Open uri20150704 3 soaisi?1436043437

El que fue ex alcalde de Vigo desde el 1979 al
1991 retoma el asalto al trono municipal olívico.

1 Manoel Soto 13/07/2015 13:45

Un saúdo cordial para tódolos "chateadores". Graciñas de antemán polas preguntas. Espero ser capaz de respondelas. Unha aperta. manoel.

2 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿Onde deixou vostede o seu galeguismo? ¿Que opinión lle merecen membros do Partido Galeguista coma Castelao, Alexandre Bóveda...?

Manoel Soto:

Onde sempre. No meu corazón. Pero nós, os galeguistas, estamos a face-lo galeguismo do século XXI, como os nosos devanceiros o fixeron noutrora. E inda que o reto é grande, esperamos estarmos á altura das circunstancias. Manoel.

3 Anónimo 13/07/2015 13:45

Que lle parece o dito aquel que dicía "mientras Vigo trabaja, Santiago reza, Coruña se divierte"

Manoel Soto:

Hoxe traballamos os que podemos e rezan os que queren. E o de divertirnos, cando podmos. Compre procurar traballo para todos. manoel.

4 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿Por qué o PG e TG se presentan por separado a estas eleccións? Si dous partidos nacionalistas de centro non se poden entender entre eles, ¿cómo pensan vostedes que nos van a convencer aos votantes?

Manoel Soto:

O Partido Galeguista admitiu e admitirá a tódolos que veñan a traballar pola opción política que vostede indica.

5 Anónimo 13/07/2015 13:45

Solo me interesa un tema ¿con quien hará coalición? con esto ya me servirá para orientar mi voto. Saludos.

Manoel Soto:

Con absoluta sinceridade: con Vigo. Explícome. Temos un programa extraordinario con evidentes contidos políticos (por resumir moito, é de centro no económico e de progreso no social). Esa será a necesaria base para un pacto, e logo virá un pacto de poder para gobernar lealmente e defender a Vigo axeitadamente, ou sexa, por riba de todo.... DIÁLOGO, IDEAS E FIRMEZA.

6 Anónimo 13/07/2015 13:45

Si me da su palabra que jamás pactará con el PP le voto. Si hay posibilidades de que lo haga, dígamelo a tiempo de no hacerlo. ¿Qué responde?

Manoel Soto:

Xa respondín antes a esta cuestión. Pactaremos con Vigo. Pactaremos con quen sexa obxectivamente mellor para Vigo.

7 Anónimo 13/07/2015 13:45

O PG ten unha presenza importante na cidade viguesa. Noutras cidades, como é o caso d´A Coruña, o voso partido está facendo unha grande campaña, pero que cada vez parece menos galega. Que pensa vostede sob este asunto??

Manoel Soto:

A Coruña é unha cidade moi diferente ó resto de Galicia levan unha chea de tempo pelexando por saber cal será o seu nome...A proposta de Carlos Marcos de que se chame Coruña, pra rematar coa guerra de A Coruña contra La Coruña, paréceme axeitada. Espero que Carlos camiñe por vieiros galeguistas e faga que aquela fermosa cidade acabe por facelo tamén. Pero il di que compre facelo coa persuasión como método. Ogallá acerte.

8 Anónimo 13/07/2015 13:45

A pesares de ser maltratado por algúns medios, onde cree que reside a súa lonxevidade política, na mediocridade dos políticos actuais, na falla de proxectos dos grandes partidos para Vigo ou na falla de candidatos de 1º nivel para Vigo e non segundóns

Manoel Soto:

Algúns medios maltratan a quen non ten cartos. Pero algúns aceptámo-las regras do xogo para que algún día teñamos un Vigo e unha Galicia grandes. E con independencia do dito coido que en Vigo temos tan bos políticos coma noutros lugares. E, en calquera caso, nun País libre cada quen escolle o que máis lle agrada, e se non lle agrada o que hai compre te-la coraxe para montar algo diferente.

9 Anónimo 13/07/2015 13:45

Realmente, cal cres que será o resultado do PG en Vigo¿. Superará ao BNG?? É posíbel un pacto co PP?? E co BNG??? Que relación tes cos outros lideres políticos? e falando en prata, cal cres que é o peor lider??

Manoel Soto:

Seremos determinantes para gobernar. E Vigo dará un salto xigantesco cara ó futuro.

10 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿Pensa acadar esta vez o Deputado Provincial e decidir a Deputación?

Manoel Soto:

Esperamos ter un Deputado que decida o goberno da Deputación. Entre outras cousas porque xa está ben do mesmo de sempre...Compre aire fresco!

11 Anónimo 13/07/2015 13:45

Galiza é unha nación? Ten dereito á autodeterminación?

Manoel Soto:

Galicia é unha nación, e a ningunha nación lle regalan dereitos: conquístanse. Agora ben, a autodeterminación debe pedila quen queira independizarse, cousa que o PG non pretendeu xamais. Nos queremos axudar a construír España dende o punto de vista dos intereses dos galegos. Cousa que non ten ocorrido nesta etapa democrática.

12 Anónimo 13/07/2015 13:45

Qué acontece co Sr.Alonso, que mudou de ser o mellor a non figurar na sua candidatura?. En Bouzas sempre rexeitamos o Sr. Alonso. Agora coa Sra. Fernández paréceme o mesmo oportunismo. ¿E así?. Grazas.

Manoel Soto:

O Sr. Alonso non quixo seguir en política (o que pasou nesta Corporación foi para sacarlle as gañas a calquera). Na miña opinión Maite ten sido das concelleiras máis eficaces da historia de Vigo. E estou cada día máis compenetrado con ela. Paréceme boa compañeira. E intelixente. E traballadora.

13 Anónimo 13/07/2015 13:45

O problema da Edar de Vigo permanece sen resolver. A actual do Lagares e a petensión de redimensionala están denunciadas pola súa ilegalidade. ¿Qué solución pode haber? Porque nengún partido as ofrece.

Manoel Soto:

Refacer integralmente a Edar do Lagares para trata-las augas fecais do val do Fragoso, e facer outra nova na zona portuaria para recolle-las augas da cidade central, xunto coa de Teis sería unha moi boa solución. Apostaremos por ela.

14 Anónimo 13/07/2015 13:45

3 partidos en pocos años, ¿un candidato sin ideología?

Manoel Soto:

Teño a mesma ideoloxía que tiven sempre (a estas alturas coido que morrerei con ela), pero en realidade os cambios foron dous pois PSdeG-PSOE e Progresistas Vigueses tiñan a mesma posición política, e DPG e PG o mesmo. Como dixo Churchill "ás veces compre cambiar de lugar para non cambiar de ideas"...

15 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿Que compromisos mantería vostede co Celta?

Manoel Soto:

O Celta precisa dúas cousas: un campo á altura doutros que hai por aí e quen o manteña ben en Primeira División.

16 Anónimo 13/07/2015 13:45

no piensa que ya es un poco mayor y estan muy lejos los tiempos en los que fue alcalde para volver a presentarse? no seria mejor un candidato mas joven, que conecte con ese sector de vigo que tan reacio es a votar?

Manoel Soto:

A idade é a mental (entusiasmo, ideas, capacidade de traballo...) Vostede non me coñece senón vería que traballo ó mesmo ritmo e intensidade ca calquera. E máis ca moitos...

17 Anónimo 13/07/2015 13:45

Antonio Troitiño, tamén ex-PSOE, é candidato do PG en Ourense, ¿é o seu partido unha coalición de resentidos?

Manoel Soto:

Estamos a conformar un partido que precisan os Concellos galegos e que precisa Galicia. E estámolo a facer xentes que estaban no PSdeG-PSOE, outras que estaban no PP e outras que estaban no BNG. E a todos nos une o amor por Galicia e as políticas que queremos desenvolver.

18 Anónimo 13/07/2015 13:45

Prometen unha praia como Copacabana en Vigo, pero non falan nunca do seu impacto ambiental. Supoño que antes de prometer tal cousa teñen vostedes dita avaliación ambiental... quen a realizou? Pódese consultar? Porqué non a colgan na web?

Manoel Soto:

Vostede ó parecer descoñece que se fixeron unha chea de praias no mundo, en Galicia e no resto de España tamén, sen problemas de impacto ambiental. O que cumprirá é facelo con regras rigurosas para non prexudica-lo medio ambiente. Claro que algúns dicían que a autopista galega sería unha coitelada que racharía a Galicia en dúas metades. E menudo atraso nos costou esa postura tan maximalista.

19 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿el pxom para vs debe de obedecer a intereses o a un modelo urbanistico, cual es es modelo que vs defiende para Vigo?

Manoel Soto:

O noso modelo (formulado por min mesmo por primeira vez hai anos), atinxe a un Vigo capital da Eurorrexión do noroeste peninsular (Galicia e Norte de Portugal). Para iso temos deberes: se-la capital da nosa propia provincia, infraestructuras axeitadas, un gran pacto polo desenvolvemento industrial e o emprego, etc.

20 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿ Que opinion lle merece o panorama empresarial actual de Vigo?

Manoel Soto:

Temos bos empresarios para desenvolve-los seus traballos intrínsecos. Pero aínda non saben que teñen que respaldar ás opcións políticas que máis lle conveñan ós seus intereses.

21 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿Que opina da clase politica? estanos a negar todo aquilo que Vigo demanda

Manoel Soto:

Cando eu era Alcalde non ocorría iso (e había políticos de outras cores nas administracións). En boa medida é un problema do noso Concello. Compre unha certa capacidade que non tivemos nos últimos tempos.

22 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿cales son as suas propostas para a mocidade?

Manoel Soto:

Meúda pregunta! Non son quen de resumila, polo que lle prego que a lea na nosa páxina web: http://www.manoelsoto.com

23 Anónimo 13/07/2015 13:45

De Votarse agora mesmo o PXOU ¿cal seria a posicion que tomaria?

Manoel Soto:

Menos mal que non estou nesas porque votaría que non ou me abstería. Xamais a favor.

24 Anónimo 13/07/2015 13:45

Cómo hace para no caer en el agujero negro político que se traga a todos los que fueron alcaldes de Vigo?

Manoel Soto:

Non sei o que lles pasa ós demais. En todo caso non todos valemos igual para calquera cousa. Eu teño unha gran ilusión por transformar Vigo e Galicia. E traballo honestamente por conseguilo. Sen desmaios.

25 Anónimo 13/07/2015 13:45

leva algo no seu programa sobre Teis si é asi gustariame que me explicara que pensa facer nese barrio

Manoel Soto:

Fun o ASlcalde que máis fixo polo rural en toda a súa historia. Daquela, por exemplo construímos máis centros veciñais ca en ningunha outra cidade española. Agora concertaremos coas entidades veciñais un gran programa para mantelos Centros Soio culturais en base a un intenso programa de actividades culturais, deportivas e recreativas. E poremos oficinas do Concello en tódalas parroquias e barrios de Vigo. E ademais en Teis, por exemplo, construiremos unha praia de preto de 900 metro de longo por oitenta de fondo, cun pasei marítimo arredor e un novo parque público duns 35.000 metros cadrados. Por exemplo...

26 Anónimo 13/07/2015 13:45

Se o PG obtén malos resultados nestas eleccións, disolveranse ou volverano a intentar nas próximas autonómicas?

Manoel Soto:

Primeiro o PG non obterá malos resultados. A xente xa sabe agora que sen nós no Concello só habería liortas e pelexas sen conto. Pero en calquera caso o PG peresentarase ás próximas eleccións autonómicas coa ilusión de sabermos que unha forza así é necesaria para Galicia. En Cataluña, Euskadi, Canarias, etc. xa o saben dende hai tempo...

27 Anónimo 13/07/2015 13:45

Si fuera indeciso y no lo conociera de sus épocas de alcalde anteriores, que necesito saber del PG a la hora de enfrentarme a las elecciones?

Manoel Soto:

Por favor, lea os nosos programas en www.manoelsoto.com e verá que presentamos o programa de goberno máis importante que nunca se teña presentado en Vigo. E, entre outras cousas porque estou acompañado da mellor candidatura que se presenta a estas eleccións, cumprirémolo. Claro que son dos pouquiños que cumprín sempre os programas cos que me presentei ás eleccións municipais. Dicirlle tamén que son o Alcalde que máis cousas fixo por Vigo en toda a súa historia gobernando sempre en minoría e, pra rematar, que sen nós de mediadores o noso Concello volvería a ser "la casa de los líos"...

28 Anónimo 13/07/2015 13:45

Sr. Soto: ¿A unidade do nacionalismo de centro cara ás próximas elecions xerais é unha das súas prioridades? ¿Até onde estaría disposto a chegar para consegui-la?

Manoel Soto:

O PG vai seguir a súa andaina histórica. E canto máis se nos unan, mellor. E iso só se pode facer con diálogo sinceiro pensando en Galicia. Pero se algúns queren montar "chiringuitos de poder" para medros personais, trabucaranse.

29 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿Cómo solucionaría usted las graves molestias que la movida causa a muchos vigueses y que se ven torturados en sus propios domicilios?

Manoel Soto:

A mocidade ten razón en reivindicar lugares para relacionarse sen custos desorbitados. Pero por riba diso está o dereito ó descanso por parte de todos. O Concello deberá arbitrar medidas intelixentes. E nós pretendemos consensuar algunha idea que temos e que non publicitamos para non prexudicala de antemán. Xa o verá...

30 Anónimo 13/07/2015 13:45

A tradición galeguista (nacionalista) sempre se opuxo ás provincias por centralistas, por que vostede as reivindica?

Manoel Soto:

O PG, e eu mesmo, pensamos que as provincias e as Deputacións deberan desaparecer e seren substituídas por administracións comarcais e, no seu caso, parroquiais. Pero somos conscentes de que a oposición a esta idea por parte do PP e do PSOE vai impedir isa solución por bastantes anos. E como queremos facer política que sexa útil en tempo real, sen deixar de traballar cara a aquel modelo, queremos que Vigo teña os mesmos dereitos que teñen Ourense, Lugo, Soria ou Teruel, por exemplo. Porque ás capitais de provincia dánselle servizos polo feito de selo, cousa que se lles nega a quen non o son.

31 Anónimo 13/07/2015 13:45

no piensa que en campaña se promete mucho que luego no se puede cumplir cuando uno se ve en el poder? usted como afrontara el no cumplir todo lo que esta prometiendo ahora?

Manoel Soto:

Ten razón, pero eu sempre cumprín os programas cos que me presentei ás eleccións. ¿Que tal se os cidadáns que critican estas impresentables mentiras deixaran de votalos? Ocorre que os volven a votar. E volta a mentir. E volta a...

32 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿qué opina de los casos de corrupción de los últimos meses?¿y de aquellos que le salpicaron a usted en su mandato?

Manoel Soto:

Mire os corruptos debnen paga-las súas falcatruadas. Pero non confundamos, salvo que se faga a mantenta, corrupción con calumnia, porque, por exemplo, eu nunca fun procesado por nada. Pero si moi calumniado polos que querían votarme do poder por tan "democrático" método...

33 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿qué opinión le ofrece el psoe vigués actualmente?

Manoel Soto:

¡Uf!

34 Anónimo 13/07/2015 13:45

Vigo provincia?

Manoel Soto:

Xa! É a única vía coñecida, legal, con dereito, no estado actual, para termos inmediatamente unha oficina do Rexistro Mercantil, os xulgados que precisamos (tamén por certo un do mercantil), unha biblioteca estatal, un Auditorio Estatal de Música, etc. Senón seguiremos a esperar décadas. E Vigo freado...¡Basta!

35 Manoel Soto 13/07/2015 13:45

Ó parecer rematou un tempo intenso e agradable. Espero ter sido útil. Graciñas a todos. Manoel.