Open uri20150703 3 1n7e99m?1435925616

Es su segundo asalto consecutivo a la alcaldía de Santiago.

1 Gerardo Conde Roa 08/07/2015 17:38

Bos días a todos e todas, estou na redacción da Voz de Galicia en Santiago disposto a respostar todas aquelas preguntas que se me queiran facer relacionadas coas próximas eleccións municipais. Moitas grazas por participar e agardo as vosas suxestións e preguntas

2 Anónimo 08/07/2015 17:38

Esta será a segunda vez que eu exerzo o meu dereito ó voto no municipio de Santiago, xa que anteriormente residía noutro municipio doutra provincia. Gustaríame saber se o PP vai a seguir a política do actual equipo de goberno de centrarse no casco urbán e deixar de lado o saneamento e abastecemento de auga nas parroquias. Hai zonas nas que realmente é moi necesario establecer unha rede de saneamento, e a mín non me valen disculpas de que xa hai un local social ou xa che asfaltei a pista e non te queixes. ¿que plan de infraestructuras ten vostede para as zonas rurais? ¿realmente cree vostede que os veciños da zona rural somos "veciños de segunda"?

Gerardo Conde Roa:

Nós pensamos que o goberno bipartito de Santiago ten feito un escandaloso esquecemento do rural de Santiago. Mesmamente cando a Administración central do Estado a través dos fondos de inversión local concedeu unha cantidade importante de cartos ao Concello estes foron investidos basicamente no centro da cidade, pensando exclusivamente na concentración de voto. Queremos facer un plan que en catro anos cubra as necesidades básicas do rural de Santiago. Refírome a abastecemento, saneamento, coidado e asfaltado de pistas, limpeza de gavias, alumeado público e transporte.

3 Anónimo 08/07/2015 17:38

¿Pensa que para Galicia sería suficiente un só aeroporto?

Gerardo Conde Roa:

Penso que o aeroporto de Lavacolla é o aeroporto central de Galicia e o de referencia do norte de España a nivel nacional e internacional. A partir de aí, creo que a nosa comunidad autónoma ten unha realidade que é a existencia de dous aeroportos máis, Alvedro e Peinador. Pensamos que hai que aproveitar toda a infraestrutura aeroportuaria galega cunha visión de país pero, reitero, o aeroporto central de Galicia é Lavacolla e dende logo farei da súa defensa un eixo fundamental da miña política no Concello de Santiago

4 Anónimo 08/07/2015 17:38

Sr. Conde Roa, despois de ler as declaracións que fixo acerca dunha coñecida sala de espectáculos CULTURAIS, ¿non cree vostede que algúns futuros votantes do seu partido poden recuar á hora de introducir a papeleta na urna nas eleccións do 22M?

Gerardo Conde Roa:

Pode ser. Non digo que non. Pero eu non tento contentar a todo o mundo. Creo que a sala Nasa tivo durante moitos anos unha actividade centrada na promoción cultural e a proxección de novos valores artísticos. Agora ben, tivo un punto de inflexión, que foi a homenaxe disfrazada a dúas persoas que atentaron contra os bens e a vida dos composteláns. Polo tanto,a partir dese momento, a sala Nasa terá o tratamento que se deriva de tal feito e que pola miña parte nunca ocultei.

5 Anónimo 08/07/2015 17:38

Buenos días Sr. Conde: La propaganda electoral la recibimos los ciudadanos en los dos idiomas oficiales de la comunidad. Si usted sale elegido alcalde ¿recibiremos los documentos y escritos en formato bilingüe, como muestra de normalidad democrática? La LNL no lo impide. Gracias y mucha SUERTE.

Gerardo Conde Roa:

Si, sen dúbida. A comunidade autónoma é unha comunidade bilingüe e todo aquel cidadán que o desexe poderá recibir os documentos en galego ou en castelán.

6 Anónimo 08/07/2015 17:38

Fálenos un pouco de vostede como persoa: como lle gusta divertirse no tempo libre?

Gerardo Conde Roa:

Gústame moitísimo pasear, facer excursións por Galicia, en concreto polos montes galegos, aínda que agora, en campaña electoral, teño pouco tempo. Polo demais, gústame moitísimo estar cos meus fillos e entodo caso, sempre que podo procuro facer unha pequena escapadiña para coñecer novos lugares, porque son un apaixoado das viaxes.

7 Anónimo 08/07/2015 17:38

¿Tiene solución el ruído nocturno provocado por los botellones?

Gerardo Conde Roa:

Sempre pensamos que o botellón non era unha forma de ocio xuvenil. Sempre pensamos, e así o defendimos, incluso na campaña electoral do ano 2007, que o botellón xeraba moitísimos máis perxuizos que vantaxes. En primeiro lugar, queremos que os veciños teñan dereito ao descanso nocturno. En segundo lugar, cremos que a inxesta de alcool por parte da poboación xuvenil deixa profundas pegadas que se verán nos anos vindeiros. Cremos que se provocan accidentes de circulación que deixan secuelas a persoas inocentes e, en definitiva, nós o que faremos será unha política coherente para rematar coa práctica do botellón a base de facer efectiva e que se cumpra a ordenanza municipal de ruídos, cremos que hai que poñer multas, que sexan pagadas, aos que a infrixan e en definitiva, seguir as recomendacións da OMS do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade.

8 Anónimo 08/07/2015 17:38

¿Tiene pensada alguna medida pensada para favorecer, aunque sólo sea un poco, y a pesar de que no sean sus votantes, a los miles de universitarios que estamos ahí durante nueve meses, y que incentivamos bastante la economía en la ciudad? Me refiero a condiciones algo más ventajosas para transportes, facilidades de aparcamiento en el campus sur —no olvidemos que en el último año se incrementó la tarifa de la ora en casi un 100%— u otras análogas. Un saludo.

Gerardo Conde Roa:

Santiago non se entende sen a súa universidade, e por suposto sen os seus universitarios. Pol otanto, para nós os universitarios en Santiago son algo máis que unha fonte de riqueza material. Dánlle vida á cidade e merecen a nosa consideración máxima. Cremos que hai que colaborar máis coa Universidade na programación cultural, cremos que o sistema do bonobús debe implementarse tamén en función da renda dos nosos universitarios, cremos que deben mellorarse as instalacións deportivas e que os universitarios poidan acceder ás instalacións deportivas municipais e sobre todo, que haxa comunicación, que non vivamos de costas, como temos feito ata o de agora.

9 Anónimo 08/07/2015 17:38

¿Qué propuestas tiene para el tejido asociativo cultural de Santiago?

Gerardo Conde Roa:

O tecido asociativo de Santiago é amplísimo. Son moitas as asociacións culturais, veciñais, e de todo tipo que organizan actos culturais. Pensamos que esta é unha riqueza para a nosa cidade. Agora ben, en tempos de crise como estamos cremos que a cultura ten que ser un complemento necesario e útil para non só o divertimento e o disfrute, senón tamén para facer un voluntariado cultural que axude aos servizos sociais do Concello a atender a aquelas persoas que viven soas, ás que están en residencias da terceira idade, a aqueles nenos que necesitan unha atención especial. Eu penso que se somos capaces de organizar ese voluntariado cultural o Concello de Santiago dará un exemplo de colaboración entre o mundo da cultura e o mundo da solidariedade. Por aí van as nosas propostas.

10 Anónimo 08/07/2015 17:38

Los jóvenes de Compostela, licenciados e incluso con máster estamos en PARO ¿propone bolsas de empleo para esta gente o nos veremos como siempre y como en todas las administraciones condenados a bolsas de trabajo y planes que sólo sirven para mantener ocupados a funcionarios y que no dan trabajo a nadie? En Compostela somos más de 3000 los jóvenes en esta situación.

Gerardo Conde Roa:

O Concello de Santiago se nós chegamos a gobernar, porá en marcha xunto con outras Administracións un programa de emprendedores. Pensamos que unha empresa individual ou que xere dous ou tres postos de traballo é unha xoia que hoxe en día hai que fomentar e defender. Polo tanto, nós apostamos máis que polas políticas de ingreso na función pública, que sempre serán necesarias, por fomentar e axudar aos licenciados e á xente nova a crear a súa pequena empresa.

11 Anónimo 08/07/2015 17:38

¿Se atreve a tomar medidas drásticas para resolver los problemas de tráfico de Santiago?

Gerardo Conde Roa:

Si. Creo que é a única solución e desgraciadamente temos un alcalde que foi catro anos concelleiro de Tráfico e doce alcalde e agora vén propoñendo que a solución ao tráfico son os aparcamentos en Bertamiráns. 16 anos para chegar a unha conclusión que é unha pura evidencia. Haberá que tomar medidas drásticas se a evolución do tráfico segue sendo a que é e haberá que recordarlle ao señor Bugallo e ao Partido Socialista que durante os anos de goberno fixeron un urbanismo salvaxe nalgunhas zonas da cidade que vai deixar ás próximas xeracións unha cidade fondamente deteriorada.

12 Anónimo 08/07/2015 17:38

Boas tardes Gerardo. Nestas eleccións hai un tema do que ninguén (nin do seu partido nin dos partidos que gobernan), se ateve a falar. Refírome ó parque de bombeiros de Salgueiriños, ese que foi comezado a construir aló polo 2004-2005 e que leva dende eses anos copletamente abandonado, deteriorándose cada vez máis, mentres que a todos os santiagueses nos saíu do peto dita obra pagada cos cartos públicos do noso concello. Concretarei a miña pregunta, ¿que opinión lle merece?, ¿qué pensa vostede facer con él?, ¿non cre que está moi mal ubicado debido as conexions cos polígonos industriais e a zona sur da cidade?

Gerardo Conde Roa:

Os parque de bombeiros é un auténtico monumento ao despilfarro. É un bochorno para a cidade e unha demostración palpable da ineficacia do goberno municipal. 2,5 millóns de euros estragados sen que ninguén teña dado unha explicación razoable de por que e sen que se producira ningunha dimisión por ter esta vergoña á entrada xusto da cidade, ao lado da Xunta de Galicia.

13 Anónimo 08/07/2015 17:38

Buenos días señor Conde Roa, me puede usted justificar cuáles son las razones que lo llevan a decir que la Sala Nasa es una asociación terrorista. Muchas gracias.

Gerardo Conde Roa:

Nunca dixen que a sala Nasa fora unha asociación terrorista.

14 Anónimo 08/07/2015 17:38

Bos días. Se gaña, vai seguir coa política de establecer zonas de residentes para aparcar e impoñendo a condición de estar empadronado seis meses antes?. Graciñas

Gerardo Conde Roa:

O parcamento para residentes ten que estar dedicado a residentes pero ao mediodía e pola noite. O resto do día ten que ser aparcamento libre. En canto á necesidade de estar empadroado seis meses antes, o que si é certo é que non sei se seis meses, ou catro ou un ano. O que é necesario é estar empadroado para ter acceso ao aparcamento para residentes.

15 Anónimo 08/07/2015 17:38

Gustaríame coñcer as propostas do Pp para a xestión da casa de acollida e a prevencion da violencia de xénero.

Gerardo Conde Roa:

Como moi ben sabe a casa da acollida foi outro dos fracasos do goberno municipal na lexislatura dos chamados servizos sociais. Foi transferida á Xunta de Galicia e agora é necesario recuperala e darlle novos folgos. A prevención e a loita contra a violencia de xénero debe ser hoxe unha prioridade de calquera goberno, xa sexa municipal, autonómico ou nacional. Dende esta perspectiva faremos todo o posible para que Santiago poida volver a ter un lugar de atención para todas aquelas persoas que sofren esta lacra.

16 Anónimo 08/07/2015 17:38

os que levamos anos fóra de galicia e que axudamos por moito tempo con cartos para os nosos, ¿por que quedamos fóra das eleccions? Eu non voto donde estou por extranxeira e na miña terra tampouco

Gerardo Conde Roa:

Como moi ben sabe, nas eleccións locais os que non poden votar son os residentes no exterior que sexan descendentes de galegos, o cal non quere dicir que se vostede reside fóra de España non poida exercer o seu dereito ao voto no seu país de residencia sempre que o Goberno español teña asinado un convenio bilateral para que os nacionais dese país poidan votar en España, de tal xeito que vostede poderá escoller se vota no seu país de residencia ou en España pero non nas eleccións municipais, si nas autonómicas e nas xerais.

17 Anónimo 08/07/2015 17:38

No cree que la gente de Santiago tiene la imagen de usted de que no defienderia la ciudad frente a la Xunta? Cree que la Xunta trata a Santiago como capital de Galicia?

Gerardo Conde Roa:

Non hai ningún político municipal do Partido Popular nin do goberno municipal que se enfrontara á Xunta de Galicia actual coma min. Eu defendín a Santiago no Xacobeo, defendín á Universidade a súa Facultade de Medicina, defendín o Hospital Clínico, os voos de baixo custe e a centralidade do aeroporto de Compostela e mesmo defendín o seu patrimonio histórico, moitas veces fronte ao meu propio partido. O que nunca escoitei foi ao señor Bugallo queixándose do trato que o bipartito daba á cidade de Santiago pero, claro, cabe a posibilidade de que daquela o señor Bugallo estivera afónico.

18 Anónimo 08/07/2015 17:38

¿Tienen pensado reparar el Campus Universitario? Se han cedido las calles al Ayuntamiento, en perdón de la deuda derivada del IBI —que estaría bien condonárselo a la USC, a perpetuidad— y las aceras y la calzada están de pena. Y por otra parte: cobran una ORA abusiva. ¿Qué opina?

Gerardo Conde Roa:

O Campus Sur da USC foi unha marabilla, é un dos mellores campus universitarios de España e o seu estado é verdadeiramente lamentable. O señor Bugallo preferiu o botellón e incluso pechar o parque para os cativos que afrontar unha reforma integral do campus. Pensamos que si se pode e se debe facer e que en todo caso haberá que facelo en colaboración coa USC. En canto aos tributos locais, comprométome coa USC a facer todo o posible para que non supoñan unha carga e sexa o contrario, unha colaboración efectiva do Concello coa Universidade.

19 Anónimo 08/07/2015 17:38

Que programa en materia de cultura ,en especial escolas de música e conservatorio levará a cabo se gaña as eleccions

Gerardo Conde Roa:

A música en Compostela ten unha longa tradición. Persoalmente, considero que unha das cuestións que máis tristura me producen na miña formación é non ter tido a posibilidade de ter unha boa formación musical. Polo tanto, pensamos que os conservatorios teñen que ser mellorados e dotados de todos os medios necesarios para que calquera poida acceder a algún tipo de estudo musical.En todo caso, en canto á música en Compostela, a degradación do auditorio municipal, baixa a dirección do señor Bugallo e a señora García Conde é un feito incontestable. Nós faremos do Auditorio de Galicia un referente para a música en Compostela.

20 Anónimo 08/07/2015 17:38

Que propone realizar en toda la zona verde que se encuentra entres la Estación del Tren y la calle de la Estrada?

Gerardo Conde Roa:

As zonas verdes teñen que ser zonas verdes útiles, nas que o cidadán poida pasear, ler ou xogar coa súa familia e mesmamente pasear un can en lugares, en todo caso, especialmente dispostos para iso. O que non vale é ter as mal chamadas zonas verdes abandonadas, sen coidados, cheas de lixo e de ratas. Nós non defendemos ese tipo de zona verde que tanto lle gusta a algúns concelleiros do grupo municpal apelando a un ecoloxismo estereotipado que xa está superado dende hai moitos anos.

21 Anónimo 08/07/2015 17:38

Cree que está preparado para asumir el reto de ser alcalde de la Ciudad?.

Gerardo Conde Roa:

Creo que si, si no no me presentaría por sentido de la responsabilidad. Conozco los problemas del Ayuntamiento y creo que hemos elaborado un buen programa y tenemos soluciones para algunos de lso más graves problemas de la ciudad. Solo le pido su confianza, por supuesto su voto, y que piense que en democracia los cambios son saludables, generalmente, y en muchos casos totalmente necesarios.

22 Anónimo 08/07/2015 17:38

¿Cuales son sus propuestas para los jóvenes de Santiago que acudimos a votar por primera vez?

Gerardo Conde Roa:

Primero, felicitaros, porque el ejercicio del derecho a voto es algo que os acompañará toda vuestra vida y es algo que constituye un patrimonio irrenunciable. En segundo lugar, nuestra política para jóvenes va a estar centrada fundamentalmente en la preparación de vuestro futuro a través de planes de creación de puestos de trabajo, a través de la creación de cuerpos de voluntariado, y en definitva, ayudaros a que vuestra inserción en la sociedad se produzca de la manera más eficaz y rápida posible.

23 Anónimo 08/07/2015 17:38

Nos puede aclarar sus problemas empresariales con la administración pública. Creo que ello es importante para valorar sus posibilidades como buen gestor frente al ayuntamiento.

Gerardo Conde Roa:

Non teño ningún problema empresarial coa Administración pública. Entodo caso, agradézolle o seu interese polas miñas cualidades como xestor.

24 Anónimo 08/07/2015 17:38

Existe actualmente en los colegios un colectivo muy marginada en servicios basicos es el caso de os diabeticos tipo 1 infantiles, no se tiene en el centro una persona para atender estos niños, no les dejan ir a las excursiones, algunos centros niegan las plazas por ser diabetico.... sr conde roa piensa hacer algo al respecto.... Son niños que por ser enfermos cronicos no deben dejar de tener educacion, y el estado nos esta obligando a decidir entra la salud y la educaciones. los profesores se niegan a hacer las glumecias capilares, se niegan a administrar insulina, se niegan a los controles pertinente para el buen desarrollo basico de la vida de un niño diabetico, es inconcebible este problematica.... un saludo

Gerardo Conde Roa:

Me sorprende profundamente el problema que usted me plantea y me deja profundamente preocupado. Desconocía que pudiese existir una desatención de tal naturaleza. Le ruego que me haga llegar al teléfono del grupo municipal (981 54 23 33) una petición de audiencia para hablar con más detalle de este problema. Le agradecería que nos reuniésemos después de esta campaña electoral, dada la escasez de tiempo de que dispongo en este momento. Pero por favor, no deje de hacerlo.

25 Gerardo Conde Roa 08/07/2015 17:38

Moitas grazas aos que enviaron as súas preguntas e as miñas desculpas a todos aqueles aos que non lles puiden contestar, porque foron moitas as preguntas que se me fixeron. En todo caso, podedes remitir as vosas preguntas a www.ppdesantiago.es, onde serán respostadas. Moitas grazas.