Candidato del PsdeG a la alcaldía de Ourense
Preside el bipartito que gobierna Ourense desde las
elecciones del 2003. A causa de la suspensión de actos de
campaña por el terremoto de Murcia, ha sido reprogramado.
Moi bós días a todos, e moitas gracias a La Voz de Galicia por darme a oportunidade de contestar ás vosas preguntas, neste encontro dixital. Adiante
porque pacta con el bng.aspiras a gobernar solo?
Neste momento o único pacto que plantexo é cos cidadáns de Ourense. Unha vez o día 22 se pronuncien libre e democráticamente os cidadáns, tocará falar da formación do novo goberno.
el supremo y el tribunal del Galicia anuló el plan general que aprobó el pp y concretamente feijoo en el 2003 ¿que opinión le merece lo que hizo el pp con el urbanismo en ourense en sus 12 años de gobierno? ¿Qué le parece el señor Rosendo fernandez hablando de unas normas transitorias municipales que ni siquiera existen en la ley? ¿Qué le parece que el pp votase en contra de encargar un nuevo pxom y ahora el conselleiro diga que ya tenía que estar aprobado? ¿Qué le parece que algunos pretendan echarle la culpa de todo esto del pp?
Responderei unha a unha ás preguntas que me plantexas: - Unha irresponsabilidade, deberían estar pedindo perdón a tódolos cidadáns de Ourense - Rosendo Fernández ten un descoñecemento total e absoluto da lexislación urbanística. - Unha incongruencia total e absoluta. - Aquì non hai máis que un culpable e un irresponsable que foi o Partido Popular, que aprobou un Plan Xeral ilegal, e que fixo trampa ó cambiar os planos que estiveron expostos ó público polos que foron aprobados definitivamente no Pleno. Esto foi o que levou inicialmente ó Tribunal Superior de Xustiza e finalmente ó Supremo a anular o Plan.
¿Por qué proponen un tranvía y no autobuses más modernos como lo que fabrican los propios orensanos?
En primeiro lugar, non hai ningunha razón para que non poidan acarrozar un tranvía as empresas ourensanas. En segundo lugar, propoñemos un tranvía porque é un medio de transporte sostible, que reducirá nun 20% o trárfico rodado e a contaminación, e de amosada eficacia en cidades similares a Ourense.
¿En qué quedou o proxecto do futuro campo de fútbol do Couto ao Cumial? ¿Qué pensa facer?
Nunca foi unha proposta do Partido Socialista.
Don Francisco, o PP di que ten moito persoal de confianza as súas ordes, eu quero saber canta xente traballa con vostede diariamente?
Temos menos que cando gobernaba o PP.
Tendrá espíritu democrático y respetará la decisión popular en las urnas de que gobierne el partido más votado? Norberto-Santiago de Compostela
O Sistema Constitucional Español non contempla esta medida. Esa é a proposta oportunista dun partido político concreto, que non ten con quen pactar
¿Qué le parece el caciquismo del señor Baltar? ¿Esta de acuerdo? Pablo López
Forma parte dun estilo antigo e caduco que levou a esta provincia a situarse no fogón de cola do progreso.
¿Cal é o seu soño despois de ser Alcalde de Ourense, a qué se vai adicar?
Volver ó meu instituto a traballar cos alumnos.
Me parece usted un muy buen alcalde, y me gustaría votarle. Pero estas elecciones quiero dar un voto de castigo a su partido, por la política de Zapatero, ¿qué argumentos me da para votarle a usted y así no castigar a Zapatero? Un triunfo de su partido en Ourense no se reflejaría en un cambio de política de Zapatero, que hace falta.
Neste momento quen se presenta ás eleccións é Francisco Rodríguez.
Como ganando 72.000 euros al año en cuatro años solo ha ahorrado 8.000 euros?
En primeiro lugar, non gaño 72.000 euros, senón 48.153 euros netos, como calqueira pode comprobar na miña nómina oficial do Concello de Ourense. En segundo lugar, son un alcalde que non ten ningún tipo de vinculación con empresas nin ningún tipo de negocio. En terceiro lugar, sobre a vida particular de calqueira con ou sen un divorcio, con ou sen fillos na universidade, ou con calqueira outra circunstancia particular, creo que non debería ser tema de debate.
¿Que opinión lle merece que o PP deixe fora da súa candidatura a concelleiros como Javier Rodríguez Nóvoa ou Poly Nóvoa?
Non me corresponde a min opinar sobre quen debe figurar ou non nunha lista electoral do Partido Popular.
¿Cal foi o seu peor momento neste catro anos como Alcalde de Ourense?
O día que ardeu a Capela dos Remedios foi un día moi triste. Sen embargo, aínda que houbo momentos malos, a inmensa maioría foron moi bos.
Al estar anulado el plan urbanistico, que va a pasar con los emprendedores que esten pendientes de pedir o conseguir la licencia de apertura en los proximos meses? - gracias
Esperemos que as propostas que lle trasladamos á Xunta de Galicia, que é o órgano que ten a capacidade legal para levar a cabo a ordenación provisional e os cambios de normativa.
Por qué no se trata igual a los barrios de la periferia que al centro de la ciudad? Concretamente me refiero sobre todo al cuidado de jardines, recogidas de basura y atender a otras a reclamaciones de los vecinos
Xustamente este goberno promoveu a maior transformación dos barrios da cidade, e tamén a mellora incuestionable de tódolos servicios.
¿Se goberna o PP cree vostede que suprimirán os dereitos sociais adquiridos nesta cidade ó igual que o están a facer na Xunta de Galicia?
Eu creo que si. De non ser certo, que o expliquen e se comprometan diante da cidadanía.
Me parece una falta de respeto absoluta a los votantes presentarse con un programa electoral que no se va a cumplir. Porque no son desde el PSdeG sinceros y se dice a los votantes que si el PP no saca la absoluta, vosotros vais a pactar con el BNG desarrollando un programa hibrido por el que NADIE ha votado?
El Partido Socialista pacta cos cidadáns, e se compromete a cumplir tódolos compromisos adquiridos tal e como demostrou nos últimos catro anos deste goberno.
Bos días ¿Non cree que a apertura do Corte Ingles vai afectar negativamente o comercio local?
En outras cidades nas que se instalou o Corte Inglés se produce unha segunda centralidade coa eclosión de novas áreas comerciais e o florecemento da actividade mercantil. O que máis pode atraer ó pequeno comercio é a cantidade de persoas que visitarán a nosa cidade.
El Partido Popular de Ourense junto con algunas asociaciones no para de pedir el ave soterrado, mi pregunta es la misma de Mourinho ¿Por qué?
Eso terano que responder o Partido Popular: Por que non queren que o AVE chegue a Ourense?
Bos dias. Qué vai pasar co edificio da estación da Ponte cando constrúan a nova estación?
O edificio da Ponte vaise manter no seu estado actual. O que terán que modificarse son as insfraestructuras de acceso da Estación.
¿Qué vai ser do PSOE de Ourense cando vostede xa non esté ahí para tirar pa diante, que futuras alternativas hay?
O Partido Socialista en Ourense ten máis de cen anos de historia, e non depende dunha persoa, senón que é unha organización o suficientemente forte e necesaria para seguir transformando a sociedade. En calquer caso, máis que as persoas, son importantes as ideas que representan.
Todos apostan polo termalismo pero, ¿como vai concretar o partido socialista esa aposta?
Levamos xa traballando catro anos e imos continuar poñendo as bases sobre as que se teñen que asentar as infraestructuras necesarias que fagan do noso termalismo un referente nacional e europeo.
Cal será o seu proxecto máis ambicioso?
Conseguir unha cidade cada vez máis amable para vivir, con oportunidades para todos os que desexen quedarse a construír o seu proxecto de vida.
Sr Rodríguez: ¿por qué no se usan los dos idiomas oficiales en las comuinicaciones con los ciudadanos? Espero que esta costumbre antidemocrática se rompa de una vez como sintoma de normalidad democrática. Suerte
Oficialmente, o vehículo de comunicación entre a administración e o cidadán en Galicia é o galego. Non obstante, os funcionarios do Concello de Ourense empregan prioritariamente o idioma no que se dirixen a eles os veciños.
¿Canto cobra un diputado do Parlamento de Galicia, porque vostede foino e di D. Rosendo que el se vai poñer a mesma nómina se chega a ser Alcalde?
Case o doble do que cobra o alcalde de Ourense.
Que tienen pensado hacer,seguir sin apoyar economicamente al baloncesto "AGUAS DE SOUSAS, LOS representantes anteriores siapyaron al Baloncesto ORENSANO, !Que nos represetnta por toda España . HO
Si apoiamos a este clube, cunha cantidade importante de máis de 157.000 euros ó ano. Creo que é unha cantidade respetable para unha empresa privada (SA), sobre todo en momentos de dificultade que estamos a atravesar.
Ante la dipersidad de los servicios del Concello, Urbanismo, Muller, Sanidade, etc ¿Usted no cree que es necesario crear una oficina donde poder realizar todos los tramites del Concello?
Xa está en marcha a implantación da ventanilla única, tal e como ven disposto pola Normativa Comunitaria.
¿O autobus das charcas poderia ser electrico?
Nós defendemos diminuír as emisións contaminantes, e do mesmo xeito que prantexamos un tranvía, poderemos prantexar nun futuro un tren eléctrico para as termas.
Cal é a súa proposta para o novo PXOM, xa que o anterior (feito polo PP) foi anulado por ser ilegal?
En primeiro lugar, teremos que facer un plan de cidade que sexa legal, e que responda ás necesidades dun modelo de cidade que pense no interese xeral, e non nos beneficios duns poucos.
Los grupos de música rock de la ciudad no tienen ningún lugar en condiciones (insonorizados, sin problemas de horarios, sin butacas, etc...)para hacer conciertos. Se ha planteado varias veces la creación de una sala de conciertos, en particular la antigua cárcel, abandonada desde hace décadas ¿Alguna intención de solucionar estas dos cuestiones?
Proximamente, nun prazo de aproximadamente un mes, inaugurarase un edificio na Avenida de Marín, que reúne tódalas condicións para dar resposta a estas demandas dos xóvenes.
¿cual es su valoración de las encuestas que se publicaron ayer domingo?
O que se desprende destas enquisas é que o Partido Socialista é o único cunha tendencia á alza en Ourense, o cal facemos unha valoración moi positiva porque o traballo feito polo goberno municipal nestes catro anos ten unha boa consideración.
Moitas gracias a tódolos participantes, ó medio de comunicación e á sección de encontros dixitais por brindarme esta oportunidade para manter un diálogo con todos vós. Poderedes seguirme na páxina web www.franciscorodriguezou.es, vía facebook ou vía twitter. Ata outra!