros en touradas, mentres que colectivos específicos que traballan con persoas con necesidades moi específicas ou en risco de exclusión social non teñen axudas públicas para a realización das súas actividades.
¿Apoyaría una medida para que los plenos municipales se colgaran en internet?
Non so iso, que está moi ben. No noso programa, o BNG aposta pola participación da cidadanía nos plenos e pola participación nos orzamentos municipais, ademais de outras cuestións sempre en materia de participación. No noso programa tamén incluimos unha proposta específica sobre a necesidade de que os plenos municipais se retransmitan en directo a través de Internet.
No seu programa defende a transferencia da competencia sobre os aeroportos galegos e indica que pode darse mesmo con organismos semipúblicos como as cámaras de comercio. A que se debe isto? Non defenden unha xestión totalmente pública?
O BNG aposta por un sistema aeroportuario galego, en que os tres aeroportos actuen baixo os principios de colaboración, cooperación e complementariedade. Nunca en réxime de competencia, porque isto só beneficia ao aeroporto portugués de Sa Carneiro. Ademais, no noso programa insistimos en que o noso aeroporto ten que estar conectado coas principais cidades e vilas do Estado e coas catro principais cidades aeroportuarias de Europa para estarmos conectados co mundo. Por certo, o BNG xa amosou a súa opinión contraria á privatización de AENA e á entrada de capital privado neste ente.
Hola Xosé Manuel, ¿que opinión lle merece a apertura do centro comercial Marineda City? ¿Pensa que benificiará á economía da cidade ou polo contrario, que suporá a desaparición do comercio local?
O BNG entende que o deseño da cidade da Coruña como xigantesco bazar, a través de grandes áreas comerciais como o Marineda City, supón un ataque ao pequeno e mediano comercio, destruindo emprego de calidade e iniciando un proceso de desertización da vida de barrio da nosa cidade. O BNG entende que as grandes áreas comerciais son incompatibeis co pequeno e mediano comercio e que a única aposta válida aquí e a do pequeno e mediano comercio. Por certo, parece que non é a mesma opinión no caso do Partido Popular e no caso do Partido Socialista, que, ademais de entender que son compatibeis, apostan por áreas comerciais no Parrote e na estación intermodal.
planes para el barrio de Monte Alto
O programa do BNG, que se fixo conxuntamente cos movementos veciñais e sociais, ten un apartado específico de actuacións para os barrios, tanto rurais como urbanos. Neste apartado figura o barrio de Monte Alto, con actuacións moi variadas e diferentes, entre as que figuran a recuperación do vello cárcere da Coruña para usos da cidadanía. Se tes maior interese, podes ver o noso programa en www.sondebarrio.com.
que medidas levará a cabo para axudar ao pequeno comercio e autónomos??
No programa do BNG, fronte as grandes áreas comerciais, figuran aproximadamente quince concretas actuacións para apoiar ao pequeno e mediano comercio, que se poden reconducir en tres grandes ideas: 1. Participación do pequeno e mediano comercio no deseño e execución das políticas municipais que lles afecten, mediante a preceptiva consulta previa. 2. Promoción da venda no pequeno e mediano comercio, con actuacións tales como banco de locais comerciais, exencións e bonificacións de tributos locais e planos de dinamización do pequeno e mediano comercio atendendo a realidade de cada barrio. 3. Políticas de fomento do consumo no pequeno e mediano comercio como opción responsabel, con medidas moi específicas que pretenden incentivar e facer máis cómoda a compra no pequeno e mediano comercio.
Que piensa de la impresentable gestión de la Universidad de la coruña y de los abusos de poder de sus anteriores compañeros del equipo de Gobierno?. No piensa que se debe dotar a la Universidad de Coruña de una mayor calidad que haga honor a la ciudad?
A xestión do actual equipo de goberno da Universidade da Coruña é realmente modélica. En relación coas necesidades da Universidade da Coruña, o BNG entende que o concello da Coruña ten que volcarse nas necesidades que esta institución de educación superior ten e que neste momento pasan por unha residencia universitaria pública e por un parque tecnolóxico, garantindo en calqueira caso o dereito da veciñanza de San Vicenzo de Elviña a vivir no lugar con dignidade.
Moitas grazas a La Voz de Galicia por darlle a oportunidade ao BNG para dar resposta as preguntas feitas polas persoas lectoras. Esperamos ter estado á altura das vosas expectativas. Para nós foi un pracer estar aquí e para nós tamén é un pracer pedirvos o voto para o Bloque Nacionalista Galego o día 22 de maio. O BNG, frente as políticas de dereitas e de recortes sociais do PP e do PSOE, é garantía de que non haxa políticas de dereitas no noso Concello. Somos a alternativa porque o nacionalismo en Galiza é sinónimo de esquerdas e porque estamos coas persoas e non cos mercados e cos bancos. Desde unha Coruña como cidade galega, de barrios, metropolitana e sustentabel, saúde, terra e mar!!!!