Open uri20150703 3 ew9sq0?1435924513

Repite como cabeza de cartel del PSOE tras haber sido
portavoz municipal los últimos cuatro años.

1 Jano Leis 08/07/2015 14:42

Hola, son Jano Leis, candidato do Partido Socialista ás eleccións municipais, e agradezo a este medio a posibilidade de poder conectar aínda que sexa virtualmente coa miña veciñanza para trasladarlle as propostas, ideas e inquedanzas do Partido Socialista para o futuro de Teo.

2 Anónimo 08/07/2015 14:42

¿ qué opinión le merece que el señor Noriega diga que en Teo solo hay dos opciones: la del BNG y la de todos los demás unidos contra él ?

Jano Leis:

Creo que é un falseamento interesado da realidade política de Teo. Penso que en Teo hai unha rica pluralidade de opcións que non so temos que aplaudir, senón que alimentar, e en todo caso, a miña percepción é de que efectivamente podemos falar de dúas opcións, en termos xerais, que son os modelos populistas na súa dobre vesión: nacionalista e conservadora, cun denominador común, que ámbalas dúas xa evidenciaron o seu fracaso, e o modelo progresista e municipalista, cun proxecto político de futuro para Teo, que encarna o Partido Socialista.

3 Anónimo 08/07/2015 14:42

pactarias coa dereita para excluir a martiño????SI(pode ser, xa se vera, bla,bla,bla...)NUNCA elixa unha das respostas

Jano Leis:

O Partido Socialista preséntase a estas eleccións coa aspiración de ser a lista maioritaria. E dende aí, nos comprometemos firmemente a garantir a estabilidade do goberno municipal a través do diálogo e do consenso sen ningún tipo de exclusión, salvo as relacionadas coa indignidade ou a indecencia política. De tal maneira que eu nunca aceptaría ser alcalde, senón cumplo este compromiso. E en todo caso, o verbo excluir non está no noso diccionario político.

4 Anónimo 08/07/2015 14:42

Qué ocxurriu fai 4 anos para que non houbera un acordo de goberno entre PSOE e BNG ?

Jano Leis:

Simplemente que o BNG non tivo vontade política dun acordo entre iguais partindo da diferencia de representación política municipal. Compre lembrar que o Partido Socialista votou, e subliño, incondicionalmente, a Martiño Noriega para alcalde, e aprobou o réxime de retribucións do grupo de goberno (seis dedicacións), sen que se formalizara ningún tipo de pacto previo. O BNG negouse a cumplir en Teo o acordo aprobado entre BNG e PSdeG-PSOE a nivel galego, e abandonou unilateralmente a mesa de negociacións tan axiña como tivo garantido o réxime de retribucións.

5 Anónimo 08/07/2015 14:42

Eu como teense de toda vida por que lle teño que votar?

Jano Leis:

Fundamentalmente, porque cremos que somos a única forza política que ten un proxecto de futuro para construir un concello con tódolos equipamentos e infraestruturas e servizos que garanten a calidade de vida dos seus cidadáns, e que atraen e fixan poboación. En segundo lugar, porque somos unha forza política que fai do consenso e do diálogo os seus principais sinais de identidade, e nas actuais circunstancias son requisitos indispensables para levar adiante calquera proxecto de odernización do noso concello.

6 Anónimo 08/07/2015 14:42

Hasta donde están dispuestos ustedes a lklegar para formar un gobierno municipal de coalición?

Jano Leis:

En primeiro lugar, cremos profundamente nos procesos de diálogo e de consenso, e se somos a forza maioritaria aseguro que esgotaremos todas as posibilidades ata chegar a un acordo en base a un programa de goberno a curto, medio e longo prazo, con tódalas forzas políticas, tanto para conformar un goberno, como para implicar a quen se quede na oposición nesa mesma acción de goberno. E os límites son dous, por un lado, os intereses xerais da cidadanía de Teo, e polo outro, a indignidade e a indecencia política.

7 Anónimo 08/07/2015 14:42

Su partidó afrontó hace poco divisiones internas materializadas en sendos blogs, ¿cómo va la cosa, ya está solucionados?

Jano Leis:

De cuestións internas so falo nas instancias orgánicas do partido e de calumnias e difamacións nos xuzgados.

8 Anónimo 08/07/2015 14:42

¿la señora Hermida dijo en su día que hacía una política cultural y deportiva " nacionalista " ¿ haría usted una política cultural y deportiva " socialista "

Jano Leis:

Dos nacionalistas nos distingue entre outras cuestións que non facemos partidismo nas institucións democráticas. As políticas culturais e deportivas son por definición integradoras e non excluíntes, e polo tanto poñerlle adxectivos é conculcar o carácter plural da propia definición de cultura e unha falta de respecto á rica pluralidade da sociedade teense.

9 Anónimo 08/07/2015 14:42

¿Qué le parece el abandono de la política por parte de Armando Blanco?

Jano Leis:

Eu das decisións persoais dos meus adversarios políticos, presentes, pasados ou futuros non acostumo opinar por unha cuestión de respecto.

10 Anónimo 08/07/2015 14:42

Bos días, Sr. Leis: Cre vostede que os veciños e veciñas de Teo poderán escoitar de vostede nesta lexislatura algo que presupoña a mellora do concello, entendido como o territorio de 80 km2 e non a casa consistorial, como ata o de agora? Gracias

Jano Leis:

O noso proxecto político é un proxecto para construir un Teo con trece parroquias, e neso nos diferenciamos das opcións populistas, nacionalista e conservadora, que se conforman co modelo de trece parroquias sen Teo. O noso proxecto é un proxecto que pretende a vertebración social e territorial de todo o concello, e non crear nin diferencias entre parroquias nin agravios discriminatorios entre veciños. Queremos construir un Teo no que teña cabida todo o mundo independentemente dos seus credos ou simpatías ideolóxicas, ou da súa adscrición parroquial.

11 Anónimo 08/07/2015 14:42

A estas alturas da desfeita urbanística ¿que se pode facer para humanizar Cacheiras?

Jano Leis:

En principio hai unha maneira de facer un urbanismo racional, un urbanismo para vivir e convivir, que é un plan xeral de ordenación municipal. O PXOM aprobado polos señores Blanco, Parajó e Noriega non responde a estes requisitos. Polo tanto haberá que botar man da imaxinación e por suposto da colaboración cidadá para poder "humanizar" esas desfeitas urbanísticas que en gran parte son irrecuperables. E a política en materia de infraestruturas e equipamentos seguida polo goberno nacionalista nestes anos non contribuiu precisamente a correxir eses excesos, polo tanto teremos que apostar pola construcción deses grandes equipamentos que unha vez que atraian poboación nos permitirá acometer obras de mellora incluso botando man das modificacións parciais do plan xeral.

12 Anónimo 08/07/2015 14:42

Saludos jano, soy un vecino de Los Tilos y ultimamente pese a que se invierte mucho en esta zona las inversiones están mal realizadas y veo que por ejemplo el centro comercial cada día tiene menos clientes, así que mi pregunta es la siguente. ¿Qué haría usted para los tilos ?

Jano Leis:

Efectivamente nos Tilos investíronse moitos cartos sobre todo provintes dos fondos estatais e os resultados son descorazonadores, por falta de criterio e sobre todo de inexistencia dun plan como nós propoñiamos de actuación integral nos Tilos. É o exemplo máis claro do desacerto en materia inversora deste goberno nacionalista. As actuacións realizadas non so están cheas de improvisacións e malas execucións senón que na súa concepción global anulou o centro comercial como eixe dinamizador da vida social e económica dos Tilos, condenando a esta urbanización a un proceso de cidade dormitorio que temos que reconducir urxentemente.

13 Anónimo 08/07/2015 14:42

¿como chamaría vostede o acordo co Pxom de eo entre Noriega Armando Blanco e Manuel Parajó?

Jano Leis:

No caso de Armando Blanco e Parajó é un exercicio de coherencia na medida en que eles foron os autores intelectuais dese PXOM. No caso do BNG un exemplo de oportunismo descarado que acredita esa dimensión populista na cal coincide con PP e In Teo da política teense. Para o BNG con esta operación demostrouse que todo vale con tal de seguir no goberno e que carece de proxecto de municipio para Teo.

14 Anónimo 08/07/2015 14:42

¿A que se debe que o PSdeG de Teo opte pola renovación no grupo municipal, no que creo que só seguirá vostede?

Jano Leis:

Non é totalmente certo que so siga eu no grupo municipal, porque hai moitos otros compañeiros presentes nesta candidatura que me acompañaron na outra lexislatura. A decisión de tres compañeiros de non continuar obedece a razóns estricatemente persoais que estou e estamos obrigados a respectar. En calquera caso xa dixemos que esta candidatura conxuga renovación para asumir os novos retos dunha lexislatura que se presume enormemente complicada pola crise económica xeral e polo fracaso da xestión nacionalista e continuidade para aproveitar a experiencia acumulada e garantir a vixencia dun proxecto de concello que temos deseñado dende hai varios anos, e agora debidamente actualizado.

15 Anónimo 08/07/2015 14:42

Cando pensa vostede retirarse da política municipal de Teo?

Jano Leis:

Por un lado cando eu o estime oportuno, e sobre todo cando os meus compañeiros e compañeiras deixen de confiar en min. De momento, asumo as miñas responsabilidades con orgullo, con entusiasmo e sobre todo con ideas.

16 Anónimo 08/07/2015 14:42

Si nadie saca mayoría absoluta, qué harían ustedes?

Jano Leis:

Todo apunta a que afortunadamente non vai haber maiorías absolutas. Polo tanto haberá que botar man de moita dose e capacidade de diálogo e de xeneración de consensos, tanto para conformar gobernos estables como para implicar á oposición na acción de goberno como para estimular que a cidadanía participe máis activamente e efectivamente na vida política local.

17 Anónimo 08/07/2015 14:42

Díganos, por favor, cuatro cualidades y cuatro defectos suyas y de sus rivales.

Jano Leis:

Perdone que non me pareza a pregunta pertinente, por canto falar de min sería un exercicio de egolatría que repudio, e falar das cualidades persoais dos meus adversarios unha irresponsablidade. A min gústame falar dos demais polo que fan e polo que propoñen, non das súas persoas, que me parecen todas respectables.

18 Anónimo 08/07/2015 14:42

A vostede se lle identifica co electorado urbanita. ¿Como pensa convencer aos veciños do rural para que aposten polo PSdeG?

Jano Leis:

Non comparto esa división entre urbanistas e rurais. Todos somos veciños e veciñas de Teo con igualdade de dereitos e de deberes, e xa o dixen, o meu proxecto, o proxecto dos socialistas é un proxecto para construir Teo sen ningún tipo de exclusións ou discriminacións. A vertebración social e territorial do noso concello son condicións indispensables para levar adiante un proxecto de municipio como o que nos plantexamos.

19 Anónimo 08/07/2015 14:42

¿Qué piensa usted hacer para solventar los problemas de depuración de agua en zonas periféricas del Concello, por ejemplo Campos de Mirabel?

Jano Leis:

Fundamentalñmente solucionar o problema. E iso pasa por tomar as medidas correspondentes tanto diante da empresa concesionaria como para realizar as obras de infraestrutura que sexan necesarias parra acabar con este problema que afecta a moitos veciños e veciñas de Teo e non so aos de Campos de Mirabel. En todo caso, o que lles aseguro é que non imos tardar catro anos en resolver o problema.

20 Anónimo 08/07/2015 14:42

sabe usted si la gestora de la escuela infantil de la ramallosa ha sido penalizada por inclumplir las condiciones de la gestión?

Jano Leis:

Coñezo indirectamente a existencia de problemas, pero non os detalles do mesmo, xa que o goberno municipal caracterízase pola absoluta opacidade informativa sobre cuestións que afectan á súa responsabilidade. En calquera caso prométolle que procurarei enterarme con detalle do problema para ver en que medida podemos actuar para contribuir á súa solución.

21 Anónimo 08/07/2015 14:42

¿ e certo que Noriega lle dificulta o acceso a documentación oficial?

Jano Leis:

Nos últimos tempos tivemos exemplos de impedimentos inexplicables para acceder a certa documentación oficial á cal temos como representantes públicos dereito ao acceso amparados pola lei. En concreto falo do acceso aos informes de reparos da intervención municipal sobre facturas remitidas polo goberno municipal. O máis grave é que durante toda esta lexislatura o señor Noriega non so nunca dou mostras de abrir canles de diálogo co partido socialista sobre asuntos de interés xeral, senón que impediu que o Partido Socialista puidera debatir en pleno propostas e iniciativas que afectan á veciñanza de Teo. Por este motivo foi incluso amonestado expresamente hai poucas semanas pola dirección xeral de administración local de Xunta de Galicia.

22 Anónimo 08/07/2015 14:42

¿Qué relación tiene con Carlos Fernández, Xosé Sánchez Bugallo y José A. Dono, alcaldes con los que limita nuestro concello?

Jano Leis:

Magnífica relación persoal, propia non so de amigos, senón de compañeiros que levamos moitos anos compartindo a vida política dentro do Partido Socialista. Ademais podo dicirlle que por todos eles sinto unha profunda admiración polo traballo realizado, o cal me sirve de inspiración para moitas das propostas que nós plantexamos en Teo. Mesmo pódolle asegurar que con frecuencia me aconsello con eles respecto de alternativas e solucións para o meu concello.

23 Anónimo 08/07/2015 14:42

Sr. Leis: Pensa que os votantes o castigarán polo acontecido coa economía a nivel nacional e a mala xestión do Presidente do Goberno, ou non cre que eso inflúa?

Jano Leis:

Aínda que poida parecer políticamente incorrecto expreso o meu orgullo por militar neste partido, e por ter como presidente do Goberno ao compañeiro José Luis Rodríguez Zapatero, persoa que está demostrando con decisións arriscadas e mesmo incomprendidas ás veces a súa altura como estadista e o seu servizo ao país, en defensa do interés xeral. Seguro que co tempo seralle recoñecido o seu labor. En calquera caso entendo que as eleccións municipais teñen outra dimensión e que a cidadanía o que vai valorar fundamentalmente son as candidaturas e as propostas que as diferentes forzas políticas ofrezan aos cidadáns.

24 Jano Leis 08/07/2015 14:42

Quero expresar o meu agradecemento a tódolos cidadáns que participaron neste encontro virtual, que demostra que a sociedade civil teense está moi viva, o cal é a principal garantía de que Teo ten futuro, e de que malia todo, hai esperanzas para Teo. Agardo que estas inquedanzas se manteñan durante todo o proceso electral, que os cidadáns se informen ben das diferentes ofertas políticas, e que o día das eleccións cada un vote en liberdade e con responsabilidade.