Candidato del BNG por Ferrol
Este veterano de la política (forma parte de la
corporación de Ferrol desde 1999), que estuvo al
frente de varias delegaciones como Seguridad, Tráfico
y Zona Rural, aspira ahora a la alcaldía departamental.
Ola son Xoan Xosé Pita, estou encantado de estar hoxe aqui para poder respostar as vosas inquedanzas a respecto da miña persoa e do proxecto político que o BNG ten para a miña cidade, Ferrol.
Nas enquisas pasadas, o BNG en Ferrol baixaba notabelmente. Sendo realistas, o BNG é o único partido que se preocupou polo futuro naval nos últimos anos. Tense que lle dar valor algún a estas enquisas? Cal é a credibilidade que estas teñen??
Creo que hai que respectar as enquisas mais penso que a verdadeira enquisa vai ser a do 27 de maio. De todos os xeitos evidentemente desde o BNG estamos a traballar para que os resultados electorais sexan os mellores e despois evidentemente e como non podia ser doutra forma serán os cidadáns os que valoren realmente o traballo desenvolvido polo BNG non durante a campaña electoral senón durante os últimos catro anos.
Se puideses expresar con poucas palabras a política dos outros principais partidos en Ferrol, como o farías?
Con respecto aos partidos que conforman o goberno, foron catro anos perdidos para Ferrol, onde se perdeu a capacidade de dialogo que tiña gañada a institución municipal e onde a participación cidada completamente anulada, Juncal exerceu o seu papel de alcalde de forma case dictatorial.
Van facer algo para a recuperación do cantón de Molins?
Evidentemente. O noso programa contempla unha actuación integral para esta zona de Ferrol. O Cantón é o pulmon do barrio da Madalena e temos que conservar a Alameda e mellorar os seus xardins, asi como dotala con novo mobiliario urbano e mellorar a zona de xogos infantis.
Explíquenos eso de que usted fue afiliado al PP antes de afiliado al BNG?
Nunca fun militante do PP. O BNG é o único partido político no que militei na miña vida. Esto é un bulo feito coa clara intención de danar a miña imaxe, en tanto, que son candidato do BNG à alcaldia de Ferrol. Como mostra desto é que este rumor faise público cando saio eleito candidato a alcalde polo BNG, nunca antes co que queda evidenciado que esta mentira ten moito tufo electoral.
Nos últimos días, o conflicto de Reganosa está ocupando todas as portadas. O "Galicia Spirit" encheu os meios de imprensa. Cal é o berdadeiro valor que o BNG en Ferrol lle da a este asunto? Cal é a posición nacionalista sob este asunto!! Un cordial saúdo.
Nós consideramos que a mellor úbicación para a regasificadora era fora da ría. de todos modos a regasificadora é un proxecto necesario para o desenvolvimento económico de Galiza. Nos acontecimentos dos últimos días entendemos a preocupación dos mariscadores e abogamos por unha solución dialogada. En canto a Reganosa evidentemente debe ter todos os permisos en regra.
Se o BNG consegue a alcaldía, cal sería a vosa primeira acción? Que é o que realmente pode aportar o Bloque en Ferrol?
Desde logo a creación de emprego. É a maior demanda dos ferroláns e ferrolas e ainda que o concello non ten competencias directas nesta materia ten que facer unha xestión política para que se den as condicións para revitalizar a nosa cidade. A recuperación da construcción naval civil na nosa ría, a posta en marcha dos polígonos industriais de Leixa e Mandiá e a conexión por Ferrocarril do porto exterior.
¿Cree vostede que a rodaxe que pago tódolos anos, acabara co parcheo precario que hay nas nosas rúas?
Non é cusestión de ter que pagar o rodaxe. Esta é unha cuestión de vontade política e o BNG ten programado unha actuación global de mellora do asfaltado das rúas de Ferrol.
Como resumiría a tensión transformadora do BNG no Ferrol, diferente aos centralistas?. Boandanza.
O exemplo máis claro o tes na situación do sector naval. É unha decisión política do goberno central permitir que Astano poda construir buques, o BNG puxo en riba da mesa unha proposta que non gusta en Madrid. PP, PSOE tiveron responsabilidades de Goberno no estado e nunca fixeron nada por mudar a situación, eis está claro quen defende os intereses do noso pais e da nosa comarca.
¿Qué melloraría da relación Universidade-Concello?
O BNG considera que a Universidade pode ser un motor de revitalización económica da cidade. É preciso que o Concello poña as condicións para a expansión da mesma e para a construcción das infraestructuras necesarias. A construcción da Residencia nos terreos do Sánchez Aguilera é fundamental. Hai que sentarse a falar coa Universidade abertamente e sabendo que Ferrol ten moito que gañar grazas a ela.
¿Que medidas pretende tomar para a galeguización do concello?
No ano 2003 o concello por aprobou por unanimidade un Plano de Normalización da Língua galega en Ferrol. Coa chegada de Juncal os usos da nosa lingua retrocederon até límites insospeitados. Este Plano agora terá que actualizarse pero aseguro que o galego vai ser, novamente, a língua da institución municipal.
En serio, ¿pretende paralizar o edificio da praza de España?¿Non construirá ningún edificio ahí?
O edificio da praza de España, se eu son alcalde, non se vai facer, nen con unha altura, nen con tres, nen con cinco.
¿Tratará de botar atrás os plans de Menáncaro e o campo de golf de Cobas?
O proxecto de Menáncaro incumpre a Lei do Solo de Galiza e polo tanto non se pode facer. En canto ao campo de golf de covas se pretende facer en terreos da rede natura, terreos polo tanto protexidos creo que con esto contesto a pregunta.
¿Impulsará algún sistema para que no rural dispoñamos dainternet de alta velocidade?
A dia de hoxe as novas tecnoloxias deben estar na axenda dos gobernos municipais. O BNG sempre apostou por que a zona rural do concello tivera os mesmos servizos que a zona urbana, e a fibra óptica a día de hoxe é un servizo máis. Eu na casa aínda funciono co trac e polo tanto non podo ter internet.
¿É certo o das 1500 VPO? ¿Terá preferencia a mocidade?
Si, é un compromiso que adquirin coa cidade de Ferrol. Hoxe mesmo estivo a Conselleira de Vivenda comigo en Ferrol e falamos deste asunto e puxemos os datos en riba da mesa, no Bertón está previsto a construcción de 1300, 44 en Esteiro-Caranza que xa están adxudicadas, e logo o desenvolvimento do Plan de Santa Mariña que tamén contempla a construcción deste tipo de vivenda. Asi mesmo, quer indicar que non quero que a xente nova teña que emigrar de Ferrol nen para traballar nen para vivir por non ter acceso a unha vivenda.
intentara mellorar o trafico por fene?
A solución do tráfico en Fene pasa pola execución imediata da Ronda Oeste, proxecto demandado e defendido polo BNG.
¿Para que pueda participar la ciudadania en el ayuntamiento, incluidos los Plenos, que solución propone?
O BNG propón a creación dun Consello de Participación Cidadá, que deberá regular estas cuestións e redactar unha nova ordenanza de participación cidadá.
En canto ao Porto Exterior, ¿cre que era necesario o impacto ambiental que está tendo a conexión co porto? ¿ou había mellores solucións?
Evidentemente a ninguen se lle escapa o grande impacto que están a ter estas obras. Creo si que habia outras solucións, máis custosas, pero que descoñezo porque non se tiveron en conta. O BNG no seu día presentou alegacións a este proxecto, de todos os xeitos agora teremos que estudiar como minimizar o impacto que pode ter.
¿Cre que son necesarios os polígonos industriais de Mandía e Leixa que está impulsando o seu partido dende a conselleria de vivenda?
Creo que si xa que é preciso que Ferrol conte con solo industrial para facilitar o asentamento de novas empresas e favorecer a creación de postos de traballo. Tamen é certo que os mesmos, deben ser parques industriais modernos, respectuosos co medio ambiente e mesmo coa riqueza patrimonial que poida esxistir nos emprazamentos.
¿Qué opinión lle merece a actitude do concello de Ferrol no tema das expropiacións de vivendas de Canido? ¿Qué faría vostede para solucionar o problema?
O goberno de Juncal cos dous concelleiros de urbanismo (Pita Romero e Evia) foi impropia dunha institución pública. Desentenderonse do problema e só cando a presión veciñal e o escarnio do que foron obxecto por parte dos reporteiros de CQC, mudaron algo de atitude pero como se pode observar o problema segue sen resolver. É necesario que se busque un acordo e que aos veciños se lles pague como é debido tal e como resolveu o valedor do pobo.
Os locias de ensaio da Vicepresidencia da Xunta gustan moito ao PSOE de Irisarri, chegarán con vostede a Ferrol?
Alegramosnos de que o noso proxecto, para dotar de locais de ensaio aos grupos noveis, vaia recabando apoios a medida que pasa a campaña. Eu podo afirmar que o Concello de Ferrol vaise integrar nesta rede de locais.
¿Como atraerá empresas e industrias ó concello de Ferrol?
Primeiramente temos que ter solo industrial e hai xogan un papel importante os parques empresariais de Leixa e Mandiá. Explotar ao maximo o porto exterior, para o que é imprescindíbel que chegue o tren. Asi mesmo tamén temos pensado utilizar locais municipais en desuso como viveiros de empresas e bonificar o IBI a aquelas persoas que decidan impulsar proxectos comerciais.
¿Haberá piscifactoría en Cobas?
Non por que afectaria a terreos incluidos na rede natura. Ademais Covas esta excluido do mapa de novas instalacións acuicolas que fixo a Xunta.
¿que hai da Casa da Xuventude?
Nós, imola poñer en marcha durante o primeiro ano de mandato.
Moitas grazas polas vosas cuestións. lamento non ter máis tempo para continuar porque a verdade e que me sentin moi comodo chateando con todos e todas vos.