Candidato del PPdeG en Ribeira
Manuel Ruiz Rivas busca lograr otra mayoría absoluta
popular en Ribeira, tras los 20 años de gobierno de Torres
Colomer. El municipio coruñés representa la principal
alcaldía del PP gallego.
hola manolo que obxectivos se marca o pp de cara ao alcanze do pleno emprego en riveira? que tedes pensado con respecto a formación? que faredes para atraer empresas aos nosos polígonos industriais? moitas grazas e boa sorte xa sabemos que eres o vindeiro alcalde de riveira
Continuar por debaixo da media galega e española. Crear chan industrial e incentivos fiscais. favorecer a ampliación das empresasa existentes en xarás. Levar a cabo o plan estratéxico de lonxa e porto e o plan estraatéxico de turismo xa presentado.Mellorar o capital humano con novos ciclos formativos. Xa estou en contacto con inversores e creadores de emprego para rendabilizar o macropolígono
O artigo 104 da Lei do Solo de Galicia di que nos lugares de paisaxe aberta ou natural, sexa rural ou marítima, e nas inmediacións das estradas ou camiños de traxecto pintoresco, non se permitirá que a situación, masa ou altura das construcións, muros e cerramentos limiten o campo visual para contempla- las belezas naturais, rompan a harmonía da paisaxe, desfiguren a perspectiva propia dela ou limiten ou impidan a contemplación do conxunto. Xa sabemos que o Plan Xeral de Ribeira é unha chapuza e fai augas por todas partes, pero na baixada á cidade dende a Autovía da Barbanza, logo da rotonda, nas curvas, hai varias edificacións que pechan a preciosa perspectiva da Ría. Non sei se teñen licenza, pero se lla deron, vai contra a lei e contra o sentido común. Pensan revisar esas licenzas de eses bloques horrorosos, e non dar máis licenzas en ese acceso de curvas á cidade?
O PXOU foi aprobado por unanimidade. Necesita un cambio que xa se está a facer. Defendo a perspectiva ambiental e paisaxística do plan. sacar as licencias dadas suporía un coste inasumible para o Concello.Darei máxima transparencia e participación na elaboración do Plan.
¿Penso usted en proporcionar a los universitarios ribeirenses un lugar dónde estudiar el fin de semana?
Rotundamente si, hai que facilitar o coñecemento e ampliar horarios e contidos na biblioteca.
Hay una tendencia, ya iniciada por Compostela, a eliminar plazas de aparcamiento en la calle y construcción masiva de aparcamientos de pago, en Ribeira ya hay dos. Van a seguir esa tendencia, o va a poder aparcarse gratis, sin pagar peaje?
Ten que haber oferta suficinte de aparcamentos. Incrementarei o nº deles con aparcarmentos gratuitos e alternativos.Facer desaparecer coches de determinadas zonas e a forma de valorizar a fachada de Riveira e ampliar as zonas verdes.Haberá pois opcións para todos.
¿Por qué ciertos colectivos como la asiciación de amas de casa le respaldan incondicionalmente? ¿Todas las asociaciones reciben su mismo apoyo?
As persoas e as asociacións son o motor dun Concello. Todas terán o seu espazo e axudas.A asociación de amas de casa ten aportado mais a Riveira do que teñen recibido son un exemplo para todos os que aman Riveira, pero hai moitisimas mais grandes asociacións.Todas elas saben teñen a miña porta permanentemente aberta.
¿Cal é o seu punto de vista sobre a acuicultura no concello? Bateas, Gaiolas, Plantas,....
Os criterios ambientais deben primar. Paises como Noruega viven da acuicultura. Nos non debemos ter prexuicios, sendo esto así hai zonas mais apropiadas que a nosa para esta actividade.
puede confirmar usted que no lleva a nadie en su lista con intereses economicos en el concello?
Si, e si algún, que non os hai, tivese calquer pretensión contaria o ben público iría apañado/a conmigo. Preferriría perder o goberno que estar mal acompañado.
Apoiaría a construción de unha liña de ferrocarril paralela á autovía, dende Ribeira a Catoira, pasando pola Pobra, Boiro e Taragoña ?
Fun dos primeiros en creelo e propoñelo. Debemos loitar mancomunadamente para non perder o tren do futuro
É consciente da desfeita urbanística que fixeron vostedes en Abesadas?
Son conscente de que o PXOU, aprobado por unanimidade dos grupos pode mellorarse. O Plan parcial de Abesadas era do ano 1966 e quedouse obsoleto. Eu non renuncio a que o novo plan poda arranxar toda a zona con mais zonas verdes e equipamentos.
¿Que pasaría si non gañase o PP o día 22 de maio?
Habería un tripartito. Tres alcaldes, tres programas,mais asalariados do Concello, menos austeridade, sen prioridades. Solo Hai un proxecto a favor de todos , a favor de Riveira o do PP. O resto e un proxecto contra o PP y eso non xenera ilusión nin progreso, solo división e liortas
Sr. Ruiz, o noso anterior alcalde mostrouse pouco familiarizado coa construción e ubicación da tan necesaria EDAR . Vostede coma o resto dos partidos que se presentan a estas eleccións leva no seu programa a construcción da EDAR. ¿ podería dicirnos aos cidadáns as posibles ubicacións que tan en segredo están, sen pensar nos votos que lle poden sumar ou restar ?. Penso que é un teme demasiado importante coma para ser tratado coa indiferencia coa que se fixo ata o de agora, espero que se vostede goberna trate o tema cos veciños de Ribeira coma algo que hai que afrontar entre todos, con conciencia de futuro e coas condicións de seguridade e mínimo impacto que os veciños e a nosa Ría e costa se merecen.
A ubicación da depuradora débese facer con criterios técnicos. a depuradora é a solución non un problema.Eu creo que duas depuradoras serían insostibles para as arcas dos cidadans. Sendo así eu poño estas condicións: cumplimento acordo plenario, separación en orixe de pluviais e fecais, non levar os residuos industriais, declaración previa de impacto ambiental, os postos de traballo repercutan na zona e que coas ubicación axeitadas se busque a mais afastada de núcleos urbáns.
cuado se termina con los mal olores de este pueblo
A obra está a piques de rematarse coa planta de desodorización e a nova rede separativa. Espero sea unha realidade este mismo verán.
Independentemente de que a labor fóra boa ou mala, non cree vostede que vinte anos gobernando as mesmas siglas non é moi sano para os cidadáns?
Según su criterio y progama político, ¿cual es la necesidad más urgente a la que debe hacer frente si llegase a ganar las elecciones municipales?
Creo no vontade dos cidadáns e temos que respectalas. Eu creo nos relevos xeneracionais e non estarei mais de 10 anos o frente do Concello.
Sera vostede capaz de aguantar esos catro anos con ese caracter afable, cordial e dialogante
Levo aguantando 53, sabrei levar a responsabilidade con alegría porque vou facer o que me gusta que é traballar polo meu pobo.
Sr Ruiz, ¿Cree usted en la fomentación del turismo nautico en Riveira?¿Apoyaría una ampliación del club nautico?
É basico e temos un gran potencial. Apoio o Clube naútico e creo que é posible amplialo coa axuda e o consenso con todos a travé dalgún pantalán de abrigo.
Que haría para eliminar el caos urbanístico del municipio
Aprobarase o novo PXOU con criterios de sostenibilidade , aprendendo dos erros do actual en chans como 6." e 6.3.A entre outros. O plan actual, aprobado por unanimidade, aportou seguridade xurídica e foi un avance pero xa quedou desfasado en moitos aspectos
Me gustaría saber si va a adoptar alguna medida respecto a la emisión de ruidos por parte de los bares de Riveira que dificultan el descanso de los vecinos
Temos que reformar as ordenanzas e adaptar as medidas correctoras a actividade que preste o local xa que son necesarias para evitar ruidos .
Hola Manolo, sabendo que vostede foi un home ligado o fútbol, ¿Pensa o concello axudar o Atlético Riveira para devolvelo a categoria que se merece? Gracias
Xa no seu momento evitei a sua desaparición con Camilo como presidente. Agora me gustaría que fose un referente para os demais clubes os que teño a mesma obligación de apoiar e axudar.
¿Hai algún plan para a zona da Garita? Está chea de vertedoiros incontrolados.
A zona da Garita e privada pero me gustaría poder adquirila para mellorar os sendeiros, o miradoiro, a zona en xeral coordinando este obxectivo coa actividade lúdica recreativa da Fieiteira. A retirada dos vertedeiros está contratada, a min gustaríame mais colaboración, como a que se deduce da túa persona
Muy buenos días, soy un Oleirense , sinceramente espero que usted sea el alcalde ya que el resto de candidatos no cumplen los requisitos para serlo, Mi pregunta es la siguiente, ¿Que hará usted para fomentar el ocio nocturno en Riveira? Mucha suerte, y confiemos en que gane!
Regularizar a actividade e as condicións de licenzas, acadar un gran pacto coa hostelería para facer a Riveira un referente de movida sana e respectuosa co dereito o descanso. Fomentar actividades nocturnas, mellorar o controrno urbán. Tamán me gustaría conquerir unha pequena zona de ocio nocturno, para a cal xa teño algunhas ideas.
Vostede non é un cambio, vostede é unha continuación das mesmas política, que pensa facer en materia xuvenil e cultural? Os mozos somos os grandes esquecidos do PP
Non creo que estivesen olvidados xa que sin a sua axuda sería imposible gañar tantas eleccións.Os mozos son a gran aposta do PP. Son o presente, debemos mellorar as posibilidades de formación con novos ciclos, facilitar a inserción labora con becas, o estudo de idiomas con axudas. O seu acceso o traballo e a vivenda terán o seu espazoDemos fomentar e axudar o seu asociacionismo , a sua cultura e expresión musicais e tamén por suposto dar solucións as súas demandas de ocio.
despois de todos estes anos deisandonos a un lado, para cando unha solucion definitiva para a zona dos areeiros?
Teño apostado moito para que se faga xustiza cos Areiros, incluidas as iniciativas para cambiar a lei de costas. Espero que coas novas vías de diálogo Concello, Xunta, Estado consigamos a solución definitiva a través do novo plan urbanístico ou incluso antes
Las dos preguntas que te hago, si las contestas con sinceridad, serán con un si con un no. ¿Si consiguieras ser alcalde, seguirías siendo parlamentario? En caso de conseguir la alcaldía y continuar con tu labor de parlamentario, ¿cobrarías los dos sueldos? (Por las dietas no te pregunto).
Eu era o deputado portavoz do meu grupo e renuncieie a elo por a ilusión de servir o meu pobo. Ser Alcalde e deputado é incompatible pero senón o fose tamén renunciaria a acta de deputado. O primeiro é Riveira
para cuando el arreglo de firme, aceras y cunetas de la carretera Xensides - Olveira? Carretera que lleva a el monumento mas representativo del megalítico gallego. Carretera de aceso al parque natural del complejo dunar y aceso a un entorno muy visitado como el faro de Corrubedo. Una carretera con linea de autobus con sus correspondientes paradas con marquesina.
Xa está aprobada pola xunta a adquisición dos terreos para ampliar a ponte e licitarase antes do verán. É unha obra que supera os 3 millóns de
Con el bipartito, participaste en una marcha motociclista, exigiendo la doble bionda para los motoristas. Desde que está tu partido en la Xunta, no han cambiado las cosas. ¿Cómo puedes explicar tu actitud?
Sigo traballando para que cando empresa e xunta arranxen os flecos do final de obra mellorese a seguridade dos motoristas. a miña demanda é tan pública como entón.
Como vé a posibilidade de poñer en funcionamento unha liña marítima rápida (tipo Howerkraft), que fose de Ribeira a Vilagarcía, A Pobra e Rianxo, para o transporte de viaxeiros, eliminando moito tráfico das estradas, tal e como hai na Ría de Vigo, ou en Amsterdam e países avanzados?
Abogo por unha pequena estación intercambiador que serva de estación marítima. Nos obxectivos do plan estratéxico do Eixo atlántico esta o aperturar liñas de tráfico marítimo que deberan liderar Riveira e Vilagarcia.
manolo veste moi cansado,crees que podes facer algo por Ribeira;ou o partido sera mais importante que a tua ciudade?,saudos dende NY amigo e sorte
Eu creo que o traballo dame frescura e o deporte bo aspecto pero a partir do 22 de maio vánseme pasar as arrugas sen ter que estirar a pel, tan solo coa alegría de chegar ata onde sempre soñei. Saudos a todos os do outro lado do océano.
Hola, qué propuestas tiene para los colegios de la zona y para las áreas de ocio para niños entre 8 y 16 años, gracias
temos que mellorar as instalacións, aumentar ciclos formativos, conquerir un centro integrado.a xornada única obriga a cambiar as estructuras das escolas de música, culturais, deportivas.Colaborando coas ampas e centros ampliaremos horarios e servizos. Os fins de semana o Concello, todas as parroquias deben ser unha grande ludoteca onde haxa multiples actividades. Ampliarei a ofertas de zonas adicadas os cativos
que vai pasar cos veciños que estamos afectados polo pol
Os que en santiago din que Marbellizamos Galicia, aquí din que esmagamos os veciños.Co pol estanse decindo moitas mentiras, leer articulo 14 e 15 onde queda claro que o Pxou pode alterar os límites dos corredores ou zonas de mellora. No parque natural non rixe o pol senon o seu propio plan de prdenación dos recursos( leer lei do suelo). A única desfeita para o parque e zonas como o Caramecheiro a fixo o bipartito, acordarse do plan de vivenda que paralizou o goberno do PP e que preveía expropiación a 79
Bos días Sr. Ruiz, ainda que son concente de que hai temas moito máis importantes, que xa se trataron, ¿Para cando o fomento real do atletismo, e das instalacións atléticas da Fieiteira?. Moitas grazas e moita sorte.
O atletismo e unha pequena espiña que teño. Chegue a deportes e solo habí a clubes de futbol, hoxe en día somos un referente en outros moito deportes pero non no atletismo. Buscarei captar practicantes nas escolas e axudarei en todo o que poda, pero un deprte non subsiste sin un clube detrás, a participación de todos é necesaria
¿Estaría dispuesto a dimitir si lo que afirmo en relación al POL es mentira?
Eu manteño o que dixen que non deixa fora de ordenación vivendas, que non rixe en solos consolidados e de núcleo, que non rixe no parque natural e que o PXOU permire adaptar os corredores e áreas de mellora. ¿ Dimitiran os que din o contrario, e obrigan os veciños a gastarse os cartos?
tendran nuestros jovenes algun dia discoteca y sitios de ocio en riveira
Comprenderás que non pode haber discotecas municipais, pero si creo que é posible conseguila. Estou traballando nunha puequena área de ocio e me gustaría ser capaz de facela
¿como ves o da lonxa nova e os barcos amarrados?
O goberno de ZP sabía que nos iban rebaixar as cuotas e non fixo nada para remedialo, incluso na primeira rolda de prensa falaron de gran éxito na negociación. Eu propoño a creación do Consello local de pesca que a glutine a todos os sectores, que defenda solidamente a Riveira no seu conxunto e que me apoien no plan estratéxico da lonxa e do porto para conquerir novas especies e flotas que aumenten o potencial xenerador de riqueza do mar
Que pensa facer co caos circulatorio do municipio
Moitas cousas incluidas no estratexía de evitar o tráfico polo centro con apertura de viales como de Mendiño a Canarias, de Touro a Queiro, do cimenterio a Fafián, semáforos os días de mercado ou grandes afluencias, rotonda no mercado, aparcamentos alternativos, zonas azuis,etc
Vai tapar vostede os infinitos baches
Ver un bache é fácil o dificil é ver moito mais alá. A mellor época e no veran e así penso facelo
señor ruiz rivas sabiendo que usted tiene casi la mayoria de los votos a su favor..y que ya su camino lo tiene directo a la alcaldia....es posible mejorar los pasos de peatones..con luminarias...para ser observados por los conductores.......y otra pregunta....cual es su propuesta...para que en ribeira no haya tanta gente sin trabajo...cuales son sus futuras propuestas como alcalde...gracias.
Si é posible é farase. As propostas de traballo xa as fixen, sen dúbida, será a miña prioridade
Por que o Partido Popular en todos estes anos de goberno esquece por completo a parroquia de Carreira?
Non creo que así fora, pero é certo que é unha parroquia moi diseminada, Frións, Castro, Laxes, Vixan, campos, Vilar , Graña, Mámoa, etc e estanse fecendo importantes inversións como o empedardo do Cruceiro, o saneamento o Vilar ou Castro. Eu centrarei a miña labor en dar voz e posibilidades as iniciativas veciñais, culturais, deportivas, ampliando as sedes sociais.
Señor Ruiz. Por qué o seu grupo no Parlamento de Galicia, durante a epoca do bipartito botóu abaixo todas as enmendas dos outros grupos que estaban a prol de mellorar o parque natural?. E durante o mandato do seu grupo...cantas propstas fixo vostede a favor de mellorar o mesmo parque?. Saúdos e felicidades por anticipado.
Eu propuxen multiples medidas que sempre foron rexeitadas polo bipartito, non foi como vostede dí o revés. Agora conseguín que se esté a redactar o plan de ordenación que vai dar seguridade xurídica os núcleos e regular os usos de aparcamentos, hoteleros, lúdicos, residenciais, etc.
sr ruiz si sale usted alcalde ¿ se vera cambio o sera mas de lo mismo ? gracias
As persoas diferentes fan cousas diferentes. As necesiades e os obxectivos cambian, o que non penso cambiar é a cercanía coa xente, o diálogo o cariño para todos os riveirenses. Prefiro un riveirense activo que un voto pasivo
manolo si fueras el proximo alcalde piensas que ribeira necsita muchos cambios o esta bien como esta
Unha nova xeneración entra e debemos conservar os bos valores da que sae pero nunca direi que está ben como está sempre se pode aspirar a mais. Si un mira cara atrás verá que houbo moitos cambios e seguiremos crecendo e avanzando.
¿Mirará msu política por una extructura más solida con el turismo?
Teño presentado o Plan estratéxico que pode consultarse en www.manoloruiz.org
Buenos dias Sr. Ruiz. Me gustaría preguntarle por la farmacia de Carreira, van a dar una nueva licencia o va a obligar a su familia a hubicarla en el sitio que realmente le pertenece? reciba usted un saludo y ciñase a la pregunta porfavor.
As leises están por riba das familias. A única persoa que apostou por carreira foi o antigo farmaceutico, él non pode nin dar ninquitar dereitos si este existe.Consulte como se pode instalar unha farmacia e seguramente non facería esta pregunta
Gustoume moito a resposta de Rosa (independentes) respecto de erradicar de unha vez por todas a posibilidade de especular con edificios colectivos en Aguiño, Castiñeiras, Carreira, Corrubedo, etc.., zonas eminentemente rurais nas que a poboación vive en vivendas unifamiliares, fóra do alcance dos especuladores inmobiliarios. Tedes pensado modificar axiña o PXOM para que non se faga nin un solo edificio máis en esas parroquias, que son rurais ??
Xa dixen que é necesario cambiar as tipoloxías 6.2 e 6.3.A e ter o plan de protección e reforma interior dos núcleos tan senlleiros como Corrubedo e Palmeira
que va a hacer usted por mejorar el hospital da barbanza? lo dotarán con el personal que falta como es el caso de los celadores? muchas gracias por su respuesta, sr rivas
Non é doado para un político dar a cara como eu o fixen,en contra algunhas veces, do seu propio goberno, e mais sendo portavoz. Defendo os dereitos dos traballadores e dos pacentes por eso saben eles e o Sergas que sempre vou defender mellores e mais sservizos para o noso Hospital, así o veño facendo e si son Alcalde con moito mais motivo
Su pongo que usted conoce el ediicio que hya en Castiñeiras de la Ilgesia Evangélica, el año pasado hizo 100 años que lleva en pie, ¿cree que habrá algun politico que se preocupe de las necesidades de conservacion? ¿porque un trato tan diferente con otros edificios de Iglesias?
En poucos días reunireime co seu Pastor para ver a colaboración que lles podo prestar. O Concello está a favor de todos e contra ninguén
¿Va a cambiar la apatía con la que ha goberndao siempre el PP en Ribeira?Me fijo en los ayuntamientos de la comarca y el de Ribeira es el más atrasado y poco modernizado, amén de cierta anarquía en cuanto a limpieza y saneamiento e incluso construcción con absolutop desorden.
Hospital, residencia maiores, centro día, gardería,naútico pesquera, bombeiros, Leliadoura,piscinas, polideportivos,auga dende o Ulla, auditorio, conservatorio, xulgados, delegación de pesca, parque natural, museos, parque SanRoque, pedra pateira,saneamento e beirarúas casi o 100%, paseos marítimos,...¿ de verdade cree que houbo apatía? Eu aspiro a mellorar o feito a ser referente para toda a comarca e galicia
Aunque algunos no dependan de Ud. qué haría respecto a los proyectos de la sede de la Seg. Social o la cueva Comisaría Policía Nacional? Y alguna vez ha pensado en renovar la Biblioteca Municipal o la Estacion de Autobuses?,
O tempo cambia as necesidades e as prioridades, a estación de autobuses nas aforas encarece o servizo, obriga o transbordo,e alonga a viaxe, eu aposto por un pequeno intercambiador, céntrico que seerva de lugar de espera para o tráfico por estrada e marítimo coa colaboración de portos, senon fose posible abogo porun servizo de espera con cafetería e unha moderna marquesina na sua ubibación actual. As bibliotecas ampliaranse e espero conquerir que o estado cumpla coa sua obriga con relación a policía nacional
con cuantos concejales piensa contar con dedicacion exclusiva
Con moitos menos que si eu non gobernase, seguro
Hola. Tal vez caiga en saco roto mi pregunta o incluso el señor Ruiz Rivas, no sepa responder, pero...¿hasta que punto está implicado el PP de Riveira en la cultura y y arte ALTERNATIVA del pueblo? ¿Es cierto eso que dicen algunos que el PP de Riveira se niega a dar licencias de CAFÉS-CONCIERTOS a ciertos locales, para que, por ejmplo, no se celebren conciertos musicales en ellos? ¿No cree que en ese sentido, pueblos como Vilagarcía de Arousa o Caldas De Reis (por citar algunos ejemplos) ganan la batalla cultural con sus FESTIVALES MUSICALES,FESTIVALES CINEMATOGRÁFICOS, O TEATRO ALTERNATIVO, en los que colabora el AYUNTAMIENTO? Muchas gracias
O PP e eu mesmo estamos implicados porque tamén somos parte desa movida. Eu creo na aportación de todos e si sempre colaborei coa miña presencia cando non era alcalde mais obriga terrei si o son. As actividades deo Concello e das asociacións deben complementarse porque todas son Riveira. Grazas a todos os que fan posible esa Riveira emprendedora, contaran conmigo