Open uri20150703 3 1mutrn1?1435924392

El cabeza de lista del PSOE en Carballo ha formado parte
del bipartito que ha gobernado la localidad en los últimos
cuatro años.

1 José Antonio Viña Patiño 08/07/2015 14:35

Bo día. O meu agradecemento de antemán polas preguntas que se me formulen, que seguro son de interese para min e para os veciños de Carballo en xeral. Contestareinas dende a maior sinceridade.

2 Anónimo 08/07/2015 14:35

Me gustaría saber cuál es su plan para peatonalizar calles en el futuro.

José Antonio Viña Patiño:

Sen dúbida, temos que tender a aliviar de tráfico a totalidade do contorno do mercado municipal, sen descartar actuacións singulares noutras rúas estruturantes social e economicamente, como poden ser a rúa do Sol, a rúa da Igrexa e a rúa Ponte.

3 Anónimo 08/07/2015 14:35

Consideras que pintas algo no Goberno local?

José Antonio Viña Patiño:

Rotundamente si. Participei na decisión e o deseño dos proxectos máis importantes que se fixeron non só nos últimos catro anos, senón nos oito. O meu traballo foi decisivo.

4 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Está disposto o PSOE a formar parte do próximo goberno municipal de Carballo?

José Antonio Viña Patiño:

Dirano as urnas. Explícome: se hai maioría absoluta xa está dito. A lista máis votada pode ser calquera formación, non se pode dar nada por feito. De existir unha lista máis votada que roce a maioría absoluta, en concreto 9 ou 10 concelleiros, esa lista debería gobernar en solitario.

5 Anónimo 08/07/2015 14:35

Sr. Viña, ¿En que cambiou o saneamento e depuración de Carballo desde que é vostede concelleiro de Medio Ambiente?

José Antonio Viña Patiño:

Superáronse as previsións que faciamos todos os grupos políticos ao inicio do mandato. Xestionáronse máis de 10 millóns de euros no período e aumentouse a capacidade de depuración en 14.000 habitantes. Estamos chegando co servizo a máis do 80% da poboación. En todo caso, a orientación das políticas de investimento do goberno estiveron claramente dirixidas cara a mellora do saneamento.

6 Anónimo 08/07/2015 14:35

Moita xente veo con ansias de chegar a alcaldia. ¿Que méritos pensa que ten para que a xente o vote?

José Antonio Viña Patiño:

Creo que son a mellor opción. A estas alturas (de idade, quero dicir) coñezo as miñas fortalezas e as miñas debilidades. Non son un gran comunicador, non teño unha dialéctica moi afiada, pero en canto a experiencia e capacidade de xestión, compromiso coas cousas públicas e capacidade de análise dos problemas non me supera ningún candidato.

7 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Estaría dispuesto a reeditar el tripartito si se diesen las circuntancias?

José Antonio Viña Patiño:

Creo que esas circunstancias no se van a dar. El tripartito anterior en Carballo tenía el sentido de provocar un cambio político pendiente históricamente en Carballo. Hoy no se dan esas circunstancias. Más bien soy partidario de la clarificación política, es decir, que cada grupo deje claras sus líneas de actuación preferentes. Porque no somos todos iguales.

8 Anónimo 08/07/2015 14:35

Hola, por que o PSOE se empeñou tanto no proxecto do Fórum? Moitos non saben nada do que vai haber aí. Grazas.

José Antonio Viña Patiño:

Empeñámonos no proxecto Fórum porque o consideramos un proxecto fundamental para a promoción económica de Carballo. Os obxectivos están claros dende o principio: construir un gran centro que permita darlle o impulso definitivo á formación ocupacional en Carballo e ás políticas activas de emprego. Ademais, vai permitir actividades de promoción empresarial e regular as feiras.

9 Anónimo 08/07/2015 14:35

Que proxectos levou a cabo en solitario o partido socialista, e cales en colaboración co BNG?

José Antonio Viña Patiño:

Ningún dos grupos de goberno levou a cabo proxectos en solitario. Salvo na xestión do día a día de determinados servizos, nos que non ten sentido consultarse mutuamente, nos demais, nos proxectos de certa trascendencia, decidiuse todo con innumerables sesións de traballo conxunto. Fixémolo así porque era a forma de sacar os proxectos adiante da mellor maneira.

10 Anónimo 08/07/2015 14:35

Cal foi e cal será a súa aposta máis importante?

José Antonio Viña Patiño:

Dende logo, a aposta máis importante foi o proxecto Fórum. No futuro quedan moitos asuntos pendentes de resolver, pero eu resumiríaos en que temos que pactar coas outras Administracións algún tipo de plan que nos permita aproveitar a posición de privilexio que nos dan as Directrices de Ordenación do Territorio e o plan Move (infraestruturas viarias). Quero dicir, a título de exemplo, que debiamos de ter unha especie de pacto que poderíamos chamar de Vilar de Francos ou do Souto, para que esas infraestruturas tan necesarias para Carballo tivesen un calendario. Non obstante, hai algunhas actuacións que si se poden concretar como prioritarias: mellorar o abastecemento de auga, resolver problemas estruturais no saneamento, posta en marcha do polígono industrial ou a variante de Carballo.

11 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿ Votarlle a Viña é votarlle a Evencio?

José Antonio Viña Patiño:

Somos proxectos moi distintos. Insisto nunha contestación a unha pregunta anterior: non son partidario de coalición no próximo mandato salvo que houbera maiorías moi exiguas.

12 Anónimo 08/07/2015 14:35

Non che vai o de traballar no Instituto?Aí é máis fácil pasar desapercibido,que,por outra banda,é o teu.Ou non?

José Antonio Viña Patiño:

Si, vaime o de traballar no instituto. Ademais, teño unha gran vocación na educación. De feito, son un recén chegado á política. O de pasar desapercibido tampouco o practiquei na miña profesión docente, e nos trinta e pico anos que levo na docencia, en máis da metade fun algo máis que profesor, estiven comprometido en cargos directivos. E pódoche asegurar que algunhas veces require tanto compromiso como a vida municipal.

13 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Cál é a vosa proposta en materia deportiva para Carballo?

José Antonio Viña Patiño:

Nos últimos catro anos fíxose unha boa política deportiva, coa recuperación de instalacións. Hai que seguir por aí, e dar algúns pasos máis. Eu apuntaría seguir estendendo o deporte a toda a sociedade: oferta para maiores, manter unha análise continua da situación de mantemento e uso das instalacións deportivas. Debemos tender a que estean nas mellores condicións día a día e a acadar o mellor nivel de uso. Todo isto, continuando co apoio ós clubes e institucións deportivas, que están facendo un labor extraordinario.

14 Anónimo 08/07/2015 14:35

Como fas a entrevista en horario laboral, Viña, ¿non tiñas dedicación exclusiva?

José Antonio Viña Patiño:

O meu horario laboral non é de 8.30 a 14.30 como os funcionarios, é de 8.30 ata o que toque, e a maior parte dos días danme as nove da noite traballando. En todo caso, esta é unha das miñas obrigas.

15 Anónimo 08/07/2015 14:35

Cre que a política do PSOE a nivel do Estado pode seguirse considerando de esquerdas?

José Antonio Viña Patiño:

Si. E a mellor forma de sabelo sería imaxinarse que política social estaría facendo a alternativa, é dicir, o PP, nestas circunstancias da economía mundial.

16 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿ Séntese compracido co seu labor no Concello?. Creo que moita xente non.

José Antonio Viña Patiño:

Si, rotundamente. Non son moi conformista, pero teño que dicir que nestes últimos catro anos as cousas saíron ben, e estou convencido de que non por casualidade, senón porque se traballou na dirección axeitada. Nunca se fan as cousas a gusto de todos nin se resolven todas, pero non son consciente de que haxa un descontento xeralizado, como vostede afirma.

17 Anónimo 08/07/2015 14:37

Según dixo Andrade nunha entrevista houbo un acordo polo cal vostedes ían a cobrar o mesmo que nas súas ocupacións anteriores. ¿Por que vostede cobra máis?

José Antonio Viña Patiño:

Non é verdade. Ese suposto acordo favorecíalle a Andrade no momento de formar o goberno tripartito. Catro anos nos cales, por certo, eu traballei coa mesma intensidade e non cobrei. Como teño que vivir de algo, vivía do meu soldo como profesor. Cobraba, iso si, as dietas de asistencia a comisións informativas, plenos, mesas de contratación, etc., o que me supoñía unha situación mellor, economicamente, da que teño agora mesmo. En canto ao que cobro, son 2.540 euros ao mes, uns 400 euros máis do que cobraría no instituto.

18 Anónimo 08/07/2015 14:37

Vamos a ver un programa electoral utópico como el de Terra Galega o real?

José Antonio Viña Patiño:

Precisamente los grandes fracasos de los proyectos de Terra Galega se deben a que son maximalistas y se convierten en irrealizables. Hablamos del mercado y el aparcamiento, por ejemplo. Nuestro grupo demostró que los proyectos que presenta son ambiciosos, pero comedidos y realizables. Podemos tirar de programa electoral y pasar lista.

19 Anónimo 08/07/2015 14:37

¿Por que lle son adxudicadas o 80% das obras do Concello baixo procedemento de negociado á empresa de Coristanco Alejandro Martínez ?

José Antonio Viña Patiño:

Non é verdade. Son públicos os actos de adxudicación de obras, pero se é necesario publicar un listado, publicarase e verase que non é certo que se adxudiquen obras de maneira masiva a ningunha empresa. Dígoo eu con coñecemento de causa porque son o responsable de contratación. Nos procedementos abertos participan as empresas que queren e as mesas de contratación fan proposta libremente. Debo recordar que esas mesas están formadas por dous técnicos municipais e un representante de cada grupo político. Polo tanto, transparencia total. Nos procedementos negociados invítase a participar ás empresas da zona de Carballo que se entenda máis axeitadas para cada obra ou servizo. Entre as invitadas decide, unha vez máis, a mesa de contratación.

20 Anónimo 08/07/2015 14:37

¿Usted que opina de Zapatero ,el efecto zapatero le perjudicará o van a distanciarse de la marca PSOE?

José Antonio Viña Patiño:

Non somos nada fóra da marca PSOE. Quen crea que pode facer política dende un grupo illado está moi equivocado e condenado ao fracaso. Un partido pode pasar por diversas etapas, de maior ou menor acerto, pero os cidadáns saben cales son as liñas xerais ás que vai volver sempre. En todo caso, non creo que Zapatero sexa un demérito. O tempo o dirá

21 Anónimo 08/07/2015 14:37

Que puede decir del mal estado en el que se encuentra el nuevo parque Rego da Balsa, nunca funcionaron los juegos para adultos, la caseta abandonada...

José Antonio Viña Patiño:

O deseño do parque paréceme moi axeitado, de feito escollémolo como lugar de presentación da nosa candidatura mañá sábado ás 12.00 horas. É verdade que ten problemas de execución de obra. Seguimos en discusión coa empresa mentres teña depositada a garantía. En canto á caseta abandoada, o seu destino é un quiosco que ofreza servizo á xente que pasa alí o tempo libre, e o Concello ten pendente a súa adxudicación.

22 Anónimo 08/07/2015 14:37

Fálase de discrepancias dentro do PSOE de Carballo, ¿cal é realmente o ambiente que se vive nel?

José Antonio Viña Patiño:

Non existe a máis mínima discrepancia. Incluso boto de menos ás veces un maior nivel de discusión.

23 Anónimo 08/07/2015 14:37

Que solucións ofrecen vostedes para que en Carballo non se sigan formando novas zonas marxinais?

José Antonio Viña Patiño:

Vixilancia e disciplina urbanística. As instalacións marxinais produciríanse en zonas non aptas para edificar. Polo tanto, vixilancia por parte da Policía Local e do servizo de Urbanismo, e de producirse algún asentamento ordenar o inmediato levantamento. Con respecto ás zonas existentes, temos que seguir facendo actuacións que contribúan a que se vaian transformando ata integrarse no deseño urbano.

24 Anónimo 08/07/2015 14:37

Como concelleiro de Urbanismo ¿que ten pensado facer o PSOE con todas as vivendas ilegais que hai no Concello de Carballo?

José Antonio Viña Patiño:

A maior parte desas vivendas teñen expediente aberto e están pendentes de resolución por parte da Axencia de Protección da Legalidade ou, nalgúns casos, de expediente xudicial. Non paramos, pero débese saber que os asuntos relacionados co urbanismo en xeral son dunha lentitude desesperante.

25 Anónimo 08/07/2015 14:37

¿Realmente parécelle que nestes catro anos o seu partido fíxoo todo por Carballo, porque ou moi poucas aspiracións ten se se ve satisfeito ou moito desaproveitou estes anos?

José Antonio Viña Patiño:

Perdoe, pero paréceme unha opinión pouco fundada.

26 Anónimo 08/07/2015 14:37

El PP plantea la campaña para una mayoría absoluta al renegar de Andrade, y el BNG también pretende lo mismo, en cambio usted solamente habla de gobernar como socio del Bloque, ¿va Carballo hacia el bipartidismo?

José Antonio Viña Patiño:

En ningún momento desistí de ser alcalde de Carballo, y mucho menos de considerarme socio del Bloque irremisiblemente. El PSOE tiene suficiente base social para aspirar a ser la lista más votada, igual que el PP y el BNG. Dependerá de la oferta que hagamos a los ciudadanos de Carballo y de cómo se la hagamos. Estamos dispuestos, el equipo del PSOE, a ir a por todas.

27 Anónimo 08/07/2015 14:37

Como valora estes catro anos de goberno en coalición co BNG? Cre que haberá maiorías absolutas no 2011? Que pactos ve posibles?

José Antonio Viña Patiño:

A valoración é altamente positiva, precisamente porque actuamos como un goberno único, sacrificando posicionamentos partidistas ou personalistas en favor da eficacia de goberno. Non creo que se dean maiorías absolutas. Insisto en que debe de gobernar a lista máis votada en solitario sempre que teña unha maioría holgada, e volto a repetir, 9-10.

28 Anónimo 08/07/2015 14:37

¿Que vai facer co TDT e co HOSPITAL COMARCAL, que para coller un a pomada para a pel hai que ir ao dermatologo á Coruña etc,etc?

José Antonio Viña Patiño:

Con respecto á cobertura da TDT, é competencia doutras Administracións, pero trataremos de negociar a mellora do servizo, como viñemos facendo ata agora. A cuestión sanitaria é un pouco máis complexa. Nós seguimos defendendo que Carballo ten entidade suficiente para albergar un hospital comarcal. Mentres tanto, debemos mellorar o servizo, e o primeiro sería descentralizar a atención primaria cun novo centro de saúde na parte sur de Carballo. Era algo que estaba moi estudado coa anterior Administración autonómica, xunto coa reorganización da atención especializada.

29 Anónimo 08/07/2015 14:37

No cree usted que, aunque legalmente la lista electoral del pSOE es paritaria, en realidad no lo es al contar los tres primeros puestos, que son los concejales con posibilidades de salir, sean tres hombres.

José Antonio Viña Patiño:

La lista cumple estrictamente con la ley. En cuanto a que son tres o cinco, lo tendrán que decir los votantes.

30 Anónimo 08/07/2015 14:37

Bos días, señor Viña. ¿Cómo me pode convencer de que votar ao PSOE en Carballo non é contribuir a outro goberno do BNG?¿Teñen algunha proposta propia?

José Antonio Viña Patiño:

Está suficientemente contestada en preguntas anteriores.

31 Anónimo 08/07/2015 14:37

El Sr. Andrade dice que iniciará las obras de la carretera de Sisamo inmediatamente (cuando gobierne). Usted y su socio de gobierno por qué no han hecho nada para ejecutar la obra, Tito.

José Antonio Viña Patiño:

Esta obra no la va a empezar el señor Andrade ni el señor Ferrero ni el señor Sueiro ni el señor Viña. Es una obra de la Diputación Provincial. Lo que está haciendo el Concello es negociar una mejora del proyecto, y mientras tanto contamos con el compromiso de la Diputación de contratar ya la segunda fase.

32 Anónimo 08/07/2015 14:37

Bo día, señor Viña, a sensación na rúa e que é vostede unha gran persoa e cercana á xente, pero políticamente da a sensación de que baila ó ritmo que lle marca o seu socio de goberno, ¿pódeme dar a sua opinión?, Grazas.

José Antonio Viña Patiño:

Agradézolle a valoración persoal, que ao final é a que queda. Creo que a vida política é efímera e eu, dende logo, non penso quedar na memoria da xente como político, senón como profesor e como persoa. Respecto do meu ritmo político, é rotundamente falso o que vostede di. Son moito máis tenaz do que podo aparentar e a xente que me rodea sábeo. Doulle a razón en que na vida pública tamén llo hai que facer saber á totalidade dos cidadáns.

33 José Antonio Viña Patiño 08/07/2015 14:37

Grazas pola participación. Teño que recoñecer que as preguntas foron para min un elemento de reflexión e, con independencia das contestacións, tereinas todas en conta. Se queren coñecer de cerca ao equipo do PSOE que aspira a gobernar Carballo nos próximos catro anos, convídoos a asistir mañá, ás 12.00 horas, á presentación da nosa candidatura no parque do Rego da Balsa. Imos ter bo tempo. Grazas