Open uri20150703 3 1c76iuo?1435924288

Será el candidato popular en un Concello gobernado por
los socialistas.

1 Santiago Amor 08/07/2015 14:32

bos días a todos os internautas. é un pracer estar con vós e agradecerlle á Voz de Galicia por acordarse de min para esta iniciativa.

2 Anónimo 08/07/2015 14:32

Para cando a presentación da nosa candidatura. O PSOE xa a presentou hai meses e o BNG vaino facer nestes dias. Por que tanto secretismos hasta ultima hora?

Santiago Amor:

Non hai ningún tipo de secretismo. Temos ben marcados os tempos e nesta semana farase pública a nosa candidatura,

3 Anónimo 08/07/2015 14:32

soy madre de 3 niños pequeños que van a los comedores, tardes divertidas y bos dias cole. estos son servicios nuevos que antes no existían ¿corren peligro si usted gobernara? estoy muy preocupada

Santiago Amor:

En absoluto.Desde el Partido Popular seguiremos apostando por la mejora de estos servicios. Nuestro comromiso es claro y no tiene por qué estar preocupada.

4 Anónimo 08/07/2015 14:32

El conselleiro de presidencia sr Rueda, considera positivo el acuerdo entre Ames y Brión para unificar policia local, GRUMIR y protección civil. Ustedes en Ames se oponen a este tema. No entiendo esta contradicción. En la Xunta se valora muy positivamente pero ustedes y BNG se oponen. ¿No debería Ames tener GRUMIR y protección civil? ¿Como los costearía?

Santiago Amor:

El conselleiro de Presidencia está a favor de mancomunar servicios. Nosotros también, siempre y cuando esos acuerdos sean equilibrados y no perjudiquen a los vecinos de Ames. El proyecto de fusión presentado por el alcalde es un proyecto electoralista, con graves errores administrativos y jurídicos y que perjudicaba seriamente a los vecinos de Ames. Nosotros aportamos 25 policías locales y Brión tres para cubrir el doble del territorio actual. Y con el agravante añadido de que hay un repunte en los problemas de seguridad ciudadana y creemos que no es el mejor momento. Durante este mandato hemos presentado diversas iniciativas en materia de seguridad y el alcalde no ha querido dialogar con nosotros.

5 Anónimo 08/07/2015 14:32

Se vostede goberna a partir do 22 de maio, atoparase enriba da mesa moitos proxectos que boicoteu dende a oposición que fixo con Xosé Fernández. ¿Como os resolvería? ¿Como xustificaría nese caso que tivese vd. que cambiar de opinión? ¿qué explicación me ía dar a mín como veciñon do Milladoiro?

Santiago Amor:

Nós non boicoteamos ningún proxecto. Todo o contrario. As nosas iniciativas están gardadas nun caixón do despacho do alcalde e isto si que é boicotear. Aquelas iniciativas presentadas polo goberno que resultaban perxudiciais para os veciños ou que non tiñan o respaldo económico e xurídico necesario en vez de botalas para atrás decidimos absternos ou que quedaran enriba da mesa, e nalgún caso votar en contra. Sempre estivemos na mellor disposición de negociar e de consensuar proxectos interesantes e positivos para Ames. Froito delo foi que o 80% das iniciativas debatidas nos plenos foron aprobadas polo Partido Popular.

6 Anónimo 08/07/2015 14:32

¿Qué harás en el más que probable caso de que pierdas las elecciones?

Santiago Amor:

No contemplo esa posibilidad. Las urnas hablarán el 22 de mayo. Estoy convencido de que vamos a obtener mayoría absoluta para poder llevar a cabo nuestros proyectos con un único gobierno que dé respuesta a las necesidades y problemas que tienen nuestros vecinos.

7 Anónimo 08/07/2015 14:32

Vostedes predicaron sempre que gobernase a lista mais votada. Se este fose o seu caso tras o 22 de maio, ¿como levaría unha oposición tan malintencionada coma a que vd. fixo co apoio do BNG, ao goberno de Carlos Fernández?

Santiago Amor:

Nos estamos a favor de que goberne a lista máis votada, que non gobernen as minorías. En canto ao da oposición, me gustaría ter unha oposición como a que fixemos nos neste mandato, buscando sempre o diálogo e o consenso, e aprobando, como fixemos nos e xa dixen nunha pregunta anterior, aprobando un 80% das iniciativas presentadas, independentemente de que grupo as presentara. Os datos indican que fixemos unha oposición leal e construtiva

8 Anónimo 08/07/2015 14:32

¿Que ten pensado facer en caso de ser elexico co mastodonte inacabado do centro comercial do Milladoiro?

Santiago Amor:

Ese proxecto é froito dunha iniciativa dunha empresa privada na cal o concello o unico que pode facer e que se cumpran os prazos da licencia e a lexislación vixente. Neste momento de incertidume, o unico que podemos facer é velar porque se cumpra a legalidade. E por desgracia, na nosa comarca non é o único caso

9 Anónimo 08/07/2015 14:32

Carlos Fernandez ha presentado su vida laboral y sus propiedades, tal y como le pidió el PP?

Santiago Amor:

Nin presentou a súa vida laboral, nin a declaración da renda. Aínda estamos agardando ¿será que ten algo que agochar?. No debate do último pleno convideino, unha vez máis, a que fixera pública esta información, autorizándolle tamén que, no meu caso, colgara na páxina web do Concello a miña declaración de bens e intereses,cumprindo un acordo plenario de xuño de 2008 consistente en facer públicas a través da páxina web as declaraciosns de bens e intereses de todos os concelleiros da corporación, ao igual que fan noutros concellos.

10 Anónimo 08/07/2015 14:32

No caso de gañaren, ¿que ides facer no Milladoiro para compensar a discriminación en infraestruturas con respecto de Bertamiráns e a total carencia de servizos en materia de deportes coma , piscina, un polideportivo decente, ximnasio municipal, zonas verdes, etc?

Santiago Amor:

O que non imos a faer é outro «O Milladoiro, o que está por ver», o primeiro que temos que facer é sanear as contas do concello, que neste momento están ao borde da quiebra técnica. Unha vez que teñamos os datos reais executaremos os proxectos mais prioritarios para Milladoiro e que levan parados oito anos, entre os que se atopan o centro de saude do Milladoiro, o novo colexio de educación infantil e primaria (CEIP), a dotación dun amplo espazo de zonas verdes e esparcemento, a reurbanización da Travesía do Porto e mellorar as deterioradas instalacións deportivas. Outra das nosas prioridades será facer as modificacións puntuais necesarias no Plan Xeral para obter as parcelas para equipamentos pendentes e así cumprir os convenios. Pero por enrriba de todo, o noso compromiso será garantir e mellorar os servizos sociais, de conciliación e educativos.

11 Anónimo 08/07/2015 14:32

Nunca souben de ningunha alternativa ou proxecto doPP para Ames. Cree que vostede e o seu grupo estan preparados para gobernar un concello coma Ames. ¿O creen sinceramente?

Santiago Amor:

Ao longo deste mandato presentamos máis de cuarenta mocións tales como a inclusión do bacharelato para o IES do Milladoiro, a Escola de Idiomas, a análise do gas radón nos centros públicos e escolares, desenvolvemento dun novo poligono industrial en Ames, proxectos do mellora no rural, a ampliación da depuradora do Sar en Sisalde, a posta en valor do paseo fluvial de Bertamiráns, parcelas alternativas para unha gardería pública da Xunta en Bertamiráns. Tamen presentamos case duascentas iniciativas e apoiamos moitas propostas dos demáis grupos facendo enmendas e mellorando algunas delas. En canto ao que dí da nosa capacidade de goberno, non teña dúbida. Convidoo a que nos próximos días esté atento á presentación da nosa candidatura e poida comparar o noso equipo, a súa solvencia profesional, a capacidade de traballo e a ilusión das mulleres e dos homes que a conforman, Esa vai a ser a nosa mellor garantía e compromiso con Ames.

12 Anónimo 08/07/2015 14:32

Cómo cree que puede ser la política de bifalia ante un posible bipartito en cuanto a un gasto insostenible para AMes?

Santiago Amor:

A experiencia nos demostra que un bipartito PSOE-BNG equivale a dous gobernos, doble gasto, divisións, disputas, descoordinación e desconfianza. Non é unha fórmula nova, que xa foi probada no noso concello e con resultados nefastos. Nestes momentos tanto o BNG como o PSOE están disimulando graves desencontros cando é vox populi que o acordo xa está feito.

13 Anónimo 08/07/2015 14:32

É vostede conecedor do problema que estáse a plantear no aparcadoiro que está detrás do Plaza en Bertamiráns?

Santiago Amor:

Por suposto, o alcalde actuou como sempre por decreto, sen ter en conta que hai terreos nesa zona que non son municipais. Neste caso, como noutros, a solución sería falar antes dos veciños, expoñerlle o que se quere facer e buscar consensos. este non é o único dos problemas que provoca o alcalde ca súa falta de diáliogo e ca súa actitude autoritaria.

14 Santiago Amor 08/07/2015 14:32

Moitas grazas á Voz de Galicia por esta oportunidade e convido ás veciñas e veciños de Ames a que coñezan a nosa candidatura,o noso proxecto. Sintoo que ao mellor por falta de tempo quedaran preguntas sen repostar, pero convidovos a a que visiitedes a nosa paxina web ppdeames.org ou me fagades chegar as vosas dúbidas e popostas a través das redes sociais nas que estou presente simplemente co meu nome, Santiago Amor. Grazas de novo e apertas.