Open uri20150703 3 v9qq77?1435924624

Es el segundo asalto del diputado autonómico del PP a la
alcaldía de Carballo.

1 Anónimo 08/07/2015 15:28

Todos sabemos que el bipartito derrochó lo generado en tiempos de bonanza economica ¿cómo se las arreglará usted con la falta de ingresos? ¿como resolverá os verdadeiros problemas de Carballo: delioncuencia, emprego, marxinalidade, plazas escolares....? Todo no que o bipartito non fixo nada

2 Anónimo 08/07/2015 15:28

Buenso días Sr. Sueiro. Soy madre de una niña autista, me gustaría saber si dentro de su programa se contempla esta problemática, la discapacidad sobre todo en niños, y qué servicios propone para poder ofrecerle una mejor calidad de vida. Gracias.

3 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿ Por que está en contra de que se construyan en Carballo viviendas de protección autonómica?

4 Anónimo 08/07/2015 15:28

Sr Sueiro, ¿como pode ser que coa necesidade de traballo que hai a Xunta leve case dous anos desde que se rematou a obra para entregar a documentación a o Concello que permita poñer en marcha o polígono de Bértoa?

5 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Cuántos funcionarios del ayuntamiento de Carballo militan en el PP?

6 Anónimo 08/07/2015 15:28

Por que pensa que o alcalde de carballo ten tanto interese en desmarcarse de Andrade, terá mala conciencia?

7 Anónimo 08/07/2015 15:28

Parecelle ben gastados os dous millons de euros que costou a reforma do mercado? Onde imos aparcar os coches?

8 Anónimo 08/07/2015 15:28

Ustedes hablan mucho de los gastos del gobierno carballés, pero proporcionalmente el gobierno del PP de Ponteceso es mucho más caro (allí cobran todos los concejales y, además, tienen una persona de gabinete), y el de A Laracha tiene casi tantas dedicaciones exclusivas como el de Carballo, a pesar de ser también más pequeño. ¿No es un poco hipócrita por su parte? Se supone que el conjunto del PP debería tener una misma forma de hacer las cosas, de hacer oposición en Carballo de acuerdo a su gobierno en otros concellos.

9 Anónimo 08/07/2015 15:28

Todos sabemos que o concello de Carballo e o que peor funciona da comarca con diferenza, cando alguén te atende faino mal, e por un papel tes que ir varios días consecutivos ¿Ten pensado algunha solución para esto? ¿Vai a contratar xente competente no concello, por fín?

10 Anónimo 08/07/2015 15:28

Este gobierno cambió totalmente Carballo, ¿qué harán ustedes?

11 Anónimo 08/07/2015 15:28

Su hija a obtenido plaza en la guarderia municipal. La mía no. Los ingresos de mi familia son de 1500 euros mensuales

12 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Parécelle que os empregados municipais somos a envidia dos da provincia da Coruña tal e como ten dito vostede publicamente?

13 Anónimo 08/07/2015 15:28

Lo de Ferreiro no lo entiende nadie ¿lo puedes explicar?

14 Anónimo 08/07/2015 15:28

Se gobernan vostedes, ¿vai a controlar que non pase o que pasou co goberno do BNG, onde había concelleiros que gastaban móbil (500 euros ó mes en chamadas particulares) máis que Travolta jastaba pista?

15 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿ Es usted partidario de reducir las dedicaciones y en cuanto?

16 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿cree que es el perfil de lo que necesita carballo?

17 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Qué prefire, ser diputado ou ser alcalde? En caso de ser alcalde, ¿renunciaría á súa acta de diputado no Parlamento?

18 Anónimo 08/07/2015 15:28

como vai encher o polígono industrial?

19 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿ Canto factura a súa empresa familiar ó concello de Carballo?

20 Anónimo 08/07/2015 15:28

Que cambiaría para Carballo, como novo alcalde que será?

21 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Qué destacaría das novas incorporacións á lista do PP?

22 Anónimo 08/07/2015 15:28

Se é vostede o próximo alcalde de Carballo arranxará a avenida das Flores ou os veciños teremos que esperar ata o 2015 nas próximas eleccións para poder ver a nosa rúa decente? Gracias

23 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Cals son os seus plans para Razo e a costa?

24 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿En qué se vai centrar o seu programa?

25 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Que lle diría á xente que hai catro votou ó BNG e que quedou desencantada? ¿Que razóns lles da para votarlle a vostede?

26 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Dígame sus primeras cinco medidas de gobierno?

27 Anónimo 08/07/2015 15:28

Inicio del encuentro

Alberto Sueiro Pastoriza:

Boas tardes, estou ecantado de participar neste encontro e espero ser quén de contestar o maior número de preguntas, e satisfacer a curiosidade de todos, os que ademais aproveito para agradecer xa de antemán o seu interés por coñecer as miñas opinións.

28 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Por qué pensa que Evencio ten tanto interés agora en desmarcarse do señor Andrade cando foi el quen o fixo alcalde? ¿Non lle parece desagradecido?

Alberto Sueiro Pastoriza:

E evidente que Evencio non chegaría a ser alcalde no 2003 sin a colaboración de ANdrade. Xa gobernaran xuntos antes , en 1987, e tamen acabaron mal, pero voltaron a xuntarse, polo que parece lóxico pensar que si se deran as circunstancias repetirían a experiencia. En todo caso o que nunca pactou con Andrade foi o PP.

29 Anónimo 08/07/2015 15:28

Penso que Evencio ten moito interés en que nos olvidemos de que pactou con Andrade para acadar a alcaldía ¿pensa vostede que pactará outra vez si fixera falla

Alberto Sueiro Pastoriza:

"Por sus hechos les conocereis". Nas duas ocasións que tiveron necesidade pactaron e gobernaron xuntos. Seguramente volverano a facer si o pobo de carballo lles dá a oportunidade.

30 Anónimo 08/07/2015 15:28

Non vexo normal que inclúa na lista a persoas non residentes na nosa vila, e por riba con moitas probabilidades de ser concelleiro.

Alberto Sueiro Pastoriza:

Na lista do PP procuramos incorporar a aquelas persoas que podian aportar compromiso co noso proxecto. valía persoal e que teñan acreditado unha ampla traxectoria profesional. Non me cabe ningunha dubida que todolos que forman parte de esta lista, coñecen e viven os problemas de carballo e están preparados para traballar en darlles solucion.

31 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿ Que mal le hemos causado los placeros del mercado para que no estuviera a favor de la actual rehabilitación

Alberto Sueiro Pastoriza:

A postura do PP sobre o mercado municipal sempre foi a mesma, Queríamos unha reforma que resolvese o problema do aparcamento, que orixinariamente era o mais importante.Que aumentara e mellorara a oferta comercial. Que non ocupara mais espacio público que o edificio que habia. e que non se conectara o tunel da rúa coruña. En todo caso, a reforma actual foi posible porque o PP opuxémonos o proxecto anterior do alcalde e mais Andrade que pretendian poñer un supermercado e aumentar un 30% a superficie da plaza,

32 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Qué expectativas electorales tiene el Partido Popular en Carballo?

Alberto Sueiro Pastoriza:

O PP e unha forza politica con vocación de goberno e polo tanto sempre saimos a gañar as eleccións. Traballamos dende a oposición para dar a coñecer as nosas propostas e confeccionamos o mellor grupo de candidatos e con esos avales pretendemos gañar as eleccións.

33 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Qué va a hacer para que en el Ayuntamiento de Carballo pueda entrar a trabajar cualquier persona, sin importar que no sea de ideología nacionalista?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Cumprir e facer cumprir estrictamente a Lei. Os principios de publicidade, mérito e capacidade deben se-los únicos que avalen para acceder a un posto na administración pública. Asi será

34 Anónimo 08/07/2015 15:28

Usted votó en contra de la ambulancia medicalizada en numerosas ocasiones y del Hospital Comarcal, lleva muchos años en el Parlamento ¿va un día votar a favor de algo para Carballo?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Calqueira de estas cuestións son historicamente reivindicacións dos nacionalistas de Carballo. E dificil de entender que gobernando ao mesmo tempo na Xunta, na Deputación e no concello o BNG non cumprirá coas suas propias propostas. Creo imprescindible traballar para mellorar a asistencia médica en Carballo e desde logo comprométome se son alcalde a conseguir a ambulancia medicalizada no próximo mandato.

35 Anónimo 08/07/2015 15:28

¿Que proyectos de futuro maneja el PP para el mayor centro de formación y empleo da Costa da Morte y que estas ubicado en el barrio de la Milagrosa?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Carballo debe recuperar o prestixio do centro de formación, que nos anos 90 chegou a ser considerado o mellor de Galicia. A casa dos oficios será unha peza clave da estratexia de crecemento económico de Carballo. Crearemos un consorcio municipal de emprego, coa participacion da Administración nacional, a Xunta a Deputación o Concello , a camara de comercio as asociacions empresariais e sindicales ,para conseguir unha implicación completa de todos para impulsar ese centro e facelo útil non soio para nos senon para toda a provincia de A Coruña.

36 Anónimo 08/07/2015 15:28

Si es alcalde, ¿mantendrá el gasto en sueldos del bipartido actual? (1,5 millones de euros)

Alberto Sueiro Pastoriza:

NON reducirémolo a metade e investiremos a diferencia en politicas de promoción do emprego e as actividade empresarial

37 Anónimo 08/07/2015 15:30

Polígono, guardería, centro de día, escolarización, obradoiro de emprego... desde que está el PP en la Xunta no viene un euro para Carballo, parece que está usted haciendo buenas gestiones eh

Alberto Sueiro Pastoriza:

Dende logo a xestión municipal correspóndelle o alcalde. En todo caso haberá que pedirlle responsabilidades a él porque non é capaz de sacar adiante nengún de estos temas. Evencio acuñou a famosa frase " non hai administracións amigas senon gobernos eficaces" cando criticaba os gobernos anteriores. agora debería dar conta destas ineficacias. O que sí e certo que en ningún de esos casos se recurriu a miña colaboración e no caso particular da escola infantil ,cando a ofrecin nun pleno da corporación ,foi rexeitada polo goberno.

38 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿ Por que con el PP non se respetaros los principios constitucionales de igualdad, mérito y capacidade en los procesos de selección de persoal del Ayuntamiento?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Coñocendo esos feitos o natural sería denuncialos onde corresponde. Nunca estiven nun goberno de Carballo e polo tanto non sei a qué se refiere, pero non consta que houbese nunca sentencias condenatorias por motivos laborais, como lle ten acontecido a este goberno. O que si é certo é que a maioria dos traballadores eventuais que traballan para o concello de Carballo entraron non últimos oito anos.

39 Anónimo 08/07/2015 15:30

Todos hablan del túnel de la calle Coruña, que es una obra sin terminar, pero ¿Que opinión le merece a usted el túnel de la calle Perú, obra de Manuel Andrade?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Un disparate. Innecesaria e absolutamente prescindible. Nunca se tiña que ter feito e menos para deixala abandoada sen rematar. Significa o peor da política, utiizar recursos públicos para satisfacer pactos politicos que en nada benefician os cidadáns e que non responden o interés público

40 Anónimo 08/07/2015 15:30

Su lista está llena de títulos universitarios, pero ¿Considera que las personas de su lista están a la altura de solucionar los problemas que sufrimos las aldeas de Carballo? ¿Hay alguién que mire por algo más que no sea Carballo centro?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Non existe ningunha contradicción entre ter un título universitario e vivir nunha aldea. Para proba está Bibiana Bertoa, que ten estudios superiores de inxenieria industrial e vive nun pequeno lugar da parroquia de Sofán, Defender a igualdade entre todolos territorios de Carballo é un obxetivo político do noso programa e defenderano todos, independientemente do seu nivel formativo.

41 Anónimo 08/07/2015 15:30

Non consideras máis rendíbeis para Carballo os 2046 euros do salario de Evencio que caseo os 5000 euros teus como deputado?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Os soldos dos diputados autonómicos veñen impostos pola Lei e son públicos e iguais para todolos membros da cámara, independientemente do partido o que pertenenzcan. As nóminas do concello aprobáas a maioria do pleno, e de ahi que xurdan cousas tan peculiares como que os tenientes de alcalde ganen mais que o propio alcalde ou que todolos concelleiros cobren como licenciados sen ter esta categoría

42 Anónimo 08/07/2015 15:30

El día después de la presentación del primer tramo de su candidatura, el número 2 y el número 3 poco menos que dijeron que le iban a dedicar a Carballo su tiempo libre (lo cual no debe ser mucho, ya que son parece profesionales cualificados, alguno de los cuales combina administración pública y consulta privada. ¿Usted cree que un ayuntamiento del nivel de Carballo se puede gobernar a ratos?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Non acredito nos politicos profesionales. Creo que a dedicación a vida política ten que vir avalada por unha traxectoria e unha experiencia profesional. Nos prometemos reducir a metade os gastos en dedicacións exclusivas e parciais no concello, e para eso terá que haber moitos concelleiros que vaian a traballar con vocación de servizo público. Baste lembrar que hasta que chegou Evencio o goberno, en Carballo soio había 3 concelleiros con dedicación. Haberá que facer mais con menos

43 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿Pactarán con Andrade si ningún grupo tiene mayoría?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Defenderemos que goberne a lista mais votada. Queremos que o alcalde sexa escollido polos veciños e non por acordos post-electorais. Nos non pactaremos con Andrade para conseguir a alcaldía

44 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿ no cree que se estan riendo de Carballo y de la comarca con los descuentos de la autopista? solo lo usa el 1,7% del total de coches,para cuando autovia gratuita, que piensa hacer?

Alberto Sueiro Pastoriza:

A politica de bonificacións e descontos por consumo e frecuencia é a única política posible e sostible neste momento,e quén a impulsou foi o PP. O que creo que é moi criticable e defender historícamente a retirada do peaxe e cando se ten a posibilidade de gobernar, non soio non quitalr nin rebaixa ra peaxe senon aumentála 4 veces

45 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿Cal será a primeira medida que tomará se o 22 de maio gana as eleccions?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Chamar a Alberto Núñez Feijoo e concertar unha reunión para presentarlle as necesidades de Carballo e solicitar a sua colaboración para resolvelas canto antes

46 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿Que lle parece que o Concello teña de derrubar un colexio ao que se lle concedeu unha licenza ilegal cando unha das socias da é a muller do ex alcalde de Carballo?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Paréceme que a Lei está para ser cumprida sempre pero atendendo o verdadeiro interés xeral.

47 Anónimo 08/07/2015 15:30

La candidatura del PP de Carballo deja mucho que desear, ¿cuándo te vas a enterar de que estás acabando con el PP en la localidad?

Alberto Sueiro Pastoriza:

O PP é unha formación política democrática onde todolos afiliados poden manifestar a sua opinión e existen procedementos para elexir a todolos seus dirixentes. Sendo esta a sua opinión recoméndolle que se no próximo congreso local faga unha candidatura e se presente coma alternativa. O partido agradecerá a suas aportacións

48 Anónimo 08/07/2015 15:30

La itv de Baio es otro linchamiento político con el alcalde del BNG de Zas como hace con Evencio en Carballo paralizándole todo lo qué puede?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Afortunadamente nestos tempos os alcaldes elíxeos o pobo tras unhas eleccións democráticas e non hai linchamentos. Dende logo sempre defenderei que o victimismo non é unha boa postura politica e sí unha excusa. Repito parafraseando a Evencio: Non hai administracións amigas, senon gobernos eficaces.

49 Anónimo 08/07/2015 15:30

Su compañero Ruiz Rivas dejó el parlamento para ser alcalde de Ribeira. Usted no cuenta con ser alcalde?

Alberto Sueiro Pastoriza:

A información non é correcta. Manolo Ruiz deixou o seu cargo de portavoz do grupo, pero continua como diputado no Parlamento. Digollo porque está sentado no escaño do lado ao meu, e ambolos dous confiamos en ser elexidos alcaldes dos nosos pobos

50 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿ Que le parece que la Xunta de Galicia non financie nada de la nueva guarderia municipal despues de tener firmado un convenio para el efecto? ¿que le parece que esa guarderia se construya en Coristanco?

Alberto Sueiro Pastoriza:

Paréceme ben que a Xunta colabore con todolos concellos e axude a cubrir a carencia de escolas infantís que padecemos en Bergantiños. O que me parece mal é que en 8 anos de goberno en Carballo non se puxera en funcionamento ningunha plaza ,a pesares de ternos prometido 2 guarderías desde o ano 2005. En todo caso, gobernando na xunta, na diputación e no concello o BNG nunca considerou unha prioridade a escola infantil e por eso en Carballo soio hai unha a que fixo o goberno do PP