Candidato del PSdeG por Lugo
Según la última encuesta de Sondaxe, no hay en la
Galicia urbana un alcalde que goce de mayor grado de
conocimiento y estima que Orozco. Con esas credenciales,
el socialista avanza con holgura hacia su segunda
mayoría. Aún así, el candidato más digital de la
campaña (el único que tiene videojuego)
se enfrenta a los internautas de lavoz.es
Encantado por estar no Chat da Voz de Galicia. Bos días e boa comunicación.
e non esperar ó día despois?
Polo de agora non quero ter Plan B, aínda que a veces se pensa. Detrás houbo un informe a destempo que é posible que destapara o Informe de Icomos. Esperemos o informe definitivo da UNESCO. É bon para a cidade que se constrúa en San Fernando porque lle da vida ó Centro, lugar común de todos os lucenses.
¿Que plan contempla el ayuntamiento sobre el deterioro en que se encuentra el barrio Feijo
Sobre o deterioro que tiña cando cheguei á Alcaldía o que fixen foi urbanizar todas as rúas, con servicios novos. Rematamos na rúa Río Cabe. Atenderemos alegacións sobre o proposto no Plan e lograremos sacar ese barrio adiante, porque é un barrio moi cercano ó centro e que hoxe perdeu moitos veciños.
Si algún dia se cruzase por la calle con Carl Marx ¿Cree que le daría la mano?
Espero que ante o xesto de darlla eu, el non mo ía negar. Falaríamos do fracaso do Socialismo real na URSS, pero como se foi impoñendo o Socialismo democrático en case toda Europa e como colaborou e está a colaborar en facer unha sociedade máis xusta e democrática.
¿Por qué promete el AVE que no es competencia municipal? ¿De verdad cree que puede entrar en la actual estación como promete?
Non prometo que entre na actual estación. Digo que á espera dos informes técnicos precisos é a opción mellor, pola súa proximidade ó centro da cidade. Todas as cidades que apostaron por achegar o AVE ó centro acertaron. Prometo que traballarei sen desmaio para que Fomento e ADIF axilicen todos os trámites para que se faga o AVE no menor tempo posaible. Non é competencia miña facer a depuradora ou o desdobramento de Nadela ou da Campiña; pois lle dediquei moitas horas de xestión para que se realizasen esas obras.
Promete prohibir el botellón, sin embargo permite la venta y consumo de bebidas alcohólicas en el Pabellón Municipal de deportes ¿Cómo se compagina esto?
No Pavillón, por Lei, está prohibido vender bebidas alcohólicas e así se remitiu unha circular. Informareime se se cumpre. O Botellón é un fenómeno social que non se arregle prohibindo. Ten que haber unha intervención dos pais e nais, e a administración educativa e muncipal para darlle solución e campañas educativas ó respecto. Prohibir venda do alcohol a determinadas horas e unha política de seguimento do fenómeno. Na rúa non se pode beber.
Sr. Orozco, soy una de las 6.500 personas afectadas por el PXOM, presente mis correspondientes alegaciones y todavía estoy esperando la respuesta, le rogaría claridad en su respuesta y sobre todo sinceridad. Gracias
Claridade e sinceridade son unhas das miñas características. Hoxe, cando viña para este Chat tivemos confirmación dunha entrevista co Sr. Director Xeral de Patrimonio para poñernos dacordo no informe que remitiu esa dirección. O mércores pasado houbo a reunión coa Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta. Estamos a espera de recibir o informe medioambiental que nos pediu Medio Ambiente. Hasta que estes temas estén pechados e consensuados non se poden contestar as Alegacións porque poden e de feito as condicionan.
que destacaria de su gestion en los ultimos años?
Barrios enteiros (Montirón, Barrio da Paz, Fingoi, Tolda, Milagrosa, Centro, Sagrado Corazón, Feijoo) totalmente urbanizados. Novos Centros Sociais (Castiñeiro e Residencia); novas ociotecas, parque dos Paxariños, todas as instalacións deportivas remodeladas e unha nova construida, o Museo interactivo en marcha; xestionadas as obras e en execución da nova estación de mercadorías, saneamento integral, depuradora, potabilizadora, Plan Paradai, Ronda da Muralla, Hoispital, Ronda Este desdobramento de Nadela e Campiña. Ilumnación da N-VI, estudo informativo da nova Ponte; máis de 225 rúas urbanizadas; comezado o saneamento da zona rural; novo Centro de Empresas; Lugo cidade dixital; unha casa das Línguas en periodo de contratación; posta en marcha do CETAL, iluminación nova no Centro e en distintos barrios; Plan de travesías executado a excepción da Avenida de Madrid; máis prazas nos centros de día e na axuda no fogar; axudas para aluguer de vivendas; casa da Música; aumento do turismo nun 311%; 1.500.000 metros cadrados de solo residencial; feitos os traballos de supresión de barreiras arquitectónicas polo que fumos premio Reina Sofía; Melloras no Centro histórico e na súa rehabilitación; centro social de Fontiñas-Enrtrecarrís e Gardería Infantil de Fontiñas; parque de Fontiñas...e o que queda, do que podemos falar despois se queda tempo.
xa leva 8 anos de alcalde, non lle cansa? quere ser coma D. Manuel que ficou no poder ata que o botaron?
Cada día teño máis ilusión e máis ganas e máis proxectos e máis ambición para facer o mellor por e para Lugo; o día que perda un pouco de ganas, voume: Pero nada hai máis bonito para un Político que naceu das urnas que irse ou que sexan as urnas que lle digan que non.
como mellorara o campus?
Traballando codo con codo coa Universidade a través de convenios e outro tipo de colaboración como a cesión de unha parcela para prácticas. Tamén o CETAL penso que lle vai dar un impulso á Universidade.
mollese, de non gañar vostede, quen prefire que goberne? ou con quen nunca pactaria para ter o poder?
Vou loitar e traballar para ter unha maioría que permita que Lugo siga crecendo, modernizándose e tendo cada vez máis peso na política galega e nacional. Un político que nestes momentos electorais pense en pactos é un político que desvía os seus obxectivos; é o pobo que indica o que se debe facer a partir das leccións; NUNCA PACTARÍA CON QUEN QUIXESE MÁIS OS INTERESES PRIVADOS QUE OS PÚBLICOS.
para cando a ronda totalmente peatonal?
É un tema a estudar con cuidado por un doble motivo: polos problemas de tráfico e polos problemas que se pode xenerar ó Centro. Cousa distitnta sería estudar, cousa moi complicada, soterrar o tráfico.
d? se a si por que non fai nada para evitalo
Sen dúbidas, por iso hai que pensar nas alternativas que nos pode dar o estudo de tráfico, transporte público que imos facer.
se volve gañar presentarase como candidato a xunta? se e asi ten o meu voto
Non, nada me gusta máis que ser Alcalde. Por favor, se lle gusta o noso proxecto para Lugo, vótenos agora.
Sr.Candidato, ustedes prometieron hacer algo en el aerodromo de Rozas, no han hecho absolutamente nada. ¿para cuando?
Querido amigo, parécelle pouco traballar e xestionar con AENA, Dirección Xeral de Aviación Civil e empresarios para lograr un centro de aparcamientos ou de achatarramento para Rozas?. Non saliu. Para min o peor pecado para un Político é non facer nada. Nunca se equivoca, pero non fai nada. Gracias.
¿Que política antiterrorista aconsejaría a Rodriguez Zapatero?
O goberno, sexa do signo que sexa, sempre tivo, ten e terá o meu total apoio na política antiterrorista que marque. Ten máis datos que poida ter eu e tantas ganas de solucionar o problema como podo ter eu.
Defíname, por favor, en 1 ou 2 palabras, a cada un dos seus rivais políticos nestas eleccións
Queren a Lugo, porque o amor a Lugo non ten exclusiva.
¿Para cando unha conexión rápida e gratuíta Santiago-Lugo?
Xa está feitos os proxectos, e este ano se van licitar os dous primeiros tramos no Concello de Lugo.
Son un pai preocupado polos resultados educativos do meu fillo, ¿ten vostede no seu programa algunha medida de reforzo educativo?
Fixemos unha escola para o emprego, pensando fundamentalmente nos alumnos/as con dificultades e ademais proporcionamos axudas a alumnos con dificultades. Ese papel o desenvolve agora a Consellería de Educación co Programa PROA (creo que se chama así). Realizamos múltiples actividades extraescolares co fin de colaborar na formación dos alumnos/as.
Alcalde, cómo hace para ser el mejor?
Non crelo e traballar todos os días, xunto cun equipo marabilloso, para conseguir que Lugo, a miña pasión, prospere.
Tendremos nuevo puente? Lugo lo necesita urgentemente y es la esperanza que nos queda después de 2000 años
Desde logo que si e por iso se realizou e se presentou o estudio informativo, primeiro paso administrativo para facer a nova ponte. Hai máis de dous millóns de euros para facer o proxecto.
Usted es un alcalde muy querido, qué le parece que intenten mezclarlo con malos rollos de especulación?
Teño a conciencia totalmente tranquila e o camiño da miña honradez totalmente trazado. Se me doe é pola miña familia, cando falan do piso que me regalaron na Praza do Seminario ou do Chalet das Arieiras, ou do piso de Vigo e de Santiago. A miña familia xa empeza a rirse tamén desas miserias de algúns in-humanos.
Lugo mellorou e quen diga que non é que non quere ver a realidade, pero cales son as súas novas apostas?
Case lle pido que mire o Programa na páxiña web: psoelugo.com. Resumo: novas infraestructuras, potenciar a industria, turismo e comercio; conservación do medio natural; mellora da zona rural e políticas para as persoas, o máis importante dun Concello.
Señor Orozco,soy una persona sorda.En su programa hay alguna proposicion específica para el colectivo de personas sordas?
Non só no Programa senón tamén na realidade. Mire a páxina web do Concello lugo.es e verá que temos un novo servicio para que as persoas sordas podan facer xestións nas administracións; ademais seguiremos colaborando día a día cos asociacións. Quero un Lugo sen barreiras.
Lugo é ben coñecida por ser cidade de deportistas. ¿Cando van rematar as eternas obras do paseo do Miño (que non podemos utilizar) e cando van facer algo coas luces da muralla que cegan os que se atreven a correr nela?
O das luces da Muralla entérome hoxe. Fale, por favor, co Sr. Delegado de Cultura. O paseo do Miño espero que esté listo no verano. Desexo máis que espero. As obras teñen sempre prazos que non se cumpren.
Qué lle perecería apostar por fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte habitual como nos países nórdicos onde chove e fai máis frío que en Lugo?
A tradición forma parte da historia dun país. Nunca é tarde para implantar , pouco a pouco, unha tradición. Imos probar con unha colaboración coa Consellería de Innovación e tamén no estudio de tráfico imos estudiar a implantación de carrís bici.
Cómo se les ocurrió la idea del videojuego?
Traballando en equipo preparando a campaña. Se cremos nas novas tecnoloxías e na súa implantación e coñecemento, porque non facelo dun xeito imaxinativo na campaña?
He leído que el cambio climático tiene que implicar a todos los ciudadanos, va a realizar políticas de protección del medioambiente con políticas orientadas a rebajar el tráfico en la ciudad
É unha experiencia de todos; medidas, potenciar o transporte público, facer unha avaliación do gasto enerxético do Concello e como aforrar; axudas para as vivendas e empresas que poñan sistemas de aforro e de calidade ambiental.
Que pensa facer en Frigsa, cales son as obras para o entorno desta zona e que plazos teñen? Un saúdo e sorte.
O obxectivo inmediato, que xa empezou é facer na zona colindante coa Duquesa de Lugo o Museo Interactivo da Historia de Lugo. E logo construir a Delegación de Policía e Protección civil no lugar que hoxe ocupan as naves de servicios do Concello. Todo dotacional público.
Qué medidas de protección da beira do Miño contempla de cara o futro de xeito que o crecemento da cidade non absorba o entorno do río?
Temos o PEPRIM que o impide e se vostede se fixa no novo Plan está debidamente protexido. A cidade non se pode e non se debe extender de cara ó río.
cada vez vense máis familias con nenos, que políticas de apoio á familia propón?
Xa temos reducción no IBI e ademais propoñemos medidas de conciliación da vida do traballo e familia mediante creación de escolas infantís e ociotecas.
Bo día, señor Alcalde: ¿por que parece que hai barrios de primeira e de segunda para vostede? A zona de Ramón Ferreiro, Fingoy, Magoy, Aceña, Augas Férreas... vostede olvidouna totalmente. Estamos ignorados ¿E que non lle damos suficientes votos?
Por favor, non miro nunca os votos. Pero ¿vostede vive en Lugo?. En Ramón Ferreiro fíxose a mediana coa instalación de bancos; en Acea de Olga está proxectada a casa das Linguas e adecentadas as carballeiras; do que fixemos no Barrio da Paz xa lle falei; mire, por favor, a contestación máis arriba. Creeo que son dos poucos Alcaldes que fixo obras importantes no Centro, nos barrios e na zona rural. É a miña obrigación. Gracias.
Cómo se prepara un para o estres dunha campaña electoral?
Facendo moito caso dos responsables de cada acto e traballando en equipo. Pero o mellor e traballar con ilusión, ganas e alegría.
hola, alcalde. Ayer me sentí orgulloso de usted en el debate
Gracias. Foi un honor representar ó PSOE como Alcalde porque o debate agora é sobre as eleccións Municipais. Estou dacordo coa decisión do meu Partido de non tapar ós candidatos ás Alcaldías.
Quedaron preguntas por contestar. Síntoo. Non se censurou ningunha, porque eu sempre aprendo dos que preguntan e dos que fan algunha crítica. Moitas gracias a La Voz de Galicia por darme esta oportunidadee cibernética. As TIC son unha ferramenta indispensable hoxe. Pero só unha ferramenta. :)