Open uri20150703 3 vhz65j?1435925780

El candidato socialista y alcalde compostelano aspira a
la reelección.

1 Xosé Sánchez Bugallo 08/07/2015 18:24

Ola a todos! Aquí estou, encantado de responder a todas as preguntas que me sexa posible.

2 Anónimo 08/07/2015 18:24

Con la apertura del túnel del Hórreo se ha producido un problema gravísimo de tráfico en la rotonda de Conxo. ¿Qué medidas paliativas se pueden aplicar con urgencia hasta que se haga el paso subterráneo, si se hace?

Xosé Sánchez Bugallo:

O problema da rotonda de Conxo xa é coñecido e anterior. De feito está redactado e aprobado polo Ministerio de Fomento o proxecto para a construción do paso inferior, que espero poidamos encaixar presupostariamente a pesar das dificultades. Mentres tanto, en todas as horas punta estará a policía local para facilitar a circulación.

3 Anónimo 08/07/2015 18:24

Sr. Bugallo: en Galicia tenemos la suerte de tener dos lenguas oficiales, para unos la propia es el gallego y para otros el español, dependiendo cual haya sido su lengua vernácula. ¿ si usted es elegido alcalde se compromete a remitir escritos y documentos a todos los ciudadanos en los dos idiomas? La Ley no lo impide y sería un sintoma de normalidad democrática. Gracias y suerte.

Xosé Sánchez Bugallo:

O uso do galego no Concello de Santiago está regulado tanto polo establecido no Estatuto da Capitalidade como no propio Regulamento interno do Concello aprobado por unanimidade en 1988. O criterio do Concello é respectar as demandas e dereitos dos cidadáns, pero con carácter xeral utilizar sempre o galego como lingua propia de Galicia, por entender que se atopa nunha situación de inferioridade que require un apoio específico, sen prexuizo do dereito de cada persoa a ser atendido en calquera das dúas linguas se así o solicita.

4 Anónimo 08/07/2015 18:24

Bos días. Que accións, tamen as inmediatas, pensa executar sobre a rúa de san Pedro. Considera normal que en san pedro existan rúas que non se tocaron en 50 anos?

Xosé Sánchez Bugallo:

Na zona de San Pedro actuamos nos últimos anos sobre a propia rúa de San Pedro, a rúa Bonaval, e outras rúas dese ámbito. Polo tanto, non é verdade que leven 50 anos sen tocarse. En calquera caso, o problema máis severo é a circulación de tráfico pesado por unha vía que non reúne requisitos para iso. A solución non é doada, toda vez que non hai consenso no barrio e esta rúa xoga un papel troncal para outras zonas como pode ser Belvís. Seguiremos actuando, aínda que o meu criterio persoal é potenciar os usos peonís e restrinxir a súa utilización por vehículos especialmente pesados dentro do posible.

5 Anónimo 08/07/2015 18:24

¿Qué aportará a súa reeleción como alcalde de Santiago a nosa cidade que non poida ofertar calquera outro candidato?

Xosé Sánchez Bugallo:

A total garantía de que o proxecto e o modelo de cidade que vimos construíndo nos últimos anos vai a seguir. No caso dalgún candidato non coñecemos nin o seu proxecto nin o seu modelo, pero si sabemos que quere revisar o proxecto actual e desde logo, polo que se ve das súas opcións, o seu modelo non é a tolerancia, o respecto, a amabilidade, a prudencia nin a discreción, que a min me parecen esenciais e características moi específicas do ser compostelán.

6 Anónimo 08/07/2015 18:24

¿Como es posible que hayan autorizado la constucción de una residencia en pleno parque de Eugenio Granell?

Xosé Sánchez Bugallo:

Primeiro, a residencia non está nunha zona verde senón nun espazo reservado para un uso dotacional, aínda que provisionalmente se tivera acondicionado como zona verde. En segundo lugar, porque a necesidade de residencias para a terceira idade é unha prioridade absoluta. As prazas actuais só cubren o 2% das persoas maiores, cifra absolutamente insuficiente!

7 Anónimo 08/07/2015 18:24

Señor Bugallo, vendo a revista que leva encartado en varios medios doume conta de que as fotografías que aparecen, na súa maioría, son de áreas gobernadas polos seus socios de goberno. Non hai nada meritorio do PSOE neste goberno bipartito?

Xosé Sánchez Bugallo:

Son moi afeccionado ás zonas verdes e todas elas foron adquiridas por xestión urbanística, área que nunca levaron os meus socios de goberno. En todo caso, a acción de goberno é común e compartida, e de feito en toda esta campaña electoral os proxectos presentados polos meus socios son comúns, e paréceme fantástico, porque isto quere dicir que fomos quen de asumir como propio un proxecto común para a nosa cidade, que é o máis difícil.

8 Anónimo 08/07/2015 18:24

A lo largo de los últimos años ha quitado cada vez más plazas de aparcamiento en superficie y se han abierto más parkings de pago, ¿tiene previsto seguir haciéndolo? ¿cuánto tiempo más seguirá funcionando el parking de Santa Marta en el que NO HAY NINGÚN COCHE APARCADO y se paga a un vigilante?, ¿no va a pedir responsabilidades al ideólogo de esta tropelía?

Xosé Sánchez Bugallo:

Santiago é unha cidade que polo seu tamaño e as características das súas vías públicas faise necesario establecer prioridades de uso. Non caben todos á vez. Polo tanto, debe privilexiar os usos peonís da propia cidade, o uso circulatorio e dentro del o uso para o transporte público sobre o uso como parque de estacionamento. Con relación ao parking de Santa Marta, a experiencia amosa que hai que manter a constancia no empeño. Seguiremos facendo máis publicidade e estou seguro que nuns meses acadaremos niveis de ocupación máis que aceptables, como xa sucedeu en experiencias previas.

9 Anónimo 08/07/2015 18:24

Santiago está aumentando perigosamente o número de cámaras de videovixiancia que atentan gravemente contra o dereito á intimidade dos veciños e veciñas e rara vez cumpren a súa función de seguridade. Non cre que debería limitarse o seu uso? Grazas

Xosé Sánchez Bugallo:

Non comparto a súa preocupación, e creo que a inmensa maioría dos cidadáns tampouco. Por certo, a maioría son para controlar o tráfico.

10 Anónimo 08/07/2015 18:24

¿Cómo tiene usted la indecencia de pedir el voto en barrios que ha marginado durante toda la legistura, como por ejemplo Almáciga?

Xosé Sánchez Bugallo:

Non comparto a súa afirmación, e por certo o meu balance como alcalde é de todo Santiago, e os veciños da Almáciga forman parte desta cidade. Na Almáciga hai un parque maravilloso e recentemente arranxáronse todas as rúas! Ademais, no meu programa electoral promovo a declaración como Área de Rehabilitación Integral para mellorar as vivendas e incorporar ascensores, tal como se está a facer en Vista Alegre.

11 Anónimo 08/07/2015 18:24

Que opina da política realizada polo goberno do España, Zapatero, en situacións complicadas como a actual? Parece que a súa propaganda esconde o logotipo do PSOE. Son para iso as gafas?

Xosé Sánchez Bugallo:

En todos os meus actos e documentación aparece claramente o logotipo do PSOE. Ademais, sempre faigo alusión a ese tema, pero o candidato son eu e non Zapatero. Non será que outros se esconden detrás do logotipo do PP?

12 Anónimo 08/07/2015 18:24

Se sale elexido ¿Qué medidas pensa aplicar para xenerar emprego en Santiago?

Xosé Sánchez Bugallo:

As primeiras: habilitar novo solo industrial. Esta mesma mañá, por certo co voto en contra do PP, adxudicamos as obras de dous novos polígonos industriais. En segundo lugar, a través do Cersia e dos servizos municipais axudando e apoiando aos xóvenes emprendedores. En terceiro lugar, a través da formación, facilitando a reciclaxe dos que perden o seu posto de traballo ou corren perigo de facelo e a súa adaptación para cubrir as novas demandas de emprego. E moitas máis, invítoo a que descargue o meu programa electoral en www.bugallo.es, alí pode velas máis detidamente.

13 Anónimo 08/07/2015 18:24

¿Cal é a clave da estabilidade do bipartito compostelán?

Xosé Sánchez Bugallo:

Non é un bipartito, senón un goberno de coalición cun proxecto común de goberno que é executado independentemente da militancia concreta de cada concelleiro.

14 Anónimo 08/07/2015 18:24

Cultura, zonas verdes, rehabilitación... áreas gobernadas polo BNG e que son as mellor valoradas polos veciños nos inquéritos. A que cre que se debe? Non cre que o seu equipo non cumpre as espectativas?

Xosé Sánchez Bugallo:

Son áreas recentemente gobernadas polo BNG, se cadra escollidas por ser as máis valoradas e nalgún caso as menos conflitivas... Desde logo, o proxecto de cidade polo que se desenvolven é anterior á incorporación do BNG ao goberno.

15 Anónimo 08/07/2015 18:24

Ten previsto comprar algún coche de segunda man logo da incorporación de Xocas... Non ten medo a que volva a cambiar de partido... e completar así o tripartito?

Xosé Sánchez Bugallo:

Paréceme unha falta de respecto cara unha persoa que demostrou permanentemente unha gran valía.

16 Anónimo 08/07/2015 18:24

Como representante dun partido que promove a Igualdade entre sexos e a política social cal é a súa opinión sobre que a Custodia Compartida sexa a opción preferente nos casos de divorcio ou separación fronte á Custodia monoparental imposta que se da na actualidade?

Xosé Sánchez Bugallo:

Apoio a custodia compartida pero non sei se somos conscientes do que iso implica e dos problemas que está a xerar pola súa aplicación. En todo caso, é preciso ser prudentes e saber que sobre todo a quen hai que volcar a protección é aos fillos!

17 Anónimo 08/07/2015 18:24

¿Impulsarán decididamente o uso da bicicleta como verdadeira alterantiva ó vehículo privado en Santiago?

Xosé Sánchez Bugallo:

Si. O noso criterio é converter boa parte do centro urbano da cidade non peatonalizado en zonas 30 e facer compatible o uso da bici con vehículos a motor. En Santiago é moi difícil reservar espazo nestas rúas para carril-bici, polo tanto cremos que esta é a mellor solución.

18 Anónimo 08/07/2015 18:24

¿Por qué ha llegado tarde al encuentro?

Xosé Sánchez Bugallo:

Porque estaba noutro medio de comunicación gravando un programa que se prolongou máis do previsto... Pido desculpas a todos!!!

19 Anónimo 08/07/2015 18:24

¿Qué opina de que o BNG presente a un candidato que nunca tivo un traballo non político na súa vida?

Xosé Sánchez Bugallo:

Non me corresponde a min facer valoracións sobre o candidato do BNG. En todo caso, non me parece un mal candidato.

20 Anónimo 08/07/2015 18:24

Levamos catro lexistaturas con promesas de que se vai crear no casco histórico un Centro Sociocultural ¿que esperanzas podemos ter en que sexa unha realidade esta asignatura pendente do seu partido que aparece de novo como promesa electoral?

Xosé Sánchez Bugallo:

No casco histórico nos últimos anos fixéronse ducias de obras, rehabilitación de edificios singulares, recuperación de espazos urbanos (Rodrigo de Padrón, San Clemente, Hortas, San Fiz, Trindade...). Puxéronse en marcha fundacións culturais como a Torrente Ballester ou Eugenio Granell, e agora estase a poñer en marcha o Museo da Cidade e das Peregrinacións e por parte da iniciativa privada Novacaixagalicia na rúa Nova e na rúa do Vilar Caixanova, agora Novacaixagalicia en Cervantes e agora no Pilar. É a zona da cidade e probablemente de Europa que en menos metros cadrados hai máis centros culturais! Aínda que é certo que falta o Centro de Saúde para o que hai dous anos que cedimos os terreos e aínda non sabemos nada, e un centro para os veciños que actualmente ocupa un lugar alugado polo Concello, como vde. sabe. Espero que no próximo mandato poidamos facilitar un centro sociocultural se fructifican as negociacións coa Igrexa...

21 Anónimo 08/07/2015 18:24

Fin del encuentro

Xosé Sánchez Bugallo:

Un saúdo a todos e a todas, reiterando as miñas desculpas por chegar algo tarde. A través da web Bugallo.es e do meu correo alcalde@santiagodecompostela.org podedes enviar as vosas inquedanzas tamén. Abur!

22 Anónimo 08/07/2015 18:24

Inicio del encuentro