Candidato del BNG por Pontevedra
El alcalde nacionalista, en el cargo desde el año
1999, intentará reeditar el éxito de los pasados
comicios y resultar reelegido.
Bos días amigas e amigos. Grazas por asomarte a esta xanela virtual e compartir estes momentos convosco. Estarei encantado de responder ás vosas preguntas ou curiosidades.
La transformación de Pontevedra en los últimos años ha sido increíble. ¿qué queda por hacer?
Queda moito por facer. Gran parte das rúas nas que aínda non se actuou necesitan renovación, redimensión de todos os servizos, actuacións en superficie na linea de conseguir a accesibilidade universal, mobiliario urbano, novos servizos, iluminación, etc. No que se refire á transformación urbana queremos chegar a toda a cidade, pero tamén hai proxectos moi interesantes para o rural: novos equipamentos, espazos verdes, etc. Nas Mil Ideas Máis, en www.lores2007.org, podes obter máis información. Saúdos!
que destacaria de su xestion estes anos?
Especialmente o saneamento do río e a ría, ademáis do 60% do rural; a consolidación da reforma urbana, que está construíndo unha cidade agradábel, de alta actividade comercial, festiva, cultural e económica en xeral, e sobre todo a cohesión social que se consigue con actuacións encamiñadas a mellorar a calidade urbana en xeral. Tamén moi importante a autoestima dos pontevedreses, a vertebración comarcal, a planificación conxunta de diversos temas cos concellos do arredor, etc... todo o que deu como resultado indicadores socio-económicos que son os mellores das 7 grandes cidades en crecemento vexetativo, renda per-cápita, etc.
que plans ten para ence?
O seu traslado o máis rápidamente posíbel, e xa que logo, a recuperación da enseada de Lourizán para usos compatíbeis coa súa catalogación marítimo terrestre: marisqueiros, pesqueiros, esparcemento cidadán, desenvolvemento urbano cara a Marín, etc. A continuidade da actividade empresarial e laboral só é viábel noutra ubicación debido á Lei de Costas, e tamén ao desexo da maioría dos pontevedreses e o Goberno Municipal, e polo tanto a empresa ten que buscar unha alternativa nun polígono industrial de características acordes co tipo de industria que desenvolven, e para eso as administracións autonómica e central, e o propio Concello, estamos a disposición de facilitar no que nos corresponde esa reubicación.
Admiro o cambio que experimentou Pontevedra dende que están no goberno, sen embargo penso que non fixeron nada para mellorar o tráfico na cidade, ¿non pensan que o deixaron un pouco de lado?
É certo que a cidade ten problemas de tráfico, detectados en estudios de tráfico realizados en torno ao ano 2000 polo ministerio de Fomento, que teñen que ver coa ausencia dunha rede viaria periurbana que canalice a maioría dos tráficos que se producen nela, que son perimetrais á cidade. Nese sentido temos prevista a execución da Ronda Urbana Leste que comunicará as parroquias do norte coas do leste e o sur, que imos executar independentemente da aposta que outras administracións responsables deste tipo de vías a asuman ou non. Tamén a nova ponte das Correntes e a reforma do nó de Bombeiros son solucións para os accesos norte e descargar de tráfico a ponte da Barca e o Burgo. Tamén queremos reordenar o transporte colectivo interurbano e parroquial con novos intercambiadores urbanos que permitirían o billete único, rebaixa sustancial do prezo, e a construcción de aparcadoiros soterrados e algún disuasorio en superficie que triplicarían a capacidade actual de prazas. A maioría dos desprazamentos dunha cidade como Pontevedra son a pé, con tempos de menos de 20 minutos, polo tanto a peonalización favorece a mobilidade na cidade. Neste sentido, a mobilidade mellorou completamente na cidade, e non compartimos en absoluto a idea de volver introducir o tráfico no centro.
Para cando o novo plan xeral?
Para xa. Temos definido e consensuadas con todos os sectores sociais os 12 criterios fundamentais da redacción do Plan, elaboramos e expuxemos públicamente o diagnóstico inicial hai aproximadamente un ano, estamos elaborando o avance que se presentará inmediatamente despois do proceso electoral e ao longo de 2008 se presentará o documento definitivo con vistas a que entre en vigor definitivamente en 2009. De todos os xeitos, o desenvolvemento urbano da cidade, que está sendo moi alto nos últimos anos, con previsión de construcción de vivendas tanto de promoción pública como privada, con polígonos recén aprobados ou a piques de aprobarse, garante a actividade do sector da construcción e a oferta de vivenda, sector importante da cidade. Aínda temos un marxe de 5 anos sen estrangular o mercado inmobiliario. Se houbo certo retraso foi fundamentalmente debido á necesaria modificación da Lei do Solo de Galiza no referente a edificabilidade na zona rural e que en Pontevedra ten gran importancia, xa que temos 700 núcleos de poboación sobre os que existía unha gran indefinición de planeamento, a non ser que optásemos por declarar solos urbanizables que van contra a filosofía e os criterios iniciais do Plan.
Quero darlle os parabéns ao alcalde e á súa equipa polo magnífico traballo feito e quería preguntarlle pola continuación do proceso de reforma das rúas da cidade.
Xa contestei unha pregunta anterior nese sentido. A idea é estender a reforma a toda a cidade, pero pode haber marcha atrás no caso de que o BNG non acade a maioría suficiente para gobernar. Grazas polo seu comentario.
Bos días, o ano pasado fixo unha campaña anunciando un programa de uso da bici en distintos puntos pola cidade, no que se ía alquilar as bicis para poder facer desplazamentos con ela. EStaba previsto para esta primavera, en que quedou todo iso?
Si, está todo en marcha, aínda que hai un certo retraso por cuestións de que queremos contratalo con todas as garantías de mantenemento. Queremos que sexa un bo servizo e para eso estamos estudando varias alternativas baseadas noutras experiencias municipais. Estamos nelo.
Por que no concello de Pontevedra hai un servizo de recollida de TV para evitar que aparezan tirados no monte pero non recollen pantallas de ordenador?
Recóllense os entullos voluminosos semanalmente, chamando ao servizo de limpeza, a Inusa e lle din qué dia pasan pola súa rúa.
As papeleras e contedores moitisimas veces desbordan. En calles novas ó pouco tempo aparecen desperfectos e non se volven repaparar. Cando vai acabar esa sensación de abandono ou de falla de mantemento?
Todo é mellorábel e neso estamos tamén. O contrato de limpeza foi mal feito no seu momento, e nos está xenerando algún problema. Fixemos xa algunhas melloras ampliando o número de contentores e a frecuencia de recollida que supuxeron melloras sustanciais. Melloras que temos que continuar realizando, especialmente coa perspectiva do vindeiro contrato de prestación do servizo.
Poderia acadar-se na próxima legislatura a recuperaçóm de Praceres e da ria para o disfrute dos cidadáns? Qual seria o escenário máis positivo, e baixo que condiçóns se produciria?
Se ten avanzado moito sobre todo contra a posición doutras administracións que ate agora querían que Ence seguise en Lourizán (a Xunta do PP). Mentiría si dixese que no próximo mandato fose posibel a recuperación da enseada, pero poido asegurarche que farei todo o posíbel para acelerar o proceso.
¿Por qué están tan empeñados en convertir en solar el espacio de Lourizán?
Está vostede mal informado. Os terreos de Lourizán son un espazo marítimo terrestre, polo tanto público, e polo tanto incompatíbel con nengún aproveitamento urbanístico privado. A súa recuperación será sempre para uso público, cidadán, compatíbel co medio mariño e terrestre no que se atopa, como por exemplo praia, cultivos mariños, lecer, etc. Polo tanto, mentres eu sexa alcalde, ese será o destino de Lourizán unha vez trasladada Ence.
¿Cando van tomar man en arreglar os xardíns?, é unha das únicas pegas que lle poño o seu mandato. Saúdos
No último mandato incrementamos sustancialmente a mellora dos xardíns, que se vai notando pouco a pouco. Reconozo que é un asunto aínda mellorábel, porque adicamos máis esforzo a outras inversións que considerabamos máis importantes, como o saneamento, equipamentos, reforma urbana, etc.
ten pensado traer mais carreiras universitarias para pontevedra?
O Campus, aínda sendo pequeno, é o único que segue medrando dos 7 de Galiza., Ten moito futuro. No Convenio de Bolonia de integración da ensinanza superior no marco europeo, a tendencia fala dunha universidade máis achegada á sociedade e á economía, con posgrados, etc. Estamos traballando na creación de posgrados relacionados con todas as titulacións que o campus ten en relación coas artes, a moda, a comunicación, educación, deporte, etc.
¿no cree que si Mosquera no estuviese de cara a la opinión pública el gobierno local se evitaría problemas? Somos muchos los que creemos que es poco dialogante, no transmite confianza t
Estou seguro de que se vostede coñecese persoalmente e no seu traballo ao meu compañeiro Mosquera tería outra visión, totalmente distinta, da que expresa na súa pregunta. É unha das persoas máis competentes, traballadoras e innovadoras do meu goberno municipal e cunha traxectoria nos últimos 20 anos adicada a Pontevedra, e tamén responsábel da transformación que experimentamos nos últimos anos. Algún día Pontevedra recoñecerá a súa dimensión política e humana.
¿Que é o que máis lle gusta da Nova Pontevedra de Martín? ¿Hai algo que crea que é posible levar adiante?
Realidade virtual, in-executábel en grande parte, volta atrás no que se refire á reintroducción do tráfico no centro da cidade, falta de avales para poder executar nada do que di, a non ser que sexa a conta do forte endebedamento dos cidadáns para moitos anos, e o que máis me preocupa é o programa oculto que hai detrás, e que o defineu claramente no debate do Principal: "eu estou aquí 8 anos e marcho para outro sitio". Ven de aprobar un planeamento en Sanxenxo que beneficia única e exclusivamente á propiedade dos seus amigos, quere facer o mesmo en Pontevedra no intre de facer o novo planeamento e quererá facer o mesmo noutro sitio despois.
¿Se aliaría con el PP en caso de necesidad?
Non.
Ola Sr. Lores, é verdade que comprou voste unha vivenda no restaurado edificio da Praza de Ferrería
Non, pero xa me gustaría porque o edificio é precioso e quedou realmente mellorado, nun centro histórico que é a envexa de moitas cidades.
Son un veciño de A Parda.Fai pouco ampliarón as aceras e quitaronlle as ramplas que tiñan.Estoume a referir a rúa Pintor Laxeiro.¿Pensa vostede nos minusválidos,carriños de bebes e nás persoas maiores?¿Vai mandar que volvan poñer as baixadas nas aceras?
As obras que fixemos son única e exclusivamente para resolver a accesibilidade de varias persoas con discapacidade que hai na zona. Falta elevar o pasos de peóns para que todo quede ao mesmo nivel. Axiña se fará.
¿Estaría disposto a gobernar en coalición co PSOE se Casal obtivese máis votos? ¿Cales serían as súas condicións?
Non contemplo ese suposto. Moitas grazas
La gente no valora lo que tenemos en Pontevedra. Mi pareja y yo trabajamos los dos en Vigo pero a pesar del gasto económico y el tráfico para entrar en la ciudad por la noche, los dos preferimos vivir aquí, y eso que el es de Coruña.
Estou completamente de acordo con vostedes. Eu faría o mesmo.
Grazas a todos, amigas e amigos. Lamento non ter podido contestar a todos, aínda que a web segue aberta na edición de Pontevedra, donde podedes seguir preguntando cousas. Tamén podedes utilizar o meu blog www.lores2007.org. Alí vos agardo. Grazas de novo.