Open uri20150703 3 1m6acej?1435925099

Sustituye a Esther Couto como candidata del PSdeG

1 Xesús Pedreira 08/07/2015 16:34

Bos días a todos os veciños e veciñas de Ordes e a todos os lectores da Voz e agradeceros o estar hoxe aquí e poder respostar ás vosas preguntas.

2 Anónimo 08/07/2015 16:34

Buenos Dias Sr. pedreira. Si no alcanzase mayoría absoluta para gobernar, ¿Pactaria con cualquiera de los otros aspirantes?. Gracias

Xesús Pedreira:

A miña aspiración é ter a maioría absoluta e agora mesmo soamente penso niso.

3 Anónimo 08/07/2015 16:34

Está claro que o PSOE non vai a gañar as eleccións, e que a única opción que ten vostede e que se volta a xuntar con Regos. Esto se dí na rua, ¿esta de acordo?

Xesús Pedreira:

O único que vai dicir a rúa o día 22 de maio é quen vai a ter a maioría ou ser o próximo alcalde, hoxe por hoxe non contemplo a idea de pactar con ninguén.

4 Anónimo 08/07/2015 16:34

como usted y su compañero comparten voto con un transfuga como hermida

Xesús Pedreira:

O Sr. Hermida non está no grupo de goberno, polo que eu non estou compartindo o voto, e ademais o voto é libre polo que el ten a opción de votar co grupo de goberno ou en contra. Non temos a responsabilidade do que pasa no Partido Popular.

5 Anónimo 08/07/2015 16:34

por que no se arreglaron los caminos en las parroquias

Xesús Pedreira:

Nalgunhas parroquias está habendo un investimento moi forte de camiños, feitos pola concentración parcelaria, e outros estánse arranxando periodicamente. Personalmente penso que se pode facer máis e por iso no meu programa contemplamos un investimento de 400.000 euros na mellora das pistas e das cunetas das parroquias durante o primeiro ano. Ao remate dos catro anos a inversión ascendería a 1,2 millóns de euros, á que hai que sumar os investimentos que veñan da Deputación e de Medio Rural.

6 Anónimo 08/07/2015 16:34

É consciente de que perdeu a credibilidade dos socialistas de Ordes, tralo pacto con UXO? Vese claramente na súa lista, os socialistas de Ordes non están con vostede, eso pasaralle factura nas urnas!!

Xesús Pedreira:

Fun elixido por amplia maioría como secretario xeral pola agrupación socialista de Ordes, polo que reivindico a miña credibilidade, e ademais fun refrendado como candidato tamén por amplia maioría nunha asamblea na que participou máis do 70% dos militantes. O pacto con UXO foi asinado pola anterior candidata socialista e polo secretario xeral que naquel momento era o señor Pampín, que tanto critica agora o pacto de goberno con UXO que el mesmo asinou. Nós mantemos a nosa palabra de darlle estabilidade ao goberno e de traer investimento para o concello. Foi un exercicio de responsabilidade pola nosa parte. Nas listas do Partido Socialista os cinco primeiros son militantes, e so en toda a lista van cinco independentes dun total de 21. Somos a única alternativa socialista e estamos seguros de que o noso traballo vai a ser recoñecido polos veciños de Ordes nas urnas.

7 Anónimo 08/07/2015 16:34

por que los vecinos de las parroquias nos puso un solo contenedor para reciclar teniendo en casos de llevar a dos quilometros la basura y luego diga que esta fomentando el reciclaje

Xesús Pedreira:

Debe de facer tempo que non pasa por Ordes, porque en tódalas parroquias puxen illas verdes onde se pode reciclar todo tipo de residuos, e mesmo nalgunhas levamos a cabo un programa piloto de compostaxe doméstico que tivo moita aceptación. Se algo me caracterizou durante estes anos foi a miña aposta pola mellora do medio ambiente, como o feito de ser pioneiros na recollida de plástico agícola polas parroquias. No primeiro medio ano pechamos preto de trinta vertedoiros incontrolados, que estaban na súa inmensa maioría nas parroquias.

8 Anónimo 08/07/2015 16:34

Señor pedreira porque te presentas de candidato alcaldia en ordes si vives en santiago

Xesús Pedreira:

Todo o mundo en Ordes sabe que nacín no Recreo e vivín toda a miña vida no concello. Estou empadroado en Ordes e circunstancialmente veño a durmir a Santiago porque teño o meu traballo no Hospital Clínico . Iso non me desacredita ante os meus veciños, que saben que estou á súa disposición dende a mañá ata ás dez ou once da noite. Outros candidatos en cambio, que dicen vivir en Ordes, non aparecen por alí e os veciños non saben nin quen son.

9 Anónimo 08/07/2015 16:34

Señor Pedreira,vostede que dice ser de esquerdas,¿pensa que estes catro últimos anos fixo tal política en Ordes, debería cambiar de partido.

Xesús Pedreira:

Se algo caracteriza á esquerda é a aposta polo medio ambiente e os servizos sociais. No caso do medio ambiente podemos dar exemplos, como a creación de zonas verdes, o paseo fluvial do río Mercurín ou o parque infantil e biosaudable do Paraíso entre outros. En temas de asuntos sociais levamos por primeira vez na historia de Ordes actividades ás parroquias, especialmente para a terceira idade. A nosa aposta polas persoas fai que a nosa principal prioridade sexa o emprego, pero ademais temos contemplado no noso programa outras medidas de carácter social como conseguir un centro de día para Ordes. Fixemos e seguiremos facendo política de esquerdas.

10 Anónimo 08/07/2015 16:34

¿Van a tomar medidas para que no vuelva a suceder lo de este fin de semana: que el aga de Ordes estuvo desde el viernes de noche hasta el domingo totalmente embarrada?

Xesús Pedreira:

Esta situación excepcional xa foi explicada pola concesionaria do servizo, Espina e Delfín, que mesmo pediu desculpas aos veciños e veciñas de Ordes polo que aconteceu. O que pasou foi que caeu unha cantidade de saraiba e auga espectacular na zona de Buscás, e chegou ao río arrastrando a terra das fincas de cultivo de millo. Iso coincidiu cun repunte do consumo de auga ao celebrarse a gala contra o cancro, aínda que teño que dicir que a auga pese a estar turbia, reunía todas as condicións sanitarias esixidas. Este problema xa ven sucedendo dende alomenos trinta anos. No noso programa socialista de fai catro anos levábamos a construción dun depósito de auga para a decantación de partículas en suspensión que evitará estas continxencias. Calculo que en dous meses este depósito de 1,2 millóns de litros esté xa conectado ao depósito actual.

11 Anónimo 08/07/2015 16:34

como pode ser que vostede e o unico que queda do anterior equipo. algo debe facer para elo

Xesús Pedreira:

A marcha de Esther foi por razóns do seu novo cargo político en Madrid, mentres que a de Ana foi por motivos persoais como ela mesmo explicou, xa que tiña previsto un proxecto empresarial que podería ser incompatible co seu cargo de concelleira. No caso de Pampín foi unha decisión persoal que el terá que explicar. Iso mesmo ocorreu noutros partidos da corporación. O noso partido se caracteriza pola liberdade das persoas na realización dos proxectos.

12 Anónimo 08/07/2015 16:34

Pódese dicir que en caso de non obtela maioría absoluta, poden vostedes pactar con calquera dos outros 4 grupos políticos?

Xesús Pedreira:

Como xa dixen esperamos contar coa maioría suficiente para gobernar.

13 Anónimo 08/07/2015 16:34

Cal sería a súa primeira medida de chegar a ser alcalde?

Xesús Pedreira:

Dotar dunha partida orzamentaria específica para a creación de emprego, que agora mesmo non existe. Estes cartos sairán dunha reestruturación orzamentaria que eliminará gastos que non son prioritarios neste momento para os veciños de Ordes.

14 Anónimo 08/07/2015 16:35

as illas verdes equivalen a un contedor por parroquia enton como pode haver un so contedor de reciclaxe por parroquia

Xesús Pedreira:

Cada illa verde ten un contenedor parra materia orgánica, outro para papel e cartóns, outro para vidro e outro para plásticos e tetrabricks. Estas illas verdes están ubicadas estratéxicamente para que sexan máis accesibles a todos os veciños. A isto hai que engadir os numerosos contenedores verdes e amarelos de recollida de lixo que xa hai en todas as parroquias.

15 Anónimo 08/07/2015 16:34

Faranse este ano as dúas rotondas na N-550 coa variante?

Xesús Pedreira:

Estiven na delegación de Fomento na Coruña e puiden ver de primeira man os proxectos da N-550 ao seu paso por Ordes onde están contempladas as dúas rotondas e mesmo están contempladas máis melloras que proximamente anunciaremos aos veciños.

16 Anónimo 08/07/2015 16:34

cumpliron unha soa cousa do programa anterior ou son todo enganos

Xesús Pedreira:

Das dez medidas prioritarias que tiñamos na anterior lexislatura, e a pesares de estar en coalición con outros partidos cumprimos seis, especialmente aquelas relacionadas co medio ambiente e os servizos sociais. Isto demostra o grado de cumprimento do noso programa. Os socialistas non vendemos fume senón que conseguimos máis de nove millóns de euros de investimento que están á vista de tódolos veciños de Ordes.

17 Anónimo 08/07/2015 16:35

Vostede formou parte de esta "ensaladilla de partidos " que gobernou Ordes, entende que a xente pense que un voto a vostede é o mesmo que votar ó actual alcalde sr Regos,

Xesús Pedreira:

Ordes precisaba un cambio despois de preto de vinte anos de gobernos da dereita, e o Partido Socialista foi o que lle deu un carácter social a este cambio. Démoslle estabilidade ao goberno de Ordes durante estes catro anos, pero cremos que a nosa xestión foi o suficientemente boa como para que agora os veciños e veciñas nos den o 22 de maio unha maior responsabilidade para poder asumir a Alcaldía. Votar a Xesús Pedreira é votar ao Partido Socialista, non ao señor Regos, que representa outra opción política.

18 Anónimo 08/07/2015 16:35

como puede habar del poligono de pardiñas cuando el 40 por ciento del de merelle esta vacio

Xesús Pedreira:

O problema que ten o polígono de Merelle foi que Martino e o anterior goberno do PP non o souberon facer ben. É certo que hai parcelas baleiras pero son tan pequenas que non serven para ningunha empresa, e moitas das que están compradas foron para especular. Cando nós asumimos o parque de Merelles estaba sen depuración e sen acceso a Internet. O meu compañeiro José Manuel Tobío trouxo o wimax ás empresas do polígono e solucionouse o problema da depuración de augas que tanto viña sufrindo o río Cabrón. Tobío deixou toda a tramitación medioambiental do polígono de pardiñas para que sexa unha realidade pronto. A súa planificación está ben feita, o que facilitará a chegada de empresas a Ordes que crearán postos de traballo e riqueza entre os veciños. A súa situación ao lado da autopista e preto da ronda leste que o conectará co polígono de Cerceda e de Merelle faráo moi atractivo para as grandes empresas.

19 Xesús Pedreira 08/07/2015 16:35

Moitas grazas a todos e todas, invítovos aos que queirades seguir en contacto conmigo que o fagades desde o meu blog jesuspedreira.com. Dende aló contestarei a todas as vosas preguntas.