Open uri20150703 3 vr9tv6?1435925226

El cabeza de lista de los socialistas en Redondela
responderá a los internautas de Lavozdegalicia.es

1 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Cal será a súa prioridade ao chegar a ser alcalde?

Eduardo Reguera:

A prioridade máis importante vai ser o emprego, partindo de que o Concello non ten competencias nesta materia, sabemos que a formación é a vía máis importante. Estamos facendo un esforzo moi importante coas aulas do proxecto Feder da Marisma e de Pousadouro. Para xerar emprego é moi importante apoiar as empresas e as persoas con iniciativas. Debemos potenciar os polígonos de A Rufana e Vilar.

2 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Qué acciones tiene previsto emprender si sale elegido como alcalde durante los primeros 100 días de mandato?

Eduardo Reguera:

Hai moitas, todas encamiñadas a xerar emprego e a manter os servizos sociais. Debemos tamén iniciar o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), poñer en marcha todos os investimentos previstos no Plan Marisma...

3 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Cree usted posible que en esta legislatura Redondela disponga de un nuevo PXOM?

Eduardo Reguera:

Imos traballar para iso. Ó día seguinte de gañar as eleccións imos estar traballando no PXOM. Na maioría dos concellos de Galicia está sin aprobar o plano por causa dos cambios da Lei do Solo, pero nós imos traballar arreo para acadalo.

4 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Tienen pensado ya posibles socios de gobierno en caso de no obtener la mayoría absoluta?

Eduardo Reguera:

Non, pero si temos claro que non imos pactar co Partido Galeguista de Alejandro Bastos. Él poderá dicir que ten a chave do goberno de Redondela, pero desde logo non vai ser connosco. Se pacta co PP será o seu problema.

5 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Que pensades facer co paseo da praia de Cesantes? ¿Vaise continuar?

Eduardo Reguera:

É un dos puntos máis importantes do noso novo programa. É certo que levamos moito tempo prometendo estas actuacións, pero agora estamos facéndoas. Estamos abrindo Redondela ao mar, e o Plano Marisma é unha boa mostra diso.

6 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Cuándo piensan quitar las piedras de la playa de Arealonga y sanearla?

Eduardo Reguera:

É certo que a praia non está no estado que debería. O medio ambiente é unha prioridade. As actuacións de rexeneración das praias de Arealonga e Cesantes serán as primeiras que defenderemos como absolutamente necesarias.