Open uri20150703 3 4yt9vn?1435925155

Debuta como cabeza de cartel de los populares en la villla

1 José Luis Martínez Sanjurjo 08/07/2015 16:37

Bos días ós veciños e veciñas de Ordes, e a todos os que participades enviando as vosas preguntas. Espero poder dar resposta satisfactoria a todas elas.

2 Anónimo 08/07/2015 16:37

¿Vostede estaría disposto, a pactar co BNG se fixese falta para tirar fora o lastre de governantes que tivemos estes últimos catro anos?.

José Luis Martínez Sanjurjo:

O Partido Popular aspira a obter a maioría absoluta, e non contempla a posibilidade de pactar con outros grupos ata que se coñeza o resultado do vindeiro 22 de maio. Ordes merece un goberno estable, de futuro, que o encamiñe cara o século XXI; o único claro e que non pactaremos con quen teña relación coa actual situación de despilfarro e desgoberno actual. Ordes merece votar a ter un único alcalde.

3 Anónimo 08/07/2015 16:37

* Vostede, e outros candidatos, sitúan a débeda do Concello de Ordes en arredor de 9 millóns de euros. ¿Qué propón para reconducir a situación?

José Luis Martínez Sanjurjo:

A primeira medida, de acordo coa petición expresa do Presidente do Partido Popular de Galicia, será reducir nun 30% os gastos superfluos do Concello. E estou seguro que co apoio de todos o poderemos conseguir. Un goberno baseado no rigor e na austeridade do gasto, será garantía de reducción de débeda.

4 Anónimo 08/07/2015 16:37

Varias concentracións parcelarias estiveron paradas durante moitos anos ( algunhas 15 anos), cando gobernaba o PP na Xunta e en Ordes. Tivo que chegar o BNG á Xunta para poñelas de novo en marcha, agora vostedes din que é gracias a vos¿porque queren enganar aos veciños?

José Luis Martínez Sanjurjo:

A indefensión xurídica que crearon nos propietarios as tomás de posesión acometidas no noso Concello durante o bipartito, deron como froito que ainda estén sin rematar. Todos debemos entender que a concentración parcelaria é un proceso de 8 fases ben definidas, a maior parte de estas foron iniciadas co anterior goberno do PP na Xunta e das cales tirou proveito o bipartido, en concreto o BNG, pero claro está a día de hoxe que non foron capaces de concluír ou rematar ningunha, tal e como está probado. Non vou negar que houbo avances, pero ainda queda traballo. Non esquezamos que os procesos non están rematados ata que se asine a acta de reorganización da propiedade, o cal desexo sexa canto antes para tódalas parroquias. Asimesmo, quedanos traballar en concluír a todalidade da concentración no noso municipio, Poulo e Ordes non deben ser esquecidos, e pediremos que se reinicien en canto academos o goberno municipal.

5 Anónimo 08/07/2015 16:37

estiven votandolle unha ollado o voso blog, e fágolle a seguine pregunta: ¿Está vostede seguro de que as copas que tomou o Señor Regos na Gala contra o Cancro se pagan cos impostos dos veciños, ou o está empregando como método para o vindeiro 22-M?porque as miñas fontes moi equivocadas están ou esa barra libre non a pagou o Concello.

José Luis Martínez Sanjurjo:

Xente da candidatura ten coñecemento de que para acceder a esa zona había que estar anotado en unhas listas custodiada por membros de seguridade, e o que é mais, unha das listas incluía a persoal e amigos designados polo alcalde. Logo, está claro, a ninguén escapa que o acto da gala contra o cancro supón sen ningunha dúbida un desenvolso para as arcas municipais. Dun xeito ou de outro, estamos a pagar cos nosos impostos esa zona priviliexiada.

6 Anónimo 08/07/2015 16:37

Di que vai asinar un contrato con Ordes ao igual quefixo Feijoo con Galicia, pois benFeijoo non cumpriu en aspectos importantes que lle deron moitos votos como foron o tema da lingua castelán e a eliminación do imposto de sucesións, mal exemplo nos pon a tódolos ordenses.

José Luis Martínez Sanjurjo:

O presidente Feijoo ainda ten dous anos por diante para cumprir o seu contrato con Galicia, non o esquezamos. Asinarei no nome da candidatura o noso contrato con Ordes, o noso decálogo incluído no programa, será un contrato ético coa cidadanía, e comprométome a respetalo e traballar ó máximo para levalo a cabo.

7 Anónimo 08/07/2015 16:37

los Ordenses podran tener confianza en un candidato que es " hijo politico de Gonzalez" pues lo acompaño en CDI, Terra Galega y ahora se va al PP

José Luis Martínez Sanjurjo:

Os ordenses poden ter confianza nunha persoa de Ordes, que naceu en Ordes, que se criou en Ordes, estudiou en Ordes, en Ordes vive, en Ordes quere vivir. Estou orgulloso de pertencer a esta vila e a este Concello, e estou disposto a adicarlle parte dos mellores anos da miña vida en desenrolalo e poñelo dunha vez por todas no século XXI. Non vou negar a experiencia pasada, foi gratificante polo gran equipo que se formou, e a sintonía do mesmo, pero quedei moi, pero moi defraudado do seu cabeza de lista, especialmente como político, que non contou con nos mais que para acadarlle un sillón no goberno do Concello.

8 Anónimo 08/07/2015 16:37

Durante os anos de goberno do PP en Ordes a súa política basábase en poñer farolas e asfaltar eiras, e sobre todo basábase no amiguismo,¿pensa que agora imos crer que esto non seguirá así?.

José Luis Martínez Sanjurjo:

O goberno do PP de Ordes do que me fala é pasado. Eu diría mais ben, que iso agora debemos achacarllo a os gobernantes actuais, que polo que se está a ver continuan a aplicar as mesmas medidas nos meses antes das eleccións. Comprométome a gobernar sen amiguismos e sen favoritismos. A xente que conformamos o PP que concurre a estas eleccións so miramos cara o futuro, un futuro mellor para os ordenses.

9 Anónimo 08/07/2015 16:37

* De acadar a Alcaldía, ¿cales serían as súas primeiras decisións?

José Luis Martínez Sanjurjo:

A auditoría será necesaria. Precisamos saber co que contamos nas arcas municipais, a quen se lle debe e a que prazos. Adoitaremos as medidas oportunas pàra poñer en marcha un plan de recuperación económica baseado na austeridade e no sentido común. Non podemos esquecer empuxar para que o plan xeral sexa unha realidade canto antes. Facilitaremos o asentamento de pequenas e medianas empresas, especialmente emprendedores, coa reducción de taxas e facilidades de tramitación nas licenzas. Apoiaremos o comercio local cun plan dinamizador do que serán plenamente partícipes nas súas directrices. Acadaremos a reversión do centro comarcal para adecualo a un centro de día, tan necesario para os nosos maiores. E especialmente, comunicaremos de cotío con tódolos sectores da sociedade (Anpas, asociacións, empresarios,...) a fin de que as súas preocupacións e necesidades poidan ser atendidas en tempo real; buscando solucións axeitadas satisfactorias no menor tempo posible.

10 Anónimo 08/07/2015 16:37

O polígono de Merelle foi feito cando gobernaba o PP ( con Regos e Gonzalez nas súas filas), e non se soupo promocionar nin nada, un fracaso. ¿Pensa que os veciños imos crer que as cousas se van facer mellor?

José Luis Martínez Sanjurjo:

Na pregunta están incluídos os nomes de duas persoas que continúan a gobernar Ordes moitos anos despois, non esquezades que levan 24 e 28 anos dentro da política municipal, no primeiro dos casos en concreto sempre no equipo gañador das eleccións. Se gañamos os do PP, coido que gañaremos coido, e comprometereime como alcalde a facer mellor as cousas. Teño claro que se non son capaz de facelo outra persoa mais cualificada deberá de ocupar o meu lugar. Pero quero intentalo, porque teño un gran equipo con ideas e ganas de traballar, e sobre todo, sei que poderemos logralo se obtemos o apoio maioritario o vindeiro 22 de maio.

11 Anónimo 08/07/2015 16:37

Como votante de Ordes non podo exercer o meu moto sen ter toda a información. Xa sei que aspiran á maioría absoluta, pero se non a obteñen: So descarta ó 100% pactar con UxO e PSdG por ser da actual corporación?

José Luis Martínez Sanjurjo:

Teño que continuar na mesma liña, debemos aspirar e aspiramos a maioría para poder dar estabilidade o futuro goberno municipal. Sen dúbida será a mellor opción. E o noso proxecto non é factible se o conforman membros do actual goberno, iso está claro. Reitero, gobernaremos se gañamos. Se non gañamos, que o fagan os que gañen. O pobo soberano decide. E reincido, se nos gañamos, se o PP gaña, eu coido que gañamos todos. Nas mans dos electores está a decisión.

12 Anónimo 08/07/2015 16:37

creese vostede capaz de gobernar Ordes s nunca estivo relacionado coa política

José Luis Martínez Sanjurjo:

Creome capaz de dar un novo rumbo a Ordes, a política municipal e a maneira de ver Ordes desde o exterior. Doeme cada vez que me falan de Ordes pola forma de ser gobernado e dirixido, sen ideas claras e sen rumbo fixo. Na miña vida so serei profesional do meu traballo, pero asegurovos serei leal os meus principios como persoa e como cidadan para gobernar para todos. Co equipo, no cal á renovación se xunta a experiencia, poderemos facer un bo traballo.

13 Anónimo 08/07/2015 16:37

* Estes días, existe un notable malestar na vila polo corte de auga rexistrado durante a pasada fin de semana. ¿Cree que estes feitos se poden evitar?

José Luis Martínez Sanjurjo:

As inclemencias meteorolóxicas que aconteceron o pasado venres poden pillar nun imprevisto a calquera concesionaria, como neste caso a da auga. Evitar o asolagamento do río xamais se poderá facer. O feito de que se bombease a auga os depósitos e logo entrase na rede de saneamento, veu derivado do imprevisto. No futuro, a vista dos acontecementos, haberá que tratar de poñer en práctica medidas que o eviten. Claro está, e sobre todo informar con maior garantía e claridade.

14 Anónimo 08/07/2015 16:37

¿Qué opinión le merece el fichaje de Roberto González, otro ex PP, por el partido del alcalde Regos?

José Luis Martínez Sanjurjo:

Non quixera entrar a valorar a lista dun contrincante político, non o considero ético. Se o Sr. Regos considera que o Sr. González lle é válido a él ou o futuro goberno o que aspira, el verá.

15 Anónimo 08/07/2015 16:37

se gañas que soldo pensas cobrar?

José Luis Martínez Sanjurjo:

O compromiso é firme, como alcalde reduciremos os soldos do futuro goberno nun 30% con respecto o actual.

16 Anónimo 08/07/2015 16:37

* Os que usamos a N-550, padecemos a cotío os problemas de tráfico, mentres que nada se sabe da circunvalación prometida por Fomento e a rolda este está paralizada á altura de Buscás. ¿Ten arreglo o tráfico de Ordes?

José Luis Martínez Sanjurjo:

A circunvalación de Fomento é un proxecto a moi longo prazo. A rolda lesta é a alternativa actual, pero precisa continuar a sua variante Norte con unha saída alternativa a proposta polo poligono empresarial. Pero Ordes tamén precisa unha rolda Oeste próxima a vila que conecte cara a Carballo, Trazo ou Tordoia. Se accedemos o goberno planificaremos e xestionaremos ambas solucións, e faremos o Camiño de Santiago as veces que se faga preciso, ata facelas realidade.

17 Anónimo 08/07/2015 16:37

Buenos dias José Luis. Mi pregunta es: ¿Conoce Vd. todas las aldeas del Ayuntamiento de Ordenes y sus necesidades?. Un saludo.

José Luis Martínez Sanjurjo:

Pola miña profesión poido afirmar que coñezo en gran medida o medio rural do noso Concello, arriscaría a decir que mais que ningún outro candidato, e acostumo a analizar as súas necesidades cada vez que teño que desplazarme as parroquias ou as aldeas. Tratarei de poñer tódolos medios para que esas necesidades poidan ser cubertas, que sei son moitas e algunha moi necesarias, en especial en materia de infraestructuras de accesos e limpeza.

18 Anónimo 08/07/2015 16:37

A QUE SE DEBE TANTO DESCENSO DE VOTANTES DOS POPULARES EN ORDES?

José Luis Martínez Sanjurjo:

Os votantes do PP son fieis as siglas eleccións tras eleccións, cun % aproximado o 50%. Claro está, as municpais son unha elección diferentes, pois analizase mais a persoa e o equipo que o acompaña. Todos sabemos da rotura que se producíu na dereita nas últimas convocatorias, o que conlevou ó reparto do voto. Se sumamos o resultado das siglas como se de un único conxunto se tratase, o resultado sería sempre o mesmo: MAIORÍA ABSOLUTA. Polo tanto, non existe tal descenso, únicamente división. Aspiramos a convencer a xente de que agora somos a unica opción viable, que o PP é o único que pode reconducir o pobo ó bo camiño. Aspiramos a gobernar, pero para gobernar, precisamos obter o resultado que o pobo lle da o PP nas xerais, autonómicas ou eurpeas. Facedeo así, e asegurovos, non vos imos a defraudar. CONFIADE NO CAMBIO, o cambio é NECESARIO.

19 José Luis Martínez Sanjurjo 08/07/2015 16:37

Moitas gracias a todos, espero e desexo poder ter dado respostas satisfactorias, ou alomenos aclaratorias as vosas preguntas. Se non é así, estamos a vosa disposición para facelo a pe de rúa ou nos actos que comenzarán en breve e nos levarán a percorrer todas as parroquias. Un afectuoso saúdo. Bos días.