Open uri20150703 3 1gbv914?1435924268

Ha respondido a las preguntas de los internautas sobre su candidatura.

1 Carlos Fernández 08/07/2015 14:31

Bó día. Vou continuar co traballo que veño de facer no concello dende hai un par de horas, é dicir, respostar ás cuestións que plantexa a cidadanía. Todos os xoves adico as primeiras horas da xornada a tal fin. Mediante o "liña directa", atendo semanalmente as consultas, preguntas ou queixas da cidadanía. Así que imos aló

2 Anónimo 08/07/2015 14:31

¿para cuando un nuevo colegio? los vecinos demandamos mas plazas para nuestros hijos, porque queremos vivir en ames

Carlos Fernández:

Na Consellería de Educación dixéronme que será posible para iniciar alí o curso 2012-2013. Debo crér que isto vai ser así e aínda que non esté orzamentado en ningun sitio nin haxa reserva economica para tal fin. Con todo existe unha importantisima diferencia entre a posible demanda baseandonos nos datos demográfricos e a demanda real que logo se produce cando se solicita matricula en firme.

3 Anónimo 08/07/2015 14:31

¿Como definiría la gestión de gobierno de estos ultimos cuatro años en minoría?

Carlos Fernández:

Con absoluta normalidade e naturalidade. Cada día enfrontamonos á accion de gobernar sen estar pensando na circunstancia de estar gobernando en maioría ou minoría. O único que nos preocupou foi sair adiante con todas as nosas propostas e todos os nosos proxectos. De feito a cidadanía é a que menos consciente é de si gobernamos en maioría ou minoría.

4 Anónimo 08/07/2015 14:32

Soy un vecino del Milladoiro. Hace meses que conocemos nuestra candidatura. ¿Que opinion le merece que BNG haya tardado tanto en presentarla (Ayer) y el PP la tenga en el más estricto secreto?

Carlos Fernández:

Cada partido debe facer o que lle pareza máis oportuno. sobre esas cuestións a min non me gusta opinar porque cada quen organiza os tempos como lle parece mellor.

5 Anónimo 08/07/2015 14:32

Si consigue menos concejales que el Bloque y entre las dos fuerzas tuviesen suficientes votos para la mayoría en coalición, ¿seguiría como concejal, sin ser alcalde?

Carlos Fernández:

Razonablemente, é unha posibilidade que ninguén contempla. Por suposto eu non a contemplo e cónstame que os/as responsables do BNG aspiran a tanto. En calquera caso, calquera que sexa o resultado das eleccions, actuarei coherentemente.

6 Anónimo 08/07/2015 14:32

Santiago Amor afirmaba ayer en este apartado de Ecuentros Digitales que Ames, económicamente se encuentra en quiebra técnica. Es una afirmación preocupante. ¿Qu´e me puede decir usted de este tema?

Carlos Fernández:

Que tal afirmacion é rotundamente falsa. E o peor de todo é que ademais é malintencionada e daña os intereses xerais do Concello, algo que ao PP lle importa un bledo con tal de conseguir a confusión, o engano e os resultados electorais que ansían. Acabamos de facer balance económico destes anos e ningún dato indica que podamos estar nunha situación tan dramática como queren facer ver. Cónstame que somos dos mellores concellos de Galicia en situación economica a pesares dos tempos adversos que nos tocan vivir.

7 Anónimo 08/07/2015 14:32

Como explica que la promotora a la que Ud. beneficio siendo alcalde y socio sea la que más ha construido en Milladoiro?

Carlos Fernández:

Ambas afirmación son rotundamente falsas. En ningún momento beneficie a ningunha promotora e se o tivese feito estaría, sen dúbida, sendo investigado por elo. Frecuentemetne salen nos xornais noticias de que 40, 50, 60 concellos galegos están sendo investigados por prácticas urbanísticas dubidosas. Ames nunca estivo durante o meu mandato nesta situación, polo tanto non se poden facer gratuitamente afirmacións como esta. No Milladoiro e en todo Ames constrúien as promotoras que o dexexan e que cuimpren coa legalidade. Algunha moi acostumbrada a trato de favor do goberno municipal do PP baixou moito o seu nivel de actividade cando descubriu que non había prebendas ou favoritismo, pero construiu quen quixo e pudo legalmente.

8 Anónimo 08/07/2015 14:32

Segue a defender, Sr. Fernández que a negativa da oposición de Ames a compartir os servizos de Policia e Emerxencias entre Ames e Brión, perxudica ao noso Concello?.

Carlos Fernández:

Sen dúbid algunha e garantizolles que pasado o período electoral todos os grupos municipais coincidirán en decir que é unha magnífica idea, un magnífco acordo e que está plantexado en termos de compensación entre os servizos. Nos que Ames é maioritario compartiraos con Brión e nos que Brión e máis eficiente compartiraos con Ames. A resposta dos grupos da oposición plantexouse como se só se tratara dun acordo para a policía local esquecéndose por completo dos servixzos de emerxencias e de protección civil o cal si que desequilibraría o pacto. Pero non é así e eles sábeno perfectamente ainda que non lles interesea aprobalo nun momento coma este. Todo o mundo que o contempla obxectivamente como por exemplo o señor Rueda, conselleiro de Presidencia, valoran positivamente estes acordos pero o PP eo BNG de Ames non poden aceptar que un alcalde en minoría os saque adiante.

9 Anónimo 08/07/2015 14:32

Después de haber salido estos días su patrimonio en la prensa, me gustaría que aclarara este tema

Carlos Fernández:

Está todo absolutamente claro, xa que todo figura na miña declaración de bens e intereses que suscribín co meu propio puño e letra no momento da toma de posesion como concelleiro. Non escondìn nada nin me amparei baixo terceiras persoas nin sociedades patrimoniais nin ningún instrumento de ese estilo. O PP pediu acceso á miña declaración de bens e a obtivo inmediatamente e de aí sacaron dos datos das propiedades que teño despois de trinta e un anos de traballo e de cotizacións á seguridade Social.

10 Anónimo 08/07/2015 14:32

¿Porqué se gasta un cocnello socialista 200.000 euros al año en publicidad en los medios de comunicación?

Carlos Fernández:

É un dato erróneo. Dentro da partida denominada publcidade e comunicación entran moitas mais cousas que a posibilidade de suscribir anuncios ou facer publicidade. ¿Sabe vostede que todos os anuncios oficiais con membrete do Concello donde se convocan postos de traballo, onde se da conta da aprobación de plans e de ordenanzas, que son de obligatoria publicación por lei, entran dentro deste mesmo capítulo e levan a maior parte do mesmo? Podo facilitarlle desglosado cada un dos termos que entran nesta partida orzamentaria e verá que esto é así

11 Anónimo 08/07/2015 14:32

porque el retraso el nuevo campo de futbol y orque no se le hace ningún mantenimiento al del Bertamirans

Carlos Fernández:

O campo de fútbol do Milladoiro estase construindo a bastante bo ritmo, aínda que supeditado a incidencias de obra como a aparición dunha falla de terreo inadecuado que os estudos xeotécnicos non tiñan detectado. Pero continúa a bo ritmo e será unha realide moi pronto. Recordo que o goberno do PP prometía no ano 1999 este campo de fútbol para o ano 2000 e tivemos que chegar nós ao goberno para facelo realidade ainda que tardaramos mais do que nós memos desexamos. E no campo de Bertamiráns fanse as tarefas de mantemento ordinario e aínda recentemente se fixeron mais obras de ampliación O importante é que alí disfrutan centenares de persoas todas as semanas. O goberno baixo a miña presidencia vai ter o honor de ser o que construiu e dotou de herba artificial aos dous campos de fútbol das dluas localidadaes máis importantes e temos a intención de seguir.

12 Anónimo 08/07/2015 14:32

Na rúa fálasemoito do salario dos concelleiros e do alcalde. fálasen moitas cousas pero dende o concello non se di nada. suponse que esto é publico. Non entendo que os cidadáns non saiban o que cobran os políticos ¿A qué ben ese secretismo?

Carlos Fernández:

Non hai jningún secretismo,. Ames publica os salarios dos cargos electos nos boletins oficiais que corresponden. Cónstame que houbo veciños que levaban no seu peto unha fotocopia dos salarios para ensinalo aos seus amigos e coñecidos. De todos xeitos, pódolle decir que os salarios líquidos son os seguintes: o alcalde 2.586 euros ao mes, o lider do BNG Xosé Manuel Fernández 2.420 euros ao mes, o señor Argibay da bicefalia que goberna o PP cobra 2.028 euros ao mes, e o señor Amor, a outra parte desa bicefalia cobra 1.689 euros porque así o decidiron no reparto interno do grupo popular. Os salarios e as adicacións exclusivas están sumamente desequilibradas, xa que o goberno municipal dispón de tres adicacións exclusivas e os que están na oposición, que teñen moitisima menos adicación, teñen 2,5 adicacíións exclusivas e que repartiron entre tres persoas. Creo que é moi desequilbibrado que quen ten que soportar toda a acción do goberno e o día a dia do concello teña prácticamente os mesmos medios de adicación que quenes están simplemente para facer oposición

13 Anónimo 08/07/2015 14:32

Porque hay en Bertamirans 5 aparcamientos públicos y en Milladoir sólo uno cuando aquí viven el doble de personas que en Bertamirans? Porque no solucionó este gravisimo problema y más aún cuando retiró casi 200 plazas de aparcamientos más en Milladoiro con las dos obras que Ud. Hizo?

Carlos Fernández:

A retirada de prazas de aparcamento é imprescindible para dotar de mais espazo ao disfrute das persoas. Temos que resolver a dicotomía entre persoas e vehículos e así ocurre en toda as cidades do mundo civilizado. En calquer caso, eu fun o alcalde que creou 400 prazas de aparcamento libre e gratuito aí onde é posible facelas porque non podo derribar edificios para facer no seu sitiio un aparcamento de superficie e isto débese á mala planificación e ao desastre urbanístico no que convertiron O Milladoiro os 32 anos de continuado goberno do señor Astray e do Partido Popular. ¿Como podo resover eu en catro ou seis anos a desfeita e o descalabro permitido nos 32 anos anteriores?

14 Anónimo 08/07/2015 14:32

¿Pensan poñer aceras e iluminación na Rúa do Rego no Milladoiro?

Carlos Fernández:

Si, é unha rúa na que temos que executar un proxecto que a promotora Mahia deixou sen facer. Curiosamente esqueceuselle facer todo un treito de rúa que formaba parte das súas obrigas urbanizadoras. Agora nós incautámoslle os avais bancarios e levaremos a cabo esa obra con cargo a ese diñeiro e non con cargo ás arcas do concello.

15 Anónimo 08/07/2015 14:32

Que balance fai da oposición de Ames nesta lexislatura a piques de rematar?

Carlos Fernández:

O BNG comportouse como unha ex parella que busca venganza e adicouse a poñer unha cara amable naqueles asuntos nos que era imposible enfrontarse directamente e sen embargo bloqueou aqueles asuntos que eran puntos estrela para o goberno municipal coa intención de asfixiarnos e cobrar o prezo da vinganza. Impediron que o alcalde estivese na asamblea de Caixa Galicia, impediron a aprobación directa dos orzamentos do 2008 obligandonos a presentar unha cuestión de confianza despois da cal ablandaron e impedíronnos a suscripción dun prestamo cando o necesitabamos e agora, finalmente, boicotean os acordos de policía local e emerxerncias e protección civil que serían tan ventaxosos para o noso Concello. O PP practiocu a politica da mentira e do chismorreo. buscando continuamente algunha factura que tardaramos mais día dos debidos en abonala, que entrara tal ou cual documento polo rexistro, que faltaba tal ou cual trámite nalgunha actuación. Nunca foron asuntos de fundamento nin asuntos importantes, só perseguían un titular na prensa cada semana.

16 Anónimo 08/07/2015 14:32

En su candidatura hay muchas caras nuevas y poca experiencia política. ¿Esto puede ser un lastre si como todo apunta no logra mayoría absoluta para gobernar?

Carlos Fernández:

Eu confío en que imos acadar a maioría absoluta, iso para empezar. Todo indica que isto vai ser así e tamén o indica o ataque visceral dos dous grupos da oposición. O mais interesado en que non teñamos maioría absoluta é propio BNG que se ve como prescindible no caso de que teñamos a maioría absoluta e pòr iso intenta reducir a nosa ventaxa atacándonos continuamente. O PP busca o obxectivo de que non subamos demasiado, pero son conscientes de que eles si que non van alcanzar a maioría absoluta que si lle faría falla para gobernar. No tocante ás caras novas, son persoas de recoñecido prestixio en tarefas de xestión municipal ás que só lles faltaba a oportunidade de ser concelleiros ou concelleiras. ¿Non cré vostede que a tan loubada directora da escola infantil A Madalena acumula unha magnífica experiencia de vida municipial como para ser unha magnífica concelleira de Educación?

17 Anónimo 08/07/2015 14:32

SON UNHA VECIÑA DE oRTOÑO E QUERIA SABER CANDO VAN A ARREGLAR O PASO DA PONTE DA CONDOMIÑA,PORQUE CREO QUE TAL E COMO ESTA AHORA MISMO Ë UN PELIGRO PASAR PÒR ALI A PE.

Carlos Fernández:

Estase executando xa unha obra da Deputación Provincial mediante a que se constrúe unha pasarela de ampliación da ponte para o tránsito peatonal e que este sexa mais seguro para as persoas. Esta obra ten un curto prazo de execución e estará rematada nos vindeiros meses

18 Anónimo 08/07/2015 14:32

me gustaría saber ¿para cuando una iglesia en Milladoiro? el alcalde debe tener en cuenta que muchos de los que lo votamos vamos a la iglesia y

Carlos Fernández:

Sempre tiven na miña axenda cumprir a permuta que heredei do anterior alcalde para entergarlle á igrexa católica unha parcela de dous mil metros cadradrados. Intenteino inicialmente pola xestión ordinaria do urbanismo e pola vía das cesións que os propietarios teñen que facer ao Concello. De feito, hai dúias reservas en dous sectores urbanísticos distintos pensando neste compromiso. Ao estalar a burbulla inmobiliria estes desenvolvementos paralizáronse e agora teremos que acudir a un procedemento capitaneado polo Concello para obter ese solo que tanto necesitamos para este e outros equipamentos públicos.

19 Anónimo 08/07/2015 14:32

¿A que cree que se refería Pilar Candocia cuando dijo que usted no es el mismo desde que gobernó con el BNG,.Acaso se le ha subido a la cabeza el cargo de presidente de la Fegamp

Carlos Fernández:

O cargo de presidente da Fegamp non me alterou en absoluto. Son moi consciente de que nos cargos estás e deixas de estar. O cambio tal vez se teña producido na propia Pilar Candocia e na súa perspectiva antes vìame como socia de goberno, entusiasta socia de goberno diria eu e agora veme desde fora da corporación municipal onde quedou despois do seu periplo polas altas instancias da politica autonomica. Aquelo non acabou moi ben e agora regresa de novo a Ames a facer politica local

20 Anónimo 08/07/2015 14:32

¿Como es posible que su concello deba horas extras a trabajadoras desde el año 2008?

Carlos Fernández:

Por un problema de tramitación administrativa. Ao non entrar as xustificacións dentro do ano e ter informe desfavorable dalgunha instancia municipal non as puidemos pagar ata que arranxamos eses problemas de anualidade e de informe negativo.

21 Anónimo 08/07/2015 14:32

Qué nota cree que le pondrían sus votantes del 1 al 10? en una socidad que cada vez valora menos la labor de los políticos.

Carlos Fernández:

Percibo do contacto diario coa xente de Ames que nos daría entre un 7 e un 8 e dicir en todo caso un notable ou notable alto. Como todos os gobernos temos imperfeccións e asuntos pendentes, pero a cidadanía valora moi positivamente que vaias resolvendo a maioría dos problemas e que estes próximo a eles. O noso slogan outros poñen os problemas, nos poñemos as solucións e completamente certo.

22 Anónimo 08/07/2015 14:32

Pactará con el BNG para gobernar, si es necesario. En Ames hay votantes del PSOE y del BNG pero que no queremos bipartitos ya que son desiguales los repartos, preferimos la libertad del voto que valga para que crezcan los proyectos.

Carlos Fernández:

Moitas persoas animaronme a gobernar en solitarios hai catro anos ea prescindir de lastres.Dicíanmo votantes do entorno socioloxico do PP e do PSOE. Eu anímolles igual que o fixen hai catro anos a que concentren o voto na nosa opción para que teñamos a maioría absoluta que nos permita gobernar sen lastres nen ataduras. Si non queren gobernos de coalición, que voten consecuentemente.

23 Anónimo 08/07/2015 14:32

¿Por qué en 8 años de mandato no ha sido capaz de arreglar la carretera que une Roxos con Portomouro? Tiene muchísimo tráfico y urge una solución desde hace mucho tiempo.

Carlos Fernández:

Porque non é de competencia municipal, se non de competencia autonómica. Co goberno bipartito conseguin un acordo polo que primeiro construin as beirarrúas nas zonas habitadas que aínda non as tiñan, como partede Tapia e Piñeiro e despois iban a arranxar o asfaltado en condicións pero isto truncouse co cambio no goberno autonómico e coa chegada do PP á Xunta de Galicia. O PP acumula con estes dous ultimos anos un total de 18 gobernando a autonomia e non foron quen de arranxar esta estrada que tanto tráfico soporta.

24 Carlos Fernández 08/07/2015 14:32

Agradezo moito á Voz de Galicia esta oportunidade de respostar en tempo real ás preguntas dos veciños e veciñas de Ames que saben que teñen diversos cauces habituais e cotiáns para poñerse en contacto co seu alcalde.